You are on page 1of 3

TEMA 3. A PROSA DO PRIMEIRO TERZO DO XX.

AS IRMANDADES E O GRUPO NÓS (NARRATIVA, ENSAIO E XORNALISMO)


Os primeiros anos do séc. XX foron de forte axitación social tanto en Europa como en España. Ademais,
España seguía ancorada nas estruturas socioeconómicas do XIX. Tamén, tivo lugar a Guerra Civil e a
posterior ditadura de 40 anos.

En Galiza, o século XX supón o momento do AGRARISMO, NACIONALISMO, Irmandades da Fala e


Grupo Nós. Tamén da acentuación da emigración, fin da fidalguía e aparición dunha burguesía
foránea. O período entre 1916 e 1936 desde o punto de vista literario é coñecido co nome de Época
Nós. Os escritores desta época son considerados os fundadores da prosa galega moderna, crearon
as revistas: A Nosa Terra, Nós,¡Terra a nosa!, Céltiga, Lar.
Durante estes anos atopamos diferentes escritores que podemos clasificar en:
1. PROSISTAS DA ÉPOCA DAS IRMANDADES. Destacan Antón Villar Ponte (pioneiro no
ensaio), artigos xornalísticos, discursos e ensaios reunidos no libro Pensamento e sementeira. Xoán
Vicente Viqueira, artigos e conferencias galeguistas e republicanos. Xosé Lesta Meis, novelas
Manecho o da rúa (1926) e Estebo (1927), estilo realista e combinación de espazos galegos e a
emigración a Cuba.
2. O GRUPO NÓS. Denominación procedente da revista que crearon: a revista Nós, nada en
Ourense en 1920 e interrompida en 1936 pola Guerra Civil. Creouse para divulgar as ideas do grupo e
espallar a ideoloxía nacionalista. Constaba de artigos literarios, etnográficos, de política e economía…

Os escritores que se inclúen neste grupo son: Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas,
Castelao, Vicente Risco e Antón Losada Diéguez, aínda que as orixes do Grupo está no “Cenáculo
ourensán” do que formaban parte Risco, Otero e Cuevillas e, máis tarde, Castelao. En 1918 incorpóranse
ás Irmandades influídos por A. Losada Diéguez. Experimentan a súa adhesión ó galeguismo, polo que
Galiza pasa a ser o centro do seu proxecto.

As características comúns dos membros do Grupo Nós son: orixe social acomodada, (fidalguía ou
burguesía (agás Castelao)), formación universitaria, crear a cultura galega, creación revista
“Nós” para incidir no pobo galego e devolverlle a personalidade propia, individualismo,
inconformistas e inadaptados, buscan a
satisfacción das súas ansias culturais (agás Castelao), evolución do non galeguismo cara ó
galeguismo.
Propician a madureza definitiva do teatro e da prosa, levan a cabo unha maior diversificación temática,
incorporan técnicas narrativas novas e axeitan o idioma para a expresión científica moderna.

VICENTE RISCO
Ourensán de familia acomodada. En 1917, funda a revista La Centuria e máis tarde ingresa no
galeguismo incorporándose ás Irmandades. En 1920, funda con Castelao e Losada Diéguez a Revista
Nós, da que será director e redactor principal. Ao comezar a Guerra Civil abandona o galeguismo, pero
antes desempeña un papel fundamental como ideólogo do nacionalismo galego (Teoría do
nacionalismo galego, artigo “Nós, os inadaptados”, evolución ideoloxía do seu grupo antes da chegada ó
galeguismo).

Respecto á narrativa, Risco anovou os contidos abandonando o ruralismo e incorporando temas urbanos
e exóticos, rescribindo temas populares adaptándoos aos seus propios propósitos (relatos de
Lar), co culturalismo (referencias a cultura celta) e ó esoterismo. Foi un narrador didáctico que
pretendeu integrar a cultura galega dentro da europea e criticar a sociedade consumista e burguesa. A
súa prosa tiña valores como: o humor, a claridade, a ironía, a agudeza e a xusteza expresiva.

Moitos destes aspectos anovadores están presentes en Do caso que lle aconteceu ó Dr. Alveiros
relato de humor macabro e carácter fantástico que reflicte o gusto do autor polo ocultismo e as pegadas
da súa etapa prenacionalista.

Tamén escribiu unha serie de relatos de base folclórica: A velliña vella (1924), defende a tradición
como elemento fundamental da identidade nacional; O lobo da xente (1925), lenda do lobishome e A
trabe de ouro e a trabe de alquitrán (1925), lendas relacionadas cos mouros, cos tesouros
agochados e as lendas de druídas célticos.

A súa principal obra é a novela O porco de pé. Visión satírica de personaxes representativos da
sociedade ourensá da época. Don Celidonio, comerciante de orixe castelá, chega a alcalde da cidade e
representa a vulgaridade e o materialismo da burguesía. Doutor Alveiros, intelectual que representa o
espiritualismo do país e que termina sucumbindo ante os encantos da vida burguesa. O triunfo do
materialismo e a derrota do espiritualismo acadan a súa apoteose ó final da novela co incendio da
biblioteca municipal mentres se celebra unha homenaxe de Ourense a don Celidonio.

Ademais escribiu unha novela inacabada: Os europeos en Abrantes, sátira e crítica dos novos hábitos da
vida urbana galega.
RAMÓN OTERO PEDRAYO
Ourensán. En 1918 ingresa no galeguismo incorporándose ao Seminario de Estudos Galegos. Foi un dos
fundadores do Partido Galeguista.
O cristianismo forma parte do seu pensamento. Reivindica o espírito e a tradición, para entender a
historia galega. Entende a Galicia como unha unidade sociocultural.
No tocante aos temas, ademais do uso da paisaxe como personaxe, destaca o tema da
decadencia da fidalguía rural e da tradición. Pensaba que desaparecería a esencia de Galicia e a
súa lingua.
Adóitase dividir a súa obra narrativa en dous grupos:
1. NOVELAS REALISTAS. Representa a sociedade galega do séc. XIX e a decadencia da fidalguía:
Pantelas, home libre, O purgatorio de D. Ramiro e Os camiños da vida (historia de varias
xeracións de dúas casas fidalgas: os Doncos (tradicionalistas, entran en crise), e os Puga (liberais, que
se adaptan e prosperan na nova burguesía da vila).
2. NOVELAS CULTURAIS. Novelas históricas: Fra Vernero e A romaría de Xelmírez. Novelas
autobiográficas: Arredor de si e Devalar. Nas primeiras, exhibe os coñecementos hístórico-culturais
e, nas segundas, preséntanos as inquedanzas intelectuais dos homes da súa xeración. De todas elas
destaca Arredor de si, novela psicolóxica que retrata a conversión dos homes do Grupo Nós ó
galeguismo a través do seu protagonista, Adrián Solovio, quen a través dunha viaxe por España e
Europa indaga no seu mundo interior, ata que acaba recoñecendo as súas raíces e compromiso con
Galicia.
Ramón Otero Pedrayo tamén cultivou o ensaio en obras como: Ensaio histórico sobre a
cultura galega, Pelerinaxes, O libro dos amigos e Morte e resurrección.

CASTELAO.
Autor polifacético, cultivou moitos os ámbitos: principal dirixente do nacionalismo galego, narrador,
humorista gráfico, pintor…
Destacou como narrador. Ademais, moitas das súas obras narrativas ían acompañadas de debuxos
ilustrativos. Mesmo inventou o xénero literario da cousa (narración moi breve, sintética, apoiada por un
debuxo).
Nunca descoidou o compromiso ético cos seres humanos máis humildes do pobo galego, por iso
foi un artista aprezado polas minorías, posto que os lectores non cultos podían gozar dos seus textos,
ao non precisar dunha gran formación cultural para entendelos.
O humor, a ironía, a tenrura, o lirismo e a crítica social que aparecen en case todas as súas narracións
fan que a súa literatura resulte amena, profunda e denunciadora da inxustiza.
Os mellores relatos de Castelao son moi breves. Destaca a súa única novela, Os dous de sempre,
relata a historia paralela dos seus protagonistas, amigos dende a nenez, Pedriño e Rañolas. Fan
referencia ós dous tipos humanos fundamentais: o idealista, soñador e emprendedor fronte ó
conformista.
A primeira obra narrativa foi Un ollo de vidro, publicado na revista Céltiga co subtítulo “Memorias dun
esquelete”. Recolle a visión sintética da sociedade do momento a través da descrición humorística
dun esqueleto cun ollo de vidro do que pasa no cemiterio no que estaba enterrado.
A obra máis coñecida de Castelao é Cousas. Humor, crítica social e tenrura enchen as súas páxinas.
En 1934, publica Castelao Retrincos, cinco relatos (“O segredo”, “O inglés”, “Peito de Lobo”, “O
retrato”, “Sabela”), ordenadas cronoloxicamente que simulan ser autobiográficas, carentes de
debuxo propio.
No ensaio, escribiu Sempre en Galiza, que recolle o pensamento político do momento e fai unha
defensa de Galica contra o modelo centralista do Estado.

FLORENTINO L. CUEVILLAS
Destacan os seus ensaios Dos nosos tempos, refire a evolución intelectual dos homes do grupo e
Prosas galegas, breves ensaios homenaxes a escritores galegos.

Ademais dos autores destaca outro grupo de ESCRITORES VINCULADOS Ó SEG.


RAFAEL DIESTE. Pertence á Xeración do 25, pero coa súa narrativa contribuíu ó
desenvolvemento da prosa galega de principios do XX, sobre todo á renovación do conto
galego. Escribiu Dos arquivos do trasno, colección de contos de temática variada que xiran ao
redor da psicoloxía e das experiencias da xente galega. Mestura o popular e o culto.

En resumo, a Época Nós, supuxo a eclosión da prosa galega. Os escritores deste período impulsan a
prosa. Xorde o ensaio ligado á difusión do galeguismo, medra a prensa en galego e nacen coleccións de
narrativa impulsadas por editoriais como Nós, Céltiga ou Lar. Os homes do Grupo Nós levan a cabo a
modernización da nosa prosa. Por outro lado, tamén conquistan o ámbito urbano e europeo para a
narrativa galega xeral, superaran a temática costumista e ruralista do séc. XIX e incorporan a vida de
ultratumba, a sociedade (fidalguía e burguesía), o lector implícito, a ironía e o humor ás obras narrativa.

You might also like