You are on page 1of 3

A XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS

A xeración das Festas Minervais está composta por unha serie de autores
de poesía da Literatura galega do século XX, nados entre 1930-40. Son
persoas que comparten características xeracionais:
-A maioría ten formación universitaria.
-Nos anos universitarios participan en acontecementos como as Festas
Minervais(concursos literarios organizados pola U.de Santiago nos que se
premiaban obras narrativas escritas en galego).
-Son escritores monolingües en galego.
-Conscientes da falta de liberdade que hai en España do momento a causa da
dictadura, manteñen un activo compromiso político.
-Boa parte deles fundaron o grupo Brais Pinto durante a súa estancia
en Madrid, e crearon unha colección literaria co mesmo nome.
A xeración dos 50 protagonizou unha fonda renovación temática e formal, se
ben hai dúas épocas que marcan dúas tendencias ben diferenciadas. Por un
lado, a poesía dos 50 na que se aprecia unha profunda influencia das idea
existencialistas e do absurdo. Trátase por tanto dunha poesía de desarraigo e
angustia, que recibe o nome de Escola da Tebra. Por outra banda, na década
dos 60 esta poesía evolucionou cara a unha poesía social e denunciadora da
falta de liberdade.

Representantes
Uxío Novoneyra.

Naceu nas terras do Courel e marchou a Madrid aos 19 anos, alí colaborou co
grupo Brais Pinto. Na súa poesía destacan dúas vertentes:

 A paisaxística, nela expresa a soidade da persoa en contacto coa


natureza agreste da súa terra natal. Obras representativas: Os
eidos, Elexias do Courel e outros poemas.
 Poesía social, de carácter político e reivindicativo, recollida en obras
como Do Courel a Compostela, Poemas caligráficos. Tamén cultivou
a poesía amorosa en Muller pra lonxe.
A poesía de Novoneyra destaca formalmente polo emprego
do fonosimbolismo e pola disposición espacial e tipográfica dos versos.

Antón Avilés de Taramancos.

Viviu entre A Coruña e Colombia. A súa é unha poesía vitalista, chea de


imaxes que remiten á unión do poeta coa natureza. Entre as súas obras
destacan O tempo no espello, Cantos caucanos, As torres no ar ou Última
fuxida a Harar.

Manuel María.
Autor de moitas obras e de moitos dos poemas musicados na segunda metade
do século XX. Entre os temas dos seus poemas destacan o amor, a arte, o
propio compromiso político, a denuncia de eivas, a etnografía, a física,
a historia, a inmaterialidade, a mitoloxía, o mundo animal, a palabra poética, o
paso do tempo, a relixión, a sociedade, a lingua, os traballos agrarios,
o urbanismo ou a xeografía. Coñecido como o poeta da Terra Chá, ten unha
abundante obra poética, con títulos como Muiñeiro de brétemas, Morrendo a
cada intre e, por suposto, Terra Chá.

Bernardino Graña.

Escribiu teatro e narrativa, a maior parte encadrada dentro da literatura infantil,


foi na poesía onde desenvolveu a súa obra principal.Foi considerado o poeta
do mar. Entre as súas obras máis representativas destacan Profecía do
mar ou Non vexo Vigo nin Cangas.

Xohana Torres.

É a principal voz feminina dentro da xeración; escribiu obras como Do


sulco, Estacións ao mar e Tempo de ría. Cómpre salientar a súa novela Adiós,
María.

Xosé Luís Méndez Ferrín.

Comeza coa Escola da Tebra e seguiu con poesía social. O seu libro máis
importante é Con pólvora e magnolias (1976), que supón un camiño novo na
literatura galega, aportando novos temas e unha nova linguaxe poética. Neste
libro combínase a poesía revolucionaria –a pólvora- co lirismo intimista (a
lembranza do pasado, o paso do tempo, o amor, a morte) e o luxo estético –as
magnolias-. Usa o versolibrismo e multitude de referencias culturais: o celtismo,
a poesía medieval, o movemento beat...

Teatro doa anos da posguerra.

O desenvolvemento que o xénero teatral experimenta durante o primeiro terzo


do século XX detense a partir do ano 1936. O longo silencio imposto en Galiza
trala Guerra Civil maniféstase tamén na paralización da actividade dramática. A
falta de liberdade e a censura supoñen a desaparición da producción teatral,
que só continúo no exilio americano, especialmente en Bos Aires.

Coa creación da editorial Galaxia en 1950 comezan a publicarse textos dun


teatro destinado máis a lectura que á representación.

A NARRATIVA ACTUAL
É innegable a existencia dunha vontade de innovación narrativa nos anos
previos á morte do xeneral Franco. Sen embargo, só a partir de 1975
observase un verdadeiro salto cualitativo nesta dirección, en consonancia coa
explosión sociopolítica e cultural dos primeiros momentos do posfranquismo.
O cambio máis significativo está representado polo apoio que moitos dos textos
narrativos reciben das diversas institucións sociais:
 A reflexións públicas e privadas dos colectivos de escritores,
 A receptividade do mundo editorial, xorden novas editoriais como
Xerais.
 A predisposición da crítica, ou a multiplicación e consagración dos
premios literarios (Blanco Amor, Xerais,...).

Representantes
Algúns dos autores máis representativos son:
 Anos oitenta: Manuel Rivas, Suso de Toro, Darío Xohán Cabana,…
 Últimos anos: Xosé Miranda, Jaureguizar, Rosa Aneiros,…
Os temas tratados pola narrativa actual son variados dende novela histórica, de
misterio, novela policial, de ficción científica, relato erótico,...

You might also like