You are on page 1of 2

Autores e tendencias da poesía galega ata 1976

- Observa o esquema e fíxate en que a primeira fileira de autores e tendencias os


estudaches en 3º de ESO mentres que os que están mesmo antes da Guerra Civil os
contemplamos no 1º trimestre deste curso. As tendencias poéticas e autores
posteriores á Guerra Civil distribúense en tres xeracións coas seguintes características:

1. Xeración do 36. Poetas nados entre 1910-20; viven directamente a Guerra Civil. Son
poetas de culturas e estilos moi diferentes: Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro,
Aquilino Iglesia Alvariño, Cómaros verdes (primeira obra poética publicada despois
da guerra), María Mariño etc. Lorenzo Varela e Luís Seoane son os poetas do exilio,
que xa coñeces da avaliación anterior.

2. Promoción de Enlace, nados entre 1920-30. Tampouco son un grupo coherente.


Viven o drama social da posguerra, da ditadura e a pobreza cultural dunha sociedade
censurada e bastante illados da cultura europea: Luz Pozo Garza e Antón Tovar.

3. Xeración das Festas Minervais, nados entre 1930-40, non coñecen a guerra
civil: Manuel María, Uxío Novoneyra ou Méndez Ferrín... Neles xa existe unha
conciencia de grupo, participan nos certames literarios universitarios chamados Festas
Minervais.
Estes autores seguen as tendencias anteriores: hilozoísmo, neotrobadorismo,
paisaxismo ruralista... logo irán aparecendo formas novas como o intimismo ou o
clasicismo. Destaca a Escola da tebra ou "poesía do neboeiro": poesía intimista e
pesimista da vida. A finais dos 50 xorde o realismo coloquial, que foxe da linguaxe
poética tradicional e explora as posibilidades da linguaxe da rúa abrindo o camiño á
poesía socialrealista.

Centrarémonos nos seguintes poetas:

Celso Emilio Ferreiro.

Liñas temáticas:

* Intimista, influenciada polo existencialismo: un presente pesimista, cheo de soidade


e desacougo; nostalxia da infancia perdida en Celanova. Escribiu tamén poemas
amorosos para Moraima, a súa muller. O soño sulagado e Onde o mundo se chama
Celanova son as obras desta temática.

* Satírica, fortemente corrosiva e crítica, que lembra as cantigas de escarnio


medievais, ou o Quevedo máis mordaz na obra Viaxe ao país dos ananos.

* Socialrealista, cunha linguaxe coloquial e directa. Temas: a guerra civil, a explotación


dos traballadores, o imperialismo, a ameaza nuclear ou o racismo. Longa noite de
pedra (1962) é unha das obras máis reeditadas da nosa literatura. O seu título
converteuse nunha metáfora da ditadura franquista.

Uxío Novoneyra. A súa poesía é paisaxística e moi persoal: contemplada desde unha
perspectiva case mística, de fusión coa natureza; describe a natureza espida do Courel,
onde o ser humano é un elemento mínimo dentro da inmensidade cósmica. Hai tamén
preocupación social e política. Esta poesía está recollida na súa principal obra: Os eidos

Xosé Luís Méndez Ferrín. A súa obra Con pólvora e magnolias (1976) supón un cambio
de rumbo na poesía galega, achegando novos temas e unha nova linguaxe poética.
Combina a poesía revolucionaria –a pólvora- co lirismo intimista (o pasado, o paso do
tempo, o amor, a morte) e o luxo estético –as magnolias-. Usa o versolibrismo e
multitude de referencias culturais: o celtismo, a poesía medieval, o movemento beat...

Manuel María. Autor de moitas obras e poemas musicados na segunda metade do s.


XX. Temas: o amor, a arte, o propio compromiso político, a denuncia de eivas,
a etnografía, a física, a historia, a mitoloxía, o mundo animal, a palabra poética, o paso
do tempo, a relixión, a sociedade, a lingua, os traballos agrarios, o urbanismo ou
a xeografía. Muiñeiro de brétemas e Documentos personaes son algunhas das súas
obras.

You might also like