You are on page 1of 10

Tema 2. A POESÍA DE VANGARDA. Características, autores e obras máis representativas.

A POESÍA DE VANGARDA. Características, autores e obras máis representativas.


As primeiras décadas do século XX asisten a unha serie de movementos artísticos (os
ismos) que comparten a intención de ruptura e total renovación estética. Son
coñecidos co termo xenérico de vangarda (ou tamén co nome de novecentistas,
termo empregado por Carvalho Calero; da xeración do 25, segundo Méndez Ferrín; ou
da xeración do 22, proposta de Arcadio López Casanova, tirada da data de
publicación do manifesto ¡Máis alá!) e reivindican a autonomía da arte. A arte pola arte
é a súa máxima. Iso significa que a arte xa non debe ser imitación da natureza, nin
vehículo para propósitos ideolóxicos ou a intervención social. Ao tempo, rexéitase o
sentimentalismo romántico, primando a percepción intelectual.
A atmosfera europeísta das Irmandades e o grupo Nós crea o caldo de cultivo para
que os creadores galegos que van aparecendo entre 1922/25 incorporen á nosa
literatura as novas tendencias.
En xeral, os ismos galegos conxugan tradición e ruptura. Así, pódese falar de
“vangardas enxebres” para o neotrobadorismo e hilozoísmo; e “vangarda plena” para
tendencias, como o creacionismo ou o surrealismo.
As revistas (Alfar, Ronsel, Papel de Color, Yunque, Cristal, Resol) nas que colaboran
poetas noutras linguas, van xogar un importante papel na difusión desta poesía.
Álvaro Cunqueiro, Amado Carballo e Manuel Antonio son os máis significados
expoñentes.

Lingua Galega e Literatura 2º BAC Curso 2017-18 1



Tema 2. A POESÍA DE VANGARDA. Características, autores e obras máis representativas.

Características das vangardas en Galicia:


● Aparecen cara a 1922/25.
● Son fundamentalmente poetas.
● Fillos das xeracións anteriores (Irmandades da Fala e grupo Nós), conflúen
coa conciencia nacionalista participando activamente no Seminario de Estudos
Galegos e no Partido Galeguista.
● Danse a coñecer en diversas revistas de orientación vangardista: Alfar, Ronsel,
Papel de Color, Yunque, Cristal, Resol.
● Teñen unha actitude tremendamente individualista motivada polo espírito
nacionalista, a relación con Portugal e a descuberta do cancioneiro galego
portugués.
● Presentan como trazos comúns: O rexeitamento de toda tradición artística. A
negación dos sentidos. A absoluta autonomía da arte. A reacción contra a
introspección e o sentimentalismo romántico.
● A renovación experimental das formas expresivas e a atención prestada ao
onírico, ao irracional, ao absurdo, desbotando a simple copia do universo
visible.
● Amosan unha liña posmodernista, baseada nos “ismos” europeos. Trazos
xerais:
- Futurismo, exalta a civilización mecánica, a guerra... Nace en 1909 coa publicación
en “Le Figaro” do Primeiro Manifesto Futurista de Marinetti. Os poetas futuristas
suprimen adxectivos, adverbios e signos de puntuación, para captar o dinamismo da
civilización da velocidade.
-Expresionismo, aparece en 1911 na revista alemá Der Sturn. Máis que unha escola
é unha actitude estética que defende a interpretación subxectiva desa realidade,
distorsionando as formas e cores, expresando deste xeito o drama interior (O berro
de Edward Munch)
-Cubismo, nace como escola pictórica con Picasso en 1913. Achegou no campo da
literatura novidades como os caligramas de Apollinaire (poemas visuais en que os
propios versos compoñen deseños), as frecuentes alusións a conceptos espaciais e
lineais ( xeometrismo ) e a ruptura da secuencia temporal lóxica( fragmentarismo ).
Lingua Galega e Literatura 2º BAC Curso 2017-18 2

Tema 2. A POESÍA DE VANGARDA. Características, autores e obras máis representativas.

1. A vangarda enxebre:
1.1. Amado Carballo e o hilozoísmo
O hilozoísmo combina as novas tendencias vangardistas de imaxes (de aí o nome de
imaxinismo co que tamén se coñece) coas formas tradicionais da nosa poesía.
A súa temática céntrase na paisaxe, entrelazando elementos visuais e auditivos de
gran poder sensorial cunha métrica sinxela baseada nas formas populares. A paisaxe
aparece personificada (animismo), os elementos da Natureza (camiños, árbores,
fontes, animais...) son humanizados. A figura máis represetativa é Luís Amado
Carballo.
Luís Amado Carballo (Pontevedra, 1901-1927), crea esta tendencia cuxa enorme
influencia se estenderá tanto antes, como despois, da guerra civil. A súa obra poética,
breve como a súa vida, recóllese en dous libros: Proel (1927) e O galo (1928). A súa
poesía caracterízase pola brevidade, a sinxeleza, a permanencia de esquemas de rima
e métrica tradicionais, a frecuente personificación de elementos da natureza
( prosopopea ), o predominio de imaxes e a linguaxe metafórica.
1.2. O neotrobadorismo
Dirección poética que consiste na recreación das cantigas de amigo cunha
estética contemporánea. Recupéranse procedementos formais propios da cantiga de
amigo (paralelismo, leixaprén, refrán) e tamén elementos da súa temática ( ausencia do
amigo, ambiente da barcarola…)
Os dous autores máis representativos desta tendencia no período de preguerra
son Fermín Bouza-Brey con Nao senlleira ( 1933), e Álvaro Cunqueiro quen, con
Cantiga nova que se chama riveira ( 1933). O primeiro toma das cantigas estruturas
formais como o refrán e o paralelismo, a ambientación ( mariñas ) e o léxico e tamén
imaxes propias das vangardas. Temas tratados: a paisaxe ( primordialmente o mar ), o
amor e a soidade. En Cantiga nova que se chama riveira, Álvaro Cunqueiro emprega
recursos paralelísticos e un léxico medievalizante pero elimina o compoñente narrativo
cunha economía verbal que sintetiza os conceptos.

2. A vangarda plena:

Lingua Galega e Literatura 2º BAC Curso 2017-18 3


Tema 2. A POESÍA DE VANGARDA. Características, autores e obras máis representativas.

2.1. Manuel Antonio e o creacionismo


Manuel Antonio (Rianxo 1900-1930) representa, na nosa literatura, a máis decidida
asunción dos presupostos da ruptura literaria das vangardas, a vangarda plena.
En 1922, asina con Álvaro Cebreiro o manifesto ¡Máis alá!, expresión do seu
nacionalismo radical e o seu total compromiso coa arte. Con el, a literatura libérase da
función pedagóxica e ideolóxica que lle asignaba o grupo Nós.
O creacionismo é o movemento máis influínte na poesía de Manuel Antonio. A
estética vangardista exprésase en:
● O versolibrismo: ausencia de ritmo e rima.
● A ortografía expresiva.
● A fragmentación da realidade en imaxes e a súa posterior recomposición.
● Antisentimentalismo.
● Temática afastada do mundo social.
● Humor
● Mecanicismo e metalinguaxe literaria.
En vida, á parte de diversos poemas soltos, só publicou De catro a catro : Follas sin
data dun diario de abordo (1928) que, inspirado nas súas vivencias na mariña
mercante, é o libro máis emblemático da vangarda galega, que nos ofrece unha viaxe
interiorizada de estrutura circular e de carácter mítico dentro dun fondo universo
simbólico manuelantoniano.
O poemario conxuga o simbolismo cos postulados vangardistas, entre os que
sobresae o creacionismo e certo cubismo. Quizais a actitude de Manuel Antonio verbo
dos ismos sexa ecléctica, isto lévanos a afirmar que o seu poemario De catro a catro
posiblemente non deba adscribirse a ningunha escola concreta.
Con anacos do meu interior, Foulas e o inacabado Viladomar publícanse
postumamente.
Parece que en De catro a catro nos pretende mostrar unha travesía polo mar. Así a
estrutura básica sería:
a) “Intencións”: onde mostra as esperanzas que o poeta ten na viaxe que emprende.

Lingua Galega e Literatura 2º BAC Curso 2017-18 4


Tema 2. A POESÍA DE VANGARDA. Características, autores e obras máis representativas.

b) A navegación: poemas no mar, reflicten a viaxe. “Navy Bar” e “Recalada” afirman o


que pasa no mar aínda que acontezan nos portos. Interiormente esa navegación é o
símbolo da experiencia vital.
c) “Adeus”: poema desde a terra despois de chegar ao remate.

Tematicamente son tres os temas base: o mar, o tempo e a visión da vida.


a) O mar: auténtica fusión co mar, reflicte o estado anímico do poeta. Mar persoal
caracterizado por un lugar claustral onde o poeta indaga no seu ser, escenario do
silencio e soidade do home. É o escenario da morte.
b) O tempo: asociado ao presente, que se detén e repite eternamente, funciona como
saudade e lembranza dunha desolación inmemorial e cíclica.
c) Visión da vida: visión defraudada da vida, ton pesimista do libro, eterna despedida
das cousas, a vida como preparación para un adeus.
Con anacos do meu interior (1920 1922), mestura de elementos tradicionais,
modernistas e vangardistas. Foulas (1922 1925), reafirma o vangardismo coa presenza
de caligramas en dous poemas (neles flúe a influencia de G. Apollinaire, carácter
cubista), no resto utiliza motivos tradicionais de forma innovadora, desposuíndoos de
tópicos. Viladomar (1928), obra inacabada que contén cinco poemas nos que o autor
nos ofrece desde a ribeira a súa nostalxia do mar.

2.2. Álvaro Cunqueiro ( Mondoñedo, 1911-Vigo, 1981 ) : surrealismo e


cubismo
Á parte da liña neotrobadoresca (Cantiga nova que se chama riveira), cultiva –
introducíndonos– nas nosas letras dous movementos de vangarda plena: o
surrealismo de Poemas do si e non (1933 ) e Mar ao norde,( 1932 ) basicamente
cubista.
Despois da guerra publicará Dona do corpo delgado (1950), que combina
vangardismo pleno, neotrabadorismo e clasicismo (no que latexa o tema do ubi sunt?)
e Herba aquí e acolá (1980), neste último, “cume da poesía do XX‟, segundo Ferrín,

Lingua Galega e Literatura 2º BAC Curso 2017-18 5




Tema 2. A POESÍA DE VANGARDA. Características, autores e obras máis representativas.

amosa unha nova estética: o culturalismo (onde clasicismo, mitoloxismo e surrealismo


se mesturan) que influirá nos poetas dos 80.
2.3. Manuel Luís Acuña: cubismo
Só publicou Fírgoas ( 1933 ), libro fortemente influído polo cubismo.
ANTOLOXÍA

TABERNA ( 1) O GALO (2)


Chove fóra. Nas pozas Abrelle a porta ao día
aboia a luz do gas. coa chave do teu cantar
Na lameira da rúa que xa na fonte da Lúa
entérrase un cantar. está lavada a mañán.

Mariñeiros de Amberes, Bótalle o teu aturuxo


de Cork e Rotterdam... a paisaxe dende o val
O acordeón borracho que o gran balbo das estrelas
fala inglés, alemán… cairá serodio no mar.
……………………...
Na folla do coitelo O campo cheo de frío
fuxe a luz cal no mar. busca un anaco de sol,
L. Amado Carballo, Proel. alcéndelle unha fogueira
co lume da túa voz.
...........Amado Carballo, O galo.
CUESTIÓNS TEXTO 1
1. Repara na economía expresiva con que está elaborado o poema. Con moi escasos elementos
consegue transmitir moitas informacións sobre o que acontece na taberba. Resúmeas.
2. Como interpretas os dous últimos versos? Para que serven os puntos suspensivos que separan
eses dous últimos versos do resto do poema?

CUESTIÓNS TEXTO 2
1. Xustifica a etiqueta de “hilozoísta” aplicada a este poema.
2. A quen se dirixe o poeta?

Lingua Galega e Literatura 2º BAC Curso 2017-18 6


Tema 2. A POESÍA DE VANGARDA. Características, autores e obras máis representativas.

(3) (4)
No niño novo do vento Eu nascín
hai unha pomba dourada, -entre as zocas e os lóstregos
meu amigo! na mitade da noite-
Quén poidera namorala! corenta e sete días despois do primeiro aeroplano.
Aínda colgaban do aramio da anteguerra todas as
Canta ao luar e ao mencer intactas maravillas inauditas.
en frauta de verde olivo.
Quén poidera namorala, Eu traguía os dous meus ollos no seu sitio
meu amigo! e o meu corpo esquerdo con áxil xogo indeciso no
cóbados.
Ten áers de frol recente,
cousas de recén casada, Cando eu nascín tan soio a doce cousas lles faltaba
meu amigo! no nome preciso
Quén poidera namorala! i eu cheguei cun oco nas frontes e na man
pra atopar a indefinición das súas craridades navegantes.
Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río. Todo o meu nascimento foi unha hora nova
quén poidera namorala, na que houbo que pechar os dormitorios e abrir
meu amigo! as chimeneas
pra acenar polas súas perfebas de fume
Álvaro Cunqueiro, Cantiga nova que se os panos enloitados da cociña.
chama Riveira.
Decatádesvos?
Álvaro Cunqueiro, Poemas do si e non

CUESTIÓNS TEXTO 3
1. Cal é o tema da composición?
2. Quen é a voz poética? Esta voz poética é a mesma que nas cantigas de amigo medievais?
3. Que recursos estilísticos che permiten asegurar que se trata dunha composición
neotrobadoresca?

CUESTIÓNS TEXTO 4
1. É vangardista este poema? Xustifíaco
2. Que función cumpre o interrogante final?
3. Que sentimentos quixo expresar o autor con este poema? Intentou xustificar algo?

Lingua Galega e Literatura 2º BAC Curso 2017-18 7


Tema 2. A POESÍA DE VANGARDA. Características, autores e obras máis representativas.

.SÓS (5) AO REVERSO DA NOITE (6)

Fomos ficando sós


o Mar o barco e mais nós Loceiros degolados
desangran-se de ouro n-o Mar
Roubáronnos o Sol
O paquebote esmaltado De par de nós
que cosía con liñas de fume a Lua
áxiles cadros sin marco fai ronseles infecundos

Roubáronnos o vento Mentras sonea a mareta


Aquel veleiro que se evadeu vai folleando n-o libro d'as velas
pola corda floxa d' o horizonte
Irredentos velamios eshaustos
Este océano desatracou d'as costas resiñados a pendurar d'a cruz
e os ventos d' a Roseta
ourentáronse ao esquenzo Estrelas inconscentes
As nosas soedades mecanizan o obseso tic-tac
veñen de tan lonxe
como as horas d' o reloxe A auga toda d'os oucéanos
Pero tamén sabemos a maniobra ensumeu-se n-unha bágoa
d' os navíos que fondean
a sotavento d’ unha singradura E o pano branco d'o novo día
enxugará os ollos d'o ceo.
N' o cuadrante estantío d' as estrelas
ficou parada esta hora: Manuel Antonio: De catro a catro.
O cadavre d' o Mar
fixo d' o barco un cadaleito

Fume de pipa Saudade


Noite Silenzo Frío
E ficamos nós sós
Sin o Mar e sin o barco
nós.

Manuel Antonio: De catro a catro.

CUESTIÓNS TEXTO 5
1- Indica os trazos formais vangardistas presentes no poema.
2- Cal é o estado de ánimo que transmite? Houbo algunha mudanza significativa nese estado entre o
momento que indican os primeiros versos e o que marcan os últimos?
3- O autor recorre ás estruturas paralelísticas. Sinala algún exemplo.
4- Os espazos en branco no derradeiro grupo de versos, que efecto conseguen?

CUESTIÓNS TEXTO 6
1- Indica de xeito razoado que momento do día describe o poema.
2- Responde as seguintes cuestións, relacionadas coas imaxes poéticas presentes no poema.
● A que se refire o poeta cando di que os loceiros se desangran de ouro no mar?
● Por que os velamios se cualifican como irredentos e exhaustos?
● A que pensas que se refire o poeta coa metáfora bágoa se logo afirma que o novo día enxugará
is ollos do ceo?

Lingua Galega e Literatura 2º BAC Curso 2017-18 8


Tema 2. A POESÍA DE VANGARDA. Características, autores e obras máis representativas.

TEXTO 7
O autor d'iste libro, a difrenza dos poetas da sua terra, tan homildosos devotos da Santa, do Bardo e
do Rebelde, non por asomellar-se a ninguén, e moito menos ó consabido trío, fixo da sua independenza
un sagro fanatismo, e vel-eiquí o tendes só, ergueito e orguloso.
Ten, ademais, o seu arte resoanzas futuristas, creacionistas, dadaístas e non sei que mais, todas elas
anárquicamente escolmadas e autocraticamente peneiradas. (...)
O ritmo dos seus versos non se pode levar c'os pés no piso nin c'os cotelos encol da táboa; e él quixera
facel-os decote de tal xeito que non puderan ser declamados nin adeprendidos de memoria. Isto
somentes, xa o leva dereito a perder a ademiranza das amabres mociñas románticas e dos amenos
diletantes de segunda man. ( … )
Esqueceu a gramática lóxica e a lóxica gramatical; os temas consagrados; as formas invioladas. A súa
única páxina romántica é o suicidio do seu sentimentalismo.

Fragmentos do Prólogo dun libro de poemas que ninguén escribeu, Manuel Antonio

CUESTIÓNS
1- Sinala que pensa Manuel Antonio da poesía romántica.
2- Manuel Antonio declara a súa ruptura co pasado literario galego. Sinala a que tres autores fai
referencia ao comezo do texto.
3- Manuel Antonio alude no texto á influencia dos “ismos” na súa poética. Cal é?
4- Sinala cal é a palabra estándar que se corresponde con cada unha das sinaladas en negra.
5- Explica o significado de escolmadas, autocraticamente, peneiradas, parodiando, arredista, cotelos.

Lingua Galega e Literatura 2º BAC Curso 2017-18 9


Tema 2. A POESÍA DE VANGARDA. Características, autores e obras máis representativas.

TEXTO 8
Manuel Antonio sabe que vida e obra son o mesmo; foxe do aburrimento e dunha vida sen biografía. O
de facer unha biografía propia é unha preocupación vella do escritor, e sobre todo do poeta. Se
tivésemos que resumir a súa vida en tres palabras, quedariamos con estas: poesía, mar, tuberculose.
Escapando da tuberculose que matou o pai, refúxiase en Padrón, con só dous anos, na casa do seu tío
sochantre. Aos 12 anos deixa as cousas claras: non vai facer carreira na igrexa. Estuda o bacharelato en
Santiago de Compostela. E poñemos aí a poesía, que o chama desde o outro lado da fiestra, coma un
vampiro flotando no aire.
En Vigo descobre outro tipo de cidade, menos dos seu gosto quizais. Pero é un poeta urbano: detesta o
ruralismo. A cidade abáfao e atráeo. Estuda na Escola de Náutica. Vigo, en parte, resúltalle
incomprensible; o diñeiro, o fútbol, a burguesía. Esa é a cidade que non lle interesa. Gústalle o seu
cosmopolitismo, ou o que el entende por tal. É un mundo novo que o atrae. Toda cidade ou vila portuaria
ten un ambiente de perdición destacado, como se a soidade dos mares calase a fondo en cada unha
das rúas e dos habitantes.
Por fin, embarca; primeiro, no paquebote Constantino Candeira, ás ordes do capitán Augusto Lustres
Rivas, a quen lle dedica o seu libro de poemas; despois, no buque holandés Gelria; e por último, no
pesqueiro Arosa. Incídese na dura vida que levou neses mares. Saúde precaria, longas xornadas de
traballo fatigoso. Non cabe dúbida; algunha que outra queixa deixa nas súas cartas, e é fácil imaxinar
que non só se dedicou a mirar o horizonte e escribir versos. Ese mar deulle o espazo; para iso saíra da
casa. Non era un mariño que escribía versos, senón un poeta que se fixo mariño para saír da súa aldea
e atoparse poeticamente. Xa asumira que os versos que estaba destinado a crear non podían escribirse
no ambiente rural en que nacera.
No paquebote Constantino Candeira escribe De catro a catro (Nós, 1928). Participa na edición o escritor
Rafael Dieste, tamén de Rianxo e amigo de Manuel Antonio, e ilústrao Carlos Maside. É o poemario. Era
o poemario. Foi moi celebrado dentro da literatura galega, desde Cunqueiro ata o Grupo Rompente, a
mediados dos 70.
Manuel Antonio é o poeta da vangarda galega, un Vicente Huidobro menos charlatán e desatado. Uns
poemas nos ósos. Por debaixo da maquillaxe formal, moi do momento que lle toca vivir, está o poeta
intimista e solitario que xa deixa caer os versos sen importarlle moito como caen na páxina. Menos
caligramas e máis sangue. O valor de Manuel Antonio está precisamente aí, nese ton sentimental e seco
a un tempo, con que describe a vida no mar. O máis fero vangardista da literatura galega describe con
nostalxia un mundo en extinción. Igual ca Kafka, tuberculoso, Manuel Antonio semella atrapado nesa
lucidez dunha morte temperá.
A alba nova sorprendeume
cacheando entre os luceiros
unha despedidaque se me perdeu.

MARCOS ABAL, www.jotdown.es ( fragmento adaptado )

Lingua Galega e Literatura 2º BAC Curso 2017-18 10

You might also like