You are on page 1of 9

13 Literatura

5. Literatura de vangarda
O termo vangarda provén da expresión francesa avant garde, que fai referen-
cia á primeira liña de combate. Aplicado ás artes e á literatura, o vocábulo
denota modernidade e rupturismo.
Durante os primeiros anos do século xx esténdese por Europa un clima de
pesimismo derivado das barbaries vividas durante a primeira guerra mun-
dial (1914-1919). Nesta altura xorden vagas de renovación artística que
tratan de quebrar definitivamente os vellos moldes estéticos, que se consi-
deran anticuados e inapropiados para canalizaren as necesidades de expre-
sión dunha sociedade que ansía modernidade. As diversas escolas estéticas
que procuraron esa nova linguaxe artística reciben o nome de vangardas
ou o de ismos. Non hai nesta altura, por tanto, unha única corrente, senón
diferentes movementos que se solapan no tempo e que constitúen, conxun-
tamente a vangarda.

Con todo, existen unha serie de características partilladas pola maioría dos
movementos de vangarda:
n O centro de irradiación da maior parte das correntes é París; a cidade
La Cravate et la montre, poema de francesa eríxese en capital da intelectualidade europea.
Guillaume Apollinaire
n O uso recorrente do manifesto como punto partida e como canle de ex-
presión das liñas programáticas de cada corrente.
n A loita contra as tradicións acompañada dun forte espírito de rebeldía.
n A defensa da liberdade social, moral, intelectual etc. e da orixinalidade
como máximo valor da obra artística. 121
n A concepción autónoma da arte, que se deshumaniza ao se desprezar
calquera interpretación que permita ligar a peza artística coa realidade.
n A renovación das técnicas de composición e da linguaxe figurada, que
procura a irracionalidade e mesmo o absurdo.

Maruja Mallo: A relixión do traballo (1937) Pablo Picasso: As señoritas de Avignon (1907)

266
A literatura galega desde comezos do século XX até 1936
13
5.1. As vangardas na literatura europea
Os principais movementos de vangarda europeos son o Cubismo, o Futurismo, o
Dadaísmo, o Surrealismo, o Creacionismo e o Expresionismo.

Ismos Ano de Promotores Características principais


aparición
Cubismo 1907 Guillaume Apo- n O seu inicio dátase en 1907 porque é o ano en que Picasso pinta
llinaire As señoritas de Avignon. Porén, non se desenvolve como corrente
literaria até 1913.
n A visión do/da artista descompón a realidade, que volta a tomar for-
ma a través da obra de arte.
n Na literatura o caligrama representa a máxima expresión do cubismo.
Futurismo 1909 Filippo Tomasso n Exalta a técnica e o mecánico e manifesta o gusto polo industrial, pola
Marinetti velocidade e pola violencia.
n Suprime a sintaxe, os nexos, e utiliza signos extralingüísticos e caracte-
res mesturados nun mesmo texto.
Expresionismo 1911 Revistas Der n Nace como corrente pictórica, mais acaba impregnando todas as ar-
Sturm e Die tes: arquitectura, música, cine, teatro etc.
Aktion e o n Parte dunha visión deformada da realidade a fin de realzar algún dos
círculo literario seus aspectos.
Der Neue Club
Creacionismo 1912 Vicente n Defende a autonomía da obra de arte fronte á imitación da natureza e
Huidobro tenta crear no poema un mundo en si mesmo.
Dadaísmo 1916 Tristan Tzara n Propugna a total aniquilación da linguaxe, xa que se trata dun dos
movementos máis radicais.
n O azar e a experimentación lúdica son os seus valores principais.
Surrealismo 1924 André Breton n Anula as fronteiras entre fantasía e realidade e reivindica mundos
oníricos e alucinados como fonte de creación artística.
n Recorre a técnicas como a escrita automática, o collage, o cadáver
exquisito etc.

5.2. As vangardas na literatura galega


En Galiza as vangardas son adoptadas principalmente pola xeración de escritores
nados arredor de 1900 –fundamentalmente poetas– que reciben a denominación
de Xeración de 1925, xa que arredor dese ano se concentra a maior parte das súas
publicacións.
A aplicación das escolas europeas de vangarda na literatura galega vai traer consi-
go unha serie de peculiaridades, pois, aínda que os autores deste grupo son máis
novos, conviven cos/coas integrantes das Irmandades da Fala e do Grupo Nós e
partillan experiencias e iniciativas.
Eis as principais características das vangardas galegas:
n Ruptura deliberada coa tradición literaria mediante a provocación. Evítanse
os temas costumistas e procúrase a intranscendencia social dos temas aborda-
dos.
n Participación en agrupacións ou partidos nacionalistas e en diversas institu-
cións culturais.
n Adopción de elementos das vangardas europeas –mais cun selo propio– e, en
ocasións, das portuguesas.
n Extensión dos movementos de vangarda a diferentes artes, tal e como acontece
no resto de Europa.

267
13 Literatura
O desenvolvemento das correntes de vangarda no seo da literatura galega re-
cala principalmente en tres ismos:
n Creacionismo. Esta escola, cuxo único representante é Manuel An-
tonio, propugna, ao igual que a súa homóloga europea, a creación
dunha realidade independente dentro de cada poema; a natureza debe
imitar a arte e non ao contrario.
n Neotrobadorismo. Toma temas e recursos estilísticos da lírica
galego-portuguesa medieval e adáptaos aos gustos do século xx.
Os seus principais valedores son Álvaro Cunqueiro e Fermín Bouza-
Brey.
n Hilozoísmo. Trátase dunha poesía inspirada na paisaxe e na natu-
reza. Os poemas son breves, mais cunha alta carga de imaxes. Entre
os seus cultivadores sobresaen Luís Amado Carballo, Augusto María
Casas, Xulio Sigüenza e Xosé María Brea Segade.

Alén das xa mencionadas, na literatura galega tamén teñen cabida outras ten-
dencias de vangarda, aínda que de forma residual; así, o cubismo está presente
en Mar ao norde (1932), de Álvaro Cunqueiro, e Fírgoas (1933), de Manuel Luís
Acuña, mentres que o surrealismo se manifesta en Poemas do si e do non (1933),
tamén de Cunqueiro.
Un dos principais fitos dos nosos movementos de vangarda é a publicación,
por parte de Manuel Antonio e do pintor Álvaro Cebreiro, do manifesto ¡Máis
alá! (1922), único expoñente do xénero dentro da literatura galega de vangarda
e que nace co fin de facer un chamamento á xuventude intelectual galega para
que lidere a renovación das artes e das letras.
Tal e como acontece na literatura europea, a poesía galega de vangarda
aproveita as revistas para difundir os seus textos. Ademais de A Nosa Terra
(1916) e Nós (1920), tamén debemos ter en conta as seguintes publicacións
periódicas:

Período Publicación Lugar e data de Dirección


publicación
Principais Alfar A Coruña, 1923-1954 Julio José Casal
revistas
da década Ronsel Lugo, 1924 Evaristo Correa Calderón
dos 30 e Álvaro Cebreiro
Galiza Mondoñedo, 1930 Álvaro Cunqueiro
Yunque Lugo, 1931-1932 Ánxel Fole, Arturo
Cuadrado e Francisco
Lamas
Principais
revistas Cristal Pontevedra, 1932 Xoán Vidal Martínez
da década Santiago de Compostela, Francisco Fernández del
dos 30 Universitarios
1932-1933 Riego
Santiago de Compostela,
Resol Arturo Cuadrado
1932-1936
Papel de color Mondoñedo, 1933-1935 Álvaro Cunqueiro

268
A literatura galega desde comezos do século XX até 1936
13
5.3. Manuel Antonio
A obra poética de Manuel Antonio está composta por cinco poemarios, dos
cales só un, De catro a catro (1926-1928), foi publicado en vida do autor.
A súa restante produción literaria permaneceu practicamente inédita até
tempos recentes.
A través dos seus poemarios é posíbel distinguir unha clara liña evolutiva,
interrumpida por mor do seu temperán pasamento. O seu primeiro libro,
Con anacos d’o meu interior (1920-1922), debátese entre temas e procede-
mentos formais clásicos e unha incipiente renovación estética, mentres
que o segundo, Foulas (1922-1925), deixa xa entrever a senda vangardista
pola que vai transitar a súa poesía, pois nel as imaxes aproxímanse ao
modelo creacionista. Por outra parte, Sempre e mais dispois (1923) é un
poema extenso –e seguramente inacabado– que ofrece a visión do autor
sobre a emigración. Por último, Viladomar (1928) constitúe o testamento
literario do autor, unha obra composta por seis poemas de ton elexíaco
que este posibelmente deixou lista para o prelo, mais que non chegou a
ver publicada.
A obra máis singular de Manuel Antonio é De catro a catro. Follas sin data d’un
diario d’abordo (1926-1928). É neste poemario onde se fai patente a filiación
creacionista do autor, que crea un universo partillado polo home, o mar e o
barco. Ábrese co poema “Intencións” e finaliza con “Adeus”, de modo que
Manuel Antonio foi un autor
a travesía en barco aparece completa, cunha estrutura fechada. perfeccionista, que revisou e
Entre as características máis destacadas de De catro a catro sitúanse a depurou os seus versos e que
reorganizou títulos e poema-
creación do ambiente mariñeiro; a introdución de imaxes inesperadas, rios constantemente.
moi novidosas na literatura galega; e o antirromanticismo e a utilización
de tecnicismos e estranxeirismos propios da linguaxe marítima.

Manuel Antonio
Manuel Antonio Pérez dades da Fala, feito que o 1922. A partir dese momen-
Sánchez nace en Rianxo no leva a afastarse do conserva- to o rianxeiro mantivo unha
ano 1900. Fica orfo de pai dorismo familiar. actividade intelectual in-
moi novo e a familia, extre- No ano 1919 Manuel An- tensa, relacionándose prin-
madamente conservadora, tonio ingresa na Escola Ofi- cipalmente con Castelao,
atravesa moitas dificultades cial de Náutica de Vigo e en Vicente Risco e Rafael Dies-
económicas, polo que todo 1923 convértese en piloto te, con quen adoita discutir
parecía indicar que Manuel da Mariña Mercante. Men- apaixonadamente sobre
Antonio acabaría seguindo tres cursa os seus estudos, arte popular e literatura.
a carreira eclesiástica. Non comeza a publicar artigos en Manuel Antonio realiza
obstante, en 1914 acaba revistas como Alfar e Ronsel prácticas de piloto a bordo
marchando a Santiago de e a participar nas activida- de diferentes barcos que o
Compostela para cursar o des desenvolvidas polas levan a cruzar o Atlántico,
Bacharelato. organizacións nacionalistas. mais axiña se fai patente
A vida compostelá permí- Desta incipiente actividade que padece tuberculose;
telle entrar en contacto cos literaria é froito o manifes- esta doenza acaba con el en
movementos nacionalistas, to ¡Máis alá!, asinado xunto 1930.
nomeadamente coas Irman- co pintor Álvaro Cebreiro en

269
13 Literatura
5.4. Rafael Dieste
A produción literaria en galego de Dieste componse dun libro de relatos e
dunha obra teatral. Alén disto, o escritor tamén teoriza sobre os xéneros
literarios, tendo deixado estudos sobre a natureza do conto e da obra tea-
tral.
Os relatos que integran Dos arquivos do trasno aparecen en diferentes publi-
cacións periódicas até que en 1926 o autor prepara unha edición que reco-
lle oito narracións. Con todo, non é a única edición que coñece esta obra,
que non verá finalizada a súa nómina de textos –20 en total– até 1962.
En Dos arquivos do trasno maniféstase unha predilección polo fantástico,
por buscar a verosimilitude no incríbel e pola narración do medo. Os/as
personaxes deseñados por Dieste acostuman proceder de clases populares
e deben enfrontar algún tipo de acontecemento que foxe da interpretación
común do mundo.
A fiestra valdeira, pola súa banda, conforma unha das poucas mostras que a
literatura de vangarda galega deixou para a escena teatral. A obra data de
1927, aínda que non foi representada até 1935.
A peza está escrita en clave simbólica, xa que a trama xira arredor da enco-
menda que dona Balbina fai dun retrato de seu home, don Miguel. O pintor
Como acontece con outros
encargado de realizalo sitúa ao fondo unha fiestra a través da cal se per-
coetáneos, Dieste pasa un
tempo viaxando por Europa cibe unha paisaxe mariñeira. A muller e a filla de don Miguel aborrecen a
–no seu caso, investigando paisaxe e arrincan o anaco de lenzo que a recolle; ao tempo, don Miguel
a respecto do teatro– en paí- cae nunha depresión, que desaparece cando a muller e a filla comprenden
ses como Bélxica, Francia e a importancia de manter a xanela no seu lugar orixinal. O tema central é,
Italia. pois, a fidelidade á orixe e á identidade propias.

Rafael Dieste
mais tamén mantén unha in- siva para o achegamento de vén durante dez anos da vida
tensa actividade pedagóxica. Dieste ás letras galegas, aínda cultural da colectividade ga-
A súa foi unha familia de boa que o seu compromiso co idio- lega e desenvolve numerosos
posición social que lle trans- ma galego non é tan estreito proxectos editoriais.
mitiu un temperán interese como o doutros/as contempo- No ano 1961, e despois de
polas artes e pola filosofía. ráneos/as. anos dedicado á docencia en
Cursa a carreira de xornalis- Canto á súa actividade aso- Cambridge (Reino Unido) e
mo en Santiago de Composte- ciativa e política, o escritor Monterrei (México), Dieste
la e, inmediatamente despois rianxeiro ingresa no Seminario regresa a Galiza e estabeléce-
de rematar os seus estudos, de Estudos Galegos en 1927 e se na Coruña, cidade en que
comeza a colaborar en dife- destaca, especialmente, pola inicia un proceso de revisión
rentes publicacións da época, súa participación nas Misións de toda a súa obra que o con-
como El Pueblo Gallego ou o Pedagóxicas. duce á presentación de Antre
Faro de Vigo. Durante a guerra civil par- a terra e o ceo, unha selec-
Rafael Dieste nace en Rianxo Ao igual que acontece con ticipa das organizacións anti- ción de artigos xornalísticos
en 1899. Dedícase á narrativa, Manuel Antonio, a influencia franquistas até que en 1939 publicada en 1981, ano do
ao teatro e ao xornalismo, de Vicente Risco resulta deci- se exilia a Bos Aires; alí inter- seu pasamento.

270
A literatura galega desde comezos do século XX até 1936
13
Actividades

1. Le estes fragmentos e trata de relacionalos coa 2. Utiliza internet para buscar información en re-
vangarda á cal pertencen. lación aos poemas dadaístas e crea a túa com-
“Afirmamos que o esplendor do mundo se en- posición dadá.
riquece cunha beleza nova: a beleza da velo-
3. Procura o texto do manifesto ¡Máis alá! e res-
cidade. Un automóbil de carreira co seu capó
ponde ás seguintes cuestións:
adornado de grosos tubos semellantes e ser-
pes de alento explosivo... un automóbil bruan- u Con que intención se publica o texto?
te que parece correr sobre a metralla, é máis u Quen son os autores “vellos” e quen os “devancei-
belo que a Vitoria de Samotracia”. ros”? Que diferenza hai entre uns e outros?
“Explicar: diversión dos barrigasverdes nos u Que modas literarias se critican abertamente?
muíños dos cranios baleiros.
E que autores?
DADÁ NON SIGNIFICA NADA”.
u Que ideas teñen estes a respecto do galego? De
“O espírito do home que soña satisfaise entei- que renegan e que reclaman?
ramente co que lle acontece. Mata, voa máis
rápido, ama canto queiras. E se morres non 4. En pequenos grupos investigade por que se fala
estás seguro de espertar entre os mortos?” da “liberación de Manuel Antonio”. En que con-
sistiu? Por que tivo que ser “liberado”?
“Cada divindade crea a súa propia imaxe: así
tamén os pintores. Só os fotógrafos fabrican a 5. Rafael Dieste formou parte das misións peda-
reprodución da natureza”. góxicas; que eran e en que consistían?
“Nada de anecdótico nin de descritivo. A emo-
6. Prepara unha breve exposición oral sobre Carme
ción debe nacer da soa virtude creadora.
Muñoz Manzano e explica cal foi a súa relación
Facer un poema como a natureza fai unha ár- con Dieste.
bore”.

Antoloxía
Texto 1 Texto 2
Con anacos d’o meu interior
Con anacos d’o meu interior
fago xogos de mans
Sollar d’o sol encol
d’os agros y-o silenzo que alborexa
Con anacos de min
Xogador.
Un sotil son de lonxe
fío claro
A tristura d’os eixos abate n-os pinos
N-a corredoira d’a fonte van pasos
Un paxaro que pasa cortando a fenestra
Con anacos de min
Non reparo.
Con anacos d’o meu interior
malabarescamentes
enrabesadamentes
auto-rompecabezador.

Manuel Antonio: Con anacos d’o meu interior (1920-1922). Manuel Antonio: Foulas (1922-1925).

271
13 Literatura

Texto 3 N-o cuadrante estantío d’as estrelas


ficou parada esta hora: Mansas vagas unánimes
“SÓS” O cadavre d’o Mar reorgaizan-se detrás d’o vento
Fomos ficando sós fixo d’o barco un cadaleito Cando pase a rafega derradeira
o Mar o barco e mais nós dirá-nos adeus
Fume de pipa Saudade c’o pano branco d’o gaf-tope
Roubaron-nos o Sol Noite Silenzo Frío
O paquebote esmaltado E ficamos nós sós Alude a un fracaso
que cosía con liñas de fume sin o Mar e sin o barco de follas amarelas
áxiles cadros sin marco nós. e renova-se a sorrisa d’os mastros
sempre c’as ponlas novas e xoviaes
Manuel Antonio: De catro a catro
Roubaron-nos o vento
(1926-1928).
Aquel veleiro que se evadeu Noiva miña
pol-a corda floxa d’o horizonte vestida de lua
Texto 4 que romantizas
Este oucéano desatracou d’ascostas “Lied ohne worte” ¡tan cursi!
e os ventos d’a Roseta pol-o xardín
Aboya un esbardar de marusías
ourentaron-se ao esquenzo Sentei-me a proa
tentando os ceos sin atopar a Lua
As nosas soedades fumando a miña pipa
Pero a Lua esta noite
veñen de tan lonxe Pero outra noite pensarei en tí.
desertou d’os almanaques
como as horas d’o reloxe
Murcha antre duas follas Manuel Antonio: De catro a catro
Pero tamén sabemos a maniobra
–violedas pensamentos– (1926-1928).
d’os navios que fondean
d’o manual póstumo
a sotavento d’unha singladura
–outuno madrigaes–
que versifiquei eu

Texto 5
“O neno suicida”
Cando o taberneiro rematóu de ler aquela nova inquedante –un neno suicidárase pegándose un tiro na sén dereita– falóu o vagamun-
do descoñecido que acababa de xantar moi probemente nun curruncho da tasca mariñeira, e dixo:
—Eu sei a hestoria dise neno.
Pronuncióu a palabra neno dun xeito moi particular. Así foi que, os catro bebedores de augardente, os cinco de albariño e o taberneiro
calaron e escoitaron con xesto inquiridor e atento.
—Eu sei a hestoria dise neno –repetiu o vagamundo–. E, tras dunha solerte e ben medida pausa, escomenzóu:
—Alá polo mil oitocentos trinta, unha beata que despóis morreu de medo veu sair do camposanto frolido e recendente da súa aldea
a un vello moi vello en coiro. Aquel vello era un recén nascido. Antes de sair do ventre da terra nai escollera il mesmo ise xeito de
nacencia. ¡Canto millor ir de vello pra mozo que de mozo pra vello!, pensóu sendo espírito puro. A Noso Señor chocoulle a ideia. ¿Por
qué non faguela proba? Así foi que, co seu consentimento, formóuse no seo da terra un esquelete. E despóis, con carne de verme,
fíxose a carne do home. E na carne do home aformigóu o caloriño do sangue. E como todo estaba listo, a terra-nai paríu. Paríu un
vello en coiro.
De cómo despóis o vello topóu roupa e mantenza é cousa de moita risa. Chegóu ás portas da cidade e como aínda non sabía falar, os
ministros, despóis de lle botaren unha capa enriba, levárono a diante do xuez, dicindo como si tivesen sido testigos: Aquí lle trague-
mos a iste probe vello que perdéu a fala coa tunda que lle deron uns ladróns mal entrañados. Nin roupa lle deixaron.
O xuez dou ordes e o vello foi levado a un hespital. Cando saíu, xa ben vestido e mantido, dicíanlle as monxiñas: Vai feito un bó mozo.
Hastra parés que perdéu anos.
Daquela xa deprendera a falar algo e fíxose esmoleiro. Así andivo moitas terras. Alá en Lourdes estivo dúas veces; da segunda tan
amozado que, os que o coñeceran da primeira, coidaron que fora miragre da Virxe.
Cando adequiriu esperenza dabondo pensóu que o millor era manter segreda aquela estrana condición que o faguía máis mozo cantos
máis anos corresen. Así, nono sabendo ninguén –non sendo un ou dous amigos fieles– podería vivir millor a súa verdadeira vida.
Traballóu de vello e fíxose rico pra folgar de mozo. Dos cincoenta aos quince anos a súa vida foi a máis felis que se pode maxinar.
Cada día gustaba máis ás mozas e andivo enliado con moitas e coas máis bunitas. E hastra dis que unha princesa... Pro diso non
estóu certo.
Cando chegóu a neno escomenzóu a vida a se lle ensarillar. Dáballe medo a surpresa con que o vían entrar tan ceibe nas tendas a
mercar lambetadas e xoguetes. Algún rateiro de viseira calada teno seguido ao longo de moitas rúas tortas. E algunha vez ten comido
as súas lambetadas a tremer de anguria, coas bágoas nos ollos i o almibre nos beizos. A derradeira ves que o topéi –tiña il oito anos–
andaba moi triste. ¡Pesaban, endemáis, tanto no seu esprito de neno os recordos da súa vellice!

272
A literatura galega desde comezos do século XX até 1936
13
Logo escomenzóu a lle escaravellar día e noite unha ousesión tremenda. Cando pasaran algúns anos recolleríano en calquera calexa
estraviada. Quizáis algunha señora rica e sen fillos. Despóis ¡Quén sabe o que pasaría despóis! A lactancia, os paseios nun carriño,
cunha sonalla de axóuxeres na manciña tenra. E ao remate... ¡Ou! O remate poñía espanto. Comprir o seu sino de home que vive ao
rivés e refuxiarse no seo da señora rica –poida que cando ela durmise– pra ir alí devecendo deica se trocar primeiro nunha sambesuga
e despóis en arumia e logo en pequenísima semente...
O vagamundo ergueuse moi pensabundo, coas maus nos petos, e dou algúns paseíños todo amargurado. Ao cabo dixo:
—Esprícome, si, esprícome que se chimpase un tiro na sén o probe rapaz.
Os catro bebedores de augardente, creían. Os cinco de albariño, surrían e dubidaban. O taberneiro negaba. Cando todos desortían
máis enfervoadamente, o taberneiro ergueuse de súpeto nas puntas dos pés e púxose a mirar todo arredor cos ollos moi abertos.
O vagamundo desaparecera sen pagar.
Rafael Dieste: Dos arquivos do trasno (1926).

Texto 6
Don Miguel. (Mirando o cadro de perto, e despois de outer algún convencimento íntimo) De perto, ben. (Alónxase e repite o xogo) De lonxe, ben.
(Como xa non se pode alonxar mais mira o cadro pol-o anteollo do rivés) Dinde mais lonxe, ben. (Entra doña Balbina) ¡Balbina, Balbina! (Leva-a
perto do cadro. Interrogante) De perto, ben ¿non?
Balbina. (Como si non estivera moi convencida, pero compracente) Non está mal, non.
Don Miguel. (Arredando â súa muller do cadro) ¿E de lonxe?
Doña Balbina. Non me disgusta.
Don Miguel. (Dándolle o anteollo) Mira agora dinde mais lonxe. (Doña Balbina colle asombrada o anteollo) Si, co anteollo. (Vendo a doña
Balbina perpleixa) Do rivés... (Doña Balbina rise, pero como ten algo que lle pedir ao seu home, cede con resistenza garimosa).
Doña Balbina. (Mirando pol-o anteollo) Non che abonda toleares tí. Queres que os demais toleen tamén. Vaia, sígueme gustando (deixa
o anteollo), pero poida que non lle viñese mal unha enmenda...
Don Miguel. (Antre alarmado e ledo) ¿Cal?
Doña Balbina. ¿Cal ha de ser? A que che dixo Donosiña. A que che acaba de dicir hai un pouco.
Don Miguel. (Surpreso) Donosiña non me falou de ningunha enmenda.
Doña Balbina. (Alabeeira) Faríaste o desentendido, que ela ben claro falou...
Don Miguel. Escoita, Balbina. Eu xa vos teño dito que son moi rudo de entendimento. Eu sei que duas e duas son catro, pero si para
mo dar’a entender vos contentades con chiscarme un ollo, abofé que non entendo lisca. Son moi rudo.
Doña Balbina. (Rindo alabeeira) ¡Raposón! Vaia, ¿tí quês ou non que lle quiten a fiestra o cadro?
Don Miguel. Donosiña non me falou de lle quital-a fiestra.
Doña Balbina. (Fuxindo de pleitos) Supoñamos que non. Fáloche eu. ¡Canto millor non lle quedaría un fondo de xardín fidalgo ou cousa
de xeito somellante! Ademais isa fiestra, véndose as lanchas, o peirán, as redes...
Don Miguel. Gústame moito.
Doña Balbina. (Seria, reconcentrada e garimosa) Porque tel-os ollos pechados. Ninguén, non sendo tí –que si non ês rudo ês confiado de
mais– inora o que o pintor ven dicindo co-isa fiestra.
Don Miguel. ¿E qué ven dicindo?
Doña Balbina. (Reprochadora e cariñenta) Babián, babián... Vaia, d’unha vez: ven dicindo que foste mariñeiro. Eso é.
Don Miguel. (Asombrado por dialéctica, pero comprendendo) ¿E non-o fun? ¿Non-o son ainda por dentro?
Doña Balbina. Contigo non hai quen poida. Millor verías a casa asolagada pol-as bágoas de Donosiña que darlle gusto en cousa tan
pequena. (Fiducial) ¿Ti coidas que sería ben, cando deámol-o consentimento para que Mariñas entre na casa, o lle mostrar ise retrato
co-isa fiestra que o está dicindo todo? Ben certo é que Mariñas está perdido pol-a nosa nena, pero as cousas...
Don Miguel. (Furioso, conténdose) ¡Abonda! ¡Que veña Donosiña! (Mentras desaparece doña Balbina, don Miguel paseia axitado. Detense cando
entra Adelaida co-a nai) Dí, Donosa, o que queres.
Adelaida. ¿Cántas veces quer que llo digan?
Don Miguel. (Con furia contida) Dí, Donosa o que queres.
Doña Balbina. Dio, rapaza.
Adelaida. (Medio a cantar como por bulra mimosa) Quero que en troques d’isa fiestra –que xa sabemos o que ven dicindo– leve o cadro
outro fondo mais señor. (Cambeando o tono) Ter fachenda da probeza de onte ou de hoxe é ter fachenda ben cativa. E mais cando hai
outras cousas por diante...
Rafael Dieste: A fiestra valdeira (1927).

273
13 Literatura
Actividades

1. Que elementos aparecen descritos no texto 1?

2. Recóllese no texto 1 algún dos trazos lingüísticos renovadores propios de Manuel Antonio? Cales?

3. Identifica os recursos estilísticos utilizados polo autor no texto 1. Para que os emprega Manuel Antonio neste
poema?

4. Cal é o significado do texto 2? Por que inclúe o autor unha rosa dos ventos?

5. Consideras que o texto 2 é un caligrama? Por que?

6. Cales das características da lingua literaria de Manuel Antonio aparecen no texto 2?

7. Que dobre sentido ten o título do texto 3?

8. Analiza os elementos da natureza presentes no texto 3. Como se describe cada un deles? Como se mostra a
presenza humana no poema?

9. Que significado teñen os seguintes versos do texto 3: O paquebote esmaltado / que cosía con liñas de fume /
áxiles cadros sin marco e O cadavre d’o Mar/fixo d’o barco un cadaleito?

10. Que sentimentos transmite o texto 3? En que versos se aprecia mellor?

11. Grava un vídeo de menos de dous minutos inspirado no texto 3.

12. Que significa o título do texto 4?

13. Identifica os trazos poéticos tradicionais e vangardistas presentes no texto 4.

14. Repara na disposición gráfica do poema. Que elemento pode estar imitando?

15. Indica o tema, a estrutura e a voz narrativa no texto 5.

16. Que características da narrativa de Dieste aparecen no principio e no final do texto 5?

17. Por medio de que estratexias se capta a atención do/da lector/a no texto 5?

18. Que elementos fantásticos e que elementos reais se mesturan no texto 5?

19. Identifica o tema principal do texto 6.

20. Que calidades presentasn os/as personaxes do texto 6? A que se debe a actitude de doña Balbina e de Adelaida?
Concordas con elas?

274

You might also like