You are on page 1of 2

AS VANGARDAS.

A XERACIÓN DE 1925
1.- INTRODUCIÓN
Os escritores nados arredor de 1900, que constitúen a xeración
seguinte á xeración das Irmandades e do Grupo Nós, levaron a cabo a
renovación das letras galegas. Estes escritores, coñecidos co nome de
novecentistas, vangardistas ou Xeración do 25, incorporaron á literatura
galega os adiantos das avangardas literarias europeas, aínda que non
todos poden ser calificados de vangardistas.
Algúns dos representantes da xeración do 25 morreron moi novos, e
os superviventes quedaron marcados polo drama da Guerra Civil.
2.- AS VANGARDAS NO SÉCULO XX
Denomínase Vangardas a un movemento de renovación estética
que revolucionou todos os aspectos da arte, como consecuencia dun
cambio filosófico. Responden a un replantexamento teórico das artes, e as
diferentes solución reciben o nome de ismos: futurismo, cubismo,
dadaísmo, creacionismo, superrealismo ou surrealismo.
Todos os ismos teñen en común unha serie de características:
 Defensa da arte pola arte: a reivindicación da materia artística
como algo autónomo, sen conexión co mundo real, procura
da arte pura.
 Percepción meramente intelectual da realidade e actitude
antisentimental, actitude antirromántica.
 Desprezo polo “bo gusto” burgués: total liberdade creativa.
 Antirrealismo: vontade de distorsión da realidade, dificultade
de comprensión.
 Renovación da linguaxe: ruptura coa lóxica e coa orde
sintáctica.
 Uso artístico do cotián.
 A arte vangardista é iconoclasta, no sentido en que nega e
rexeita a autoridade de mestres, normas e modelos
establecidos.
Os principais ismos son os seguintes:
 FUTURISMO: Nace no ano 1909 cando o italiano Marinetti publica
o seu manifesto, no que hai unha radical oposición á poesía e á
moral tradicionais. Exalta a civilización mecánica e a velocidade, os
logros da técnica e a guerra, a forza e a luxuria… abríndolle á arte
novas posibilidades temáticas e formais, pois os poetas futuristas
dinamizan a linguaxe, suprimindo adxectivos e adverbios para
conseguir unha maior rapidez verbal.
 CUBISMO: Nace como escola pictórica con Picasso en 1907 e
coñece as súas primeiras manifestacións literarias en 1913 na
poesía francesa. Partindo de diferentes perspectivas ou enfoques da
realidade, procura a percepción intelectual da mesma: a pintura
descompón os obxectos reais en liñas e planos xeométricos, que
logo aparecen recompostos libremente.
 DADAÍSMO: Nace en Zurich en 1916 da man de Tristán Tzara, como
repulsa violenta contra a “racionalidade” que conduciu á
devastación e horror da 1ª Guerra Mundial, pretendía, a través do
escarnio, o azar e a irracionalidade, a destrución da sociedade e a
cultura tradicionais para redescubrir a auténtica “realidade”.
Reacciona contra a razón e os convencionalismos, as convencións
literarias e búrlase do artista burgués e da súa arte.
 SURREALISMO: Xorde a partir da 1ª Guerra Mundial. En 1924 André
Bretón publica o Manifesto surrealista. Procura liberar o ser
humano das cadeas impostas pola lóxica e pola moral tradicional. A
arte considérase unha vía de coñecemento para acceder á
interioridade humana, mediante unha escritura irreflexiva e
automática, que dea vía libre ás manifestacións do subconsciente.
 CREACIONISMO: Nace en París, da man do poeta chileno Vicente
Huidobro. O esencial reside na pretensión de facer unha arte que
non traduza a realidade, concretada na frase do seu fundador:
“Facer un poema como a Natureza fai unha árbore”.

You might also like