You are on page 1of 148

SURREALISMO

OUTRAS VANGARDAS
ANOS 60-70
TEORÍAS DE SIGMUND FREUD

Sigmund Freud foi sen duvida unha das persoas máis influintes dentro do desenrolo do
pensamento do s. XX. A súa teoría di que as nosas mentes gardan recordos e emocións no
noso subconscinte. Un dos descubrimentos máis importantes de Freud é cas emocións
soterradas na superficie do subconsciente suben á superficie consciente durante os soños, e
que lembrar fragmentos dos soños poden axudar a destapar as emocións e os recuerdos
soterrados. As terapias que utilizan a existencia de dificultades na infancia o emocións
reprimidas para explicar problemas emocionais actuais comezan con Freud.
Freud dicía cos soños son unha forma de realizar desexos e que moitos desexos son o
resultado de desexos sexuais reprimidos o frustrados. A ansiedade que rodea ditos desexos fai
que algúns soños convírtanse en pesadelos. O desexo aparece disfrazado no aspecto
manifesto do soño, proceso denominado “deformación onírica”. Esta deformación é intencional
débese á censura co suxeito exerce contra a libre expresión de desexos, por atopalos
censurables por algún motivo, exemplos: a sociedade, a educación, represión, regras, leis, etc.
Freud dicía que ao longo da historia, houbo tres grandes humillacións. O descubrimento de
Galileo , que non somos o centro do Universo; o descubrimento de Darwin, que non somos a
coroa da creación; e o seu propio descubrimento que non controlamos a nosa propia mente.
DADAISMO

O Dadaísmo foi unha tendencia artística que surdiu en Zúrich, Suiza, en 1916 no Cabaret
Voltaire. O fundador do Dadaísmo foi o poeta rumano Tristan Tzara.
Esta vangarda extendeuse por Europa e chegou ata Estados Unidos. Estaba en contra da
arte, os códigos e valores da súa época, a Primeira Guerra Mundial e os sistemas
establecidos. Influiu na arte gráfica, na música, e na poesía.
O movemento Dadá, no seu contido ou temática, caracterizouse por:

– Protesta continua contra as convencións da súa época.


– Actitude de burla total e humor. Baseábanse no absurdo e no carente de valor.
– Medios de expresión irónico-satíricos, a través do xesto, o escándalo, a provocación.
– Inclinación hacia o dubidoso, rebeldía, destrucción, terrorismo, morte e nihilismo, o
fantasioso, etc. En resumen a transgresión.
– Promoción polo cambio, a liberdade do individuo, a espontaneidade, o inmediato, o
aleatorio, a contradicción, o caos, o imperfecto, a intuición.
– Manifestacións contra a beleza, a eternidade, as leis, a inmovilidade do pensamento, a
pureza dos conceptos abstractos, o universal, a razón, o sentido, a construcción do
consciente.
O movimento Dada marcou o camiño para que naceran outras correntes, como o…

Surrealismo e o Pop Art

En canto á pintura caracterizouse por:

– Renovación da expresión mediante o emprego de materiais inusuais.


– Montaxe de fragmentos e de obxetos de desfeito cotidián presentándoos como obxetos
artísticos.
– Collage de diversos materiais, papeis, etiquetas, prospectos, xornais, telas, madeiras, etc.
– Fotomontaxes con frases aisladas, palabras, pancartas, recitais espontáneos e a
provocación.
MARCEL DUCHAMP
Artista francés, pintor cubista e futurista que inclinouse posteriormente hacia o Dadaísmo. A
súa influencia foi crucial para o desenrolo do Surrealismo, o Dadá e o Pop Art. Expuso como
obras de arte productos comerciais correntes, un secador de botellas e un urinario, etc.. aos
que denominou ready-mades, xa feito.
Desnudo baixando unha escaleira, Marcel Duchamp, 1912
Exprésase o movemento continuo a través dunha cadea de figuras cubistas superpostas. A
pintura causou furor na exposición "Armory Show“ que tivo lugar en Nueva York en 1913.
Nesta obra aúna elementos cubistas e futuristas.
Dinamismo de can con correa, G. Balla, 1912
Estudo do movemento, cronofotografía, J. Marey, 1884
Pinturas rupestres da cova de Chauvet, 30.000 ac.
Marcel Duchamp, A Fonte, 1917. Fotografía de Alfred Stieglitz.
Que pretendía Duchamp?
- Desafio ao establishment da arte, Conxunto de persoas, institucións e entidades
influientes na sociedade ou nun campo determinado, que procuran manter e
controlar a orde establecida.
- Crítica á avaricia dos coleccionistas e especuladores e aos pomposos directores dos
museos.
- Custionar a idea de obra de arte, tal e como a entendían académicos e críticos.
Supoñería unha revolución que fora o propio artista quen dixera o que era unha obra
de arte e o que non era.
- Os artista non representaban unha forma superior da existencia humana.
- O medio, lenzo, mármore, madeira ou pedra, non debía dictar ao artista como
tiñan que operar no proceso de facer unha obra de arte. O medio debía ser
secundario, o importante era…
a idea
A arte está na idea, non no obxeto
A idea máis importante que o medio
Filosofía por encima da técnica
L.H.O.O.Q., Marcel Duchamp, 1919
Retrato de Mae West, Salvador Dalí, 1934
Apartamento surrealista en tres dimensións, Oscar Tusquets, 1960
O SURREALISMO
O Surrealismo foi un movemento de vangarda artístico‐literario surdido en Francia a partir do
Dadaísmo, no primer carto do s. XX. En concreto, foi fundado en 1924 en París, capital por
aquel entón da arte máis vangardista. Ainda ca difusión do Surrealismo produxose na década
dos anos 20 e 30, coincidindo no tempo con outros estilos artísticos como o Art Déco, a súa
influencia será profunda e perceptible en boa parte da arte do s. XX.
Mediante manifestos, documentos de carácter reivindicativo, moi usuais nos movementos
vangardistas, expuseron o seu ideario estético. O seu punto de partida foi a publicación do
“Primer Manifesto Surrealista” polo escritor francés André Bretón, auténtico pope ou ideólogo
do grupo, que actuó como verdadeiro dictador artístico dando carta de natureza sobre quen ou
qué era ou non surrealista. Máis cun movimento artístico, considerouse ao Surrealismo como
unha revolución, onde prima a fantasía, o desexo e a imaxinación sobre o racional, mesurado
e convencional. Lémbremos o Romanticismo, o xermen ideario destes movementos.
Os surrealistas, en liñas xerais, foron un grupo compacto e dogmático aglutinado en torno a
seu “líder”, Breton. Crearon revistas surrealistas como “Minotauro” ou “A Revolución
Surrealista”, onde publicábanse textos, debuxos ou fotografías desta corrente artística.
Retrato de André Breton, Man Ray, 1930
O Surrealismo trata de plasmar o mundo dos soños, do subconsciente, a fantasía e a
imaxinación que escapan á razón humana. Entre a dicotomía mímeses ou fantasía plantexada
xa polos gregos, os surrealistas optan claramente por dar renda solta á fantasía e a
imaxinación desbordante. Xa Sta. Teresa denominaba á imaxinación como “A tola da casa”.
Heredan de románticos e simbolistas a valoración do mundo dos soños que enlazan coas
teorías do célebre psiquiatra vienés Sigmund Freud. En efecto, o Surrealismo non se entende
sen a influencia da teoría do psicoanálisis freudiana que preconizaba o estudo da mente
humana, particularmente fobias e desordes mentais, a través de procedementos e técnicas
terapéuticas,como a interpretación dos soños, que pretenden facer aflorar o subconsciente
humano.
Polo xeral, os surrealistas eran libertarios e dogmáticos. Naceron para escandalizar e se non o
fixeran non serían surrealistas comme il faut. Reivindicaban o azar ou a sorpresa, sen ningunha
intención de crear cosas belas ou morais, ben ao contrario, loitaban contra os
convencionalismos sociais. Paradóxicamente, a postura dos Surrealistas hacia a muller foi
veladamente misóxina, por máis que algunhas artistas apareceron vinculadas a este
movemento como as pintoras Leonora Carrington, Remedios Varo, Maruja Mallo ou a
fotógrafa Dora Maar.
O grupo surrealista en 1930: Tristán Tzara, Paul Éluard, André Breton, Jean Arp,
Salvador Dalí, Yves Tanguy, Max Ernst, René Crevel e Man Ray.
Maruja Mallo con Andy Warhol
Sorpresa do trigo, Maruja Mallo, 1936
Considéraselles os novos “románticos” xa que o Surrealismo sería como unha herencia última
do Romanticismo, compoñentes literarios, imaxinativos, valoración da liberdade absoluta.
Pero o Surrealismo é tamén heredeiro do Dadaísmo: a actitude polémica frente á realidade,
a actitude de unir arte con vida, etc. En principio era un movemento para escritores, pero
de inmediato vislumbráronse as enormes posibilidades que ofrecía á pintura e a escultura.
Non existía ningunha técnica precisa que dera unidade formal ao Surrealismo pictórico ou
escultórico. Cada artista elexía a opción que máis lle conviña, xeralmente
decantándose hacia o automatismo, esto é, a execución mecánica de actos sen a participación
da conciencia e a razón. Joan Miró e André Masson exemplifican esta tendencia abstracta.
De outro xeito, cada vez adquiriu máis forza a vía onírica, opinión de quens crían co
surrealismo figurativo, realismo fotográfico, poderían ser un recurso igual de válido. É o caso
de Salvador Dalí, Max Ernst, René Magritte, ou Yves Tanguy. Neles son frecuentes as
referencias oníricas, é dicir, vinculadas ao mundo dos soños.
O Surrealismo presenta múltiples influencias, rastreables dende a Idade Media, incluindo o
Renacimento, Manierismo, Barroco, séculos XVIII, XIX ou XX. Entre as máis destacables están o
pintor flamenco O Bosco, o manierista Arcimboldo, o simbolista Odilon Redon e o pintor
metafísico, moi vinculado ao Surrealismo, o italiano Giorgio De Chirico.
Retablo do Inferno, O Bosco, 1500
Outono, Arcimboldo, 1573
O soño da razón produce monstruos, F. Goya, 1797
O ollo é como un extraño globo, Odilon Redon, 1882
Autorretrato, Giorgio de Chirico, 1920
O italiano nacido en Grecia Giorgio de Chirico , 1888‐1978,
perteneceu a unha corrente artística chamada pintura metafísica e exerceu unha enorme
influencia nos artistas surrealistas.

Foi un precursor do Surrealismo en toda regra. A súa pintura basease en composicións


oníricas en grandes e misteriosos escenarios arquitectónicos con enigmáticos maniquís
e esculturas vinculadas ao mundo clásico. En 1925 participou na primeira exposición
surrealista para ser, pouco despois expulsado do grupo polo propio Breton, quen
anteriormente admirou moitísimo a súa obra. Fundador da scuola metafisica, G. de Chirico
é un dos pintores que pretenden plasmar o mundo do irracional con obxectos cotiáns en
contextos pouco habituais, conseguindo un realidade ilóxica, pero á vez verosímil. Esta Pintura
metafísica mostra soños de prazas típicas de cidades italianas muy idealizadas e todo tipo de
obxectos nelas. Grazas a ela considérase a De Chirico unha das maiores influencias sobre o
movemento surrealista.

Metafísica: Parte da filosofía que estuda a natureza, estructura, compoñentes e principios fundamentais da
realidade. Intenta aclarar as nocións fundamentais coa que entendemos o mundo, como entidade, ser,
existencia, obxeto, propiedade, relación, causalidade, tempo e espazo.
¿Cales son os principios e causas do mundo?
Cántico de amor, Giorgio de Chirico, 1917
10 años antes da creación do surrealismo
data oficial:1924, Giorgio de Chirico xa dá aquí un exemplo claro do que é unha pintura
onírica, con eses improbables encontros entre obxectos disímiles (diferentes), modernos e
antigos. A obra mostra a típica paisaxe de exterior arquitectónico mediterráneo do autor, pero
neste caso o pintor céntrase nun muro onde está colocada a cabeza do Apolo de Belvedere
xunto a unha luva vermella dun cirurxián e unha bóla verde. Ao fondo pódese apreciar o perfil
dunha locomotora, o pai do artista era ferroviario e de Chirico utiliza o tren como elemento
nostálxico. Quizáis quere subverter a presenza lóxica dos obxectos, ir...

«máis aló do mundo físico».


Coas súas atmosferas de melancolía, as súas arquitecturas baleiras en pasaxes sombrías, o seu
silencio de ilusión, a súa soidade con vestixios da presenza humana evoca o absurdo profundo
dun universo que acabaría desgarrado pola Primeira Guerra Mundial.
Non é un segredo que Giorgio de Chirico foi unha figura fundamental para o movemento
surrealista. Moitos autores desta corrente metéronse aí polo italiano. De feito, segundo contan,
René Magritte volveuse surrealista tras ver este cadro.
Misterio e melancolía, Giorgio de Chirico, 1914
Giorgio de Chirico era de orixe grega e quizáis por iso a arte clásica tivo moita influencia nel.
Por razóns económicas a familia emigra a Alemaña e aí empaparase do ambiente de
principios de século: Freud, o Expresionismo, Nietzche e Schopenhauer, chamarán a súa
atención, e todos terán peso na súa obra. A lenda di que, como Munch, tivo unha visión
mística na Piazza Santa Croce que o encamiñaría cara ao mundo da arte. Entre 1909 e 1914
empezaría a pintar os seus ambientes sombríos e abrumadores, con perspectivas cara ao
infinito, habitadas por maniquíes e estatuas da antigüedade clásica, seres inanimados.
Na obra de Chirico hai edificios, esculturas clásicas, trens e maniquíes que parecen habitar en
espazos escénicos controlados, onde domina o silencio e a tranquilidade. O sol proxecta
sombras nas súas obras dotando á súa pintura dunha maior irrealidade. Teñamos en conta
que neses tempos de guerra, este tipo de escenas daban unha poética mensaxe…

a desolación
O enigma dun día, Giorgio de Chirico, 1914
Praza italiana con torre vermella, Giorgio de Chirico, 1914
Chirico crea un mundo enigmático que é reflexo da desolación provocada pola
guerra, que percíbese inquietante e desolador
Héctor e Andrómaca, Giorgio de Chirico, 1917
Héctor entrégase á morte nun acto de honra, ou de orgullo? e Andrómaca resístese a deixalo ir
Enténdese a desesperación da muller a piques de converterse en viúva. Ela sabe que o seu
marido moi seguramente non vai regresar da batalla. El a suxeita contra si, como nun xesto de
angustia, dunha honra que ten que salvar. De Chirico aborda a teatralidade inherente á escena
desde varias perspectivas: a cor é violenta, a postura dos personaxes, tan aferrados un ao
outro, tan inmersos no momento, as liñas tan angulares, tan agudas, de impotencia ante a
desgraza.. A yuxtaposición das formas ríxidas contraponse ao trazo máis ben orgánico dos
corpos.
Introduce maniquíes, únicos seres capaces de habitar as súas prazas desertas
e rúas que sumérxense no infinito.
Os precursores do Surrealismo non son só artistas plásticos, tamén escritores como Jonathan
Swift, autor de As Viaxes de Gulliver, Charles Baudelaire ou Edgar Allen Poe. Lembremos
que no primeiro manifesto do Surrealismo, André Breton incluie unha extensa lista de
precursores do Surrealismo entre os que atopamos os escritores citados.

O Surrealismo abarcou diversos medios artísticos, aparte da pintura e a escultura,

como a fotografía..

Man Ray e Dora Maar


o cine…

Luis Buñuel, Dalí e Man Ray


a moda…

Dalí e Elsa Schiaparelli


a producción de obxetos heteróclitos,raros…

Dalí e Oscar Domínguez


tamén o deseño gráfico e publicitario, o mobiliario e a decoración de interiores, etc…
A arte surrealista investigou novas técnicas, como:

O frottage que consiste en pasar unha mina de grafito sobre un papel posto sobre unha
superficie en relevo. Foi “inventado” en 1925 por Max Ernst. É unha técnica típicamente
matérica de creación de imaxes a partir de texturas. É experimental e automática.

A decalcomanía, aplicar gouache negro sobre un papel o cual colócase enriba doutra folla
sobre a que exércese unha lixeira presión, logo despéganse antes de que sequen.

O cadavre exquisito, na cal varios artistas debuxaban as distintas partes dunha figura ou dun
texto sen ver o que o anterior fixo pasándose o papel dobrado.

A pintura automática, calquera forma de expresión na ca mente non exerza ningún tipo de
control.

A fotografía, a cinematografía e a fabricación de obxetos ,tomadas do Dadaísmo.


O collage e o ensamblaxe de obxetos incongruentes, tamén heredadas do Dadaísmo, de
personaxes como Marcel Duchamp.

Os surrealistas mostraron interés, ademáis, pola arte realizada por pobos primitivos, a arte
infantil, o dos dementes, etc.
Tres figuras, calcomania, Oscar Dominguez, 1947
O fuxitivo, Historia Natural, frottage, Max Ernst, 1926
A cea do can, collage, Randy Mora, 2012
Podemos distinguir varias etapas do Surrealismo, dende a súa fundación en 1924 ata o final
da Segunda Guerra Mundial. A súa expansión abarcou non só Europa, se non outras partes
do mundo como Estados Unidos, América ou incluso Xapón.
Nunha primeira etapa, durante os anos 20 vaise configurando o movemento: celébrase a
primeira exposición surrealista en París en 1925. Xa dende os seus inicios, prodúcese a
politización deste movemiento, coa adhesión do seu líder, André Breton, ao Partido Comunista
francés.

Durante unha segunda etapa, na década dos anos 30, o Surrealismo expándese por toda
Europa, Estados Unidos, Xapón, etc. En 1938 tivo lugar en París a Exposición Internacional do
Surrealismo que marcou o apoxeo deste movemento antes da guerra. Participaron entre outros,
Marcel Duchamp, Salvador Dalí, Man Ray e Óscar Domínguez.

Unha terceira etapa coincide co estalido da Segunda Guerra Mundial, xa que case todos os
membros do grupo trasládanse a Estados Unidos, onde foron o xermen para os futuros
movementos americanos de posguerra, Expresionismo Abstracto, Action Painting, e Pop Art.
Número 8, J. Pollock, 1949
A Bigger Splash, Acrílico, 242 x 243 cm. David Hockney, 1967
A influencia do Surrealismo é palpable en moitos artistas de vangarda, tanto europeos como
americanos, ainda que non poidan ser considerados na súa totalidade como surrealistas.
É o caso por exemplo de Pablo Picasso do que Breton escribiu maravillas e ao que terminou
calificando como “surrealista dentro do Cubismo”. A vinculación de Picasso con este
movemento de vangarda prodúxose especialmente en 1925.
Bañistas ao carón do mar, P. Picasso, 1931
O soño, P. Picasso, 1932
Portada da revista Minotaure, P. Picasso, 1933
O belga René Magritte, 1898‐1967
Realizou algunhas das obras surrealistas máis asombrosas.En 1923 Magritte coñeceu a arte
de Giorgio de Chirico que lle acerca ao movimiento surrealista, do 1927 ao 1930 Magritte vive
en París en contacto cos artistas parisienses dese movemento. Corrente onírica.
Coñecido polas súas inxeniosas e provocativas imaxes, pretendía co seu traballo cambiar a
percepción precondicionada da realidade e forzar ao observador a facerse hipersensitivo a seu
entorno. Magritte dotou ao Surrealismo dunha carga conceptual baseada no xogo de imaxes
ambiguas e o seu significado denotado a través de palabras, poñendo en cuestión a relación
entre un obxeto pintado e un real. Magritte busca formas expresivas novas lonxe do
Automatismo. A súa producción artística caracterízase pola asociación libre e inesperada de
elementos sen conexión algunha con efectos misteriosos e sorprendentes.
Os obxetos lle interesan a Magritte profundamente como materia artística e canto máis banal
e ordinario, mellor. Por elo será un precedente do Pop Art e da Arte conceptual. No seu
repertorio de imaxes destacan os homes vestidos de negro, a muller desnuda, a terra, o ceo ou
o mar e diversos obxetos cotidians como a célebre Isto non é unha pipa, 1928‐29.
Tamén realizará ilustracións e incluso deseños de moda.
A traizón das imaxes, Rene Magritte, 1929
O asasino ameazado, Rene Magritte, 1927
Os amantes, Rene Magritte, 1928
A condición humana, Rene Magritte, 1933
O modelo vermello, Rene Magritte, 1936
A reproducción prohibida, Rene Magritte, 1937
O fillo do home, Rene Magritte, 1964
O Surrealismo é, xunto ao Cubismo, a vangardia na ca presencia de artistas españois é máis
notoria: Joan Miró, Salvador Dalí e Oscar Domínguez, entre outros, son figuras claves neste
movemento. Tamén Remedios Varo, Maruja Mallo, Eugenio F. Granell, etc.
Joan Miró, Man Ray
JOAN MIRÓ
Breton consideraba a Miró, 1893‐1983, como...

“o máis surrealista de todos nos”


polo seu automatismo psíquico puro. Surrealismo Abstracto... A actividade escapa ao control
voluntario e realízase independientemente dun mesmo. Para os surrealistas é a mellor maneira
na que pódense rescatar o contido mental que se esconde no inconsciente. A técnica consiste
en permitir ca man do artista actúe libremente, plasmando en papel ou no lenzo o que a súa
mente inconscientemente lle dicta. Baixo esta técnica surden visións premonitorias, seres
fantásticos, paisaxes sobrenaturais e elementos de índole relixiosa e “máxica”.
Barcelonés, Joan Miró foi pintor, escultor, gravador e ceramista. E ademáis un dos pioneiros
diso que se chamou surrealismo, en concreto da súa vertente máis «infantil» e automática. Para
Joan Miró o subconsciente era un enorme campo de xogos, ou un xoguete moi parecido aos
que tivo na súa infancia. Con inicios moi eclécticos, o pintor naceu coas vangardas e na súa
primeira obra mostrou fortes influencias do Fauvismo, Cubismo e Expresionismo, todo con ese
toque tan naïf propio da súa produción. En 1923 trasladouse a París donde descobre o poder
do onírico ao coñecer aos surrealistas parisienses, un treintañero e esfameado Miró decide
acabar cos métodos convencionais de pintura. En palabras propias quería...

“matalos, asasinalos ou violalos”.


Horto con asno, J. Miró, 1918
A masía, J. Miró, 1922
En 1924 firma o Manifesto Surrealista e incorpora á súa obra formas infantís automáticas e
signos caligráficos. Deixou de lado as súas paisaxes figurativas e comezou a utilizar o
automatismo como metodoloxía creadora. A súa obra vaise volvendo cada vez máis abstracta,
máis simple, máis infantil. Reduce tamén a súa paleta a cores primarias, a formas primarias, e
isto vese tamén nas súas esculturas e cerámicas. Pinta con cores puras e tintas planas. A súa
arte rouba da infancia, pero tamén da cultura popular, polo que hai moito simbolismo, o
paxaro, as estrelas, a figura feminina…que reflicte a súa visión inxenua, feliz e impetuosa do
mundo. A temática das súas obras xira en torno aos soños, a lúa e as estrelas, a muller e
o home, plantas e montañas.
Poblou a súa producción artística do seu propio código de imaxes formado a base de signos e
marcas, de figuras biomorfas, cada vez máis disoltas, como vemos no seu cadro...

O cazador, paisaxe catalán


Figura totémica do labrego catalán coa pipa, as banderas de Cataluña, Francia e España,
o sexo feminino (araña, estrela), o peixe‐lebre (criatura híbrida fantástica), e os ollos,
omnipresentes na súa obra como signos apotropaicos, un rito para alonxar o mal, como en
outros surrealistas. Aparecen tamén letras, atopamos “SARD” que pode aludir a sardana ou a
sardiña.
O cazador, paixase catalán, J. Miró, 1924
Antroido de Arlequín, J. Miró, 1924
Esta obra é un exemplo da época surrealista de Miro, arrasou na exposición colectiva da
Peinture surréaliste de París dese ano. Boas noticias, xa que o artista estaba a morrer
literalmente de fame. Probablemente por iso vía cousas como este Entroido do Arlequín, no que
se mestura o soño, o delirio e os recordos da infancia.

“Tentei plasmar as alucinacións que me producía a fame que pasaba. Non é que pintase o que
vía en soños, como dicían entón Breton e os seus, se non que a fame me producía unha especie
de tránsito parecido ao que experimentaban os orientais.”

Cunha aparente espontaneidade, Miro plasma neste óleo un universo infantil poboado por
numerosos seres e obxectos, cheos de lirismo e emotividade. Xoguetes que parecen moverse por
todo o cadro e danlle un ritmo que se marca aínda máis con formas e cores. Asociacións
fantasticas de signos simbolicos, ondulacións e curvas que lle dan un caracter ritmico e festivo.
Miro aínda non esquematiza ata a esencia, como fará na súa obra posterior, pero xa vemos por
onde está a tirar.

Polo menos, non volvería pasar fame.


Entre 1924‐27 Miró vai a dar lugar á segunda renovación do Surrealismo cos seus
tableau‐poème ou pintura‐poesía, cos que crea un grupo de pinturas radicalmente diferentes,
con campos moi vacíos e disoltos, animados por poucos signos soltos e con presencia de
algunhas palabras como en Photo, esta é acor de meus soños,1925, que combina texto con
símbolos enigmáticos e reflicte o seu interese polos soños e o subconsciente, unha mina de
ouro para os artistas da época. Tres elementos flotan neste lenzo baleiro e branco: a palabra
“Foto”, unha mancha de azul, e a frase “esta é a cor dos meus soños”. As letras negras
asíntanse en liñas de lapis case invisibles, como no caderno de escritura dun neno (Miró foi un
neno ata a súa morte aos 90 anos).

Pouco despois de acabar esta serie de obras, as diferenzas dentro do grupo dos surrealistas
fixéronse cada vez máis palpables, non só na plástica, tamén ocorría na parte política. Entre o
Marx de transformar o mundo coa política e o Rimbaud de facelo coa poesía, Miró decantouse
polo segundo. Así, como unha alma libre, individualmente, seguiu desenvolvendo a súa
personalísima arte e influenciando a outros artistas sen afiliación concreta como Magritte.

Desde logo obras como A traizón das imaxes 1929, débenlle moito a Esta é a cor dos meus
soños. É un intercambio entre palabra e imaxe, un dialogo entre o visual e o verbal.
Miró experimentou sempre con técnicas diversas: esculturas, cerámica, texidos, litografía,
escenografía…
Creará un mundo propio que se abre paso á abstracción. As súas imaxes son simples, con
poucos trazos, á maneira dos nenos. Rechaza a perspectiva, o modelado, o claroscuro e o
acabado minucioso. Traza signos abstractos, simples, que non tratan de expresar unha idea, se
non que desexan bastarse a sí mesmos e son extraídos do irracional.
Un surrealista en estado puro que plasmou mellor que ninguén o automático, o infantil, o
onírico… o que vive no máis profundo do inconsciente.
Nos anos 40 establécese en España como consecuencia da invasión nazi en Francia,
instalándose en Palma de Mallorca. Alí continúa a serie das Constelacións, inspirada nas
combinaciones que lle suxiren o ceo e as estrelas. A mediados desta década e ata ben entrada
a outra, ponse en contacto co célebre ceramista Artigas e froito desa colaboración
serán varios murais cerámicos como o do Sol e a Lúa para a sede da UNESCO en París ou
a escultura Muller e páxaro en Barcelona.

Tanto en Barcelona como en Palma de Mallorca, onde viviu moitos anos, consérvanse
fundacións dedicadas a este artista.
Retrato II, J. Miró, 1938
Retrato IV, J. Miró, 1938
Constelacións, despertar ao mencer, J. Miró, 1944
Constelacións, o belo páxaro descifra o descoñecido a unha parexa de namorados,
J. Miró, 1941
Muro da lúa, J. Miró, 1957
Vo de páxaros, J. Miró, 1969
Muller e páxaro, J. Miró e G. Artigas, 1983
Dalí e Gala, Brassaï, 1932
SALVADOR DALÍ
“O surrealismo son eu…”
E o máis surrealista é que é unha afirmación probablemente certa. Salvador Dalí foi quizais o
surrealista máis popular e un dos máximos expoñentes mundiais da arte contemporánea. Xa
fose un xenio ou un artista estrafalario, o seu legado non pasa inadvertido mesmo hoxe en día
e non podemos máis que marabillarnos coa perfección técnica e o imaxinativo contido da súa
arte. Nacido en Figueres, pobo que marcaría toda a súa produción, Dalí nunca foi un neno
normal. Tivo un irmán que morreu antes que el e os seus pais puxéronlle o mesmo nome,
Salvador. De adolescente viaxou a Madrid, onde experimenta co cubismo e o dadaísmo e
establece amizade con xentes como Lorca ou Buñuel, con el codirixe Un chien andalou e L’ Age
d’ or. E é que Dalí non só se dedicou á pintura. A súa creatividade abarcou o cinema, a
escultura, o deseño, o logo de chupa- chups, e a escritura… Moito especulouse sobre a súa
sexualidade, pero todo indica que era impotente, de ahí as formas fláccidas de moitas das súas
obras, e máis ben asexual. El mesmo dicía que só chegou ao orgasmo un par de veces, e por
masturbación.
Dalí na década de 1960, lucindo o ostentoso mostacho que lle caracterizaba,
xunto a súa mascota, un ocelote chamado Babou.
O seu pelo longo, patillas e bigote non pasaron desapercibidos no Madrid da belle epoque. A
súa vida e a súa obra chegaron a ser a mesma cousa e acabou sendo un showman
obsesionado por promocionarse a si mesmo. Poderíase dicir que foi pioneiro dos Happenings e
do Pop- Art. Creouse ese personaxe: provocador, imprevisible, tolo…
Outra cousa que lle achacan os seus detractores é o seu desmesurado amor polo diñeiro, que
amasó a man cheas. Calquera obxecto daliniano converteuse nun lucrativo negocio. Nos seus
últimos anos chegou a asinar follas en branco para favorecer as falsificacións. Para el, a
imitación da súa obra era unha proba da súa grandeza. Deixando a súa vida aparte, Salvador
Dalí foi un artista indiscutible. O detallismo minucioso pero mostrando un mundo inconsciente
fan del o máis grande pintor de soños.
O seu naturalismo, tomado dos seus ídolos Rafael, Velázquez e a pintura dos artistas
flamencos, unha enorme paixón pola ciencia e as asociacións delirantes cuxa ambigüidade
provoca diversas intrepretaciones son só tres trazos da súa arte. Inventou entre outras cousas, o
método paranoico critico, coas súas dobres imaxes e pintou máis de 1500 obras de arte, sen
contar decorados, fotografías, colaboracións e as seus numeritos, que hoxe en día non poden
máis que considerarse como Arte.
Con él prodúcese a terceira renovación da imaxe surrealista,a primera foi con Max Ernst
e a segunda con Miró.
Natureza morta, S. Dalí, 1924
Coñecida popularmente como Sifón e botella de ron, esta obra é fundamental non tanto pola
obra en si, senón polo que se esconde tras ela. Salvador Dalí regaloulla á súa amigo da alma
Federico García Lorca, quen a conservou ata a súa morte. Nesta obra aprécianse os vestixios
do Cubismo cos que Dalí empezou a experimentar antes de mergullarse de cheo no
Surrealismo máis profundo e que tanto caracteriza a súa obra. As cores, as formas, os xogos
de luz e as perspectivas que engloban a este cadro dannos unha pincelada do que máis tarde
forxaría a estética daliniana.
Retrato de L. Buñuel, S. Dalí, 1925
Salvador Dalí coñeceu a Luís Buñuel na Residencia de Estudantes de Madrid, por aí pululaban
outros creadores como Lorca ou Maruja Mallo, e desde entón fixéronse inseparables. Ambos
colaboraron xuntos en numerosas obras de arte, entre as que debemos destacar Un can
andaluz, primeira película surrealista dirixida polos dous. Neste retrato, o pintor representa ao
cineasta, e faino abandoando o cubismo co que experimentara eses anos. Dalí volve ao
clasicismo como fixeron moitos outros pintores deses anos en toda Europa. Aínda así podemos
observar certos trazos cubistas, sobre todo no esquemático paisaxe de fondo e no rostro
carismático do director de cinema. O retrato quere marcar os volumes e destacar a luz de
forma violenta, coma se Buñuel fose unha escultura. Sabemos que o cineasta era un tipo
impoñente, non só fisicamente senón cun forte carácter, e por tanto Dalí capta á perfección a
personalidade do seu colega.

https://vimeo.com/178333574
Rapaza na fiestra, S. Dalí, 1925
Retrato, S. Dalí, 1925
A miña irmá, S. Dalí, 1925
Arreglo en gris e negro n°1, J. Whistler, 1871
Sabemos cas ideas sobre o psicoanálisis de Sigmund Freud influiron nas creacións
surrealistas, tamén no método paranoico-crítico de Salvador Dalí. André Breton, estimaba
ca situación histórica de posguerra exixía unha arte nova que indagara no máis profundo do
ser human para comprender ao home na súa totalidade. Sendo coñecedor de Freud pensou
na posibilidade que ofrecía o psicoanálisis como método de creación artística. Para os
surrealistas a obra nace do automatismo puro, é dicir, calquer forma de expresión na ca mente
non exerza ningún tipo de control.
Dalí comezou a cultivar por aquel entón un método que chamará paranoico‐crítico: o aspecto
que Dalí atopaba interesante na paranoia era a habilidade que transmite esta ao cerebro
para percibir enlaces entre obxetos que racional ou aparentemente non están conectados.
Consistía en crear unha configuración de formas e cores que poidan interpretarse de múltiples
maneiras, poidendo ser unha paisaxe fantástica, en ruinas, quizais leornadesco, inspirado en
Giorgio de Chirico, e que a súa vez sexa a figura dun ser humán, dun home que se disolve,
que se desvaece, quizais o propio Dalí que era un personaxe camuflado e camuflable.
Así o vemos na súa obra O home invisible,1929, que é un poco o epítome, resumo, do
discurso do método paranoico‐crítico.
O home invisible, S. Dalí, 1929-32
En 1930 pintou Muller durmente, cabalo e león invisible, onde móstranse imaxes‐dobres nas
que aparecen unha muller, un cabalo, un león e outras imaxes secundarias e ocultas, eróticas.
A obra cume deste sistema no ca pintura aparece como unha acumulación de interpretacións
distintas e incompatibles sobre unha misma configuración plástica, apréciase en moitas das
súas obras como Cisnes reflexando elefantes.

A verdade en pintura xa non se corresponde coa realidade.

A súa técnica naturalista, mostraba influencias de grandes pintores, dende O Greco,


Velázquez ou Goya. Paradóxico e contradictorio, non abandoa nunca a súa capacidade de
provocación e o seu anhelo de sorprender ao espectador.
Cisnes reflexando elefantes, S. Dalí, 1937
As imaxes dobres de Dalí son froito dos soños e do método paranóico-crítico. Dalí foi O
Surrealista…”A diferenza entre os surrealistas e eu é que eu son surrealista”, ou polo menos foi
o surrealista máis popular. Entre as súas innumerables achegas está o chamado método
paranóico-crítico, que ten nesta obra uno dos seus mellores exemplos.O certo é que, como
aquí demostra Dalí, existe unha estraña lóxica detrás de calquera desenvolvemento delirante,
ou de calquera soño ou mito. Estamos ante unha desas imaxes dobres que mostra
precisamente o que di no seu título, bastante moderado considerando o resto de títulos do
autor como Soño causado polo voo dunha abella arredor dunha granada un segundo antes
de despertar. Son cisnes reflectindo paquidermos nunha paisaxe desértico e asollado. É a
típica paisaxe catalá de Cadaqués, que o autor representou obsesivamente ao longo da súa
vida. As nubes tamén mostran dobres imaxes, como esculturas clásicas esvaecidas e se
buscamos detalles, podemos atopar tesouros. A perfección dos detalles e o naturalismo son
dous dos trazos pictóricos do autor.
Aparición dun rostro e un frutero sobre a praia , S. Dalí, 1938
Analicemos O gran masturbador,1929…

-Método paranoico-crítico, temática extraída do subconsciente de xeito lúcido. Formas ambiguas.


Duro-blando. Disímiles.

-Formas naturalistas descontextualizadas: plumas como pestañas.

-Espacios atemporales: luz irreal que inunda todo o espazo. Perspectivas que tenden ao infinito,
sensación de silenciosa soledad.

-Formas simbólicas, temas eróticos , fetichismo, obsesións infantis sobre a morte e a


putrefacción.

-Debuxo moi preciso, académico, gran interese polos primitivos flamencos e autores
renacentistas. Minuciosidad naturalista.
O xardín das delicias, O Bosco, 1515
A persistencia da memoria, S. Dalí, 1931

O mítico cadro de reloxos brandos de Dalí é, ao contrario do que moitos pensan, un lenzo
bastante pequeno, pero non deixa de ser fascinante e é unha das estrelas do MoMA de Nova
York. Unha simple paisaxe mariña, típico do Cadaqués daliniano, co cabo Creus e a súa costa
escarpada, no que hai unha escena insólita: unha estraña criatura durmindo ou quizais inerte
sobre a area, hai quen ve un autorretrato do pintor, e uns reloxos que se derriten sobre ela e
sobre outros elementos do cadro. Segundo o propio Dalí, que contaba con 28 aniños ao
pintalo, dúas cousas foron a súa inspiración para este cadro. En primeiro lugar inspirouse nos
queixos camembert, “tenros, extravagantes, solitarios e paranoico-críticos”, e outra inspiración
foi a teoría da relatividade de Einstein. Sabemos que Dalí era un namorado da ciencia e seguiu
o traballo do científico con curiosidade. Ao parecer os reloxos derritiéndose son un símbolo
inconsciente da relatividade do espazo e o tempo. A técnica de Dalí era moi académica e os
seus cadros parecen soños de verdade. Sabía facer o que el chamou...

“fotografías de soños pintadas a man”.


Construcción branda con xudías fervidas, premonición da Guerra Civil, 100 x 99 cms,
S. Dalí, 1936
Convirte obxetos aparentemente racionais em irracionais, que supostamente non gardan
conexión pero que sem embardo gardan unha relación co inconscente ocasionando así unha
ambigüedade hacia as diferentes formas de interpretación. Un monstro amorfo auto
estrangulando as súas carnes, facéndose dano a si mesmo… Existe mellor imaxe para
representar unha guerra fraticida…? Dalí pinta esta obra mestra do surrealismo seis meses
antes do estalido da Guerra Civil Española. Despois engadiría o subtítulo. O artista nunca
manifestou un compromiso político explícito na contenda, despois xa se faría o máis surrealista
dos franquistas…pero si expresa o horror dunha guerra inminente entre irmáns, que a través
do filtro do pintor exprésase mediante, o podrecido, o violento, o escatológico e por suposto,
o gastronómico, moi presente en toda a produción de Salvador Dalí: Unha visión
autodestructiva e comestible das relacións humanas. A cabeza do monstro, inquietantemente
sorrindo, lembra un pouco ao Goya de Saturno devorando aos seus fillos. Ambas tratan o
mesmo tema: a guerra...

O horror...
Saturno devorando o seu fillo, F. Goya, 1823
Soño causado polo voo dunha abella arredor dunha granada
un segundo antes de despertar , S. Dalí, 1944
Analicemos agora o Soño causado polo voo dunha abella
arredor dunha granada un segundo antes de despertar….

-Método paranoico-crítico, temática extraída do subconsciente de xeito lúcido, formas


ambiguas, fragmentación de imaxes que dan a sensación de falta de unidade

-Formas naturalistas descontextualizadas: Baioneta símbolo do picotazo.

-Espacios atemporales: Luz irreal que inunda todo o espazo, Perspectivas que tenden ao
infinito, sensación de silenciosa soledad.

-Debuxo moi preciso, académico, gran interese polos primitivos flamencos e autores
renacentistas.

-Admiración pola física atómica, todos os elementos levitan , sensación de ingravidez.

-Sensualidade e erotismo, representación de Gala, a súa musa.


Os elefantes, S. Dalí, 1948
Estes elefantes camiñan coas súas pernas longas, delgadas e fráxiles. É un cadro inusual no
pintor, xa que non vemos múltiples figuras, obxectos e detalles. Só a estes dous paquidermos
camiñando por unha paisaxe desértico á tardiña, con algúns outeiros, dúas estatuas-maniquís
ao estilo de Chirico e unha especie de templo ao fondo. Deixando de lado as evidentes
connotacións fálicas destes mamíferos, os elefantes son un símbolo claro de fortaleza, de
solidez, pero Dalí dálle a volta a este concepto e convérteos en seres fráxiles con patas de
araña, que soportan o enorme peso dos animais. Ademais, portan nas súas costas uns
obeliscos xigantes, inspirándose claramente nunha estatua de Bernini en Roma, Praza da
Minerva. De feito, xunto ás súas firma na parte superior do lenzo, Dalí escribre Roma 1948,
dándonos pistas sobre de onde proceden as súas fontes.
Retrato de Picasso, S. Dalí, 1947
Leda atómica, S. Dalí, 1949
Atomicus Dalí, fotografía de 1948 de Philippe Halsman, onde explora a idea da suspensión, representando tres gatos que voan,
un cubo de auga lanzada e Salvador Dalí no aire.
Crucifixión, S. Dalí, 1954
Salvador Dalí produciu dous dos obxectos máis hilarantes xerados polo movemento
surrealista, o seu Teléfono langosta de 1936 e o sofá Os beizos de Mae West de 1937, ambos
obxectos foron encargados ao artista polo poeta Inglés e coleccionista de arte
Edward James,1907-1984, un patrón rico e excéntrico.
Teléfono langosta, S. Dalí, 1936
Os beizos de Mae West, S. Dalí, 1937
Os últimos quince anos da súa vida están marcados polo recoñecemento nacional e
internacional. Varios museos en España e internacionalmente están dedicados a este artista.
O chamado triángulo daliniano o forman o Teatro‐Museo Dalí en Figueras, o castelo de Púbol
e a súa casa museo de Port Lligat, Cadaqués, todas en Cataluña. En 1982 inaugurouse o
Museo Salvador Dalí en St. Petersburg, Florida. En Londres tamén hai un museo dedicado
a súa producción artística chamado Dalí Universe.

Entre as súas obras destacamos:


Rapaza na fiestra, O gran masturbador,
A persistencia da memoria, Leda atómica…
CINE
SURREALISTA
Un can andaluz
A idade de ouro
A vinculación entre o Surrealismo e o cine foi moi estreita. O cineasta máis vinculado a este
movemento foi sen dúbida o aragonés Luis Buñuel,1900‐1983. A pesar dos hitos
cinematográficos logrados no seu país natal con Viridiana ,1961, e Tristana ,1970, a gran
maioría da súa obra foi realizada o coproducida en México e Francia, debido a súas
conviccións políticas e ás dificultades impostas pola censura franquista para filmar en España.
Coñecido internacionalmente como un dos directores de cine máis destacados do s. XX, as
súas películas, provocadoras e sorprendentes, intentan socavar os convencionalismos
sociais e morais da súa época, e en especial ao catolicismo.

A inicios dos anos 20 viviu en Madrid, na Residencia de Estudiantes, onde coñeceu a Salvador
Dalí e Federico García Lorca. Realizou seu primeiro viaxe a París en 1924, onde frecuentou a
numerosos artistas españois, e introdúxose no movemento surrealista.
Buñuel foi un pionero do surrealismo cinematográfico. Na súas películas non hai unha lóxica
narrativa e lineal, se non que nelas aflora o soño, o absurdo, o irracional e a sexualidade que
debátese entre o desexo e a realidade. A diferencia de outros cineastas vinculados ao
Surrealismo como Man Ray , Buñuel nunca da preeminencia a valores artísticos.
As imaxes violentas e crueles son parte esencial das súas películas intentando provocar
respostas non só intelectuais se non tamén emocionais no espectador.
Con Dalí colaborou nas súas obras máis surreales: Un perro andaluz, Un chien andalou,1929,
e La edad de oro, L'âge d'or,1930.
Nun can andaluz, Un chien andalou, non aparece ningún can nin ningún andaluz. Crese que o
título é unha homenaxe surrealista a Federico García Lorca, que xa estaba posto a mal cos
directores. O poeta desde logo deuse por aludido. Buñuel tiña 29 anos, foi a súa primeira peli,
e Dalí 25. Ambos decidiron facer un cinema experimental, xurdido o máis directamente posible
do subconsciente. Buñuel declarou:

“Escribimos o guión en menos dunha semana, seguindo unha regra moi simple: non aceptar
idea nin imaxe que puidese dar lugar a unha explicación racional, psicolóxica ou cultural”.

Un chien andalou é unha curtometraxe francesa de 17 minutos, mudo, non foi ata a versión de
1960 que se incorporaron os motivos de Tristán e Isolda de Richard Wagner e un tango.
Escrito, producido, dirixido e interpretado por Luis Buñuel en 1929 coa colaboración no guion
de Salvador Dalí, grazas a un presuposto de 25 000 pesetas que aportou a mai de Luis Buñuel.

A rodaxe durou quince días. Según Buñuel , Un can andaluz naceu da confluencia de dous
soños. Dalí lle contou que soñou con formigas que pululaban nas súas mans e Buñuel , cómo
unha navalla seccionaba o ollo dalguén.
Efectivamente, todo na película escapa da lóxica. O guión, escrito en seis días, plasmaba as
primeiras imaxes que lles viñan á mente aos dous mozos, entre elas a famosa navalla no ollo,
que ninguén se asuste… en realidade era o ollo dunha vaca comprado nunha carnicería.
Imaxinade o desconcerto da xente cando viu a película na estrea. Non só pola escenita da
navalla…. Sexo, violencia e sacrilexios están en case todos as fotogramas: Burricáns
putrefactos, unha posible alusión a Platero e eu, que ambos os artistas odiaban, mans con
formigas, referente na obra de Dalí, bispos arrastrados…Na escea final, a romántica imaxen
dunha parella feliz deviene no mesmo home e muller enterrados na area. As posicións dos
seus corpos eas súas cabezas inclinadas son reminiscencias da célebre pintura de Millet,
O Ángelus,1859, obra que obsesionou a Dalí gran parte da súa vida. Polo si ou polo non, na
estrea, Buñuel quedou tras o escenario armado con pedras, cheirándose un linchamento. O
caso é que Un can andaluz converteuse nunha indiscutible película de culto que marcou a miles
de cineastas e outros artistas posteriores, desde Magritte ou Man Ray a David Lynch.

https://vimeo.com/178333574
O Ángelus, Jean François Millet ,1857-1859
Reminiscencia Arqueolóxica do Angelus de Millet, S. Dalí, 1933
En 1930 Buñuel realizou A idade de ouro, outra película emblemática da súa producción. Foi
a súa segunda colaboración con Dalí e un paso máis no seu ataque ao establecido,
concretamente aos considerados por aquel entón pilares da sociedade: a iglexa, o estado,
a familia. A combinación surrealista de sexo, violenciae imaxes inconexas fixeron o resto. Unha
mostra: nunha das esceas, aparece Jesucristo como un líder de unha banda de libertinos
sexuais que secuestraban e torturaban a mulleres xóvenes nun castelo. Os personaxes parecían
actuar como en soños, o máis ben pesadelps nunha atmósfera de desexo sexual, frustración
e fracaso. Trátase da rebelión de dous amantes que se negan a que o seu amor, pasional e
suxeito só a súas propias normas, teñaa que ser extinguido debido aos prexuicios e preceptos
morais e sociais tradicionais.Con esta película Buñuel si consiguiu oseu obxetivo provocador
e na première da mesma houbo disturbios e destruíronse pinturas surrealistas que estaban no
salón do cine. O periódico Le Figaro calificouna de “obscena, asquerosa e sen tacto”.
As referencias anticatólicas propiciaron o disgusto do propio Dalí, que rehusou volver a
traballar con Buñuel. Lembremos que Dalí andando o tempo convirtiuse nun devoto católico a
súa maneira. O Vizconde de Noailles, que sufragou os gastos da película, foi ameazado coa
excomunión. Esta película foi censurada ata 1979.
Buñuel perteneceu ao Partido Comunista Español e durante a guerra civil española foi un dos
fundadores da Alianza de Intelectuales Antifascistas para la Defensa de la Cultura. En 1938
regresou a Hollywood para realizar películas de propaganda republicana. En 1946
trasladouse a México, onde realizou algunhas películas como Os olvidados, 1950,
O ánxo exterminador,1962. Ao final da súa vida dirixiu en España obras como Viridiana,
1961, ou Tristana ,1970. En 1972 recibe o Oscar á pelicula de fala non inglesa co Discreto
encanto da burguesía.
O surrealista Salvador Dalí chega aos Estados Unidos en 1940 para fuxir da guerra en Europa.
O artista xa traballara no cinema con Buñuel, e en Hollywood varios artistas puxéronse en
contacto con el para colaborar nas súas películas, desde os irmáns Marx, miúda película, se se
chega a facer… a Vincente Minelli.
Para a posteridade do seu paso pola meca do cinema quedan dúas xoias: Destino de Walt
Disney e Recorda, Spellbound,1945 do director Alfred Hitchcock. Hitchcock e Dalí fixeron moi
boas migas. En Recorda, o artista encargouse de darlle vida ao soño do personaxe
interpretado por Gregory Peck. Unha secuencia que duraba en principio vinte minutos, pero
que sería recortada ata os dous minutos por motivos comerciais. A secuencia, executada por
William Cameron Menzies, é puro Dalí: ollos cortados, perspectivas distorsionadas, paisaxes
desérticos, obxectos derretidos…

https://vimeo.com/183806269
O Fotograma da película Destino, Dalí, Walt Disney, 1946

https://www.youtube.com/watch?v=w38cerphic4

You might also like