You are on page 1of 4

AS

VANGARDAS
Que son?
- Un movemento estético que xurdiu, sobre todo en Europa,
a comezos do século XX e supuxo una renovación da arte.
- É un movemento fragmentario, xorden paralelamente
numerosas propstas ou ismos: futurismo, cubismo,
surrealismo, creacionismo, dadaísmo, ultraísmo,
expresionismo…

Cando e onde xurdiron?


- Entre 1909, data de creación do FUTURISMO, e finais da
década de 1920.
As denominacións vangardismo / vanguardista, porén,
perviven hoxe en día nos fenómenos artísticos co significado
de…
Experimental
Innovador
Rupturista

- En distintos países e ciudades da Europa Occidental (París,


Zurich, Londres, Italia, Alemaña, España, chegando os seus
ecos até os Estados Unidos).
IDEA BÁSICA DAS VANGARDAS
“A arte e a realidade son dúas cousas ben diferentes” (Pablo Picasso)

A TRADICIÓN
❖Entende a arte como reprodución da realidade.
❖O ideal estético está na aproximación total a un modelo.
A VANGARDA
❖Entende a arte como reinterpretación da realidade.
❖A arte recrea, subverte,deforma e/ou transforma a
realidade

QUE TEÑEN EN COMÚN AS DISTINTAS VANGARDAS?


 A ruptura radical coa tradición
 A renovación dos temas.
 A arte ten sentido en si mesma.
 Os obxectos artísticosson cerebrais, foxen do
sentimentalismo.
 A súa expresiónbuscao hermetismo.
 Expresan osseusideais a través de manifestos.

O futurismo
Manifesto, 1909.

Marinetti.

Até hoxe , a literatura exaltou a inmobilidade pensativa, a éxtase e o soño . Nós queremos
exaltar o movemento agresivo, o insomnio, o paso lixeiro , o salto mortal, a labazada e a
pancada . Nós afirmamos que a magnificencia do mundo enriqueceuse dunha nova beleza : a
beleza da velocidade . Un automóbil de carreiras co seu capó adornado de grosa tubaxe
semellante á serpe... un automóbil bradante que parece correr sobre a metralla, é máis belo
que a Vitoria de Samotracia .
• Destrución absoluta da sintaxe

• Emprego do verbo en infinitivo

• Abolición do adxectivo e do adverbio e emprego de substantivos duplos (“multitude -


resaca”)

• Substitución dos signos de puntuación por símbolos matemáticos (+ — < > = ...)

• Revolución tipográfica: mestura de distintos tipos e tamaños de letras, uso de chaves,


espazos en branco...

• Abundante léxico de tipo técnico

You might also like