You are on page 1of 27

HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC FICHA CURRICULAR IV DESCARTES/HUME/LOCKE

Actividade previa
Diapositiva 1: Pantocrator. A representación da escea ven condicionado por:
a) a relixiosidade que explica a desproporción e a diferencia de tamaño das figuras.
b) a falta de comunicación entre o obxecto e o suxeito, expresado na rixidez e inexpresividade das
figuras.
É representativa do universo medieval: visión teocéntrica do universo na que Deus é o
centro, estaticidade das figuras que configuran un mundo pechado e sin cambios.
Diapositiva 2 : A calumnia (de Sandro Boticelli). A perspectiva da calumnia garda
proporcións matemáticas. A realidade no Renacemento, está escrita en linguaxe matemática. O
cadro representa unha escea non a realidade mesma, non recoñecendo o papel do observador na
visión.
As figuras xa aparecen en movimento, representan un universo dinámico, donde se rescatan
os valores estéticos do mundo clásico e se configura un universo antropocéntrico donde é o home e
non Deus o centro do universo, donde éste contempla a realidade como algo a perfeccionar.
Diapositiva 3 : Autorretrato (de Rembrandt). No cadro plasma a capacidade do ollo
humano para captar a tridimensionalidade. Distribue a cor e a luz no seu cadro para que impacten
nunha determinada parte do noso ollo. (por eso só pinta un ollo con detalle porque a sua mirada
estaba fixa nel. Aquí pretende establecer unha relación entre o suxeito que coñece e o obxeto
representado. Aparece un certo subxetivismo donde a realidade non se apresenta tal como é senón
moldeada polo suxeto que coñece.

RENACEMENTO E REFORMA
Tradicionalmente os historiadores sitúan o comezo da Idade Moderna ou ben ca caída de
Constantinopla (1453) ou co descubrimento de América (1492) e o seu fin ca Revolución Francesa
de 1789. Utilizase o termo moderno aplicado a uns tempos de renovación de ideas e valores que
viñan presentándose no medievo como eternas, inmodificables e inamovibles e no que se
modificaron os limites xeográficos (cos descubimentos), ampliaronse as achegas científicas e
aplicacións técnicas que permitian un mellor dominio da natureza, os límites sociais québranse no
que os plebeos comezan a esixir dereitos.

A sociedade e a política

A Baixa Idade Media significou a consolidacion das cidades pero continuou a ser eminentemente
agraria. Foi o comercio e a apertura das grandes rutas comerciais as que colocan ás cidades como o
centro da vida económica e sobre todo debilitaron inexorablemente a vella orde social.
Os burgueses, os habitantes das cidades, enriquécense e o seu novo poder económico non se
pode traducir en poder político porque choca co vello sistema social.
A nova mobilidade social será condición indispensable para a aparición, a partir de finais do
século XVII, do que poderiamos denominar un “protocapitalismo”, isto é, unha economía de
mercado fundada no regulamento dos procesos economicos mediante o libre exercicio da oferta e a
demanda.
O ascenso do absolutismo como réxime político dominante é foito dunha alianza de intereses entre
o rei e a alta burguesia en contra dos privilexios feudais. Da man da monarquía absoluta
prodúcese tamén a xénese da nación-Estado, constituido xa non como simple territorio físico
senón como unidade administrativa , xurídica e mesmo simbólica (no que a rivalidade das coroas
debén en guerras tendendo adoptar o modo de rivalidades nacionais).Non obstante, aínda que
existian movementos políticos que desconfiaban da monarquía absoluta, en xeral predominaba a
visión crítica de Platón e Aristóteles da democracia equiparable con caos, anarquía e

1
HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC FICHA CURRICULAR IV DESCARTES/HUME/LOCKE

ingobernabilidade.
Sen dúbida a loita de ideas xogará un papel relevante nas transformacións sociais e políticas, na que
os filósofos xogan un papel fundamental. Maquiavelo co ser realismo político e máis adiante a
teoria do contrato contribuiron a desmontar o sistema ideolóxico do abolutismo sustentadona
sociedade estamental do Antigo Réxime.

A influencia da Reforma

A alianza entre a igrexa e o poder político constitue un elemento de estabilidade nas


sociedades medievais. Pero a crise da cristiandade provocada pola reforma luterana, coa reacción do
papado impulsando a Contarreforma, suporá na quebra da vella nidae relxiosa que influirá
decisivamente no debilitamento do poder relixioso, e derivará en enfrontamentos violentos (guerras
de relixión).
Pero a Reforma, a marxe destas implicacións traerá consigo importantes cambios nas
mentalidades. Non só atacaba a autoridade papal, senón que reclamaba unha forma nova de
entender a relixión, na que rexeita o papel do clero como intermediario entre os crentes e a fe e a
práctica relixiosa. Na nova concepcion da comunidade relixiosa o crente debe manter unha
comunicación directa coa fonte das súas crenzas, mentres que os clérigos non son senón uns máis
de entre os membros da comunidade. Por iso, a lectura directa da Biblia, o libro sagrado,
constituirase nun dos preceptos centrais do credo reformista. Este compromiso relixioso trouxo
consigo a esixencia de alfabetizar a totalidade da poboacion, único xeito de poñelo en práctica.Esto
fixo que no Norte de Europa frente o Sur católico o analfabetismo retrocedeu de forma continúa ou
incluso espectacular. Neste proceso, unha circunstancia veu contribuír especialmente ao proxecto
reformista. Falamos da invención da imprenta polo alemán Johannes Gutenberg en 1449.
Porén a multiplicación das vesións da Biblia inevitablemente tiña que producir un certo
cuestionamento da forza do dogma, xa cuestionado ao ser negada a lexitimidade dun corpo especial
(os clérigos)como intérpete privilexiado do seu sentido último. As traducións sempre supoñen unha
desviación da pureza da palabra orixinal. Xa a Vulgata ( Biblia traducida ó latín supuxo translación
dos textos orixinais ( escrito en arameo, e hebreo o Antigo Testamento e en grego o Novo) a
versión alemá de Lutero introducia interpretacións dos textos orixinais que contradician a Vulgata,
ao que o papado responderá considerando tamén herética a propia versión luterana da Biblia. Todas
estas polémicas non podían deixar de producir un efecto relativizador da autoridade dogmática que
no pasado fora exercida sen apenas réplica.

Cambio cultural do Renacemento

O Renacemento supón unha auténtica novidade cultural que racha cos moldes medievais,
que se poden sintetizar brevemente do seguinte modo:
- Recuperación do pensamento antigo: un coñecemento directo de Platón e Aristóteles.
- Afírmase o valor do home, configurándose éste como o centro do universo. Esto implica que
frente á visión estática medieval: o home foi creado por Deus a súa imaxe. O home renacentista
contempla a realidade como algo a perfeccionar. Posúe unha mentalidade máis crítica e dinámica.
- No terreo da política a profunda modificación das estructuras políticas e sociais prantexan novos
problemas que dan lugar a novas teorías do dereito e do Estado.
Así é como xurde o xénero literario das utopías que baixo a forma de descripcións de
estados ideais conteñen alusións a estados concretos e teorías políticas importantes. "Utopía" de
Tomás Moro. "A cidade do sol" de Campanella.
Frente a estos idealistas sitúase Maquiavelo que na súa obra "O principe" destrúe a simbiose

2
HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC FICHA CURRICULAR IV DESCARTES/HUME/LOCKE

entre a política e a moral establecida desde Platón e Aristóteles. O home bó non pode ser un bó
político. Os medios non importan o importante é acadar os fíns ou obxetivos.
- No campo científico os renacentistas non se conforman coas ensinanzas que podían encontrar nos
libros antigos: inician un método de observación directa en contacto coa natureza. Daí orixinarase
unha profunda revolución: a ciencia non consiste en interpretar a Aristóteles senón dominar á
natureza.
Prodúcese no campo da Astronomía un cambio na concepción do mundo que inicia o
camiño da nosa concepción actual. Copérnico cambia a teoría xeocéntrica poñendo o sol no centro
do universo e Kepler bota por terra o carácter circular das órbitas e o movemento uniforme dos
planetas.

Pantocrátor de San Clemente Tahull A Calumnia de Sandro Boticelli

Autoretrato de Rembrandt

3
HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC FICHA CURRICULAR IV DESCARTES/HUME/LOCKE

A NOVA CIENCIA RENACENTISTA E A SÚA INFLUENCIA NA FILOSOFÍA


MODERNA: COPÉRNICO, KEPLER, BACON E GALILEO
O xurdimento da filosofía moderna, que se inicia con Descartes está en íntima conexión co
triunfo da ciencia moderna.
Copérnico, Kepler, Galileo, a cabalo entre os séculos XVI e XVII, asentan os pilares para o
edificio da nova ciencia experimental. E o triunfo dunha nova maneira de facer ciencia utilizando o
método experimental, que vai unido ó renacer dunha forma de filosofar.
As universidades entraron en decadencia : sendo controladas ou por protestantes ou por
católicos, sen autonomía propria e sen liberdade de pensamento, por eso as novas correntes
filosóficas e científicas ábrense paso nas academias.
Os descubrimentos científicos desta época son froito da razón que rexeita a dependencia da
autoridade (tanto divina como humana). Será precisamente esta autonomía da razón a que vai
determinar o xurdimento tanto da nova ciencia como da filosofía moderna. Así, Copérnico, Kepler,
Galileo, Newton coinciden con Descartes, Spinoza, Leibniz, Hume.
Ésto indica a conexión existente entre o pensar científico e o filosófico; serán o auténtico
modelo do saber ás que haberá que acudir como modelo de todo razonamento lóxico.
Temos visto como a doctrina do Nominalismo sobre o coñecemento intuitivo e singular crea
as bases para a ciencia empírica, permitindo superar o estancamento sufrido polas ciencias na Idade
Media, donde a actividade científica resumíase a comentar a Aristóteles.
Así, prodúcese un xiro no papel que debe desempeñar a ciencia: dominar a natureza.
A nova ciencia basearase no método, que terá como obxectivo harmonizar experiencia e
construcción racional (matemática). As características máis importantes da ciencia moderna serían
as seguintes:
- Autonomía da ciencia respeito da relixión, e da natureza respeito de Deus.
- Concepción cuantitativo-mecanicista da realidade. A natureza é representada como unha gran
máquina-reloxo (ésto implica que a materia é inerte) concebida como un gran libro escrito en
linguaxe matemática. A ciencia consistirá pois, na interpretación racional dos fenómenos que poden
ser tratados e medidos matemáticamente, é dicer, atenderá a aqueles fenómenos que sexan
cuantificables e medibles. Así configúrase unha nova concepción da ciencia e da realidade no que o
real é o que se adapta á razón matemática. Ó ser matemático o orde da natureza, é tamén racional e
necesario.
- Determinismo, xa que se busca coñecer as causas eficientes que producen os fenómenos naturais,
para poder predecilos.
- Frente a dualidade aristotélica, existe un só mundo. Para explicar esta uniformidade da natureza
basta con recurrir á materia e o movemento local.
Esta concepción cuantitativo-mecanicista da realidade ven determinada pola aplicación tanto
de Galileo como de antecesores seus: Copérnico, Kepler... do método á física e á astronomía .
COPÉRNICO (1473-1543)
A súa obra fundamental é "De revolutionibus orbium caelestium". Pretendeu simplificar a
complicada explicación tradicional do universo realizada por Ptolomeo. Copérnico comprobou que se
simplificaba notablemente situando o sol no centro do universo, en lugar da terra (tal como postulaba
Ptolomeo no seu "Almagest"). Arredor do sol, e con órbitas circulares e con movementos uniformes, xiraban
Mercurio, Venus, a Terra (arredor desta a lúa), Marte, Xúpiter e Saturno.
Así a terra deixaba de ser o centro do universo.

4
HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC FICHA CURRICULAR IV DESCARTES/HUME/LOCKE

KEPLER (1572-1630)
Kepler supón un avance máis sobre Copérnico para acabar co sistema ptolemaico, coas súas tres
famosas leis. As dúas primeiras están formuladas na súa "Astronomía Nova" e a terceira está formulada no
"Harmonices Mundi":

1.- "Os planetas recorren órbitas elípticas, estando situado o sol nun dos focos". Con esta lei bota por terra
algúns puntos do sistema aristotélico-ptolemaico: carácter circular das órbitas, sistema de epiciclos e
deferentes...
2.- "As áreas barridas polos radiovectores de cada planeta en tempos iguais son iguais". É dicir, os planetas
non se moven con movemento uniforme nin con velocidade constante, tal como postulaba Aristóteles.
3.- "Os cadrados dos períodos da revolución dos planetas están na mesma razón que os cubos das súas
distancias medias ó sol". Esta lei non estaba en contradicción con ningún dos principios anteriores, pero
constituiu un dos pilares básicos da cosmoloxía moderna, xa que permitiu que os astrónomos calcularan con
maior precisión as distancias entre o sol e os planetas.

Ademais desta revolución na astronomía prodúcese un xiro radical na concepción da ciencia, no


senso de que sirve para dominar a natureza. Trátase de observar directamente a natureza para así

5
HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC FICHA CURRICULAR IV DESCARTES/HUME/LOCKE

coñecer as leis que rixen os fenómenos naturais e sometelos no beneficio proprio do home e non de
interpretar a Aristóteles. Esta concepción é recollida polo filósofo da ciencia Francis Bacon.

FRANCIS BACON(1561-1626). Na parte máis coñecida da súa "Instauratie Magna" e "Novum


Organum" cuxa idea fundamental é que o home pode dominar a natureza e o instrumento adecuado
para dominala será a ciencia. Así fai unha doble crítica a Aristóteles:
- En canto a ciencia: Aristóteles ve a ciencia desde un punto de vista teórico sendo o fin da
ciencia transformar a natureza.
- En canto método: Critica o abuso do método deductivo de Aristóteles (que non vale para
descubrir novas verdades), así como a falta de rigurosidade do seu método inductivo.
Establece un novo método con dúas partes:
1.- Negativa: Pretende purificar o entendemento humano de prexuicios. Establece catro especies ou
ídolos: da tribu, da caverna, do foro e do teatro (Tribu: Inclinacións da humanidade que nos levan a
interpretar erróneamente a natureza, p.ex: interpretar antropomorficamente a natureza; Caverna: Inclinacións
individuais, é dicir, interpretar a realidade en base á educación recibida e as conviccións e hábitos
individuais; Foro: Erros debidos á imprecisión da linguaxe á hora de comunicarse cos demais homes; Teatro:
Recurso á autoridades, p.ex: o acatamento acrítico das opinións de filósofos antiguos como Aristóteles).
2.- Positiva: Método Inductivo que consiste na recollida de datos experimentais, pero aplicando
adecuadamente os sentidos guiados sempre pola razón. así evítase o dogmatismo e o puro
empirismo. Para elo elabora unha serie de regras en taboas (de presencia:feitos nos que se dá un
fenómeno p.ex: os raios do Sol proporcionan calor, de ausencia: nos que non se dá p.ex: os raios da
Lúa non peoporcionan calor, de grados: feitos nos que varía un fenomeno, e de exclusión:excluir
aquelo que non se atope cando se dá o fenómeno, ou que se atopa cando non se dá ).
GALILEO (1564-1642): Seguindo os pasos de Copérnico e Kepler na busca dunha ciencia
experimental. Establece o método resolutivo e compositivo, é un método de análise e síntese, que se
coñece como método Hipotético-Deductivo, que se compón de tres momentos:
1.- Se analiza o fenómeno a estudar e redúcese ós seus elementos esenciais.
2.- Formúlase unha hipótese matemática que enlace estos elementos e así deducir consecuencias.
3.- Procédese a súa comprobación na experiencia.
A pesar do seu carácter experimental Galileo da moita maior importancia á teoría. Á ciencia
interésalle estudar o que Galileo denomina cualidades primarias ou obxetivas dos corpos, esto é, o
cuantificable ou expresable matemáticamente: movemento, extensión, peso,etc. non sendo obxeto
da ciencia as cualidades secundarias: sabor, olor, color, etc. Para Galileo, a natureza é un libro
escrito en linguaxe matemático.
En síntese, Galileo trata de harmonizar experiencia e razón. A ciencia non se reduce a mera
observación dos fenómenos particulares, senón que a razón elabora hipóteses explicativas dos
fenómenos que permitan medir cuantificar a realidade. Por iso hai unha nova relación ciencia e
realidade, ó adaptarse a realidade á razón matemática estáblecese a base dunha concepción
cuantitativo-mecanicista do universo.
Precisamente, impresionados polo éxito da aplicación da matemática á ciencia física por
Galileo, os filósofos racionalistas adoptan a matemática como modelo de saber, coa convicción de
que só así pode a filosofía aumentar o seu coñecemento sobre a realidade e obter desta un
coñecemento seguro; ademais, comparten a posición de Galileo, según a cal a estructura da
realidade é de índole matemática. Todo esto explica a preocupación xeral dos racionalistas polo
método que Descartes e Spinoza configuran ó estilo dos xeómetras.
Para Descartes, a experiencia non é o camiño seguro para fundamentar verdades universais e
necesarias. Por eso, Descartes acude ò reino das matemáticas ou da razón, porque os seus
enunciados verdadeiros son sempre certos e indubitables; as matemáticas constitúen para Descartes
o procedimento idóneo para investigar novas verdades.

6
HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC FICHA CURRICULAR IV DESCARTES/HUME/LOCKE

A filosofia moderna parte da distinción que fai a física matemática entre o cuantitativo e o
cualitativo. En termos científicos, o mundo está conformado exclusivamente por aquilo que se
poida expresar en termos de magnitudes cuantitativas. Para a física galileano-cartesiana, a
existencia do mundo externo comporta a existencia da mente: aquelo que discrimina entre
calidades primarias(extensión, a figura, a cantidade, o número, o lugar, o tempo) e secundarias ou
sensibles (que non poden ser cuantificables e polo tanto meros contidos privados de cada individuo
p.ex. o corpo). Non todos os contidos proceden da realidade, pero a ciencia sigue sendo realista,
porque mantén a presuposición de que a ciencia capta o ser tal e como é.
A filosofía moderna vai á raíz do problema do realismo e cuestiona todo o coñecemento,
incluidos o físico matemático e os métodos cos que opera a razón. Como resultado, prodúcese unha
pluralidade de métodos que contrasta coa unidade metolóxica da época medieval. Desa diversidade
medrou a discrepancia. É o caso das dúas correntes filosóficas máis importantes dos primeiros
séculos da modernidade: o racionalismo e o empirismo inglés, que evolucionou a partir da obra de
autores medievais e ten en John Locke e David Hume os seus máximos expoñentes. O punto de
partida común é que todo o que a mente coñece inmediatamente son ideas: representacións ou
copias internas de obxectos externos pero van a discrepar na procedencia (o racionalismo vai
afirmar a existencia de ideas innatas e para o empirismo as ideas proceden da experiencia). O
racionalismo vai tomar como modelo as ciencias matemáticas e o empirismo a ciencia natural.
En resume, racionalismo e empirismo non van a estar desvinculados da nova ciencia, forma parte
dun proceso que xa arrancaba co Nominalismo ockhamista que ó establecer unha separación
total entre a filosofía e a teoloxía prepara o camiño para o xurdimento do Racionalismo e o
Empirismo xa que nos di que a razón será por fin independente.
Soe caracterizarse o Empirismo inglés, contrapoñendo ó Racionalismo continental. Ambos
coinciden en sinalar que o obxecto de coñecemento son as ideas: pero mentres que os racionalistas
sosteñen a orixe innata das mesmas, os empiristas consideran que todas as ideas proceden da
experiencia. A experiencia é para éstos últimos a fonte, o criterio de validez e o límite mesmo do
coñecemento.
Por outro lado, si os racionalistas consideran a matemática como modelo de saber e adoptan,
como ideal de método, o método deductivo, proprio désta; os empiristas oriéntanse no sentido da
ciencia física (Boyle, Newton) e adoptan, como ideal de método, o método inductivo, consistente en
chegar desde a observación dos fenómenos concretos á formulación de leis universais. Este proceso
desemboca na construcción de hipótesis explicativas dos fenómenos que teñen que ser verificadas
experimentalmente. A deducción queda confinada ó ámbito do saber matemático; o coñecemento
factual consiste, en cambio, en xeneralización a partir da experiencia.
Mentres que o racionalismo pretende acadar verdades absolutas o empirismo móvese no
nivel da probabilidade (só habería verdades seguras no ámbito da matemática). Este carácter
problemático das ciencias empíricas das cais só temos coñecemento probable vése expresado na súa
máxima radicalidade coa crítica ó principio de causalidade de Hume.

7
HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC FICHA CURRICULAR IV DESCARTES/HUME/LOCKE

DESCARTES
I. DESCARTES E A FILOSOFÍA MODERNA:
Aínda que os límites cronolóxicos da chamada filosofía moderna non son precisos, ésta
pode situarse na época que abarca desde 1637, data da publicación do "Discurso do Método" de
Descartes ate Kant.
O primeiro período da filosofía moderna está dominado por dúas grandes correntes de
pensamento: o Racionalismo e o Empirismo. A esta primeira época da filosofía moderna, segue un
segundo momento de asimilación e difusión: a Ilustración, que coincide co decurso do século
XVIII, e que se desnvolve principalmente en Francia, Alemaña e Inglaterra.
Frente ó enfoque ontolóxico da filosofía anterior, a filosofía moderna fai do coñecemento o
problema central da filosofía. Claro que éste, o problema do coñecemento , non é o único; ademais,
si interesa coñecer as condicións en que se desenvolve e a estructura de suxeito que coñece, non é
senón con vistas a unha aprehensión máis perfecta da realidade. Por outro lado, os filósofos da
época moderna están moi influidos polo desenvolvemento triunfal da ciencia moderna: Galileo,
Bacon, Newton, constitúen auténticos paradigmas.
Para entender a posición de Descartes cabe contextualizar o seu ponto de partida na reacción contra a
escolástica (filosofía oficial) tanto nos reformadores experimentais como Copérnico, Kepler, e Galileo, como
tamén polos grandes humansitas do Renacemento (Pico de la Mirandola, Moro, Erasmo, Montaigne, Vives,
etc) que intentaron superala mediante a restauración da filosofía grega. É por elo que o telón de fondo, sobre
o que debe analisarse o pensamento cartesiano, está limitado, por un lado, pola crítica escéptica, e por
outro, pola dogmática escolástica, e como superación de ambos polo método racional e riguroso das
matemáticas, todo elo impregnado de espíritu renovador da nova ciencia.
O proxecto de Descartes queda claro: creación dunha nova filosofía, que teña validez
universal, buscando o máximo rigor, sendo as matemáticas as que proporcionan un modelo de
claridade e certeza, e deducción ordenada, que non tiña a filosofía. Por eso ten como ideal deducir, a
partir de principios, certos, claros e indubitables, un sistema de verdades que nos proporcionarían
unha información certa do que é o mundo, a realidade das cousas, o home, etc. Así o uso dun
método correcto podería facer da filosofía unha ciencia no pleno sentido da palabra, en vez dun
campo de discusións. Racionalismo que postula que os coñecementos válidos e verdadeiros acerca
da realidade proceden da razón, e o Empirismo que postula que os coñecementos proceden dos
sentidos, da experiencia sensible.
II. CARACTERÍSTICAS XERAIS DO RACIONALISMO:
Os filósofos racionalistas caracterízanse pola súa absoluta confianza na razón humana.
Agora ben, esta característica non é exclusiva do Racionalismo do século XVII; senón que é unha
tendencia xeral da filosofía occidental desde as súas orixes. De todos modos, vai ser no
Racionalismo moderno donde a creencia na razón acada un dos seus momentos cumio.
Para precisar a importancia otorgada polos racionalistas á razón, compre aludir a estos dous
aspectos: a orixe do coñecemento e o ideal do coñecemento.
O coñecemento ten a súa orixe na razón. Os racionalistas identifican coñecemento científico
con coñecemento racional, e afirman que a razón é a única forma de coñecemento válido. A
información que nos proporcionan os sentidos é polo tanto confusa e non pode chamarse
propriamente coñecemento.
O ideal do coñecemento no Racionalismo é o dun sistema deductivo, análogo ó modelo
matemático, esto é, un sistema no que, a partir dunhas ideas ou principios primeiros, evidentes por
sí mesmos, dedúcense as demais verdades.
Pois ben, o coñecemento ten a súa orixe na razón, porque os primeiros principios a partir
dos cais constitúese todo o corpo do saber, non derivan da experiencia ou non son xeneralizacións
inductivas a partir da experiencia, senón que son innatos á razón. Desta forma, os racionalistas

8
HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC FICHA CURRICULAR IV DESCARTES/HUME/LOCKE

adhírense á teoría das ideas innatas, si ben ó falar de ideas innatas non quere dicir que o home nazca
xa con elas, senón que a razón posúe certa predisposición natural a formalas; ou o que é o mesmo,
constitúese como un autodesplegue desta.
O ideal de coñecemento dos racionalistas está condicionado polo feito da ciencia. En efecto
impresionados polo éxito da aplicación da matemática á ciencia física (Galileo) os racionalistas
adoptan a matemática como modelo de saber, coa convicción de que só así poden aumentar o seu
coñecemento sobre a realidade e obter desta un coñecemento seguro; ademais, comparten a posición
de Galileo, según a cal a estructura da realidade ten carácter matemático.
Todo esto explica a preocupación xeral dos racionalistas polo método, un método que
Descartes e Spinoza configuran ó estilo dos xeómetras.
Coa adopción do modelo matemático, os racionalistas lanzan un reto ó escepticismo,
rexistrado a finais do Renacemento (Montaigne), en relación coa posibilidade de facer da metafísica
un sistema coherente.
Como consecuencia hai que decir que o núcleo central da teoria do coñecemento dos
racionalistas o constitúen as idas: o pensamento non versa directamente sobre os obxetos como na
filosofía anterior, senón sobre as ideas destos.
Un tema básico nos racionalistas é o da sustancia; non falan do ser senón da sustancia. O
iniciador do Racionalismo é Descartes, unha linea dependente directamente de Descartes é o
ocasionalismo, cuxo máximo expoñente é Malenbrache; Pascal representa unha reacción
desfavorable ó Racionalismo de Descartes, as outras dúas figuras centrais do Racionalismo son
Spinoza e Leibniz.
III. DESCARTES VIDA E OBRAS:
Descartes nace en 1596, en la Haya de Turena. O episodio máis importante da súa vida é a
súa estancia no colexio xesuita de la Fleche (1604-1612) donde estuda humanidades, clásicas,
filosofía esolástica e matemáticas. Tal como relata na primeira parte do seu "Discurso do Método",
ó finalizar os seus estudos síntese decepcionado pola educación recibida e decide aprender "no gran
libro do mundo"; alístase en varios exercitos e viaxa por toda Europa, ó mesmo tempo que
profundiza nos estudos de matemáticas e físicas. Outro feito destacable ten lugar en 1619: neste
ano, Descartes ten tres sonos que lle incitan a adicarse á busca da verdade mediante o emprego da
razón, idea central do seu método.
En 1628 instálase en Holanda ate 1649. A raiña Cristina de Suecia solicita do filósofo ser
insturida na súa filosofía; Descartes trasládase a Estocolmo donde morre en 1650.
As súas obras máis importantes son: "Regras para a dirección do espíritu", escrito
probablemente en 1628 e publicado postume en 1701; "Tratado do mundo " donde o autor mantén a
tese de Copérnico; publícase despois da súa morte, en 1677; "Discurso do Método", publicado
commo prólogo a tres tratado fundamentais do Tratado do mundo, en 1637, ano en que se cifra o
comenzo da filosofía moderna; "Meditacións de filosofía Primeira", con obxecións e respostas de
1641; "Principios de filosofía"; "As pasións da alma", 1649.
IV. O SEU PUNTO DE VISTA E O SEU OBXETIVO
O punto de partida de Descartes é a súa actitude crítica frente o saber escolástico do seu
tempo (saber ó que accede nos seus anos de formación no colexio da Fléche). Só as matemáticas,
debido a claridade e evidencia das súas razóns lle convencen. A filosofía, en cambio, se lle presenta
como un medio, non de acadar a verdade, senón de falar con verosimilitude. Por eso, si para
Descartes, as restantes ciencias toman os seus principios da filosofía, deben resultar tamén elas
dubidosas. En efecto, Descartes mantén a tese do carácter unitario do saber; O edificio do saber é un
todo orgánico; como unha árbore cuias raices son a metafísica, da que dependen a física (tronco) e,
por último as ciencias particulares (ramas) a saber, a moral, a medicina, a mecánica dependentes da
física (filosofía natural).

9
HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC FICHA CURRICULAR IV DESCARTES/HUME/LOCKE

Así, Descartes, pretende sanear o edificio do saber pola base. E para eso trata de non admitri
ningunha opinión como verdadeira, sen antes axustala ó nivel ou as esixencias da razón. (Rexeita
autoridades e só confía na razón).
Non se trata tanto de descubrir novas verdades, canto de establecer verdades certas, que
poden non ser distintas das xa adimitidas, pero que deben ser redescubertas como verdadeiras.
Non obstante, non rexeita descubrir novas verdades. E, de feito o maior reproche que fai á
lóxica escolástica é que os seus siloxismos sirven máis para explicar a outros as cousas xa sabidas,
que para aprender outras novas.
O logro deste obxetivo (reconstruir o sistema do saber sobre fundametnos sólidos, e facer un
saber de verdades certas) responden o método e a dúbida de Descartes.
V. O MÉTODO
O carácter unitario do saber ten o seu fundamento no carácter unitario da razón; o saber é
un, porque a razón é unha. ¿De donde procede, pois, a diversidade de opinións? ¿A que se debe que
en filosofía haxa opinións contradictorias? o problema para Descartes está en dirixir ben a razón, só
así é posible aumentar os coñecementos e progresar na investigación da verdade.
É precisamente no capítulo IV das súas "Regras para a dirección do espíritu", donde define o
método como un conxunto de regras certas e doadas, que fai que quen as observe atentamente
nunca tome o falso por verdadeiro e, sin malgastar inutilmente as forzas da súa razón, chegue ó
coñecemento verdadeiro de todo aquelo de que é capaz.
IV. AS ORIXES DO MÉTODO E OS CATRO PRECEPTOS OU REGRAS DE QUE SE
COMPÓN
A pesar do seus defectos, a lóxica, a análise dos xeómetras e a álxebra constitúen as tres
ciencias en que Descartes se inspira para establecer o seu método. Polo que se refire á lóxica, o seu
maior defecto radica en que os seus siloxismos e demais instrucións serven máis para explicar
cousas xa sabidas que para descubrir outras novas; en canto a análise dos antigos e a álxebra,
refírense a materias tan abstractas que fan dificil o seu uso. Pero de calquer forma, tomando desas
tres ciencias as súas ventaxas e excluindo os seus defectos, formula Descartes as súas catro regras
do método:
1ª Regra:
O método preseupón unha confianza absoluta na razón; ésta é de por si, infalible.
Nonobstante, pode ser desviada a prexuicios, a precipitación, ás paixóns, etc. Así, primeira regra dí
que só se debe aceptar como verdadeiro aquelo que aparece como absoluta Evidencia. Adúcese
como selos da evidencia, a claridade e adistinción. Nos seus "Principios de filosofía" (I, 45) define
deste modo os términos claridade e distinción:
"Chamo claro ó coñecemento que se acha presente e manifesto a un espíritu atento, como decimos
que vemos claramente os obxectos cando, achándose presentes ós nosos ollos, obran fortemente sobre eles, e
en canto éstos están dispostos a miralos. Chamo distinto ó coñecemento que é tan preciso e diferente de
todos os demais que non abarca en sí senón o que aprarece manifestamente a que n considera tal
coñecemento como é debido".
Así pois: Claridade: presencia ou manifestación dun coñecemento á mente.
Distinción: separación respeito de todos os demais.
Nas "Regras para a dirección do espíritu" Descartes chama ás ideas claras e distintas,
naturezas simples.
Pero ¿Cómo acada a mente esos principios evidentes? A aprehensión destes ten lugar
mediante a intuición, primeira operación do espíritu nas "Regras para a dirección do espíritu" (III),
entende por intuición:
"Non a seguridade fluctuante dos sentidos, nin o xuizo falaz que resulta da composición arbitraria da
imaxinación, senón a concepción que aparece tan sin esforzo e tan distintamente nunha mente atenta e non
nublada. Que quedamos completamente libres de dúbida en canto o obxecto da nosa comprensión ou, o que é

10
HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC FICHA CURRICULAR IV DESCARTES/HUME/LOCKE

o mesmo, a intuición é a concepción libre de dúbidas, dunha mente atenta e non nublada, que brota da luz da
soa razón".
Nas súas "Meditacións metafísicas" (III) Descartes fala dunha inspección do espíritu, como
o acto mediante o cal chégase á aprehensión das naturezas simples.
En definitiva Descartes, entende por intuición, un acto puramente racional polo que a mente
VE de modo inmediato e transparente unha idea.
Ó formular esta primeira regra, Descartes introduce un novo concepto de verdade; xa non
consiste na adecuación do pensamento á realidade (concepto escolástico de verdade), senón que é
unha propriedade das ideas en sí mesmas: a verdade é inmanente ó espíritu.
2ª Regra: Alude ó proceso que a mente debe seguir para chegar ás naturezas simples
(Naturezas simples: constitúe o resultado ó que se chega no proceso analítico do método. As dúas
naturezas simples máis importantes son a extensión e o pensamento. Estas naturezas simples, e en
xeral todos os principios a partir dos cais pódese deducir algo, son ideas innatas esto significa para
Descartes "Certos xermes de verdades que están naturalmente nas nosas almas". Non son ideas que
están presentes cando nacemos senón máis ben ideas que potencialmente están na nosa mente e
xurden con ocasión de determinadas experiencias). Dito proceso é a Análise e consiste en dividir e
descompoñer a dificultade complexa nas súas partes simples, ate chegar ós elementos máis simples,
aprehensibles pola intuición. Estas naturezas simples ou ideas claras e distintas son os principios a
partir dos cais desplégase todo o coñecemento.
3ª Regra: É conducir ordenadamente os pensamentos, ascendendo gradualmente, desde os
máis simples ate os máis complexos. Este proceso é o da Síntese a cal responde a segunda
operación fundamental do espíritu (III) entende Descartes por deducción: "Toda inferencia
necesaria a partir doutros feitos que son coñecidos con certezas". É pois, unha sucesión ordenada
de evidencias.
É dicir, Descartes utiliza un procedemento semellante ó empregado en xeometría: síntese
consistente nun proceso ordenado de deducción que encadena unhas ideas a outras.
4ª Regra: representa a comprobación da Análise e da Síntese:
Análise: mediante o reconto ou a enumeración.
Síntese: mediante a revisión.
Posto que é a evidencia intuitiva o que garante a verdade dos nosos coñecementos Descartes
esixe que se fagan frecuentes comprobacións da análise e revisións do proceso sintético, de tal
modo que se poda abarcar todo o conxunto dun só golpe de vista e poidese posuir unha certa
evidencia intuitiva do mesmo. Se inspira en Galileo. Pero é notable que Descartes non faga
ningunha alusión ó experimento, elo indica ate que ponto a metodoloxía de Descartes da preferencia
ó análise conceptual (non experimental) e á deducción puramente racional. Neste senso, o método
cartesiano relacionase directamente co método deductivo de Euclides: unha longa cadea de
deduccións a partir dunhos principios simples e evidentes. É dicir, referir unha proposición máis
complexa a outras máis simples, coñecidas como verdadeiras, para logo, a partir destas, chegar a
aquela.
Ate aquí a exposición de método, posto que está inspirado na xeometría decide empezar por
aplicalo ás matemáticas. O éxito obtido anímalle a aplicalo ás demais ciencias, pero Descartes
desconfía das súas proprias forzas, e lánzase polo mundo a adequerir experiencia. Pero mentras está
á busca da súa filosofía elabora unha moral provisional (xa que a moral definitiva só pode ser obtida
como froito do sistema filosófico. ( Descartes vai establecer 3 ou 4 máximas:
1.- Cautela e prudencia, xa que nada é seguro. Decide obedecer ás leis e ós costumes do seu país.
2.- Seguir o máis probable como si se tratase de algo moi verdadeiro e certo.
3.- Inspirado no Estoicismo. Procurar vencerme a min mesmo antes que a orde do mundo.
4.- Das ocupacións posibeis considera a mellor o cultivo da razón.

11
HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC FICHA CURRICULAR IV DESCARTES/HUME/LOCKE

*Teorética: Non debe extenderse ó plano das creencias ou comportamentos éticos


restrinxindose ó plano da teoría ou a reflexión filosófica, é dicer, repensar a filosofía, desde os seus
fundamentos.
RAZÓNS PARA DUBIDAR DE TÓDALAS COUSAS
1) Dúbida da testemuña falaz dos sentidos:
En primeiro lugar, cabe dubidar dos coñecementos que nos chegan a través dos sentidos. A
razón delo é os sentidos ás veces enganannos, p.ex: dí Descartes na súa "Meditación IV": "Moitas
veces observei que unha torre, que de lonxe pareceume redonda, de cerca aparecía cadrado, e que estatuas
enormes, erguidas no máis alto desas torres, parecíanme pequenas vistas desde abaixo".
Agora ben, si os sentidos engananme algunhas veces, cabe pensar que me enganan sempre;
pois, según Descartes non é prudente fiarse nunca mais de quen non engnou unha vez; ademais,
para Descartes, a probabilidades non é unha aproximación á verdade; o que é só probable é dudoso
e non se lle pode dar máis creto que ó manifestamente falso.
Pero, ¿ate donde nos permiten dubidar os sentidos?
Os sentidos poden enganarnos no tocante a cousas mal perceptibles e remotas; pero ¿poden
enganarnos no tocante a percepcións presentes, p.ex: que estou aquí sentado xunto ó lume; que estas
máns e este corpo son meus? neste momento Descartes aduce o segundo motivo da dúbida:
2) A dificultade de distinguir con claridade o sono da vixilia.
O segundo motivo de dúbida, aducido por Descartes, e a imposibilidade de distinguir con
claridade o sono da vixilia. Aínda que, algunhas veces mentras dormimos, temos representacións
semellantes ás que temos cando estamos despertos, cabe pensar que tal vez estemos dormidos, e que
incluso as percpecións que parecen máis manifestas, p.ex: abrir os ollos, mover a testa, non sexan
máis que mentirosas ilusións.
Pero, ¿ate donde se extende este segundo momento da dúbida? tal vez as acousas non sexan
como as percibimos, pero, as cousas mesmas, p.ex: ollos, testa, máns, corpo ¿non existen? máis
aínda, supondo que todas esas cousas sexan imaxinarias ¿Pode negarse que existan outras cousas
máis simples, como a extensión, a figura, a cantidade, o número, o lugar, o tempo, e en defintiva as
cualidades primarias, as cais constitúen o obxecto da física, a astronomía e demais ciencias? en
efecto, o segundo momento da dúbida pon en entredito desde as percpecións máis presentes ate as
nocións mesmas das ciencias: o único que queda a salvo son as verdades da matemática; pois
dormido ou desperto, dous máis tres serán sempre cinco e un cadrado terá sempre catro lados.
3) A hipótese do xenio maligno.
O proceso da dúbida acada a súa máxima radicalidade coa hipótese do xenio maligno,
terceiro e último de dúbida. Posto que o meu espíritu ten a opinión de que ha un Deus
todopoderoso, por que foi creado, nada me impide pensar que me creara de tal modo que eu sempre
me engane, incluso cando sumo dous máis tres ou enumero os lados dun cadrado. O terceiro
momento da dúbida afecta, pois, ás verdades matemáticas mesmas. Agora ben, ¿non se contradí
todo esto coa bondade de Deus? pois se dí del que é a suprema bondad. Según Descartes, si pensar
que Deus creoume de tal modo que eu engánome sempre, repugna a súa bondade, non repugna
menos a ésta ó permitir que eu me engane algunhas veces, e esto, sin dúbida, o permite.
Así pois, Descartes termina supoñendo que hai, non un verdadeiro Deus, fonte suprema de
verdade, senón un certo xenio maligno, non menos enganador que poderoso, o cal emprega todo o
seu poder en enganarme. Naturalmente, o xenio maligno de Descartes é unha hipótese. Descartes
está convencido de que Deus existe e de que é fonte suprema de verdade; pero, de momento esto só
o sabe pola fé; Descartes é un cristiano creente e esto inflúe na súa filosofía; pero é un filósofo, non
un teólogo.
A súa hipótese dun Deus todopoderoso e enganador, que disfraza coa expresión de "xenio
maligno" ven esixida pola radicalidade con que se propón someter a crítica as opinións admitidad

12
HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC FICHA CURRICULAR IV DESCARTES/HUME/LOCKE

ate entón como verdadeiras.


A dúbida cartesiana á unha dúbida xeral, radical, afecta ó ámbito do saber na súa totalidade,
desde as percepcións remotas, ate as verdades matemáticas. Pero é tamén unha dúbida metódica e
provisional, en tanto que se practica como paso previo ó achádego da certeza.
En conclusión a dúbida cartesiana aplícase en síntese:
1.- Dúbida dos sentidos. Ás veces non enganan, polo que non podemos fiarnos deles.
2.- Dúbida do mundo exterior. Ás veces é imposible distinguir a realidade exterior do sono.
3.- Dúbida dos proprios razonamentos. ¿Qué sei eu si Deus quixo que eu tamén me engane cando
sumo dous máis tres, ou enumero os lados dun cadrado?.
4.- Dúbida de sí mesmo. É posible que algún espíritu maligno me induzca a erro.
A PRIMEIRA VERDADE E A NATUREZA DO EU
A dúbida cartesiana non desemboca no escepticismo. De feito mesmo de dubidar surxe a
primeira certeza. En efecto, si dubido, se estou persuadido que nada hai no mundo, si son enganado
por certo xenio maligno, si, en definitiva penso, hai que concluir que eu son, que eu existo. Pois, si
eu non son nada ¿cómo podo dubidar, cómo podo estar persuadido de algo, cómo poido ser
enganado?. De maneira que a a afirmación penso, logo existo (Cogito ergo sum), preséntase como a
primeira certeza, capaz de resistir a todo posible motivo de dúbida, incluso o máis radical de todos,
o do xenio maligno. Penso, logo existo, é a primeira verdade firme e segura sobre a cal se propón
Descartes fundamentar a filosofía, tal como expresa na IV parte do seu "Discurso do Método". É
unha verdade intuida, esto é, coñecida mediante a primeira operación do espíritu, a intuición.
Á hora de analisar o "Cógito" hai dous elementos claros: pensar e existir. Pensar non como
un puro acto mental; senón como un conxunto de cousas: ¿Qué son pois? unha cousa que pensa
¿qué é unha cousa que pensa? é unha cousa que dubida, entende, concibe, afirma,.... (Meditacións
Metafísicas. 2ª).
Existir: Descartes parte da súa propria interioridade, dos pensamentos que hai en sí mesmo,
a partir daí chega á existencia: o eu como un pensamento que existe.
As características do "cógito" poderían ser éstas:
a) non é un siloxismo: O siloxismo sería: "Todo o que pensa existe; eu penso, logo eu existo". Non
se trata diso. É unha intuición mental: intúo a conexión necesaria entre o meu pensar e o meu
existir.
b) É unha idea clara e distinta (3) é unha idea que se impón con evidencia inmediata, sin necesidade
de ningún racioncinio. Polo tanto, ó mesmo tempo que penso doume conta de que existo: o suxeito,
ó pensar, percíbese a sí mesmo existindo. É un feito de conciencia inmediata e primario. Equivale a:
"Eu son pensando, eu son unha cousa que pensa".
c) É unha verdade inmutable. É unha verdade da que non se pode dubidar. Nela quere asentar todo o
edificio da filosofía. Pódese dubidar de que exista o mundo, pero ningeún pode dubidar da súa
propria existencia.
Asi pois, Descartes achou a existencia do eu e a natureza dese eu como cousa pensante,
como unha sustancia cuia total esencia ou natureza é pensar.
¿CÓMO DEMOSTRAR A EXISTENCIA DUNHA REALIDADE EXTRAMENTAL?
¿CÓMO SAIR DO SOLIPSISMO?
Agora ben, desta existencia indubitable do eu, non parece implicar a existencia de ningunha
outra realidade. Logo, a conclusión de chegar ó cógito poderíanos levar ó solipsismo, é dicir, da
existencia do eu non se podería derivar ningunha realidade extramental. Entón ¿cómo demostrar a
existencia dunha realidade extramental?.A Descartes non lle queda máis remedio que deducir a
existencia da realidade a partir da existencia do pensamento. Para Descartes o pensamento non
recae directamente sobre as cousas, senón sobre as ideas (p.ex: eu non penso no mundo senón na
idea de mundo). Pero ¿cómo garantir que á idea de mundo corresponde unha realidade: o mundo?.

13
HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC FICHA CURRICULAR IV DESCARTES/HUME/LOCKE

Para eso distingue dous aspectos nas ideas: en canto modos de pensamento todas as ideas
posúen a mesma realidade, e en canto o seu contido a súa realidade é diversa, son distintas entre sí,
representan sustancias.
Para romper o cerco do pensamento, Descartes somete a análise as ideas, haber si algunha
delas rompe ese cerco.
Así, pola súa orixe distingue 3 tipos de ideas:
a) Ideas Adventicias: Son as que parecen provir da nosa experiencia externa: como as árbores, os
homes, as cousas, etc. E non nos consta a existencia dunha realidade exterior.
b) Ideas facticias: Son aquelas que constrúe a mente a partir doutras ideas, p.ex: un cabalo con alas,
etc.
Está claro que ningunha destas ideas pode servirnos como punto de partida para a
demostración da existencia da realidade extramental.
c) Ideas innatas: Non proveñen da experiencia externa, nin tampouco da propria construcción
mental, entón ¿cal é a súa orixe? as posúe o entendemento por sí mesmo, é dicir, son innatas. Son
as ideas a partir das cais construirase o edificio dos nosos coñecementos.
A SUSTANCIA INFINITA: DEUS
Das Ideas Facticias ou das Adventicias podo dubidar de que sexan certas, pero non pode
dubidar das Ideas Innatas. Entre as Ideas Innatas Descartes descubre a idea de infinito, que
identifica coa idea de Deus. Ésta non pode ser unha idea Adventicia porque non poseemos
experiencia directa de Deus, tampouco pode ser unha Idea Facticia xa que como seres finitos non
podemos ser causa da idea de infinitude, xa que como seres finitos vimos presupostos pola noción
de finitude. A partir desta identificación (Deus= Infinitude) ten vía libre para deducir a existencia de
Deus.
¿Por qué identifica Descartes a idea de infinito con Deus? A idea de infinito non pode
proceder de min xa que o seu contido excede o modo de pensamento contido en min, polo tanto a
idea dunha sustancia infinita debo recibila dunha sustancia infinita. Esta sustancia infinita vai ser
Deus garantía de obxetividade de que as ideas que poseo correspóndense coas cousas.
Efectivamente, para garantir outra verdade ou realidade distinta do proprio faise necesario a
demostración da existencia dun Deus perfecto. E para iso parece claro que terá que facelo segundo a
regra do método, a partir da primeira verdade, é dicer, desde o pensamento e as ideas pensadas.
Descartes vai a utilizar tres argumentos:
a) Argumento a partir da causa da idea de Deus: este argumento baséase na idea de Deus (igual que
S. Anselmo) pero reforzado pola introducción do principio de causalidade. A estructura
argumentativa é a seguinte:
1. As ideas teñen realidade obxetiva. As ideas en canto que son modos de pensar son todas
iguais, son todas accións da miña mente, pero distínguense polo seu contido ou realidade obxetiva
(idea de mesa, idea dunha cor).
2. A causa dunha idea ten que ter tanta realidade como idea, xa que logo tería que admitir
que algo procede da nada. Daquí séguese que si eu teño unha idea que me supera a min totalmente
eu non podo ser a súa causa.
3. Eu teño a idea de sustancia infinita, logo ten que existir un ser infinito (Deus) que sexa a
causa desa idea. A idea de Deus como sustancia infinita é unha idea innata, a máis clara e distinta de
todas. En canto poderíase obxetar senón será unha idea negativa construida a partir do infinito e
limitado. Descartes responderá "vexo manifestamente que hai máis realidade na sustancia infinita
que na finita" e polo tanto ten que existir primeiro a ida de infinito e por limitación poderemos
chegar ó finito pois o contrario impricaría sempre engadir algo a partir da nada.
b) Argumento a partir da causa da res cogitans. Este argumento supón un complemento do anterior.
Eu son pensamento imperfecto pois me descubro dubidando, necesito polo tanto unha causa xa non

14
HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC FICHA CURRICULAR IV DESCARTES/HUME/LOCKE

só da idea de Deus (perfecto) en min, senón tamén unha causa que me teña causado a min mesmo.
c) Argumento ontolóxico. Descartes demostra a existencia de Deus a partir da idea de Deus (como
xa fixera S. Anselmo no século XI): o ser perfecto ten que existir, pois doutro xeito xa non sería
perfecto por faltarlle a maior perfección que é a existencia. Nas "Meditacións Metafísicas" presenta
a obxección do paso ilexítimo do nivel do pensamento ó nivel do ser, pois así como é certo que non
podo pensar un monte sin val, nin o ser perfecto sin existencia, non quere decir que exista fora do
meu pensamento. Pero Descartes argumenta que non é o pensamento o que impón a existencia a
algo, senón que é a necesidade da existencia do ser perfecto a que se impón ó meu pensamento. Pois
se ben é certo que "de non poder pensar un monte sen val non se segue que exista en parte ningunha
o monte e o val, senón tan só que o monte e o val non se poden separar mutuamente, existan ou
non.... do feito de non poder pensar a Deus privado da existencia, séguese que a existencia é
inseparable de Deus; é, consecuentemente que Deus existe" (5ª Meditación).

A EXISTENCIA DA RES EXTENSA


Para solucionar o problema da existencia das cousas corpóreas, Descartes procede unha vez
máis, á consideración das ideas, neste caso, das ideas das cousas sensibles, e a pregunta é ¿cal é a
causa que produce ditas ideas e da cal proceden? eu non podo ser a causa que produza esas ideas,
pois non son mais que unha cousa que pensa, e en último termo, preséntase en min aínda en contra
da miña vontade.
Recurrindo de novo a súa teoría da realidade obxetiva (contido) das ideas, afirma Descartes
que esas ideas deben proceder dalgunha sustancia distinta de min memo, na cal esté contida toda a
realidade que está obxetivamente nas ideas.
Pois esta sustancia pode ser ou ben un corpo ou ben Deus. Pero resultaría falaz que Deus me
enviara esas ideas, pois non me otorgou ninguna facultade para coñecer que ditas ideas fosen
enviadas por algunha criatura mais noble que os corpos, e sime deu unha forte inclinación a creer
que ditas idea son enviadas polas cousas sensibles. Xa que Deus existe e é infinitamente bó e veraz,
non pode permitir que me engane ó creer que o mundo existe, logo o mundo existe. Así en virtude
da súa veracidade, convírtese na garantía de que ás miñas ideas corresponde unha realidade
extramental. Logo a partir da existencia de Deus é demostrada a existencia do mundo.
Descartes probou a existencia das cousas corporeas, pero ¿estas cousas son tal como as
percibimos? segundo Descartes, o único que cabe afirmar, como realmente existente nos corpos é o
que percibimos neles con claridade e distinción, é dicer, aquelo que é obxeto da xeometría
especulativa, estase referindo á extensión, o movemento, a figura. En conto ó son, a luz, a cor, non
son percibidos con claridade e distinción, e non existen nos corpos senón no suxeito. É evidente que
Descartes asume a distinción de Galileo entre cualidades primarias ou matematizables e cualidades
secundarias ou subxetivas. Temos polo tanto a Tª das sustancias de Descartes.
O concepto de sustancia é un concepto fundamental en Descartes e a partir del en todos os
filósofos racionalistas. Sustancia "é aquelo que existe de tal modo que non necesita de ningunha
outra cousa para existir". Tomada esta definición nun sentido estricto, só podería existir unha
sustancia, a sustancia infinita (Deus), xa que os seres finitos son creados por él. Pero esta definición
mantense polo que se refire á independencia mútua entre a sustancia pensante e a sustancia extensa,
que non necesita a unha da outra para existir.
As sustancias creadas teñen propiedades esenciais e accidentes. A propriedade esencial que é
exclusivamente unha en cada sustancia, chámase atributo e as propiedades accidentais modos .
Sabemos que hai duas realidades coñecidas que non se poden reducir a unha na outra e ás
cais podense reducir tódalas demais: a extensión e o pensamento. Haberá, pois, duas sustancias:
aquela cuio atributo definitorio é o pensamento e aquela cuio atributo definitorio é a extensión. Á
primeira a chama Descartes res cogitans e a segunda res extensa. Descartes distingue dous "modos"

15
HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC FICHA CURRICULAR IV DESCARTES/HUME/LOCKE

xerais do pensamento ou res cogitans. A percepción (polo entendemento): sentir, imaxinar,


concebir... e a determinación (pola vontade): desexar, odiar, dubidar, afirmar... . Os modos da res
extensa son a posición, a figura, etc.
O obxetivo último do pensamento de Descartes. ó afirmar que a alma (pensamento) e o
corpo (extensión), constitúen sustancias distintas, e salvagardar a autonomía da alma respeito á
materia, e esta autonomía xustifícase na claridade e distinción co que o entendemento percibe a
independencia de ambalas duas.
Aínda que estas sustancias sexan independentes, no home están unidas de forma accidental.
Polo tanto, para Descartes, o corpo e a mente teñense que comunicar e esta comunicación dáse a
través da glandula pineal, que é a sede da lama e está situada na nuca, e os espíritus animados que
levan a información do corpo e a alma e da alma ó corpo.
Deus somente garante a existencia dun mundo constituido exclusivamente polas ideas claras
e distintas de extensión, movemento e figura (cualidades primarias). Será precisamente a partir
destas ideas polas que segundo Descartes pode deducirse a física, que constitúe unha interpretación
mecanicista da natureza. Pero ¿en que consiste o Mecanicismo?.MECANICISMO
Descartes concibe o mundo a modelo da máquina, nesto coincide co mecanicismo da súa
época. Pero a materia para Descartes é extensión (res extensa); o cal ten as seguintes consecuencias:
- Non existen partículas indivisibles (átomos) xa que non se concibe que a extensión non poida
dividirse indefinidamente.
- Non existe vacio, senón que está cheo de materia.
- Non só se eliminar as "cualidades secundarias" (olor, cor, ...) senón tamén o peso e calquer
principio activo interior ás cousas.
Todo movemento se explica por contacto nun interior dun espacio cheo. Recurrindo a Deus
para explicar a orixe do movemento.
Así pois, a máquina do mundo non se move en virtude de pricipios activos internos (non hai
forzas nin nada parecido) nin por unha recaida no vacio (non hai vacio) ¿Por qué se move? a esta
pregunta acerca da cousa do movemento Descartes contesta así:
1.- Deus é a primeira causa do movemento, e conserva sempre a mesma cantidade de movemento
no mundo. Deus, pois, creou a materia con movemento e repouso, e conserva esta mesma cantidade
de materia-movemento-reposo sempre. Tal conservación dedúcese da inmutabilidade divina: Deus
non cambia e tampouco modifica a súa obra.
2.- Da mesma inmutabilidade derívanse as tres leis da natureza. Según Descartes son "As causas
segundas de todos os movementos" e fundamentase na inmutabilidade divina:
1ª Lei da natureza: cada cousa permanece no estado en que se encontra, si nada cambia.
Formúlase así o principio de inercia.
2ª Lei da natureza: Todo corpo que se move tende a continuar o seu movemento en liña
recta.
3ª Lei da natureza:Chámaselle lei da conservación do movemento (xa que este non se
perde senón que se transmite).
Ó estar o espacio cheo de fragmentos de materia, calquer desplazamento orixina
movemento, e aínda que os corpos tendan nun principio a moverse en línea recta, forman un anel de
corpos que se moven xuntos. Así explícase como Descartes concibe o universo composto por un
conxunto de torbellinos que se tocan entre sí e son de distinto tamaño.
Esta explicación mecanicista é tamén aplicada ós organismos, concebidas como máquinas
moi complexas. (Inspirado no descubremento da circulación sanguínea de Harvey) pero
considerando que o sangue non o bombea o corazón, senón o calor vital que reside nel.
Explicao desta maneira no "Discurso V":
"O que hai máis notable en todo esto é a xeneración dos espíritus animais, que son como un

16
HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC FICHA CURRICULAR IV DESCARTES/HUME/LOCKE

sutilísimo vento, que ascende continua e abundantemente do corazón ó cerebro, e corre logo polos
nervos ós músculos, e pon en movemento todos os seus membros".
Así Descartes rexeita calquer tipo de alma vexetativa para explicar a vida: os animais son
máquinas.
DUALISMO MENTE-CORPO
A Tª da Sustancia maniféstase problemática cando se aplica ó home, ser composto de alma e
corpo, de extensión e pensamento.
Para Descartes, o ser humano é unha cousa que pensa, xa que do único do que estou certo é
de que existo; podo dubidar do corpo, podo dubidar do mundo, pero non do meu pensamento: polo
cal o pensamento e corpo son cousas distintas, xa que, aquelo do que dubido non pode ser igual que
aquelo do que non dubido.
Pero o pensamento non só é distinto do corpo, senón que existe aínda que o corpo non
exista, xa que existe sin necesidade de corpo. Polo tanto a sustancia pensante á que chamamos alma
é independente do corpo.
¿Que pretende Descartes con esta independencia? trata de defender a liberdade do home,
liberando a alma da concepción mecanicista do mundo. Así afirma que a alma está nunha esfera
autónoma e independente da materia.
Así, para Descartes a persoa estaría composta de dúas sustancias diferentes. A saber, un alma
espiritual, cuia esencia (atributo) é o pensamento, e un corpo, cuia esencia (atributo) é a extensión.
A alma sómente pensa, mentras que o corpo é representado como unha máquina rexida polas leis da
mecánca, a extensión, o repouso e o movemento.
Agora ben, ó suliñar a distinción entre alma e corpo como dúas sustancias con atributos
irreductibeis e opostos (pensamento e extensión) ¿como é posible a comunicación entre elas?.
A pesar de estar separadas están unidas por "eu" que as une: Así, o mesmo eu que pensa
tamén sufre ou sinte dor cando o corpo é golpeado, ou fala, ou medra,... ¿entón como establece esta
unidade?.
Para resolver este problema, que é común a tódolos racionalistas, Descartes recurreu a
establecer axentes intermediarios entre o corpo e alma que denominou espíritus animais.
(espíritus animais: Forzas mecánicas que actúan no corpo e que serían como un sutílisimo
vento que ascende do corazón ó cerebro).
¿Pero donde se produce esa unidade?. Aínda que a alma está en todo corpo, reside dun modo
especial na glándula pineal do cerebro, desde alí rixe e goberna o corpo; nesta rexión recibe tódalas
mensaxes que os espíritus animais leven do corpo á alma e da alma ó corpo, realizando esta dobre
circulación realízase así a unión entre as dúas.
Así pois, esta interacción ou influencia mutua supón que a unión mente-corpo cartesiana non
sexa tan accidental como a platónica.
O problema da relación ou comunicación entre as sustancias foi un tema común ós filósofos
racionalistas.
Malebranche: Só Deus pode explicar a relación mútua entre a alma e o corpo. Si a alma
quere mover ó corpo, é Deus quen move o corpo con ocasión do desexo da alma. Si a alma percibe
algo, é Deus quen produce esa percepción con ocasión da afección correspondente no corpo. Esta
explicación denomínase Ocasionalismo.
Spinoza: O problema da comunicación das sustancias resólvese fácilmente xa que mente e
corpo son unha mesma cousa (unha única sustancia), que se percibe baixo o atributo do pensamento
ou baixo o atributo da extensión. Ó haber unha única sustancia, a cada cousa correspóndelle unha
idea, e esa idea é a alma. Ou mellor dito: cada cousa é extensión e alma ó mesmo tempo.
Leibniz: Aplica a Tª da "Harmonía preestablecida" coa que explica a relación das mónadas
co resto do universo ó problema da comunicación das sustancias ou relación alma-corpo.

17
HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC FICHA CURRICULAR IV DESCARTES/HUME/LOCKE

Éstas, non son sustancias independentes que se influencianse mútuamente mediante a


glándula pineal, tal como defendía Descartes, nin tampouco están constantemente intervidas por
Deus, como postulan os Ocasionalistas, senón que desde un principio Deus establecería unha
"harmonía preestablecida" entre ambas sustancias, que concordarían con perfección e exactitude,
como dous reloxos que marchan perfectamente acordes. Ó concebir a natureza como unha
pluralidade de sustancias inmateriais e activas chamadas mónadas; Leibniz supera o dualismo
cartesiano (incapaz de explicar o paso das particulas materiais a cualidades inmateriais e viceversa)
non mediante a eliminación ou ben da materia ou ben do espíritu, senón dotando á materia de
realidade espiritual.
A teoría dualista de Descartes tamén será fortemente criticada pola filosofía analítica do s.
XX. Así, destaca a crítica de G. Ryle consistente en afirmar a existencia de certos erros categoriais ó
dividir ó home en dúas realidades distintas: mental e física.

XUIZO CRÍTICO SOBRE DESCARTES


Si ben Descartes comenza a era da primacía do suxeito sobre o obxecto, a conciencia sobre
o ser, a epistemoloxía sobre a ontoloxía, a liberdade de pensamento, etc. Hai que ter en conta:
1.- Descartes quédase pechado no seu cogito e non sabsair del: comenza a confiar nas ideas
claras e distintas, pero encontrarse coa existencia de Deus, e das realidades extramentais, xa non
confía neste criterio de certeza senón na veracidade de Deus.
A preconizada autonomía de pensamento queda sofocada pola teoloxía. Non avanzamos
nada xa que as nosas ideas claras e distintas veñen de Deus.
Esto ven determinado porque cecais non dubide de todo: deixa aparte a súa fé e as creencias.
2.- Toda a verdade se apoia no suxeito pensante ¿pero cómo afirmar a realidade extramental?
Descartes para sair do suxeito pensante acude a Deus, polo tanto non é capaz de construir unha
filosofía á marxe destas creencias.
3.- A pesar de todo, hai que recoñecer que a Descartes debémoslle agradecer o novo rumbo
que vai tomar a filosofía a partir del. A partir de Descartes vaise valorar máis o suxeito que o
obxecto, e por suposto valórase a autonomía do pensamento do home, como síntoma claro de
modernidade.

18
HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC FICHA CURRICULAR IV DESCARTES/HUME/LOCKE

EMPIRISMO

En sentido xeral, empirista é todo sistema filosófico que atribúe á experiencia un papel
fundamental. Aínda que empirismo é un térmo amplo que abarca autores anteriores á época
moderna (Aristóteles, Sto. Tomás, ...) nun sentido estricto referímonos ó Empirismo Moderno, ou
tamén denominado Empirismo inglés. Dos que se poden resaltar a Locke, Berkeley e Hume.
John Locke (1632-1704):
Locke afirma que todas as ideas proveñen da experiencia, o problema está na orixe desas
ideas, como forma a mente esas ideas.
Pero ¿qué é a idea?. Idea é "Todo aquelo que coñecemos ou percibimos" polo tanto, tanto
pode ser unha noción abstracta, como a cor, o olor, o tamaño, etc.
As ideas poden ser:
- Simples: Son as sensacións inmediatas: cor, olor, ... e poden provir:
- Da Sensación, é dicer, da experiencia externa:
- Das Cualidades Primarias: tamaño, figura, ...
- Das Cualidades Secundarias: olor, color, ...
- Da Reflexión, é dicer, da experiencia interna: é o coñecemento que a mente humana ten
dos seus proprios actos.
- Complexas: Son elaboradas pola mente humana, por reflexión, relacionando e combinando as
ideas simples. Entre estas ideas está a de:
- Sustancia: é unha colección dun certo número de ideas simples consideradas como unidas.
Non só suxeito, p.ex: a mesa: eu percibo un conxunto de sensacións (cor, tamaño, forma,..) pero
esas sensacións non son a mesa. Supoñamos que debaixo desas cualidades hai algo que serve de
soporte. A sustancia é incognoscible, é unha necesidade psicolóxica.
George Berkeley (1685-1753)
Tenta a partir de certas incoherencias de Locke, sacar conclusións:
Locke dí: - Idea é todo o que percibimos ou coñecemos. Logo só coñecemos as ideas.
Locke= Descartes.
- As nosas ideas son representacións da realidade exterior.
Berkeley dí: Si non coñezo a realidade exterior, senón só a idea ¿cómo podo afirmar que a idea é a
representación desa realidade? coñecemos ideas (sensacións...) pero tamén coñecemos as cousas (a
silla...) logo, as cousas son ideas, o ser das cousas é o ser percibidas: o ser das cousas agótase nese
ser percibidas .
Logo a única realidade é a mente que as percibe, pero ¿de dónde as percibe? non das cousas
senón de Deus. Deus imponnos esa percepción; p.ex: sempre, que miro, vexo esta mesa. Pero non
porque esa sustancia material sexa algo, senón porque Deus fai que eu teña esa percepción.

David Hume e o fenomenismo (1711-1776)


Obras: "Tratado da natureza humana", "Investigación sobre o entendemento humano",
"Investigación sobre os principios da moral", "Diálogos sobre a relixión natural".
O problema que se prantexa:
Hume pretende contribuir ó avance do coñecemento, fundamentado sobre toda a seguridade.
Esto só pode conseguirse construindo a ciencia da natureza humana. Para elo:
- Coñecemento: Hai que estudar o coñecemento humano: o alcance e a validez, que
posibilidades de coñecemento ten...
- Ideas: Hai que estudar a natureza das ideas que empregamos porque nelas fundaméntase o
noso coñecemento.
- Fundamento: Hai que facelo todo con un fundamento novo; o método experimental. Hai

19
HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC FICHA CURRICULAR IV DESCARTES/HUME/LOCKE

que trasladar o método empregado por Newton na ciencia, (físico-matemático) ás ciencias do home.
- Experiencia: Hai que basear o coñecemento na experiencia e na observación: o ámbito da
experiencia humana.

Coñecemento:
Para Locke todo aquelo que coñecemos ou percibimos é unha idea (p.ex: a cor, a dor).
Hume divide os contidos do coñecemento en dúas clases:
- Impresións: É o coñecemento por medio dos sentidos.
- Ideas: Son as representacións ou copias das impresións no pensamento. P.ex: estou
percibindo esta clase: paredes, encerado, mesas, ... (Impresións). Agora pecho os ollos e sigo
imaxinando a mesma clase: estou percibindo o mesmo pero con menos viveza. A primeira é unha
impresión, a segunda é unha idea.
Tanto as impresións como as ideas poden ser:
- Simples: Non admiten distinción nin separación; a cor azul e a idea de azul: Son as de
maior valor cognoscitivo.
. Complexas: Cando se poden separar: Si admiten distinción dentro delas (mazá: varias
cores, forma, tamaño, peso, etc) poden dividirse en partes.Non teñen porque ter conexión direta con
ningunha impresión.
Relación entre impresións e ideas
- Semellanza: Entre as impresións e ideas simples hai unha gran semellanza. Nas Complexas non
sempre se da esa semellanza, p.ex: non tiven impresións dunha Xerusalén nova.
- Orixe: A idea ten orixe na impresión. As impresións simples preceden as súas correspondentes
ideas, e non ó revés, p.ex: para ensinarlle a un neno a idea da cor vermella, preséntolle un obxecto
vermello.
¿Cal vai ser o criterio e o límite do noso coñecemento? As impresións, así critica todo
concepto metafísico.
Tipos de coñecemento:
A) Por relacións entre ideas:
Aínda que todas as ideas teñen o seu fundamento nas impresións, podemos ter coñecemento
das ideas sin necesidade de recurrir a impresións. P. ex: "o todo é maior que a parte". Prescindindo
que haxa en realidade todos e partes, esta proposición será sempre verdadeira. A relación entre as
ideas é independente dos feitos. Estas formulacións chámanse analíticas. A este tipo de
coñecemento pertencen a lóxica e as matemáticas.
B) Por coñecemento de feitos:
Ademais do coñecemento que temos como relación entre as ideas, temos outro coñecemento
de feitos baseado nas impresións (coñecemento desta habitación, desta rúa, etc).
Pero con estos dous modos de coñecer ¿coñecemos a verdade? só hai un modo de sabelo:
unha idea é verdadeira si provén dunha impresión; é falsa, si non procede de impresións.
A toda idea tenlle que corresponder unha impresión: si non hai correspondencia, hai
falsedade. O coñecemento non ten outra base que as impresións: esto fainos reflexionar sobre o
ponto fundamental na filosofía de Hume: a causa.
O problema da causalidade
Temos visto, como según Hume, o noso coñecementos de feitos queda reducido ás
impresións:
- Actuais: P.ex: esta clase.
- Pasadas: P.ex: o recordo da miña casa.
Pero non podemos ter coñecemento de feitos futuros, porque non podemos ter impresións
dun feito que todavía non ocurreu. Non obstante, na nosa vida falamos con certeza de feitos que van

20
HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC FICHA CURRICULAR IV DESCARTES/HUME/LOCKE

suceder no futuro, p.ex: - Si poño a auga no lume, quentase


- Si chove, logo mollome.
Afirmando ademais o seu nexo causal , p.ex: o lume é a causa de que ferva a auga; a auga é
a causa de que me molle.Facemolo según Hume sobre a base das tres leis de asociación de ideas:
Semellanza(p.ex: un retato e a pesoa retratada) Contigüidade (Vemos un raio e vennos a mente un
lóstrego ) Causalidade (a idea de lume fainos pensar no calor).
Si o criterio de verdade consiste en saber si a esa idea correspóndelle unha impresión; e
neste caso non podo ter impresión de un feito que todavía non ocurriu ¿Cómo podemos estar
seguros desta verdade? vimos que despois de por a auga ó lume, ferve, pero ¿sucederá sempre así?
o que afirmamos como causalidade necesaria ¿é así?. Si o noso coñecemento non pode ter
impresións de futuro, entón tampouco teremos impresións da conexión necesaria entre o lume que
quenta e a auga que ferve.
Do pasado somente observamos a sucesión constante entre un fenómeno e outro. Temos
experiencia desto, sempre que chove móllome; sempre que me arrimo ó lume, quéntome ou
quémome, é dicir, que sempre que sucedía o primeiro feito, sucedía o segundo. Esta sucesión é a
que observamos, pero o que non observamos é a relación necesaria entre unha cousa e a outra; non
temos experiencia de que o segundo feito fose causado por un primeiro , P.ex: que á noite segue o
día e viceversa, que cada vez que solto un obxecto cae ó chán.
É unha sucesión constante que fai que ó primeiro feito tendamos a chamarlle causa e o
segundo feito tendamos a chamarlle efecto. Pero esta relación é arbitraria, e Hume para ilustrar esta
arbitrariedade nos pon o exemplo do movemento da segunda bola do billar. A suposta causa deste
movemento, choque entre as dúas bolas, é arbitraria, xa que podería derivar en efectos distintos,
p.ex: que as dúas bolas queden en reposo, que a primeira bola volva o seu ponto de partida. Por eso,
a conexión causa-efecto non parece necesaria, polo que do futuro non se pode establecer a conexión
necesaria de que a partir da mesma causa se deriven os mesmos efectos. Entón do futuro só
podemos afirmar a creencia, así a certeza provén do hábito, o costume que temos de ver un
fenómeno despois doutro fai que afirmemos con certeza, pero esa certeza non provén do
coñecemento, senón do costume. Así, conclue Hume que non se pode afirmar o principio de
causalidade. Ésto xenera un problema, si eu non podo afirmar ningunha cousa da que non teño
impresión ¿qué pasa con Deus, o mundo, eu? é aquí cando aparece o problema das sustancias.
A sustancia é un concepto o que non lle corresponde ningunha impresión, polo tanto a nosa
idea de sustancia do eu, do mundo, de Deus non corresponde impresión algunha.
Mundo:
Locke xustificaba a realidade do mundo como realidade extramental e a causa das nosas
impresións.
Hume o único que pode afirmar é que "teño unha impresión" pero non podo afirmar que a
miña impresión corresponda a unha realidade exterior. A realidade está máis alá das impresións, si o
afirmo estou deducindo unha cousa da cal teño impresión.
Deus:
Locke, Berkeley afirmaron a existencia de Deus desde o principio de causalidade.
Hume negao: de Deus non temos ningunha impresión e non hai nexo causal entre as
impresións e Deus (Deus está máis alá das nosas impresións).
Agora ben, ¿de dónde proveñen esas impresións?
Locke: do mundo exterior
Berkeley: de Deus
Hume: non o sabemos; non temos máis coñecemento que as nosas impresións. É un
escepticismo total.
Eu:

21
HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC FICHA CURRICULAR IV DESCARTES/HUME/LOCKE

Descartes: A realidade do Eu como sustancia distinta dos nosos pensamentos, por intuición
inmediata: "Penso, logo existo". Pero Hume o debe negar:
- Só temos intuicións das nosas impresións.
- O "Eu" ou "persoa" non é unha impresión: É aquela que se supón como suxeito o que se
refiren as nosas impresións.
- As nosas impresións non son constantes senón variables: unha impresión sucede a outra
polo tanto, non existe e eu como sustancia distinta das nosas impresións. O “eu” ou sustancia
pensante non é máis que unha colección de impresións.
Conclusión:
- A realidade é puramente fenoménica
– Non sabemos nada máis: daí o escepticismo que leva consigo.

Ética en Hume
Para Hume a moral ocúpase dos xuizos morais: un xuizo moral nos indica que: matar é mao,
axudar ós demais é bó, etc...
¿Cal é o fundamento destos xuizos? desde os gregos respondíase que o fundamento estaba
na razón. Para Hume a razón non é o fundamento dos xuizos morais porque:
- Os xuizos morais determinan o noso comportamento: cando decimos que tal acción é boa,
esa afirmación chámanos a realizar esa acción.
- A razón non pode determinar o noso comportamento. O coñecemento intelectual non pode
determinar que nós fagamos unha acción ou a evitemos; xa que o coñecemento ou ben son
relacións entre ideas ou ben de feitos.
- O das relacións entre ideas, p.ex: as matemáticas, por sí mesmo non impulsan a realizalas
non é xuizo, o xuizo faise no interior dun mesmo.
CONCLUSIÓN:
A razón non é o fundamento dos xuizos morais. Entón ¿en qué consiste a moralidade? en
sentir máis que xulgar. Un xuizo moral está fundado no sentimento. Sentimos pracer ou satisfacción
ante unha acción virtuosa e malestar ou dor ante unha viciosa, e deste modo a aprobamos ou
rexeitamos.

22
HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC FICHA CURRICULAR IV DESCARTES/HUME/LOCKE

AS TEORIAS DO CONTRATO SOCIAL:HOBBES E LOCKE


Hobbes (1588-1679)
Tanto Hobbes como Locke sitúan a orixe do poder nas persoas e derivean a estructura política do
contrato social.Exporán xunto a Rousseau as sua concepcións a partir dun hipotético estado de
natureza, previo á sociedade. Pero na sua obra o Leviathán expón que nesa hipotética situación sin
Estado nin autoridade común, Hobbes non imaxina ningunha sociabilidade natural que nos poida
levar á convivencia. Nesta situación estariamos nun estado de guerra de todos contra todos. Neste
estado parece dificil a conservación da vida polo que os homes buscan a paz e establecen un
contrato social. O contrato social funda o Estado, pero para que este contrato sexa efectivo a cesión
do poder debe ser absoluta e irrevocable. Só así queda conxurada a tentación de recuperar o poder
individual cando cre que algo lle resulte máis beneficioso. Por iso Hobbes, defende un Estado
absolutista, sin separación de poderes, xa que nada incluida a Igrexa debe escapar o poder do
soberano.Hobbes xustifica a necesidade dunha autoridad absoluta baseandose na natureza egoísta
do ser humano. Si o Estado non controlase as tendencias dos individuos o Estado dexeneraría en
anarquia. Por iso hai que rendirse o Estado todopoderoso que Hobbes chama Leviathán

Outras teorias da época


Robert Filmer Escribiu o libro “El patriarca” que defende a orixe divina do poder do rei como descendente
de Adán.
James Harrington. Escribiu o libro Oceana donde defende un sistema republicano donde ademaís da
Asemblea houbese un Consello de Estado que fixera funcións do goberno. Defendiu xunto con John Milton
e Sidney a dictadura republicana de Cromwell (1649-1660)

LOCKE E A TEORIA DO CONTRATO SOCIAL E O ESTADO DE NATUREZA COMO


FUNDAMENTO DO NOVO ESTADO BURGÚES
Fronte outros autores como Descartes ou Hobbes o interese de Locke non vai ser científico
politico, senón un interese político moral. Si ben no ámbito do coñecemento nega a existencia de
ideas innatas as súas ideas políticas descansan na profunda convicción de que o poder político
procede da razón natural. Non hai ideas innatas, pero si dereitos innatos.
O Estado político responde á necesidade de que os dereitos naturais se cumpran. Debe esixir a súa
obediencia como condición da paz civil, pero non impoñer crenzas. O que as persoas cren no seu
interior e exclusivamente obxecto do xuízo de Deus. Con esta distinción entre comportamento
público e crenzas privadas entra en escena o liberalismo que, xunto ao socialismo, chegará a ser a
ideoloxía política máis influente nos países capitalistas. O punto de partida do pensamento de
Locke é, pois, simple: os fins da vida humana veñen dados por natureza e a sociedade e o Estado
son os medios que a razón desenvolve para cumprilos.

Teoria do contrato social


Locke ten unha visión distinta do ser humano e da sociedade de autores que como Hobbes parten
de posicións mecanicistas.
Desenvolve como Hobbes a ficción dun estado previo á sociedade. Pero que mentras Hobbes
preséntanos ó home coma unha simple máquina dirixida polas paixóns para Locke aínda que o
home está dirixido polas paixóns e os desexos é un individuo dotado de razón e de conciencia, que
por medio da lei natural (moral) é capaz de regular á convivencia.. É dicir, está dotado dunha razón
natural que non procede da experiencia que permítelle distinguir o que é bó do que é malo.
Pero a razón natural non é a única lei, coexiste con outras leis de orixe social que poden non
coincidir ca razón natural.Daqué dedúcese que ó coexistir varias leis pódese elixir, e polo tanto hai
que discutir as leis que hai que obedecer, esta situación fai que neste estadio previo non se garanta
nin a seguridade nin a propiedade. O único modo de evitar esta consecuencia e poñerse dacordo

23
HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC FICHA CURRICULAR IV DESCARTES/HUME/LOCKE

entre todos sobre cales son as leis que hai que obedecer. Isto é do que trata a teoría do pacto social.
A teoria do pacto social exponse nos dous Tratados sobre o goberno. O primeiro está dedicado a
negar a defensa do dereito divino dos reis. Pretende rebatir o argumento de que os homes non son
libres por natureza e que a diferenza entre os que mandan e os que obedecen é unha diferenza
natural. Os argumentos en contra desta tese aparecen mellor desenvolvidos no segundo tratado e
por iso as exposicións do pensamento político de Locke refírense a este.

Estado de natureza
É un estado no que os homes viven en perfecta liberdade, cada un goberna as súas accións e dispón
dos bens e das persoas como xulga oportuno, sen máis límite que a lei da natureza. É tamén un
estado de igualdade porque non hai un superior ao que apelar e no que os homes viven e dirimen as
súas diferenzas mediante a razón, a cal lles dita que todos os homes son iguais, que ninguén debe
danar a outro, nin quitarlle a súa liberdade ou os seus bens.
Mentras que para Hobbes o dereito natural de todos a todo só atopa límite no poder de cadaquén, da
sua forza ou da súa astucia, para Locke non hai dereitos de todos a todo: a lei natural prohibe
matar, violar e roubar.. É un límite anterior á existencia das leis políticas que, polo tanto, obriga con
independencia do soberano político. Nesta formulación da lei natural está a idea de que no século
XVIII se chamarán Dereitos Humanos. Os dereitos naturais que rimeiro dita a razón natural son o
dreito á vida e á propiedade.

Teoría da propiedade
O dereito á vida esténdese ao dereito ás cousas necesarias para conservala. A razón mostra
que a terra e as cousas que hai nela son necesarias para a conservación da vida, polo que conclue o
dereito á propiedade da terra e das cousas. O traballo é o modo en que o home se apropia das
cousas que necesita para vivir. A lei natural establece o dereito natural aos bens necesarios para
conservar a vida os cais se obteñen mediante o traballo propio. Non dá dereito a posuír máis bens
dos que se necesitan nin máis bens dos que se poden traballar coas máns.
Esta concepción do traballo abre unha fenda sobre a tradición do pensamento político occidental.
Na antigüidade o traballo era unha actividade de escravos. Os señores medievais facian a guerra e
oraban pero non traballaban. A igualdade natural baseada no traballo de Locke impide toda
xustificación da escravitude e de diferenza social en termos de diferenza natural.

O pacto social
A vida libre do estado natural está sometida á necesidade, pola forza da necesidade os homes
asócianse de modo natural na familia e nas tribos. Logo, a sociedade política é tamén resultado da
necesidade porque aínda que no estado de natureza non hai autoridade común que actúe como
autoridade suprema e todos poden actuar conforme a súa razón natural, non todos actúan conforme
á razón natural (p.ex non todos repectan a igualdade, nin a propiedade, a vida é a saúde dos demais).
Por iso é necesario unha lei escrita que explicite a lei natural, que sirva de marco no que se poidan
dirimir conflitos e manter a paz.
A lei escrita ten que ser coactiva (nesto coincide con Hobbes) e dispoñer da forza suficiente para
que se cumpla. Pero diferenciase déste de que para Locke a lei escrita non é a primeira lei que
obriga ós homes, senón un medio para que a lei sexa máis eficaz.
Liberalismo politico
A lei política é unha lei que busca os mesmos fins que lei natural, a saber, a conservación da vida e
da propiedade. Polo tanto, o poder político é tamén o poder de facer as leis: poder lexislativo. De
todos modos non se convirte en poder absoluto dado que o seu mandato son os fins da razón
natural. ¿Que sucede cando os gobernantes non cumpren ese mandato? Que os cidadáns teñen o

24
HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC FICHA CURRICULAR IV DESCARTES/HUME/LOCKE

dereito a desobedecelos e incluso a derrocalos.


Dereito de resistencia
Se o poder lexislativo promulga leis arbitrarias, non se reúne cando cómpre, non delibera
libremente, ou cando cambia contra os intereses do pobo o sistema de elección, o seu poder se dilúe.
Do mesmo xeito se o executivo non fai cumprir as leis a rebelión queda xustificada, dado que o
poder político debe basearse no consentimento e que as accións dogoberno sexan en interese de
todos, non dos que gobernan. O poder político ten unha soberania limitada e está sometido á lei
natural.
Tolerancia
Outra vertente da limitación do poder político é a tolerancia . O soberano non ten poder sobre as
crenzas relixiosas dos cidadáns, Estas, ao contrario que o dereito á vida e á propiedade, non son de
interese común. O que é común, é que todos poidan libremente practicar a súa relixión. Desta
liberdade de culto quedan excluidos os ateos e os católicos, porque según Locke, os ateos ó negar
a Deus negan as leis morais e ós católicos porque xustificaban a intervención dun goberno
estranxeiro(estado pontificio). Ata o século XIX os ateos non puideron testemuñar nos tribunais
británicos, porque a súa palabra carecía de confianza.
Liberalismo e democracia
Respecto das formas de goberno non fai unha formulación moi precisa. Haberia un pacto que
otorga poder a un soberano que debe garantir a lei natural, os dereitos á vida e á propiedade
individual, pero non desenvolve ningunha arquitectura constitucional. Dá primacía ó poder
lexislativo e subscribe sen definir a división de poderes. Ainda que tampuco está definida a
elección dos lexisladores decantábase por un sistema de representantes.
Locke propón unha teoría de democracia representativa como modelo de goberno pero aínda sen
desenvolver o carácter de representación dos cidadáns no goberno. Fundamentalmente céntrase en
que o poder se fundamenta no consentimento do pobo frente ó absolutismo, pero nesa època non
se desenvolvera a esixencia de sufraxio universal.
Daquela o liberalismo non estaba asociado á democracia, senón que farase máis tarde no século
XIX, cando se fale de democracia liberal.
Tanto o pensamento de Hobbes como o de Locke van a ter influencia non só en pensadores
posteriores como os ilustrados franceses (Rousseau ou Diderot) ou os utilitaritas (Bentham e Mill)
senón tamén en cambios sociais como a Revolucion Francesa ou a Constitución dos Estados Unidos
de América.
En consecuencia,Locke admite que a cesión de poder recaiga nunha soa persoa ou nunha minoria
oligárquica, pero os seus prantexamentos decántanse por unha monarquía parlamentaria. Este poder
fundamentase nun pacto que ademais de poder desfacerse inclue unha limitación máis no poder dos
gobernantes: a división de poderes. Sin chegar a tripartición de poderes á que chegará Montesquieu
medio século más tarde establece a división entre poder executivo (que recae no goberno) e poder
lexislativo (que recae no Parlamento).
Liberalismo e capitalismo
No século XIX, o liberalismo asociouse co principio capitalista da primacia do mercado, isto é, dos
dereitos de adqusisición mediante o mercado sobre os dereitos de apropiación mediante o traballo.
A propiedade adquirida mediante o mercado é potencialmente ilimitada. Mentres que o que se
adquire polo traballo é limitado. O paso desde a concepción de Locke ata os liberais do século XIX,
marca un treito, no que o dereito á propiedade privada de todos é condición para a paz civil, e
daquela condición de igual liberdade, pasa a ser, nas condicións da economía de libre cambio,
condición de expropiación e opresión.
A teoría política de Locke baseábase nunha teoría da propiedade contraria a acepatada durante a
Idade Media. Daquela non se aceptaba a apropiación dos bens por riba do necesario para a

25
HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC FICHA CURRICULAR IV DESCARTES/HUME/LOCKE

conservacion da vida. O préstamo considerábase usura a partir dunha porcentaxe do sou ou tres por
cento.Pero o desenvolvemento do mercantilismo no século XVII proporcionou a base para unha
nova idea da propiedade.Locke toma o mesmo punto de partida: a terra e os seus bens son
outorgados por Deus aos seres humanos, pero as suas conclusións van ser distintas.Locke afirma
que a primeira propiedade dunha persoa é a propiedade de si mesma e, polo tanto, do seu propio
traballo.Ninguén fora da propia persoa ten dereito sobre el , sobre o traballo do seu corpo e sobre a
obra que este traballo produce.Este traballo realízase sobre a base común dos bens da terra, de tal
xeito que os individuos apropianse de parte do que é común , coas únicas limitacíóns de deixar
algunha parte destes bens para os demais (pois todos os individuos teñen dereitos á súa
conservación), e de non desaproveitar ningún destes bens. Polo tanto, Locke non considera a
propiedade adquirida pola mediación do mercado como dereito natural. Nin en xeral os dereitos
adquiridos pola mediación do mercado como un dereito superior a protexer polo Estado sobre
calquera outro.
Para o liberalismo orixinario de Locke, non era o mercado o que marcaba os fins dos seres
humanos, senón a lei moral e, en última instancia Deus. As institucións sociais son para el
artefactos que a razón e a experiencia dos homes idearon para cumprir mellor cumprir eses fins. O
caso é que este liberalismo de base relixiosa vira no século XIX cara o utilitarismo de Bentham e
Mill e substitúe o concepto de fin da vida humana polo concepto de progreso importado da ciencia
natural. Locke confiaba en Deus e estoutros autores confian no capitalismo.
John Locke: (1632-1704) En 1690 publica as suas obras máis importantes Ensaio sobre o
entendemento humano e Dous tratados sobre o goberno civil. Logo do triunfo da Revolución
Gloriosa de 1688 que trouxo a Guillermo de Orange no trono de Inglaterra e para o cal Locke
colaborou.

26
HISTORIA DA FILOSOFIA 2º BAC FICHA CURRICULAR IV DESCARTES/HUME/LOCKE

27

You might also like