You are on page 1of 5

UNIDADE 1: OS FILÓSOFOS PRESOCRÁTICOS culturas e formas de vida.

(A ORIXE DO SABER FILOSÓFICO) 2. O pensamento prefilosófico grego: o mito

I. A orixe da filosofía: do mito ao logos Antes do nacemento da filosofía os gregos —como calquera outra
cultura— fundamentaban a súas explicacións nos mitos. Os mitos son
explicacións fabulosas do universo e dos acontecementos que non poden ser
cuestionados e que fan depender a vida dos homes da intervención e o
capricho dos deuses. O mito é unha forma de pensamento que ten as
seguintes características:

1) Os mitos tratan de dar unha explicación definitiva e última acerca da


orixe da realidade.
2) Os mitos caracterízanse por personificar as forzas naturais.
3) Os mitos recoñecen unha ampla marxe para a arbitrariedade nos
acontecementos naturais.
4) Os mitos dependen da autoridade que lles presta a tradición.
Ágora ateniense

1. Contexto político e cultural no nacemento da filosofía A filosofía xorde, precisamente, cando pensadores gregos, no século VI a.
C., abandonan as explicacións míticas e relixiosas, e empezan a pensar a
A partir do século VII a.C. tivo lugar unha ampla transformación na natureza sobre a base de causas inherentes a ela mesma, sobre a base de
sociedade grega que propiciou a aparición da reflexión filosófica: principios autónomos. Este paso, no que se substitúe a explicación mítica (o
mito) pola explicación racional ou filosófica (o que en grego se denomina co
1) Desde o punto de vista económico, o exceso de poboación e a termo logos), maniféstase nos seguintes trazos:
necesidade de expansión comercial provocaron grandes migracións por todo
o Mediterráneo. Foron así constituíndose colonias nas zonas ben situadas 1. Os acontecementos naturais non se explican recorrendo a divindades
para o comercio marítimo e expandindo o mundo heleno das polis ou axentes sobrenaturais, senón que se interpretan as forzas e os
orixinarias. Esta cidades de Asia Menor, Mileto, Éfeso e Colofón, van pouco a fenómenos do universo como forzas e fenómenos naturais. Pode dicirse
pouco distanciándose respecto da metropole e facéndose máis que o gran descubrimento da explicación racional é a idea de natureza.
independentes. Nestas cidades viviron os primeiros filósofos.
2. Os acontecementos non se interpretan como algo arbitrario, senón que
2) Desde o punto de vista político, o aumento da riqueza favorece a á idea de natureza vai unida a idea de necesidade: os acontecementos
transformación da sociedade tradicional. A aristocracia guerreira deixa paso ocorren segundo certas leis que poden ser coñecidas. Sen esta convicción
a unha nova clase social emerxente, os comerciantes. As institucións de que no universo rexen leis necesarias, a ciencia sería imposible.
políticas democratízanse e imponse a forma de organización política
característica dos gregos: a polis. A polis era un Estado de pequenas 3. A idea dun saber tradicional sempre verdadeiro que se transmite de
dimensións, a maioría delas menos extensas e menos habitadas que as xeración en xeración é substituída polo sentido crítico. Unha explicación
nosas provincias. aceptarase só pola forma das razóns e os argumentos en que se basee.

3) Desde o punto de vista cultural, a prosperidade económica permite 4. Fronte a unha explicación mítica baseada en imaxes, comparacións e
o florecemento do ocio e das actividades relacionadas coa vida social e personificacións, a filosofía acode a unha explicación baseada en
política. A tolerancia relixiosa, favorecida pola ausencia de libros sagrados e conceptos; os conceptos son ideas, categorías abstractas, que intentan
de clase sacerdotal, únese á tolerancia política, vinculada a formas expresar a estrutura da realidade, non representala simbolicamente.
democráticas de organización política. Aparece, entón, a idea de arché, o principio orixinario das cousas, e de
physis, o fondo do cal todo xorde e a onde todo volve.
4) Desde o punto de vista do coñecemento, co auxe do comercio
multiplicáronse as viaxes que favorecían a adquisición de novos
coñecementos técnicos e xeográficos, así como o contacto con outras

1 2
II. A escola de Mileto cambio das cousas.

A Grecia do século VI a. C. está composta dunha serie de polis (cidades- b. A causa orixinaria: explica as transformacións e os movementos que
Estado) autónomas e independentes pero que comparten unha mesma se dan no universo.
cultura, unha mesma relixión e, cada catro anos, os xogos olímpicos. É unha
sociedade aristocrática, que tiña como ocupacións principais a agricultura e Para o filósofo todas as cousas foron unha vez auga e todas as cousas
a guerra, e composta de dúas clases sociais: a nobreza, formada polos seguen sendo auga. Por primeira vez atopamos un elementos físico que dá
grandes terratenentes, e o pobo, supeditados a estes. Esta configuración sentido ao que hai sen recorrer ao transcendente e que intenta explicar a
social, xunto coa invasión dórica, provocou unha situación na que moitos multiplicidade Desde un único principio ou elemento da orde natural.
cidadáns tiveron que emigrar, e foron así constituíndo colonias nas zonas Non é a elección da auga o que merece que dediquemos unha especial
ben situadas para o comercio. Estas colonias eran politicamente atención a Tales, senón que é a hipótese, a cuestión que formulou, o que,
independentes, pero manterán contactos coa metrópole. Nestas cidades de en opinión dos científicos, constitúe o seu dereito á inmortalidade. Nunha
Asia Menor como Mileto, o principal porto de tráfico comercial con Oriente, palabra, foi Tales quen primeiro intentou explicar a variedade da
viviron os primeiros filósofos. A aristocracia guerreira perde importancia natureza como modificación de algo na natureza.
ante os comerciantes. As institucións políticas democratízanse e as
tradicións gregas conviven coas doutras culturas. 2. Anaximandro (611-546 a.C.)

Os primeiros filósofos ocupáronse de explicar o mundo que os rodeaba, Postulou unha sustancia anónima, de carácter moito menos definido que
que denominaban Physis ou Natureza. A natureza é dinámica e ordenada, chamou ápeiron (de á privativa, indicando ausencia, e péras, límite, confín).
é cosmos, que significa orde, de aí que a este período da filosofía se lle A matriz orixinaria do universo tiña que ser, segundo Anaximandro, algo
chame cosmolóxico. máis primitivo ca auga, algo do que todas as cousas sexan manifestacións
ou modificacións. O ápeiron está animado por un movemento eterno, a
1. Tales de Mileto (624-546 a.C.) partir do cal, por un proceso de separación de contrarios, xera todas as
cousas.

3. Anaxímenes (585-525 a.C.)

Para Anaxímenes, o concepto de ápeiron era demasiado abstracto e a


explicación mediante un proceso de separación demasiado metafórica. Por
iso, considerou o aire, como a orixe e o substrato universal de todas as
cousas. A súa idea básica era que o aire se volve máis pesado, canta maior
cantidade del encérrase no mesmo espazo. Cando o aire se contrae,
convértese en fogo, logo en nube, en chuvia, en auga, en xeo, en terra, e
finalmente en pedra.

III. Os pitagóricos

A finais do século VI a.C. a Filosofía cambia de orientación. Pitágoras e os


pitagóricos recorren a unha explicación dualista para explicar a realidade.
Para eles toda a physis é pensable matematicamente. A esencia da
realidade é o número. E a oposición fundamental na orde dos números é
Mapa do Mediterráneo oriental na época clásica, amosando as cidades
relacionadas cos grandes filósofos e científicos da Antigüidade.
a relación par-impar. Esta oposición será, pois, o arché, que se corresponde
na orde dos obxectos reais coa de límite-ilimitado. A harmonía do universo
A súa afirmación «a auga é o principio (arché) de todas as cousas» xorde da imposición dun límite ao ilimitado. Para os pitagóricos, os números
concédelle a fama de ser o fundador da filosofía. A auga é o arché nun non só constituían o plan sobre o que se organizaba o universo de acordo
dobre sentido: con relacións numéricas —hoxe aceptamos que o cosmos se organiza
segundo relacións numéricas—, senón que consideraron que as unidades
a. O punto de partida orixinario: explica a orixe, a pluralidade e o numéricas tiñan magnitude corpórea e, así, configuraban o mundo tamén de

3 4
maneira material.
Sobre o ser humano van dicir que é un composto de corpo e alma. O 1.1. A vía da verdade
corpo é o sepulcro e a cárcere da alma. Coa morte a alma pode liberarse,
pois ela é inmortal. Dáse entón unha transmigración (metempsicose) da A vía da verdade busca explicar a realidade Desde premisas totalmente
alma ata conseguir a purificación. Soe poñerse en conexión o pitagorismo co verdadeiras, xulgando só por medio da razón e considerando o que
orfismo, unha concepción relixiosa que defendía que o home ten unha parte transmiten os sentidos como un engano.
divina e incorruptible encerrada nunha parte natural e corruptible. Só O pensamento de Parménides parte da pregunta de cómo unha mesma
despois dunha serie de reencarnacións conseguirá a parte divina do home cousa pode ser, á vez, unha e múltiple, cómo poden facerse dunha mesma
liberarse do corpo. cousas afirmacións contraditorias: que as cousas cambien, que deixen de
selo que son.
Texto 1: «Os pitagóricos» A resposta de Parménides vai ser negar a contradición. Así, rexeita a
afirmación «non é» como imposible: o suxeito dunha tal afirmación sería, de
IV. Heráclito todo punto, inconcibible, xa que o que «non é» ninguén pode coñecelo nin
expresalo. O pensamento só pode pensar o ser e o non ser é impensable.
Heráclito de Éfeso, o Escuro, vive arredor do ano 500 a.C. Afirmou que Así mesmo, Parménides nega que as cousas cambien, que deixen de selo
baixo todas as cousas hai unha razón universal común que rexe e ordena que son, que desaparezan. A verdade da realidade é ser fixa e inmutable.
todas as transformacións. É o logos. O logos é tanto o pensamento humano No pensamento de Parménides atopamos dous trazos característicos do
como o principio reitor do universo. O logos representa o máis cerca ca pensamento grego, que van determinar a nacente reflexión metafísica
Heráclito situouse dun arché coma o dos seus predecesores. Heráclito di: grega:

—O logos é o pensamento, o común, que se opón á sabedoría particular. a. O pensar estático: para o grego o verdadeiro ser das cousas está
—O logos, no seu aspecto material, é o lume que simboliza a destrución e detrás dos seus elementos aparentes, visibles e tanxibles.
o cambio.
—O logos é a unidade profunda da loita de contrarios. b. A problemática da orixe: para os gregos só apréndese aquilo que
xa se sabe, só convertémonos naquilo que xa somos.
A realidade é un puro devir, e a loita de contrarios é o arché que
explica a natureza. O fundamento da realidade non é a permanencia Ao negar o que nos din os sentidos e confiar só na razón, Parménides vai
dun elemento, senón a loita entre opostos: abrir o camiño ao idealismo. Desde a razón deducirá Parménides as
características do ser:
—Todo é produto dos contrarios e, por elo, está sometido a tensión
interna. —O ser é eterno: se non existira desde sempre, nalgún momento tivo que
—A guerra —loita, tensión— é a forza universal creadora e dominante. «non ser». Pero o «non ser» e inconcibible.
—Os contrario son idénticos, pero son aspectos da mesma cousa. —O ser é inexendrado e imperecedoiro.
—O ser é continuo é indivisible: onde non hai ser só pode haber non ser,
Texto 2: «Todo flúe» é dicir, o baleiro e inexistente.
—O ser é inmóbil: non pode entenderse o movemento sen que haxa algo
no que o ser se mova. A inmobilidade completa do real é, para Parménides,
V. Os eleatas
o punto culminante, da súa mensaxe.
—O ser é completo: pois resulta inconcibible un límite distinto de si
1. Parménides
mesmo.
Texto 3: «Fragmentos de Parménides»
O ser inmutable, que Parménides define, é o obxecto do coñecemento, se
este ten que ser seguro e permanente. Do mundo dos obxectos cambiantes,
Parménides expón a súa doutrina no poema chamado Sobre a natureza
que aparecen e desaparecen, só podemos ter crenzas ou opinións. Temos
que se divide en tres partes. A primeira describe a viaxe do filósofo ata
así formulada a oposición, tamén esencial ao pensamento grego, entre
chegar á deusa (da) verdade. Na segunda a deusa móstralle o camiño cara
coñecemento (episteme) e opinión (doxa).
a vía da verdade (alétheia=desvelamiento) . A terceira mostra a vía das
opinións o das aparencias, a vía do error (pseudos=encubrimento) ou das
opinións.

5 6
1.2. A vía falsa das opinións unidade última. Pero os fenómenos, razoa Empédocles, si poderían
explicarse se se aceptan catro entidades primarias que existiron Desde
Parménides intenta proporcionar aos lectores unha explicación do mundo sempre. O arché non está constituído por un, senón por catro elementos: o
tal e como é percibido polos mortais. Na vía da opinión todo orixinase a lume, o aire, a terra e a auga. Empédocles establece, ata a revolución
partir do dous conceptos primarios lume (ou luz) e noite. Pero, como antes científica, os catro elementos fundamentais da física grega.
probarase que a realidade é unha, resulta evidente o carácter ilusorio dun Introduce tamén a idea dunha forza que actúa sobre a materia.
mundo semellante. Trátase, como mal menor, de estudar os fenómenos coa Existen dúas forzas que actúan na natureza e fan que os elementos se
conciencia plena do abismo que os separa da realidade. mesturen. Son o amor, que une, e a discordia, que desune.

2. Zenón 2. Anaxágoras (500-428 a.C.)

Como Empédocles, acepta os supostos de Parménides. Afirma que hai


infinitos elementos o principios que se mesturan e desunen, que Anaxágoras
chama sementes. Aristóteles chamounas homeomerías, partes similares.
As cousas son infinitas en número e teñen diferentes calidades: forma,
color, gusto. Son infinitamente divisibles, así que nunca chegamos ao non-
ser. En cada ser conviven sementes de todas as cousas, pero cada ser o é
porque nel predominan as sementes correspondentes.
Para explicar o movemento, Anaxágoras introduce a idea dunha causa
Zenón combateu as teses sobre a multiplicidade e o movemento do ser, eficiente do movemento que chama noûs que pode traducirse como
contrarias ao pensamento de Parménides. Para iso, emprega argumentos mente ou intelixencia. O nous é consciente e intelixente, está separado das
que as reducen ao absurdo e que acaban nunha aporía ou proposición cousas e contraposto ao material, e quen goberna e quen é responsable do
contraditoria. movemento da materia.
Os seus argumentos máis coñecidos tratan de demostrar a imposibilidade
do movemento, como o de Aquiles e a tartaruga. Aquiles xamais poderá 3. Os atomistas: Leucipo e Demócrito
adiantar unha tartaruga porque, cando chega ao punto onde esta saíu, xa
se moveu ata outro punto; canto Aquiles chega a ese punto, a tartaruga xa O atomismo é o intento final e o máis fructífero de rescatar a
se moveu a outro, e así indefinidamente. A vantaxe inicial nunca poderá ser realidade do mundo físico da lóxica eleata. A orixe da corrente atomista
superada por Aquiles porque o espazo é infinitamente divisible e a tartaruga sitúase en Leucipo (460-370 a.C.). Coñecemos o seu pensamento a través
manterá sempre unha vantaxe con respecto ao seu perseguidor, aínda que do seu discípulo Demócrito.
infinitamente pequena. O movemento, polo tanto, é irreal e o feito que
observan os sentidos de que Aquiles alcanza a tartaruga é só pura 3.1. Os átomos
aparencia.
Para eles o arché son os átomos, infinitas partículas impenetrables,
VI. Os pluralistas eternas, indivisibles e inmutables, diferentes entre si na forma e no tamaño,
que se moven polo baleiro separadas unhas doutras. No seu movemento
Os argumentos dos eleatas farán que os pensadores posteriores chocan, baten e mestúranse entre eles formando os diferentes seres.
expliquen o cambio, o movemento e a multiplicidade das cousas recorrendo O átomo conserva algunhas das propiedades do ser de Parménides: é
a solucións de tipo pluralista: o ser orixinario, eterno e inalterable, non inexendrado e imperecedoiro, é inmutable, homoxéneo, infinito, continuo.
está constituído por un só, senón por varios elementos. Só así pódese Pero a novidade do pensamento atomista é a introdución do baleiro.
explicar o cambio na natureza, producido pola mestura de varios elementos O baleiro é o non ser, pero existe. O baleiro explica a pluralidade e o
orixinarios en diferentes proporcións. movemento, porque sen baleiro non pode haber choques nin
desprazamentos.
1. Empédocles (484-421 a.C.)
3.2. O movemento
Empédocles acepta as afirmacións de Parménides de que nada pode
orixinarse da nada e de que o que existe non pode perecer. Parménides tiña O movemento, para os atomistas, é unha propiedade esencial da materia.
razón tamén cando negaba que unha pluralidade puidera derivarse dunha Toda a realidade se forma e se desfai cos movementos e unións dos

7 8
átomos. É un movemento desordenado e irregular. Os átomos mestúranse
cando as súas formas, tamaños, posicións e orden é favorable. Formáronse
infinitos universos dos cales o noso cosmos é só un.

3.3. Azar e necesidade

Os atomistas defenderon a primeira concepción mecanicista do universo


baseada exclusivamente na idea do movemento continuo da materia, sen
recorrer a un noûs organizador. As cousas son o resultado dos choques
azarosos dos átomos que se moven libremente no espazo infinito.
Os atomistas falan do azar como causa dos acontecementos físicos, sen
embargo, para eles, a necesidade e todopoderosa. Para os millóns de
átomos que se moven no espazo e chocan, hai, en realidade, unha causa
estritamente mecánica que explica o comportamento de cada un. Pero non
poderiamos xamais prever o destino dun átomo individual. O azar, en canto
noción subxectiva, para indicar unha causa que é e ten que ser, escura para
nós, pode ocupar un lugar no sistema sen prexudicar a idea principal dunha
necesidade todopoderosa.

You might also like