You are on page 1of 6

MARÍA CANTELAR CALVO

ARISTÓTELES, texto 1
Física, Libro II-3 194b-195a

Feitas estas distincións, cómpre examinar as causas, cales e cantas son. E xa que se trata
de coñecer, e non cremos ter coñecemento de algo sen antes ter captado en cada caso o
porqué (e isto vén sendo captar a causa primeira), é evidente que nós temos que facelo coa
xeración e a destrución e con todo cambio natural, a fin de que, coñecendo os seus
principios, intentemos encamiñar ata eles cada unha das nosas investigacións.
Nun sentido (1) chámase causa a ese constitutivo inherente do que se fai algo, coma tal o
bronce da estatua e a prata da copa e os seus xéneros.
Noutro sentido (2) é a forma e o modelo, é dicir, a definición da esencia e os seus xéneros
(así a causa da octava é a relación de dous a un, e en xeral o número), e tamén as partes
da definición.
E tamén (3) é aquilo de onde xorde o principio primeiro do cambio ou do repouso; así quen
toma unha resolución é causa, o pai e causa do fillo, e en xeral o que fai é causa do feito e
o que produce un cambio é causa do cambiado.
E aínda máis (4), é o fin, aquilo para o que é algo, como a saúde con relación ó paseo. Pois,
por que paseamos? Dicimos que para ter saúde e, ó falar así, cremos indicar a causa. E
son un medio para o fin todas as cousas que outro move; así o adelgazamento ou a purga,
os medicamentos ou os instrumentos cirúrxicos, todos eles son medios para a saúde, pero
hai diferenzas entre eles, xa que uns son accións e outros instrumentos.
ARISTÓTELES, Física, II-3, 194b-195a
Trad. de Teresa Amado Rodríguez (USC)

O texto obxecto de análise pertence a Aristóteles, filósofo nado no 384 a.C. na pequena
cidade de Estagira (península de Calcídica,
provincia de Macedonia), no norte do Mar Exeo. O seu pai, Nicómaco, era médico da
corte macedónica.
No século IV a.C., o reino de Macedonia constituía unha pequena pero
ambiciosa potencia. No ano 349 a.C. o rei Filipo II de Macedonia iniciou
unha campaña militar para estender o seu territorio, o que espertou unha reacción en
moitas cidades gregas, que vían perigar a súa liberdade e a súa independencia.
A vida de Aristóteles transcorreu entre estes dous mundos en constante conflito: era un
home que se encontraba moi próximo ao poder macedonio (foi preceptor de Alexandre
Magno), pero, como brillante intelectual que era, gustáballe o ambiente da culta e
refinada Atenas, a onde chegou aos dezaoito anos. Aquí cursou estudos na Academia
Platónica, onde permaneceu durante vinte anos ata a morte do seu mestre, primeiro
como estudante e logo como profesor.
Aínda que a orientación da investigación na Academia era fundamentalmente
teórico-matemática, as primeiras obras do mozo Aristóteles reflicten o idealismo da
teoría das ideas. Recibiu as ensinanzas de Eudoxo de Cnido, xeógrafo e astrónomo, que
introduciu na Academia a ciencia xónica. Cando morre Platón, sucédelle na Academia o
seu sobriño Espeusipo, e a causa do resquemor en Atenas cara Macedonia Aristóteles,
macedonio, acepta unha invitación de Hermias, outro discípulo de Platón, e vaise para
Assos, onde se establecerá unha comunidade filosófico-política. É eiquí onde debeu
comezar o seu ensino independente e as primeiras críticas ás teorías platónicas. Mais
tarde marchará coa súa muller, Pitia, a Mitelene (Illa de Lesbos). Nesta etapa emprende
a maior parte da súa obra científica.
No 343 a.C., faise cargo da educación de Alexandre Magno. Foi nesta época cando
Aristóteles se dedica con maior atención aos temas políticos. Cando morre Filipo o filósofo
volta a Atenas e comeza o período máis fecundo da súa vida. Funda, o Liceo. onde
Aristóteles e os seus discípulos dialogaban e debatían mentres paseaban (peripatéin), de aí
que no futuro aos aristotélicos se lles coñecerá como os peripatéticos.
Á morte de Alexandre Magno, no 323 a.C., Atenas convértese unha vez máis no
centro dos sentimentos antimacedónicos, e as relacións de Aristóteles con Macedonia
fixérono sospeitoso. Deixou a escola en mans de Teofastro e refúxase en Calcídica.
Enfermo dende facía tempo, Aristóteles morre alí no 322 a.C.

No que concirne ós seus escritos, a obra de Aristóteles sufriu ao longo dos séculos moitas
vicisitudes. Unha grande parte dela perdeuse, por exemplo, no incendio da Biblioteca de
Alexandría. Sábese que escribiu dous tipos de obras: escritos exotéricos e escritos
esotéricos.
As exposicións exotéricas foron feitas para divulgar o seu pensamento ao grande
público, probablemente antes da fundación do Liceo. Suponse que estaban redactadas á
maneira platónica de diálogo. Só se conservan fragmentos dalgúns deles.
Os escritos esotéricos ou exposicións pedagóxicas eran escritos para usar no Liceo,
polo que son escritos difíciles, só accesibles para os iniciados. No século I a.C.
Andrónico de Rodas, director do Liceo na época, clasificounos por temas e publicounos
co nome de Corpus aristotelicum. Poden clasificarse da seguinte forma:

Tratados de lóxica ou Organon (instrumento): Categorías, Sobre a proposición,


Primeiros e Segundos analíticos, Tópicos e Refutacións sofísticas.
Libros sobre física: Física (formado por oito libros), Acerca do ceo, Sobre as
xeracións e corrupcións, Metereoloxía.
Tratados de psicoloxía: Acerca do alma, do sentido e da sensibilidade, Da vida e a
morte, Do soño, Sobre a memoria, Sobre a percepción...
Obras de historia natural: Historia dos animais, Sobre as partes dos animais,
Xeración dos animais, Sobre o movemento dos animais...
A Metafísica (formado por catorce libros).
Tratados de moral: Ética a Nicómaco, A gran moral, Ética a Eudemo.

E outros: Política, Retórica, Poética (da que só se conserva un fragmento).

Para entender a filosofía aristotélica hai que coñecer a súa influencia platónica.
Como alumno de Platón, Aristóteles interesouse polas matemáticas, pero foi o estudo da
natureza e en especial da bioloxía o seu campo predilecto e o modelo no que se inspira o
seu pensamento. Este interese pola bioloxía correspóndese co seu talento sistematizador,
.Para Aristóteles a realidade auténtica e primordial e o punto de partida de calquera
investigación non son unhas supostas realidades ideais senón a observación minuciosa dos
individuos. Neste sentido entronca coa tradición presocrática: a busca dos milesios do arché
enlaza co interese que ten Aristóteles pola materia e os catro elementos primordiais de
Empédocles atopan sentido na physis aristotélica.
Porén, o espírito teórico-matemático reinante na Academia platónica, fai que se
sinta atraído tamén polo universal, e deste dobre interese polo universal e pola variedade
dos seres naturais xurdirá a síntese aristotélica. Como resultado, Aristóteles aporta unha
nova visión da natureza, entendida como un organismo vivo integrado por seres
concretos que se transforman tendendo cara a súa perfección e na que as ideas
platónicas pasan a ser esencias intrínsecas de todo o singular e concreto..
A pesar de que Aristóteles e Platón compartiron o convencemento grego de que a
realidade é intelixible ao estar dotada dun logos, a diferenza entre mestre e discípulo está
no distinto xeito no que basearán a busca dese saber.

Advertiu certos inconvenientes na teoría das Ideas: resultáballe inadmisible a conclusión


que se deducía dela sobre a existencia de ideas
sobre todo o malo e negativo que hai no mundo; tampouco admitía que a esencia dunha
cousa, a súa causa, puidera existir separada desa mesma cousa; e non podía dar
explicación do movemento ou cambio. A substitución do modelo matemático,
pitagórico e platónico, por un modelo natural-biolóxico na interpretación da realidade
conduce, polo tanto, con Aristóteles, a unha visión optimista do mundo sensible

Aristóteles, fiel ao seu espírito científico, atopa integrados na realidade natural o


intelixible e o sensible, o universal e o concreto.

De todo o anterior pódese deducir, o rexeitamento aristotélico do dualismo platónico


e a súa aposta polo realismo fronte ao idealismo, aínda que sen renunciar a un saber
universal e racional.

O texto a comentar pertence á súa obra Física e xira en torno á teoría causal, establecendo
que as cousas de todo cambio natural son catro. Para Aristóteles o coñecemento científico
é o coñecemento das causas, por tanto, para coñecer científicamente algo. é necesario
coñecer as súas. Neste texto, concretamete, conclúe que son catro: material, formal,
axente e final.

Para Aristóteles todo ser natural “posee en sí mismo o principio do movemiento (kínesis) ou
reposo” xa que define a natureza como ‘’aquilo que ten en si meso un principio de
movemento ou estancia’’. Distingue entre seres artificiais e naturais. Os seres artificiais son
aqueles non teñen natureza de movemento como tal, pero si en soporte de accidentes e
suxeito de predicación, mentres que as cusas naturais teñen un principio natural polo que
crecen, se desenvolven e se reproduce (natureza segundo Aristóteles). Para comprender a
distinción de causas feita no texto é preciso explicar o problema do cambio mencionado
anteriormente (kínesis). Todo o que existe é unha substancia. As substanicas
toda substancia é un composto (synolon) de materia (hylé) e forma (morphé), sendo a
forma ou esencia inmanente ao ser natural o principio último do desenvolvemento e
transformacións. A materia (hylé) é a realidade determinado, o substrato, é potencia.
A forma é aquilo polo que algo é o que é (a esencia) máis aquilo polo que podemos coñecer
e identificar as cousas xa que perite clasificar. A froma é substancia segunda e acto.
Aristóteles dálle o nome de substancia segunda.
Para el o cambio é o proceso fundamental da natureza.. Aristóteles distingue:

-Non-ser absoluto: é a nada. Cando dicimos que unha estatua non é unha árbore,
trátase dun non-ser absoluto: unha estatua non é unha árbore nin pode selo.
-Non-ser relativo: é o tipo de ser de aquilo que non é pero pode chegar a ser. Por
exemplo, unha semente non é unha árbore pero pode selo.
Pois ben, o paso do non-ser absoluto ao ser é imposible, tal e como sostiña
Parménides; pero si é posible o paso do non-ser relativo ao ser, e en isto consiste o
cambio.
Se nos achegamos intuitivamente ao proceso de cambio, observamos que se
precisan tres elementos explicativos: algo que se perde ou tránsito (privación), algo
novo que se adquire (punto de chegada, forma) e algo que permanece como substrato do
cambio (suxeito).

Este proceso explícase a partir da súa teoría de potencia e acto.

Diiferencia dúass dimensións no ser natural: o ser en potencia e o ser en acto.


O ser en potencia é o non-ser relativo, aquilo que o ser non é pero pode chegar a ser. O
ser en acto é o que o ser é en cada momento. No noso exemplo, a semente é en acto
semente e árbore en potencia.

A parte potencial que Aristóteles descobre na análise do cambio dos seres naturais
reside na materia ou aquelo do que todas as cousas están feitas; a materia é o substrato
do cambio. A forma é aquilo que fai que unha cousa sexa o que é actualizando a
potencialidade da materia; a forma é a esencia inseparablemente unida a unha materia.
O acto reside na forma. Así, a materia da semente no sentido aristotélico é o potencial
que hai nela. E a forma actual da semente é o que fai que a semente poda ser capaz de
ser árbore. é a forma esencial o que determina a potencialidade dun ser.
Así, a potencia é a capacidade que posúe a materia dunha substancia de asumir ou
recibir unha forma diferente da que ten, e o acto é a .realidade actual de calquera
substancia e consiste na forma particular que recibe a materia. Noutras palabras, a forma
sempre é consecuencia da actualización
dunha potencia.

Por tanto, o movemento consiste en despregar esa potencialidade que ten o ser natural, en
facela efectiva.

Non obstante, hai dous tipos de movemento ou cambio:

Cambios accidentais: son aqueles nos que substancia segue a ser a mesma, posto
que é o substrato que permanece neles, e se ven afectadas so as formas accidentais.
Distínguense, por unha banda cambio cuantitativo ou aumento ou diminución da substancia
que cambia; cambio cualitativo ou perda ou modificación dalgunha calidade; e cambio local
ou desprazamento por movemento de rotación ou translación da substancia que cambia.
Pola outra banda, cambio substancial: é o paso dunha cousa a ser outra de distinta
especie. O que se perde é a forma substancial (corrupción), e é
substituída por outra distinta (xeración).
Esta teoría do movemento compleméntase coa explicación do cambio dos seres do mundo
sensible, e por extensión do que estas cousas realmente son, coa teoría das catro causas
causas: non se comprende algo ata que que non se capta o seu porque, a súa causa ou
principio. Causa é todo aquilo que é necesario para que se produza un fenómeno. Nisto
Aristóteles é pioneiro, aínda que recolle o que mantiveron os presocráticos (causa material
ou arjé) e o propio Platón (causas material, formal e final) completándoo e sistematizándoo.
Que causas explican entón os cambios? Distingue catro tipos de causas:

Causas intrínsecas: aquelas que afectan ao cambio desde dentro da substancia que
cambia. Son: a causa material ou aquilo a partir do que está feito cada realidade
individual, é dicir á primeira a que fai referencia no texto(a materia); e a causa formal ou o
que determina a estrutura desa realidade e lle fai ser o que é (a forma esencial, a segunda á
que o texto fai referencia).

Causas extrínsecas: aquelas que poden afectar ao cambio tamén desde fóra da
substancia que cambia. Son: a causa eficiente, que é o axente ou motor do movemento
ou o axente que produciu o individuo en cuestión (referida no texto como ‘aquilo de one
xorde o o pricipio primeiro da causa ou do repouso’, e a causa final ou fin cara o que se
cambia, a última mencionada no texto.

Destas teorías que conforman o pensamento de Aristóteles deducimos unhas


características que a diferencian de modo radical da filosofía natural que triunfará a partir do
Renacemento, xa que a física aristotélica é cuantitativa e heteroxénera (recorre a diferenzas
cualitativas para a explicación da súa cosmoloxía, xa que o universo non é heteroxénero), é
finalista ou teleolóxica ( o cosmos non evoluciona ó azar) e xeocentrista a terra é o centro
da terra en torno a que xiran órbitas cocéntricas do Sol, lúa, planetas e estrelas. Este
universo é finito e pechado.

Cómpre resaltar que o pensamento aristotélicoe a súa posición realista e sistemática


influirá decisivamente en grande parte do pensamento posterior. A súa decisión de partir
dos datos dos sentidos
será o fundamento de todos os empirismos históricos. É de destacar o predominio que
terá como pensador e mestre indiscutible durante a Idade Media. Despois duns anos de
escuridade nos que a contribución clásica se perdera, o estagirita é reencontrado grazas
ao traballo de pensadores árabes como Averroes e Avicena. Logo de ser recuperado en
Occidente, será adaptado aos novos tempos por Tomé de Aquino, quen realizará unha
cristianización do filósofo grego (o Tomismo) que converterá a súa doutrina en

autoridade e verdade incuestionable durante toda a Escolástica e ata ben entrado o


Renacemento. Tamén hai que engadir que prantexamentos rompedores co racionalismo
moderno (os empirismos de Hume e Locke), e o labor de sistematización de filósofos,
como Kant (ansia de categorización dende inicios empiristas) beben nas fontes
aristotélicas.
A obra e o pensamento aristotélicos foron tan sistemáticos e exhaustivos que as
propias ciencias (física, astronomía, bioloxía...) tiveron que tomalos como referencia,
aínda que fora para contrapoñerse a eles. En concreto, a substitución do modelo
matemático, pitagórico e platónico, por un modelo natural-biolóxico marcaría unha
nova forma de investigar, que o propio Darwin recoñecería como fundamental nos seus
estudios.
Ademais a súa orixinalidade e perspicacia de partir da análise da linguaxe marcou
parte da filosofía contemporánea de corte analítica (Wittgenstein e Russell, p.ex.),
remarcando o suposto grego da coincidencia do ser e do pensar, suposto que non
abandonará á filosofía..

You might also like