You are on page 1of 6

APUNTES FILOSOFÍA EXAMEN 25 OUTUBRO.

TEMA 1.

Concepto de filosofía: Enténdese como un saber que aborda cuestións que pola súa
complexidade, non poden ser obxecto de estudo doutras disciplinas, como, por exemplo as
preguntas sobre o sentido da existencia, cal é o orixe de todas as cousas, etc.

-Doutra banda tamén pode ser definida como “ciencia suprema”. Aínda que hai tamén quen
prefiren definir a filosofía como unha actitude crítica sobre a forma de coñecer, sobre os
obxectos de coñecemento e sobre o que se di deles.

A palabra filosofía provén do grego e significa ‘amigo ou amante (filo) da sabedoría (sofía)’.

O que significa desexo de coñecer ou amante do saber.

Orixe: A filosofía xorde cara o S. VI a. C. Concretamente en Xonia. Nese momento e lugar, o


ser humano observa o que lle rodea, marabillado e estrañado, pero por primeira vez
convencido da existencia dunha explicación racional capaz de desvelar a orde e o sentido
oculto de todo iso. Nese momento podemos falar da aparición da filosofía.

O paso do mito o logos: A orixe da filosofía adoitase caracterizar coa expresión “ o paso do
mito ao logos”. Xurdido ao redor do S. VI a.C. cos pensadores da escola de Mileto.
Antes, a realidade intentábase explicar mediante narracións fabulosas, agora os datos que nos
chegan a través dos sentidos empezan a ser racionalizados segundo principios ou leis.

Os fenómenos ou obxectos do mundo déixanse de entender como produto da vontade dos


deuses para ser comprendidos pola súa natureza.
Co pensamento filosófico trátase de analizar a observación da natureza ( physis) por medio do
logos( razón) , caracterizado polo seu carácter: Racional, sistemático, crítico, universal e
radical.

Principais ramas da filosofía


Metafísica. Etimoloxicamente significa ‘máis alá(meta) da física, e designa a parte da
filosofía que se ocupa do ser, é dicir, das propiedades de todo o que é ou existe,
independentemente do que sexa. Rama das máis antigas.

Loxica. Termo grego logos ‘Razón’, ‘palabra’… e ocúpase dos razoamentos expresados
lingüisticamente. Esta rama establece cando un razoamento está ben construído e podemos,
polo tanto, estar seguros da validez da súa conclusión.

Epistemoloxía. Preuguntase sobre o coñecemento-


Coñécese tamén como teoría do coñecemento e ocúpase de cuestións como:
-Que é o coñecemento?
-Tipos e formas de coñecemento.
-Os límites do que podemos coñecer.
Esta rama é unha das que goza de maior popularidade actualmente.

Ética. Ten como obxecto de estudo os códigos morais.


Analiza as nosas normas morais, a súa fundamentación, a súa validez, a súa universalidade.
Rama clásica da filosofía e aquela que nos pode axudar a levar unha boa vida.

Estética. Rama interesada pola arte e beleza en xeral. Aínda que o interese sobre o artístico
e moi antigo como disciplina filosófica ten un nacemente recente( S. XVIII)

Antropoloxía. Ciencia que estuda as respostas do ser humano ante o medio, as relacións
interpersoais e o marco sociocultural no que se desenvolven. Diferenza entre o psique( alma) e
o soma( corpo).
Esta rama arranca dende o orixe da filosofía.

A filosofóa e a súa historia.

Os primeiros representantes da filosofía preguntáronse sobre a orixe da natureza( physis) e se


a multiplicidade das cousas puidensen todos obedecer o chamado Arjé que se define como
principio básico que explicaba a realidade natural ou physis( o seu orixe, movemento e as leis
que a rixen)

Para Pitágoras eran os números.


Para Heráclito o fuego.
Para Empédocles a auga, o lume, a terra e o aire.
Para Anaxágoras o arjé eran as homeomerías que por acción de un nous pasaron de un caos
orixinal a constituír a multiplicidade de seres observables no mundo físico.

A filosofía antiga
O primeiro xiro substancial no obxecto de estudo da filosofía foi achegado polos sofistas
centrados no concepto da verdade e exploraron as posibilidades lóxicas da linguaxe, así
como a súa aplicación á politica. Grandes inimigos de Sócrates.

Sócrates reprochoulles a súa atención polo útil en detrimento do verdadeiro, e propuxo aos
seus contemporáneos a procura da virtude mediante o cuestionamento de toda convicción
subxectiva.

Tras a morte de Alexandro Magno iníciase a etapa da filosofía Helenísitica:

Con tres doutrinas filosóficas gregras:

Estoicismo.
Hedonismo( Epicureísmo)
Excepticismo.
As tres caracterízanse por atender especialmente a cuestión como debemos vivir para
alzancar unha existencia máis feliz.
Filosofía medieval.
Durante a Idade moderna entendeuse que a función da filosofía era fundamentalmente a de
axudar a clarificar o significado da doutrina teolóxica cristiá.

Santo Agostiño crea a primeira escola filosófica cristiá.

E tamén xurde o movemento coñecido como escolástica( non fai falta saber o nome) cuxo
principal representante foi San Tomé de Aquino. Que defende 5 vías para argumentar
racionalmente en favor da existencia de Deus.

Filosofía moderna
Atópase influenciado pola etapa da ilustración e destacan dúas escolas filosoficas:

Racionalismo e Empirismo.

O racionalismo defende a superioridade da razón sobre os sentidos para alcancar o


coñecemento.

O empirismo mantiña que a razón debía tomar sempre como punto de partida os datos dos
sentidos, pois do contrario nada garantía que as súas especulacións puidesen ser verdadeiras.

Filosofía contemporánea.

Durante os séculos XIV-XX entre os que se produce a Revolución industrial.

Correntes da filosofía actual que comparte un talante crítico e unha actitude de denuncia e
sospeita:

Fenomenoloxía: Sitúa o suxeito, o eu, no centro do coñecemento e considera que a


filosofía deber ser unha descrición da realidade fenoménica.

Positivismo lóxico ou neopositivismo: Estas correntes caracterízanse pola súa clara


inspiración empirista. Pero, sobre todo destacan pola importancia atribuída á linguaxe.

Existencialismo:
Desenvólvese nun momento histórico de gran dureza e caracterízase pola crenza radical
(fundamental) na liberdade e no desamparo (abandono) do ser humano.

Personalismo: Caracterízase polo recoñecemento do valor e a dignidade da persoa como


principio fundamental.
Estruturalismo: Xurdiu como método de estudo das ciencias humanas, baseado no
convencemento de que a cultura, a linguaxe, a historia.. forman sistemas e que estes se
deben estudar analizando a súa estrutura.

Hermenéutica: Caracterízase por reivindicar que os acontecementos e ámbitos do humano


requiren unha comprensión ou interpretación (hermenéutica) inevitablemente subxectiva.

Escola de Frankfurt. Esta corrente propón unha crítica radical de todo aquilo que
contribúe a deshumanizar a nosa sociedade.

Filosofía e ciencia.

Durante moitos anos non houbo distinción entre a actividade filiosófica e a científica, pois
en ambos os casos:

- Son saberes racionais e sistemáticos.

- Comparten o mesmo obxecto de estudo.

Filosofía e relixión.

Houbo momentos de profunda conexión e momentos de distanciamento.

Filosofía e arte.´

A filosofía mantivo unha estreita relación coa arte. Moitos filósofos recorreron a vías artísticas
para expresar o seu pensamento; como por exemplos os diálogos platónicos.

Tema 2

1. Conceptos e graos do coñecemento


- O coñecemento.
Crenza da que estamos seguros, pero que, ademais, podemos probar. Podemos xustificar
racionalmente algo.

- Crenza.
Dous tipos fundamentais:

1. Uso dubitativo. Expresa que non estamos realmente seguros da verdade do que
afirmamos pero que posuímos razóns importantes que apuntan que as cousas son
dunha determinada maneira.

2. Uso asertivo. Neste caso falamos de crenza cando estamos seguros de algo, aínda
que non teñamos suficientes probas para demostralo.

- Opinión.
É unha apreciación subxectiva da que non podemos dicir que esteamos seguros e que
tampouco podemos probar ante os demais.

1.1 Ferramentas do coñecemento.


A percepción.
Ponnos en contacto coa realidade e permítenos construír representacións desta a partir dos
datos proporcionados polos sentidos.

A memoria.
Defínese como facultade propia dos seres humanos que nos permite almacenar información e
reutilizala.

Intelixencia.
Capacidade de obter recursos válidos para enfrontarse a uns problemas e solucionalos.

A imaxinación.
É a capacidade de modificar e crear novas imaxes con maior liberdade e espontaneidade.

1.2 O proceso de coñecemento: a abstracción.

Considérase que o coñecemento da realidade comeza na experiencia ou cos datos sensoriais


que recibimos desta. ( mirar libro e facerse unha idea de que cando de pequenos vemos un
can despois cando vemos outro doutra raza seguimos sabendo que é un can pero con distintas
características.

A epistemoloxía kantiana.
Kant tratou de formular unha explicación do proceso de coñecemento que recollese os
aspectos que lle pareceron máis válidos tantos dos empiristas como dos racionalistas.

Segundo Kant no proceso de coñecemento participan simultaneamente tres facultades


humanas: Sensibilidade, entendemento e razón.
A sensibilidade.

You might also like