You are on page 1of 2

Andrea Martínez Romero 1ºBach B

COMENTARIO DE TEXTO: texto II.

O fragmento proposto a comentar pertence á obra Metafísica, do filósofo grego Aristóteles, o


máis destacado e representativo filósofo da filosofía antiga xunto coa figura do seu mestre
Platón. Especificamente pertence a época dos grandes sistemas, polo século V-IV a.C.,
caracterizada polo estudo no seu conxunto de todas as ramas da filosofía, nunha versión
propia de cada filósofo. Entre os aprendices de Aristóteles destacou Alejandro Magno, unha
figura importantísima na historia antiga, por gobernar o Reino de Macedonia.

O texto desenvolve a idea que ten Aristóteles sobre o nacemento da filosofía, tratando de
caracterizala respecto os outros saberes. A primeira idea que expón o texto é que o humano
comeza a filosofar movido pola admiración. Un termo que se define como a curiosidade, que
comezou por fenómenos da vida cotiá ou terrestres ata derivar en problemáticas cada vez
máis transcendentais, é dicir, nunha escala que aumenta gradualmente a complexidade dos
fenómenos que lles sorprendían. O autor menciona certos exemplos para demostrar ese
progresivo desenvolvemento da curiosidade do home, facendo referencia a como comezaron
os filósofos a matinar nos inicios da filosofía. Refírese exactamente ao período cosmolóxico,
onde os presocráticos, razoaban movidos pola curiosidade ante o orixe e as regras da
natureza, época que se movía fundamentalmente sobre o concepto de arkhé da physis,
relacionado cos principios do universo.

Na seguinte oración destaca outra idea onde un home recoñece a súa ignorancia a causa de
deixarse guiar pola admiración. É pois que só existe a sorpresa ante o descubrimento do
descoñecido, dito doutra forma, o que o humano xa sabe non lle causa interese e só mostra
curiosidade cando admite o seu desentendemento. Chegando así, na oración seguinte, a
conclusión de que a filosofía nace a través da ignorancia, pero non nace cunha función práctica
no día a día senón que xorde dirixido ao coñecemento. Polo que o saber teórico é o que se
busca por curiosidade e para enriquecemento individual. Non obstante para que o ser humano
puidese gozar de dedicarse a filosofar, os problemas referidos as necesidades fundamentais xa
tiñan unha resolución e garantía. Polo que dentro do conxunto de saberes onde se sitúa a
filosofía, atópanse outros saberes como o denominado saber ordinario. Saber definido como a
experiencia da vida cotiá e base por enriba da cal se desenvolven outros saberes, e o que
permite asentar as comodidades mencionadas polo autor.
Así pois, chegados a última oración do fragmento, cabe destacar outra idea principal do texto ,
a filosofía en calidade de ciencia libre. Reincidindo nas ideas xa comentadas, onde a filosofía é
para o enriquecemento individual e que só nace cando xa se gozan dos luxos da vida, pódese
apreciar a referencia ao contexto social no que vivía o autor, a sociedade grega. Esta estaba
composta fundamentalmente de dous grupos: os escravos, un porcentaxe maioritario da
poboación, carentes de dereitos, condenados de por vida e propiedade dos homes libres para
os que traballaban; por outro lado, estaban os homes libres como Aristóteles, profundamente
separados dos escravos e non eran propiedade de ninguén. Son só unha parte mínima deste
grupo, xa que se exclúe o xénero feminino e outros con escasa riqueza, os que encaixan na
definición do autor de home libre. Ese que se pode permitir deterse a filosofar, pois “é para si
mesmo e non para outro”, ao igual que a filosofía, ese único saber que se constitúe como
saber libre, xa que “só ela existe para si mesma”, sen utilidade visible máis alá do
coñecemento que un queira adquirir por vontade propia e cun fin individual.

Aristóteles recolle no fragmento a súa concepción sobre a filosofía. Podemos dar conta que na
actualidade mantense parte dese pensamento aristotélico, pero con certas modificacións co
paso dos séculos. Mentres que Aristóteles entendía a filosofía como unha ciencia agora para
nós son saberes diferenciados polos seus métodos e técnicas de estudo. Polo que penso que a
filosofía non podería ser considerada unha ciencia, pero é un coñecemento fundamental á
hora de enriquecerse e desenvolver certos aspectos críticos no propio individuo, coincidindo
con Aristóteles en que a filosofía é un saber para aqueles que deciden explotar as súas
capacidades intelectuais e enriquecerse a si mesmos, os que o autor denomina os sabios.

You might also like