You are on page 1of 22

ARISTÓTELES

1. Algunhas cuestións para empezar

Para empezar a abrir boca vou exporche algunhas cuestións, que poden ser similares, a
algunhas das que o propio Aristóteles púidose expor.
- Se temos en conta a disputa entre os sofistas, Sócrates e Platón, podemos expor
que a filosofía ten algunha utilidade?
- Xa temos visto que o coñecemento empírico (a experiencia ten as súas
limitacións) e que o coñecemento racional parece ser máis rigoroso. En que debemos
fundamentar o noso coñecemento, na experiencia ou na razón? Cabería algunha
posibilidade de conxugar ambas as fontes de saber?
- No mundo observamos tanto o cambio como a permanencia das cousas.
Negamos o cambio?, negamos a permanencia?, podemos atopar unha resposta
satisfactoria que afirme o cambio á vez que o permanente?
- Tendo en conta as formulacións que vimos sobre os real, até que punto podemos
afirmar que as cousas particulares non son reais? Se afirmamos a plena realidade das
cousas particulares, non negamos a realidade das esencias universais (Ideas platónicas)
que as fan ser?
- Seguindo coa disputa sofistas, Sócrates e Platón, podemos afirmar que para
conseguir o ben, basta simplemente con coñecelo? Que papel cres que a experiencia de
vida e a práctica xogan na consecución do ben moral? É posible que os sofistas tivesen
razón ao manter que todos os valores son relativos?
- Tendo en conta o que viñeches estudando sobre a organización política, existe
unha soa forma de organización política (Estado) ou existen diferentes posibilidades?
Pódese seguir deostando a democracia (participación de todos) e defendendo só a
participación dos mellores?

1
2. Contexto histórico e sociocultural.

Marco histórico:
O traballo intelectual de Aristóteles desenvólvese no século IV a.C Durante o século V
Atenas vivira o seu momento de esplendor, pero tras a derrota no ano 404 a.C na guerra
do Peloponeso fronte a Esparta, a democracia ateniense entrou nun proceso de
descomposición e xa non recuperaría o seu pasado esplendor. Aristóteles alértanos dos
perigos de que os gobernos dexeneren e perdan no seu exercicio a meta fundamental
que é o ben común (a monarquía pode converterse en tiranía, a aristocracia en
oligarquía, a timocracia ou democracia censitaria en demagoxia). É unha época
turbulenta, de crise do ideal grego e da polis como forma básica de organización política.

A situación de debilidade de Grecia central coincidiu co xurdimento de Macedonia


encabezada por Filipe II. Aproveitando a falta de acordo entre as polis gregas impuxo
sobre elas o seu domino coa intención de lograr a unidade entre os gregos e vencer os
persas. Irá conquistando Grecia e sometendo as polis baixo duras condicións e irá
destruíndo a súa independencia; o modelo político tradicional grego tocaba á súa fin. As
polis deixaron de existir como unidades autárquicas, aínda que se mantiveron como
núcleos urbanos nos que se continuou desenvolvendo a cultura e a ciencia, pero sen ter
a relevancia política de antano.
É posible que Aristóteles aprobase a idea de Filipe de unir as polis gregas para poder
dominar os persas, pero non puido influír moito no pensamento político do mozo
Alexandro, fillo de Filipe, de cuxa educación se encargou no 343 a.C cando contaba 14
anos. Cando Filipe II morre asasinado aos 46 anos de idade, Alexandro é nomeado rei
(336 a.C).
O mozo Alexandro tiña unha visión moito máis ambiciosa que o seu pai e puxo as bases
para o nacemento dun modelo novo de comunidade, o Imperio, capaz de acoller a
individuos de procedencia moi diversa e onde a lingua e a cultura gregas eran os
elementos fundamentais de cohesión; este proxecto, na práctica, facía desaparecer as
polis que perderon a súa autonomía e pasaron a formar parte dun imperio colosal baixo
un mando único no que a difusión da civilización grega era imparable.
Alexandro destruíu o Imperio Persa, someteu Exipto, Mesopotamia, Siria,… chegando
ata a India.

2
Platón e Aristóteles organizaran as súas propostas políticas tomando a polis como lugar
natural para construír unha sociedade que fixese posible a felicidade dos cidadáns. No
novo contexto histórico estas concepcións éticas e políticas perderon a súa validez.
Para Aristóteles a organización da comunidade que mellor pode conseguir que os seus
cidadáns teñan unha vida feliz é sen dúbida a polis, pois garante a subsistencia
individual e o desenvolvemento das capacidades humanas; o home é un "animal
político" (cívico) e é na polis, a comunidade social por excelencia, onde pode realizar
plenamente todas as súas virtudes éticas e dianoéticas. A familia e a aldea fanlle posible
vivir, pero a polis permítelle vivir ben. A felicidade superior que deriva da vida
contemplativa, queda reservada a uns poucos privilexiados, cuxas necesidades están
resoltas na cidade. Os animais, os nenos, as mulleres e os escravos non están
capacitados para ela. Aristóteles non recoñece unidades políticas maiores á polis.

Parece que Aristóteles non apoiou o imperialismo de Alexandro porque baixo o imperio
os cidadáns xa non tiñan o privilexio e deber de participar na toma de decisións políticas,
tal e como acontecía na época clásica. O novo ideal político xa non dispón os homes en
torno á ágora, senón arredor do rei, cuxo poder e dominio non se reduce a esta ou
aquela cidade. O seu espazo é a totalidade do territorio, e as cidades son un instrumento
para o engrandecemento e a consolidación do imperio. O poder afástase dos cidadáns.
Nin a temperá morte de Alexandro (323 a.C), nin o subseguinte desmembramento do
seu Imperio en monarquías rexidas polos seus máis influentes xenerais, permitiron aos
gregos recuperar a súa anterior estrutura socio-política das cidades-estado autónomas.
Desaparecen polo tanto as discusións político-filosóficas e a intervención dos cidadáns
nos asuntos públicos. Ao filósofo non lle quedará máis posibilidade que centrarse no seu
propio eu, na súa propia felicidade, na súa liberdade interior, esquecendo así cuestións
como o benestar xeral e a liberdade política e social.

Marco sociocultural:
A sociedade grega do século IV a.C mantiña unha organización semellante á do século
anterior: estaban por un lado os cidadáns, que eran homes libres nacidos na polis,
donos de terras, e que gozaban da protección enteira da lei nunha cidade-estado.
Segundo Aristóteles, os cidadáns son os que deben participar na vida pública, deben
dispoñer de tempo libre que destinan á cidade e á toma de decisións que afectan a

3
todos os que viven nela. Por outro lado estaban os escravos que non tiñan ningún poder
nin status. Aristóteles consideraba que tanto a muller coma os escravos están
subordinados ao home. Cada un deles realiza a súa función na familia, pero todos eles
co fin de conseguir a autarquía do cidadán. As mulleres, os estranxeiros (ou metecos,
como era o propio Aristóteles en Atenas) e os escravos carecen de cidadanía para
Aristóteles, reflectindo así as crenzas da época.

Ao comezo das súas conquistas, Aristóteles aconsellou ao seu discípulo Alexandro que
tratara os gregos como amigos e parentes, como un xefe, pero os bárbaros debía
tratalos como animais domésticos, é dicir, como un amo. Alexandro rexeitou, non
obstante, esta división entre homes libres e escravos natos, e non seguiu o consello do
seu mestre. Alexandro intentou forxar un ideal cosmopolita e para iso ensinou miles de
mozos persas a lingua grega, formounos militarmente para incorporalos ao seu exército
e promoveu o matrimonio entre os seus soldados e as mulleres persas como el mesmo
fixo en varias ocasións. Con iso cambiou profundamente a relación dos gregos con
outros pobos, os bárbaros, producíndose así unha interrelación das concepcións
orientais e do pensamento grego.
A educación dos mozos na Atenas do IV a.C podía desenvolverse en varias escolas ou
ximnasios públicos onde os mozos adestraban, facían exercicios militares ou escoitaban
as leccións de sofistas ou filósofos. As escolas que existían eran as seguintes:
a- Escola de Sócrates, dedicada á retórica pero interesada na formación ética dos
cidadáns (fronte aos sofistas).
b- Escola cínica, fundada por Antístenes (m. en 365 a.C) moi crítico coa situación
política de Atenas e defensor dun ideal de vida desligado do material e fundamentado na
forza da vontade.
c- Escola cirenaica, fundada por Aristipo (m. en 350 a.C), que consideraba que o ben
supremo consistía no máximo pracer, sensible ou espiritual, sendo a filosofía o
instrumento adecuado para alcanzalo.
d- Academia de Platón (m. 347 a.C) que pretendía formar os futuros gobernantes
mediante o estudo das matemáticas e a filosofía.
e- O Liceo de Aristóteles cuxo espírito pedagóxico se baseaba na observación, no
estudo minucioso dos seres naturais ou outras realidades, na comparación co que
dixeran filósofos precedentes,… Se cultivaban todos os saberes do momento, aínda que

4
se distinguiu entre o estudo das ciencias naturais (zooloxía e botánica) e as ciencias de
carácter máis práctico (ética e política).
A lingua grega converteuse na lingua cultura do imperio de Alexandro, e a cultura grega
divulgouse e mesturouse coas culturas autóctonas dos países anexionados, creou
cidades segundo o modelo grego, que invitaban ao sedentarismo dos pobos nómades.
Aristóteles era contrario a esta fusión do grego co bárbaro.
Alexandro estendeu a cultura helénica e fundou Alexandría, que pasou a ser a nova
capital de todas as manifestacións culturais, a excepción da filosofía, cuxo centro se
mantivo en Atenas, cidade admirada por Aristóteles e na que residiu canto puido.

3. O Helenismo.
O termo Helenismo acuñouse no século XIX para referirse ao período histórico
comprendido entre a morte de Alexandro Magno(323 a.C) e a última conquista de Roma:
Exipto (30 a.C).
Despois da morte de Aristóteles a filosofía grega deixa de ocuparse das cuestións
metafísicas para centrarse na reflexión ética e antropolóxica
Nesta época conxúgase a grandeza e a crise:
- Por unha banda, a cultura grega e a súa visión do mundo expandíronse cara Oriente
Medio e o Norte de África creando unha comunidade cosmopolita de grandes
dimensións, onde a cultura e a lingua grega ó o vinculo de unión. O novo centro cultural
será Alexandría.
- Por outra banda, este período representa a final da Grecia Clásica, o final da
democracia ateniense, da cultura e da forma de vida xurdida na polis. Como
consecuencia aparece un novo tipo de filosofía moi distinta a que caracterizou a Grecia
Clásica. Abandónase a creación de grandes sistemas filosóficos ao estilo de Platón e
Aristóteles, para intentar dar unha orientación útil para a Vida. A filosofía teórica da paso
a filosofía practica. O sabio considérase agora o que sabe vivir ben, en equilibrio, en
paz. As novas escolas filosóficas preocuparanse por unha cuestión ética fundamental:
como acadar a Felicidade. As escolas morais que destacan son:
 Estoica,
 Epicúrea
 Escéptica.
No s.III d.C xorde en Alexandría o último sistema filosófico helénico: o Neoplatonismo.

5
O pensamento científico tivo gran importancia e realizáronse grandes avances e
descubrimentos. En Alexandría, nos séculos III e II a. C. comezou a facerse ciencia tal e
como a entendemos hoxe, baseada na experimentación, independente da filosofía e
buscando a aplicación practica dos descubrimentos. Se na etapa anterior a investigación
era mais especulativa guiada polo afán de saber, agora investigase na procura dunha
praxe técnica. Así aparecen novos saberes: historia, xeografía, gramática, medicina,
astronomía....e novas técnicas na fabricación de artefacto (poleas,catapultas, bombas de
auga...) Destacan Euclides en matemáticas, Arquímedes en Física; Aristarco en
Astronomía, e Galeno en Medicina.
Este momento de esplendor non tivo continuidade pola crise do Imperio Romano. Tívose
que esperar mais de 10 séculos, ata o Renacemento para que matemáticos, físicos e
astrónomos volveran a asumir o liderado no coñecemento. O que se coñece como
Revolución científica.

3.1. Vida e obra.


Aristóteles (Estaxira, 384 – Eubea, 322) foi
enviado desde a pequena polis macedónica a
Atenas cando tiña 18 anos. Alí ingresou na
Academia platónica, na que permaneceu 20
anos, ata pouco antes da norte de Platón
Foi chamado por Filipe II, rei de Macedonia e
amigo seu, para que se encargara da
educación do seu fillo Alexandro, un mozo de
14 anos, herdeiro do trono mais poderoso de
toda Grecia.
Finalizado ese período regresa a Atenas e
funda a súa propia escola, O Liceo, en honor a
Apolo Licios. Se na Academia o interese centrábase na matemática e na dialéctica,
Aristóteles vaise interesar pola observación: bioloxía, xeoloxía, zooloxía, botánica…O
Liceo ten unha metodoloxía distinta e o obxecto de estudo é distinto. Ademais contaba

6
cun xardín, con paseo porticado, peripatos, onde Aristóteles reunías cos estudantes: os
peripatéticos.
A súa filosofía estivo sempre presente na historia do pensamento, ata o punto de que se
coñece como O Filósofo.
Respecto as súas obras, adoitase agrupalas en tres bloques ou períodos:
a. Escritos de xuventude: escritos en forma de diálogo cunha clara influencia
platónica.

b. Tratados científicos e filosóficos. Constitúen el coñecido como Corpo aristotélico;


son obras de investigación e exposición rigorosas que se poden agrupar en:

- Tratados de lóxica: Primeiros analíticos, Analíticos posteriores, Categorías,


Tópicos, Acerca da interpretación.

- Tratados de física: Física, Acerca do ceo, Acerca da xeración e corrupción,


Meteoroloxía.

- Tratados de bioloxía: Acerca da alma, Historia dos animais, Acerca das partes
dos animais, Acerca do movemento dos animais, Acerca da xeración dos animais.

- Tratados de filosofía: Metafísica, Ética a Eudemo, Ética a Nicómaco, Política,


Retórica, Poética.

a. Tratados que recollen datos da observación.

1. Punto de partida do seu pensamento.


A súa filosofía parte do platonismo. Neste sentido acepta que o coñecemento
soamente pode selo dunha realidade obxectiva e universal, pois o coñecemento
consiste en afirmacións necesarias, inmutables e eternas. Igual que Platón,
Aristóteles pensa que a finalidade do ser humano é o coñecemento.
Mais axiña adoptou unha postura crítica fronte a Platón:
a. Rexeita a teoría das ideas.

- As cousas materiais non son meras copias ou reflexos da realidade, senón


que constitúen a verdadeira realidade. O concepto de participación non é válido para
Aristóteles por consideralo acientífico. O mesmo acontece co mito do Demiúrgo.

7
Ademais, Aristóteles formula o problema do terceiro home: para poder comparar
dúas cosas ten que haber outra a modo de metro-patrón, e así sucesivamente.

a. Se as ideas atópanse fora deste mundo, como poden ser a causa


fundamental e orixe das cousas sensibles?

b. Se as ideas son inmutables, cal pode ser a causa do movemento ou cambio


do mundo sensible? O asunto do cambio non é explicado por Platón

c. Que ocorre con ideas de absurdos e conceptos negativos?

d. Aristóteles cre que duplicando os mundos, Platón non consigue unha


explicación satisfactoria e duplica os problemas.

Moitos dos problemas que estudia Aristóteles sobre o dualismo platónico xa os vira o
propio Platón. Aristóteles tenta solucionar o gran problema herdado: o movemento
sensible. A súa principal intuición foi considerar as ideas ou formas como
inmanentes ás cousas. Rexeita ese dualismo radical, non as ideas en se mesmas,
pero as sitúa nas cousas sensibles.
a. Se Platón centrouse en temas ético-políticos, Aristóteles accede á metafísica
interesado polo devir físico e biolóxico.

1. O coñecemento.
Aristóteles afirma que todo ser humano ten por natureza o desexo de saber. Igual
que Platón, tenta harmonizar realidade sensible e coñecemento científico universal.
Para el hai unha continuidade entre coñecemento sensible e intelectual. Ë mais,
soamente hai un coñecemento intelectual na medida que hai un coñecemento
sensible. O coñecemento sensible é orixe e principio de todo coñecemento humano.
O coñecemento sensible é primeiro temporalmente pero o coñecemento intelectual
posúe primacía lóxica. O universal obtense a partires do particular mediante un
proceso que se chama abstracción.
Cando o home capta mediante os sentidos algún obxecto, formase na súa fantasía
ou imaxinación, unha imaxe do mesmo: esta imaxe non ten a individualidade dese
obxecto en tanto que non ten a súa materia (a imaxe na miña fantasía non ten a
madeira verde de 5 centímetros de grosor da que está feita a mesa). O

8
entendemento axente ou activo desmaterializa esa imaxe e descubre así a súa
forma; é dicir, o entendemento axente actualiza a universalidade que se atopaba en
potencia na imaxe. Despois, o entendemento paciente ou pasivo, coñece o universal
e isto lle permite recoñecer o sensible que estamos a ver. O universal é proxectado
sobre o sensible individual que, á súa luz, é coñecido dun xeito mais perfecto.

ENTENDEMENTO Non está claro cal é a súa natureza: as veces


AXENTE Aristóteles fala de el como algo supraindividual,
como algo inmortal. Só hai un.
ENTENDEMENTO É o que coñece. Ë individual e morre co ser humano.
PACIENTE

Para Aristóteles hai distintos graos de de saber. Todos parten da experiencia:


1. Experiencia: conxunto de impresións organizadas pola memoria; é común
aos animais superiores. Exemplo: tras repetición, sei que se meto a man no lume me
queimo.
2. Técnica, arte ou produción: é saber facer cousas artificiais, saber o para
que.
3. Prudencia ou praxe: relativa ás acción da nosa vida, actuar segundo o ben
ou o mal.
4. Episteme ou ciencia: saber universal, que demostra o porque. Aristóteles di
que a ciencia consiste en definir e demostrar a necesidade de algo; ademais é un
saber apodíctico e unha explicación das cousas polas súas causas. Divídese en:
a- Física: estudo dos seres que posúen existencia real e están dotados de
movemento.
b- Matemáticas: estudo de entidades que carecen de existencia real e non están
sometidas a movemento.
c- Filosofía primeira ou Sabedoría: estuda entidades con existencia real pero non
sometidas a cambio. A define de diferentes xeitos:
a) É a demostración dos principios supostos por outras ciencias.
b) É o estudo dos fundamentos ou causas dos seres.
c) Estudo do ser en tanto que ser: ontoloxía.

9
d) Estudo da esencia ou ousia.
e) Estudo da primeira causa, o Motor Inmóbil: teoloxía.

Esta Filosofía Primeira foi chamada posteriormente Metafísica (Andrónico de Rodas


no século I a. C. recompila os escrito nun libro e titúlao así) e así pasou a historia.

No libro VI da Ética a Nicómaco Aristóteles completa a exposición dos niveis de


coñecemento que fixera no libro I da Metafísica e que acabamos de ver. Aclara
agora que na función racional da alma hai cinco disposicións ou formas de estar na
verdade. Estas disposicións son consideradas polo filosofo como virtudes
intelectuais (mais adiante centrarémonos nelas), en tanto que son hábitos que
conducen á verdade. Vexamos cal son:
1- técnica: saber técnico-teórico universal.
2- ciencia (episteme): coñecemento universal demostrativo.
3- sabedoría práctica ou prudencia (phronesis): disposición racional sobre o bo e o
malo
4- intelección (nous): coñecemento non demostrativo dos primeiros principios.
5- sabedoría (sophia): une as exixencias da ciencia e as achegas do nous.

CADRO SINÓPTICO DA CLASIFICACIÓN DAS CIENCIAS

Ciencias teoréticas Matemática, astronomía, física, O seu obxectivo é a


teoloxía, filosofía primeira contemplación

Ciencias prácticas Ética e política O seu obxectivo é a acción


humana

Ciencias poiéticas Pintura, escultura, música, O seu obxectivo é a


ou técnicas medicina, arquitectura, arte da produción e esixen saber
navegación.... facer

1.1. Dialéctica e abstracción en Platón e Aristóteles.

O termo dialéctica tomou distintas significacións ao longo da historia da filosofía. Pola


súa etimoloxía, o concepto significa arte do diálogo onde se produciría unha
contraposición ou loita entre dúas ou máis lógoi ou "razóns".

10
Aristóteles afirmou que a dialéctica foi inventada por Zenón de Elea. Pero o primeiro en
aplicala dunha de un xeito xeral por Sócrates, quen, segundo é presentado nos
primeiros diálogos de Platón, practicaba constantemente a técnica de refutar o
enunciado dun opoñente facendo que, no curso do interrogatorio, tivese que aceptar
como consecuencia última do seu un enunciado contraditorio ou contrario á súa primeira
postura.
Platón entende a dialéctica de dúas maneiras. Primeiro como un camiño ou método
mediante o cal e gradualmente ascendemos dende a mera opinión ao verdadeiro
coñecemento da realidade. Na súa segunda acepción, Platón concibe a dialéctica como
un exame das distintas ideas e das relacións que manteñen entre si unas con outras.
Partindo das ideas mais xerais, por división achegase ás mais particulares. Por exemplo,
de "animal" pasamos a "animal bípede", e de aquí a "animal bípede sen plumas", que
constitúe unha posible definición de home e, por tanto, unha particularización deste no
marco de "o animal" en xeral.
A diferenza de Platón, Aristóteles non vai desdeñar a sensación e a imaxinación como
fontes de coñecemento. É máis, a sensación será considerada como a orixe do
coñecemento. Por tanto, pode dicirse que Aristóteles mantén unha postura claramente
empirista. Para el, este mundo que vemos, percibimos e experimentamos é o único
existente: o mundo sensible, do cal forman parte todas as sustancias individuais que
coñecemos, compostas de materia e forma e portadoras, por tanto, de racionalidade. As
esencias, ao se inherentes á materia, permiten que o coñecemento tome a súa orixe nas
cousas mesmas, sen ter que ir á procura de principios absolutamente transcendentes e
separados do mundo sensible para acceder á verdade.
Outra diferenza entre ambos é que para Aristóteles o obxecto da sensación é o
particular, os seres concretos, mentres que o pensamento consiste en captar o que de
universal hai no particular: as esencias. A facultade de sentir é unha potencia que se
actualiza pola presenza do obxecto sensible.
A abstracción significa eliminación das calidades e determinacións sensibles até chegar
á esencia que define a ese ente. A abstracción é un proceso indutivo necesario porque
non accedemos directamente ás ideas ou conceptos universais; o universal non se acha
separado das cousas, senón que radica nas substancias como a súa forma

2. Metafísica.
O obxectivo principal da Metafísica é determinar a natureza do ser, a súa esencia.

11
Comeza a análise afirmando que ser pode dicirse de moitos xeitos:
a. Sustancia, sustancia primeira ou ser substancial.
É o ser real, físico, concreto, autosuficiente.P.e. Sócrates é.
b. Ser accidental ou accidente.
Soamente pode existir apoiándose noutro como algo que lle afecta á ese outro ( ser
moreno): Sócrates é moreno. Aristóteles fai unha lista dos tipos de seres
accidentais.Esta lista chamase lista das categorías. É a clasificación dos distintos
modos de ser, incluído o sustancial; corresponden ós distintos xeitos de falar do ser.

SéP S é un ser sustancial e P un ser accidental: Sócrates é moreno.

3. A natureza.

3.1. A teoría hilemórfica.


Aristóteles define a natureza como o conxunto de todos os seres naturais. Para el os
seres naturais son os que teñen en se mesmos o seu principio de movemento, é
dicir, móvense de xeito autónomo.
A partires da observación, busca unha explicación universal baseada nas causas e
principios, é dicir, unha explicación científica dos cambios da natureza. Todas as
cousas, tanto naturais como artificiais, están constituídas por dous principios:
materia e forma.

Materia: é o material do que están feitas as cousas; p.e. nunha estatua de bronce, o
bronce; nun ser humano, a carne, o pelo, o sangue, as unllas…Pero se o pensamos,
antes de chegar a ser o que é, cada cousa foi outra e así sucesivamente polo que en
último termo, a materia de todos os seres é a esma: algo indeterminado, pasivo,
informe, inintelixible, composto dos catro elementos: aire, lume, terra e auga.
Pódese falar así de dúas materias:

a. Materia prima: materia sen forma algunha; non é perceptible polos sentidos e é o
substrato de todo cambio.
b. Materia segunda: materia xa determinada por algunha forma.

12
Forma, esencia ou sustancia segunda: é o elemento que configura aos seres, o
que fai que sexan o que son. Impón unha determinada estrutura intelixible aos seres
e lles fai cumprir determinadas actividades. É principio de Intelixibilidade,
especificidade, universalidade e dinamismo. Os individuos nacen e perecen pero a
forma permanece. É a idea de Platón dentro das cousas.

Platón Finalidade extrínseca: asemellarse ás ideas


Aristóteles Finalidade extrínseca: desenrolarse plenamente.

A forma é o abstraído polo entendemento no proceso do coñecemento.


A teoría hilemórfica afirma pois que todo canto existe é un composto de materia é
forma. Despois veremos que hai unha excepción.

3.2. O problema do movemento.


O problema que Aristóteles pretende resolver é o problema principal dende a orixe
da filosofía: que é o movemento? Que é que posibilita o cambio dos seres? Como se
produce?
A característica das substancias primeiras ou seres individuais é que cambian. Xa
víramos que Aristóteles entende os seres naturais como aqueles que teñen en se
mesmos o seu principio de movemento. Os seres naturais son seres sustanciais.
Xa viramos tamén que para Parménides o cambio, o paso do ser ao non-ser, é
imposible. Aristóteles introduce unha variación. Para el o cambio pode ser de varios
tipos:
a. Cambio sustancial: conversión dunha realidade sustancial noutra diferente.
Comezar a ser algo ou deixar de ser algo sustancial; a xeración ou corrupción.

b. Cambio accidental: a sustancia permanece pero cambia algún ser accidental


dela. Pode ser:

- Cambio cuantitativo: aumento ou diminución.

- Cambio cualitativo: alteración de calquera das calidades do ser.

- Cambio local: cambio de lugar no espazo respecto a outros corpos que están
fixos.

En todo cambio atopamos tres principios:


13
1. Algo que permanece, un substrato no que se produce o cambio: materia
última, prima. Por exemplo, cando a auga pasa de líquido a gasoso, permanece a
auga.

2. Algo que aparece: unha forma nova que se actualiza: novo estado sólido.

3. Algo que desaparece, que Aristóteles chama privación: o estado líquido da


auga.

Segundo Aristóteles, hai dúas formas de non ser algo. Vexamos un exemplo. Unha
pedra non é unha árbore nin pode selo. Unha semente non é unha árbore pero pode
chegar a selo. Polo tanto hai un non ser absoluto: non é nin pode ser. Pero tamén
hai un non ser relativo: non é pero pode chegar a ser. O movemento é imposible no
primeiro caso pero e posible no segundo.
Para Aristóteles, o que non é pero pode chegar a ser atópase en potencia; o que as
cousas son xa, de feito, chámase ser en acto. O movemento é o paso da potencia
ao acto.

ACTO POTENCIA
Ser sustancial Ser accidental

3.3. As causas do cambio.


Ademais de explicar como se produce o cambio, Aristóteles quere explicar porque se
produce, xa que concibe a ciencia coma a explicación polas causas. É o primeiro
filósofo que sistematiza a teoría das causas e tenta explicar con elas todos os
cambios da natureza. Define catro tipos de causas:
a. Causas intrínsecas ou interiores ás cousas que cambian:

- Causa material: material do que están feitas as cousas; substrato no que se


produce o cambio.

- Causa formal: forma ou estrutura ontolóxica que define o ser; aquilo a o que
se chega polo cambio.

a. Causas extrínsecas:

14
- Causa eficiente: o que pon en marcha o proceso de cambio; axente que actúa
para causar o cambio. Aristóteles tense polo primeiro pensador que a formula. É
intrínseca nos seres naturais (lume, terra, auga e aire) e extrínseca non seres
artificiais.

- Causa final: meta ou propósito do cambio; fin ao que tende tanto a nivel
individual como sendo parte do conxunto da natureza. Aristóteles ten unha visión
teleolóxica da natureza.

10- Ética
Coñécese como filosofía moral aristotélica ao conxunto da súa ética e política.
Ambas están tan relacionadas que ás veces é difícil distinguilas. Esta filosofía moral
constitúe un fito na historia da reflexión sobre os problemas filosóficos da vida moral
e política do ser humano, non só porque exerceu unha influencia enorme no pasado
senón tamén porque aínda hoxe continua sendo un modelo vivo para o pensamento.
A exposición que se desenvolve a continuación baséase na obra Ética a Nicomáco.

Para entender a perspectiva aristotélica, cómpre ter claro que para el todos os seres
vivos teñen alma, é dicir, teñen principio vital ou vida.

Coñecemento intelectivo e

Ser humano Alma racional apetito intelectual

Coñecemento sensitivo,

Animal Alma sensible apetito sensitivo e


locomoción

Nutrición, crecemento e

Vexetais Alma vexetativa xeración

Son tres realidades distintas con funcións características propias. A superior, a


humana, posúe as funcións das outras dúas; a sensible posúe as funcións da
vexetativa.

15
Na Ética a Nicómaco Aristóteles di que o fin último de todo individuo é a felicidade,
ou eudaimonia. Para esta ética eudemonista o ben propio de cada ser ven
determinado polas posibilidades da súa esencia. O ser humano será feliz na medida
en que actualice as súas posibilidades.

Para o filósofo todos estamos de acordo en que queremos ser felices. O problema
xorde porque non nos poñemos de acordo respecto a que sexa a felicidade: para
uns é o pracer, para outros a riqueza, etc. En tanto que cada ser é feliz realizando a
actividade que lle é propia dada a súa natureza (o ben ou felicidade do coitelo
consiste en cortar, do ollo en ver…) é preciso analizar a natureza das cousas.

Así pois, mantemos que a tarefa específica do home é unha certo xeito de vivir, que consiste nunha
actividade e solicitude do alma apoiadas na razón; afirmamos tamén que a tarefa do home excelente
é esa mesma, pero realizada dun modo perfecto e destacado. Se aceptamos agora que todas as
cousas obteñen a súa forma perfecta cando se desenvolven no sentido da súa propia excelencia
(arete), chegamos finalmente á conclusión de que o ben supremo alcanzable polo home consiste na
actividade constante do alma conforma coa súa excelencia característica; e si hai varias formas de
excelencia (arete), conforme ás máis destacadas e completas.

Ética a Nicómaco, I, 6

Deste xeito, no ser humano a felicidade consiste sempre no esforzo consciente para
chegar a ser a súa mellor posibilidade. A súa función propia é a actividade intelectual
ou contemplativa. A través do coñecemento o ser humano alcanza a areté, que
implica saber vivir. Neste punto cómpre aclarar dúas cuestións:

Por unha banda, cando dicimos que a felicidade humana consiste no cumprimento
da actividade racional e no pracer que naturalmente acompáñaa, estamos falando
dunha racionalidade práctica ou unha contemplación pasiva? Aristóteles entende a
felicidade humana como a da razón; estamos a referirmos á phronesis ou prudencia
da que xa falaramos. A nosa actividade debe ser orientada de maneira que a
contemplación sexa fomentada ao máximo. A pura contemplación é unha actividade
demasiado elevada para o ser humano de composto de carne e óso, de materia e
espírito.

Por outra banda, Aristóteles sabe moi ben que o ser humano non é só razón, senón
que tamén ten necesidades materiais e precisa, polo tanto, adquirir certos bens
corporais (saúde, boa vellez, beleza…) e exteriores (medios económicos, nobreza,
moitos e bos amigos, bos fillos e fillas…).

16
Para poder levar a cabo a súa ética da excelencia ou arete, Aristóteles distingue
entre virtudes da intelixencia ou dianoéticas e virtudes éticas ou morais

A virtudes morais son aquelas que expresan o noso carácter, son as habituais en
nós. Para Aristóteles os hábitos xorden pola repetición dunha mesma actividade ou
acto. Aínda que sen dúbida poden existir disposicións innatas que favorezan a
adquisición dalgunhas virtudes, as virtudes morais son froito do esforzo persoal. Con
todo, Aristóteles non identifica como Platón a virtude coa sabedoría. Para el,
ademais de saber que é o bo, hai que ter a vontade de facelo. A areté moral consiste
no feito de que a razón controle a vontade: partindo do coñecemento, atopar o termo
medio, nin o exceso nin o defecto. Este punto de equilibrio non é igual para todas as
persoas senón que é un termo medio individualizado. Seremos virtuosos/as cando
atopemos pracer en facer accións virtuosas.

Virtudes intelectuais Aprendizaxe Non hai exceso

Virtudes morais Costume Termino medio

O acto voluntario que pretenda ser virtuoso debe ir precedido dunha deliberación
que permita tomar unha decisión acertada en cada circunstancia concreta da nosa
vida. Por isto, Aristóteles esixe ademais da posesión das virtudes morais –decidir o
mellor- a posesión das virtudes intelectuais ou dianoéticas –coñecer o mellor.
Fronte as virtudes morais, as virtudes dianoéticas xorden por aprendizaxe, aquí non
hai termo medio.

Moderación na vida vexetativa e sensitiva (entre


insensibilidade e libertinaxe).
Templanza

Virtudes morais Forza de vontade para levar a cabo as accións que


a prudencia consideran dignas de ser efectuadas

17
Fortaleza o valor (entre covardía e temeridade).

Pudor Regula as emocións (entre vergoña excesiva e


impudicia).

VIRTUDES DA INTELIXENCIA
Técnica
Das cinco virtudes da
Ciencia
intelixencia, só a
Phronesis/prudencia prudencia é unha
Sabedoría virtude do carácter.

Intelección

11- Política

Aristóteles afirma que entre os intereses do individuo e os da sociedade hai


harmonía. A felicidade non pode alcanzarse fora dun marco social axeitado. A tarefa
da filosofía política consistirá, xa que logo, en desvelar que condicións sociais son as
mais adecuadas para que o maior número de cidadáns poida achegarse ao máximo
á felicidade. As máis importantes destas condicións son as leis, que se encargan en
primeiro lugar da educación dos mozos. Pero tamén é necesario analizar o concepto
de xustiza nos distintos réximes políticos.

A xustiza.

Por unha banda a xustiza integral vén ser unha herdanza da dike platónica: reflicte
a orde total do alma e da cidade. Fíxase sobre todo no cumprimento da lei.

Por outra banda, fálanos da xustiza parcial como trato equitativo. Céntrase no
respecto da igualdade dos cidadáns. Aristóteles distingue entre xustiza conmutativa
e xustiza distributiva. A primeira refírese ás relacións contractuais dos cidadáns; a
xustiza distributiva refírese a distribución de bens sociais: honor, diñeiro, gloria...

A motivación real para respectar a xustiza está na amizade, entendida como a


actitude das persoas de aceptar aos demais no seu valor real. A amizade é ante todo
un sentido de pertenza á comunidade.

18
O ser humano como ser social
O ser humano é un ser social por natureza, non pode vivir illado, xa que unicamente
en sociedade satisface as súas necesidades e desenvolve e actualiza a súa forma.
Algún animais, coma as abellas, son sociais, pero o caso do ser humano é diferente

A linguaxe permite aos seres humanos falar entre eles, e chegar a acordos sobre o
xusto e o inxusto; acordos que se plasman nas leis da polis. Ser membro dunha
polis é tan natural coma ter ollos ou pernas. O ser humano é, por natureza, animal
político.

A areté política, saber vivir en sociedade, consiste en saber dotarnos dunha orde
política, ou organización de estado, xusta, que permita un trato de igualdade entre
os cidadáns, plasmado en leis que deben ser obedecidas.

Organización do estado
Fronte a Platón, Aristóteles pensa que en lugar de buscar unha organización
perfecta é necesario buscar a seguridade e estabilidade que, cos mesmos gastos
posibles, permita ao cidadán, vivir ben.

Nun momento que supón a fin da polis, Aristóteles trata de mantelas como sede de
seguridade. Na súa obra principal sobre este tema A política, móstrase realista ao
distinguir entre a mellor Constitución en absoluto e a mellor Constitución dadas as
circunstancias.

As tres posibles organizacións dun estado son: monarquía, aristocracia e


democracia. En teoría, a mellor é a monarquía. Pero na práctica, tendo presente
como son os seres humanos, é mellor a aristocracia. Sobre a democracia, en contra
de Platón, Aristóteles pensa que é un bo sistema de goberno, pero esixe un alto
grado de educación do pobo.

Cando estes sistemas de goberno, en troques de buscar a areté política busca o


propio proveito dexenera:

 A monarquía en tiranía

 A aristocracia en oligarquía

 A democracia en demagoxia

19
Aínda que Aristóteles inclínase teoricamente polo goberno dos mellores, non deixa
de percibir que a participación da masa dos cidadáns no exercicio do poder ten as
súas vantaxes tanto de orde pragmático como teórico:

A idea de que a masa debe exercer a soberanía máis ben que aquilo que, aínda que
mellores, son poucos [...]podería ter algo de verdade. En efecto, é moi posible que, aínda
que cada membro da masa sexa unha persoa mediocre, todos xuntos, resulten, con todo,
superiores a aqueles.[..]Como son moitos, cada un ten unha parte de excelencia(virtude) e
de prudencia, e reunidos, vén ser a multitude como un só home con moitos pés, moitas
mans e moitos sentidos, e o mesmo ocorre cos caracteres e a intelixencia

Política III, 11

13-Filosofías postaristotélicas
Aristóteles morre no ano 322 a. C., xusto un ano despois da morte de Alexandro
Magno. O período comprendido entre a morte de Alexandro ata mediados do século
I despois de Cristo, coñécese como período Helenístico. As características principais
de este período xa foron tratadas na introdución, agora centrámonos nas escolas
filosóficas postaristotélicas, que xorden no século III a. de C. e se prolongan durante
os primeiros séculos da nosa era.

1 Epicureismo i estoicismo.

O epicureísmo foi fundada por Epicuro de Samos


(341-270/271 a. de C.). As súas doutrinas
coñécense pola obra De rerum natura de Lucrecio.

O estoicismo foi fundado por Zenón de Citio (século


IV a. de C.), aínda que o estoico máis coñecido é
Séneca, cordobés que morreu no ano 65 d. de C.

Ambas escolas presentan uns aspectos comúns:

a) A súa preocupación principal é a moral.

b) Entenden a moral coma ordenación da conduta para alcanzar a felicidade,


aínda que teñen un concepto diferente desta. Para o Epicureismo trátase de
conseguir o pracer e aloxar a dor nun estado de tranquilidade chamado ataraxia. Os

20
estoicos buscan o dominio e fortaleza de animo, ser imperturbables fronte o destino
e as desgrazas.

c) Propoñen un modelo de sabio, cunhas características similares: o sabio é feliz,


xa que ten auto dominio, constancia, e sinxeleza baseados no intelectualismo moral.

d) Ambas investigan a natureza humana. O epicureísmo fai unha interpretación


hedonista da existencia xa que a natureza humana consiste na procura do pracer.
Enténdese este como o equilibro entre o corpo e o espírito; unha ausencia de dor,
corporal e espiritual que se alcanza pola diminución das necesidades físicas e a paz
de espírito. En calquera caso son preferibles os praceres da mente que os do corpo.
A filosofía é necesaria para saber distinguir entre os desexos naturais e necesarios e
os non necesarios, e saber satisfacer os primeiros mediante o coñecemento sen
xerar dor. Só así alcánzase a ataraxia.

Fronte a isto, para os estoicos, a natureza humana é basicamente razón. Vivir de


acordo coa natureza humana é vivir de acordo coa razón, é dicir, aceptar consciente,
e desapaixonadamente o determinismo, o destino, pois forma parte da Orde
Racional do Mundo. A tarefa da virtude, (razón), é loitar contra as paixóns, que son
irracionais, e desfacerse delas, para chegar a un estado de impasibilidade, (apathía)
que outorga liberdade moral.

2 Escepticismo.

Escola fundada por Pirrón de Elis (360/270 a. de C). Esta escola busca a felicidade
ou serenidade da alma mediante a análise do coñecemento, que sería o que nos
permitiría alcanzar certeza sobre as cousas, pero a súa conclusión é que o
coñecemento non é posible. Polo tanto, ao non poder xulgar sobre nada propoñen a
suspensión de xuízo ou epoje.

3 Os Cínicos.

Escola fundada Antístenes no século IV


antes de Cristo que procura a
tranquilidade de espírito vivindo de
acordo coa natureza, coma un animal
máis. Diógenes de Sinope, coñecido

21
como Diógenes o cínico, é o discípulo mais coñecido.

22

You might also like