You are on page 1of 5

Historia da filosofía

.
Aristóteles 6
Contexto histórico e filosófico
A filosofía grega da antigüidade consta de 3 períodos: o arcaico (s. VI a. C), o clásico (S. V-VI 5 IV a. C) e o
helenístico (s. IV a. C – s. II d. C ).=
p 4 s

hy
A época clásica estivo marcada por varios enfrontamentos políticos. Tras a Guerra do Peloponeso, entre
Esparta e Atenas, Esparta afianza o seu dominio militar sobre Grecia durante dúas décadas, pero Tebas
rebélase contra o réxime espartano e acaba derrotándoo.
Filipo II unifica Macedonia e avanza militarmente fronte aos gregos. Cando morre o seu fillo Alexandre III
faise co poder e acaba unificando os territorios gregos do imperio Persa.
A nova etapa que se inicia no S.IV a. C. coñecese como a época Helenística e rematará no século II d. C.
Aristóteles viviu no S.IV a. C. e procede de Estaxira. Aristóteles viaxou a Atenas e foi alumno da
Academia de Platón. Máis tarde fundou a súa propia escola chamada O liceo.
Aristóteles ocupouse da educación de Alexandre Magno e decepcionouse co seu espírito imperialista, xa que
consideraba que só na cidade o ser humano poderá conseguir o ideal de autarquía. O imperio de Alexandre
-

Magno desfixera o sistema das cidades-estado típico de Grecia, convertendo en súbditos a os seus cidadáns e
-
-
- - - -

afastando a política do interese común. Aristóteles foi acusado de impiedade e para evitar un segundo crime
-
-

exiliouse na illa de Eubea, onde faleceu.


Mentres estivo na academia escribiu E diálogos que acabarían perdéndose. Aristóteles escribiu Tratados para
diferenciarse de Platón. Andrónico de Rodas, o ultimo responsable do liceo, procedeu a edición definitiva
ristorane
destes tratados. wmnr o
El inventou Andrónicode
o termino “metafísica” (detrás da física). Ultino i
responsauble do licea

.
Riadams
Entre os tratados de Aristóteles destaca Física, sobre a natureza; Metafísica, estudo da ontoloxía; Ética a
- -

Nicómaco e Política, centrados na vida do ser humano en sociedade.


f

METAFÍSICA E FÍSICA
Aristóteles analiza todo o que nos rodea, o que existe. Intúe que hai un principio subxacente co cal se pode
explicar a permanencia fronte ao cambio.
Na metafísica Aristóteles afirma que todos os seres están formados por substancia, elemento invariable que
define as cousas e accidentes, características cambiantes. Por exemplo, Sócrates é un home (substancia) e
ten 40 anos (accidente).
Aristóteles critica a teoría das ideas de Platón, xa que para el, a esencia das cousas reside na realidade física,
fixase nos sentidos.
Cada ser esta formado por materia, material constituínte de cada cousa e forma, a esencia, o que define
cada cousa. Coa mesma materia podemos facer varias formas: por exemplo, con madeira (materia) podemos
facer unha mesa, unha cadeira... (formas). Esta teoría pola cal todo esta formado por materia máis forma
chamase Hilemorfismo.
A realidade non é estática, senón que esta sometida ao cambio. Segundo Aristóteles debemos distinguir
dúas formas de non ser: o non ser relativo (pode chegar a ser), e un non ser absoluto (non pode chegar a
ser): Por exemplo, unha pedra pode chegar a ser unha escultura (non ser relativo) pero non pode chegar a ser
unha persoa (non ser absoluto).
Aristóteles define o cambio como paso da “potencia ao acto”. A potencia é a capacidade de chegar a ser
(non ser relativo) e o acto é o feito de ser.
No proceso de cambio interveñen 4 causas: material (materia), formal (forma), eficiente (axente exterior
que leva a cambo o cambio) e final (concepción teolóxica segundo a cal todo ten unha finalidade ou
obxectivo/ “se non hai causa final non hai cambio”) Exemplo: unha estatua: bronce (causa material), cabalo
(formal), escultor (eficiente), decorar (final).
Aristóteles divide os cambios en accidentais e substanciais, segundo se modifiquen as substancias ou os
accidentes.
Os cambios accidentais son: locativos (de lugar), cuantitativos ( de cantidade) ou cualitativos
(adquisición dunha calidade).
Aristóteles defende o xeocentrismo, para el o universo é un cosmos, dividido en dous mundos:
• Sublunar: onde se produce o cambio. Está formado pola terra, situada no centro, e outros elementos,
propostos por Empédocles: lume, terra, aire e auga.
• Supralunar: constituído polos demais astros, que xiran ao redor da terra. É perfecto e inclúe unha
materia incorruptible chamada Éter.
Ademais no mundo supralunar encontrase o Theós, un motor que produce o movemento e move o cosmos
como causa final, xa que o universo se transforma polo desexo de aproximarse a perfección.
ÉTICA E POLÍTICA
Tanto a ética como a política céntranse na análise do comportamento do ser humano.
Aristóteles defende que o ser humano é un ser composto por corpo máis alma, que constitúen una unión
substancial, xa que para el, o corpo e a alma son inseparables.
Existen 3 tipos de alma:
• Vexetativa: centrada na alimentación e é propia de todos os seres vivos.
• Sensitiva: ocupase das sensacións. É propia dos animais e dos seres humano.
• A racional: ten como función o coñecemento e a linguaxe. É propia dos seres humanos.
O ser humano ten alma racional, que lle permite reflexionar, decidir, orientar o seu comportamento cara a
adquisición de obxectivos ou finalidade. O obxectivo fundamental e a felicidade, o ben supremo. Aristóteles
di que se todos procuramos un comportamento virtuoso crearemos unha polis onde sexa máis fácil ser feliz.
Para obter a felicidade e necesario que obremos as virtudes.
A virtude é o termo medio entre dous vicios. Existen dous tipos e virtudes:
• Virtudes éticas: controlan as paixóns e os desexos. Son o termo medio entre dous vicios, un por
defecto e outro por exceso. Exemplo: a valentía e o termo medio entre a cobardía e a temeridade.
• Virtudes dianoéticas: son aquelas que desenvolvemos gracias a alma racional. Existen diferentes
tipos de virtudes dianoéticas:
- A arte, capacidade de construír obxectos útiles.
- A sabedoría, contemplación das verdades.
- A prudencia, capacidade de decidir as nosas accións tendo en conta as consecuencias a longo
prazo.
- A ciencia, coñecemento demostrable.
- A intuición, coñecemento indemostrable.
A virtude máis importante é a Xustiza, relacionada coa amizade: cantos máis amigos teñamos, máis nos
preocuparemos polo ben común.
Aristóteles define o ser humano como animal político (zoom politicon). Ademais o ser humano só pode ser
feliz na polis.
Os seres humanos agrúpanse en familias; un conxunto de familias constrúen as aldeas; as aldeas crean as
polis, que para Aristóteles é a comunidade perfecta, ideal; autosuficiente, nela o ser humano ten todo o que
necesita e poderá ser feliz.
O estado preocupase de tres principios: harmonía (interese polo ben común), educación e autarquía
(independencia).
Aristóteles analiza moitas das constitucións e establece un criterio para diferenciar entre réximes bos dos
réximes malos. O sistema será positivo se os gobernantes procuran o ben común: monarquía (goberno
dunha persoa), aristocracia (dunha minoría) ou democracia (goberno do pobo).
Se non se procura o ben común estes réximes poden dexerar noutros réximes negativos: a monarquía
convertese en tiranía, a aristocracia en oligarquía e a democracia na demagoxia.
demiurgo
creador
Historia da filosofía ios

mundo
Filósofos medievais del
O problema razón/fe na filosofía medieval
Durante a Idade Media (s. V-XV) estendese o cristianismo.

SELRETSOth-CT-E.fr
Os primeiros pensadores cristiáns combinan a filosofía coa fe. Defenden por medio da filosofía as súas
crenzas relixiosas. Estes filósofos presentan coincidencias co platonismo e co neoplatonismo. Platón
explicaba que o mundo sensible imitaba o mundo intelixible coa intervención do demiúrgo. Por outra parte,
o neoplatonismo consideraba que todo o emanaba do Un. O cristianismo defende que o mundo é creado por
Deus. TÍde uno mismo
"
Ao longo da filosofía medieval hai que distinguir dous períodos: Patrística (s.I-VIII) e Escolástica (s.IX-
XIV). Na primeira etapa destaca Santo Agostiño de Hipona, e se lles coñece como11 Pais da igrexa. No
-

segundo período destaca Santo Tomé de Aquino.


Santo Agostiño defende a importancia da fe e da razón e que as fontes de coñecemento son necesarias. Pero
f t p .f- f t f t - C - r f

aínda así di que en caso de dubida priorizase a fe. Existe unha corrente platónico-agostiña.
Continuando con esta corrente destaca San Anselmo, que da unha demostración ontolóxica da existencia de
-

deus. “Deus é un ser perfecto”. Segundo San Anselmo a fe guía a razón.


era F ÍÜonadoÍˢ-
Outro autor que destaca é Pedro Abelardo, que prioriza a razón.
t f f f t ˢS h f ˢ-

As escolas catedráticas da Idade Media seguiron o modelo de estudos da antigüidade: as disciplinas de letras
configuraban o trivium e as de ciencias agrupábanse no quadrivium.´
No século XIII aparecen as primeiras universidades. O termo escolástico que antes significaba mestre pasou
a designar o que ensinaba a filosofía ou teoloxía nas escolas ou nas universidades.
No século XII aparece Averroes, ao que lle chaman o “Comentarista”. Dedicase a traducir e comentar a
Aristóteles. O averroismo latino defendeu a teoría da dobre verdade, segundo a verdade filosófica ou da
L
TAnt
L e
ErNnTeSt

razón; defendida por Aristóteles, o mundo é eterno e a alma mortal; segundo a verdade teolóxica ou de
S t ro ss

fe, o mundo foi creado por deus e a alma e inmortal. “quen prioriza a razón que non crea en deus, e quen
priorize a fe que crea en deus”
Por outra parte, Santo Tomé de Aquino está influído por Aristóteles, polo tanto fiase mais dos sentidos.
Defende as realidades materiais e non as espirituais. Defende que podemos coñecer a deus por comparación
con outras realidades. Santo Tomé di que existe unha zona de confluencia entre razón e fe, o que el chama
preámbulos de fe. (existencia de deus). Existen tamén os artigos de fe, (a esencia de deus).
As cinco vías tomistas son 5 demostracións da existencia de deus a partir dun feito observado. A primeira
vía centrase no movemento. Defende a deus como a causa primeira dun cambio.
Outros filósofos medievais son Duns Escoto e Ockham, que separan a razón e a fe. Con eles prodúcese o
fin da escolástica.

You might also like