You are on page 1of 10

MICHEL FOUCAULT

PENSAMENTO
e
CULTURA
1. INTRODUCIÓN

§ O pensamento de M. Foucault (1926-1984) é internamente diverso,


plural e HETEROXÉNEO: non hai “un” Foucault, senón varios.
§ Un obxectivo xeral ao longo da súa obra é o de narrar a historia das
exclusións, do afóra nas súas distintas formas.
§ Influenzas: Fenomenoloxía, Existencialismo, Estruturalismo, aínda que
rexeita o recurso ao pensamento binario, de opostos, que exclúe a
diferenza.
§ É considerado, xunto a J. Derrida e G. Deleuze, o máis relevante
pensador POSESTRUTURALISTA.
2. O Posestruturalismo

§ Características comúns:

i. Preocupación polas DIFERENZAS irredutibles.


ii. Rexeitamento da distinción entre o empírico e o transcendental.
iii. Carácter central do problema da LINGUAXE e análise da cuestión da
ESCRITURA.
iv. Crítica da noción de SUXEITO como entidade soberana na produción de
discursos (o suxeito non produce senón que é producido)
v. Discusión sobre a primacía do “autor”, e do “eu”, como fonte de sentido, e
afirmación da imposibilidade de dominar nin o discurso nin a
linguaxe.
§
3. O pensamento arqueolóxico.

§ Semellanza do seu traballo co de historiador, dado o seu interese por RESCATAR


DISCURSOS SEPULTADOS máis que por recuperar autores olvidados.

§ O seu método recibe o nome de ARQUEOLOXÍA en tanto pretende dar conta das
CONDICIÓNS DE POSIBILIDADE que determinan a emerxencia dun DISCURSO ou
praxe.

§ Trátase de PENSAR o IMPENSADO mais que é esencial para entender o nacemento e


evolución de certo réxime discursivo.

§ Pártese da idea de que os SABERES NON son disciplinas OBXECTIVAS e os seus


autores neutros, senón que para entendelas hai que dar conta das CONDICIÓNS
HISTÓRICAS, e dos INTERESES sociais e XOGOS de PODER que laten tras eles.

§ Así, estuda a loucura, a orixe da clínica e das súas prácticas, a prisión, a


sexualidade, a economía política, etc.
3.1 Obras da etapa arqueolóxica.

§ Historia da loucura na época clásica (1961), analiza os discursos e prácticas sobre a


LOUCURA entre o Medievo (exclusión) e o inicio da Modernidade (internamento).

No s. XIX nacen os psiquiátricos, e a loucura se converte en ENFERMIDADE MENTAL e


medicalízase o encerro: o tolo non pode convivir co cordo.

A loucura vése como o OPOSTO Á RAZÓN consiste na ausencia de orde discursivo, que
ademáis serve como criterio para discernir o racional.

§ En O nacemento da clínica (1963), analízanse as condicións que fixeron a ENFERMIDADE


obxecto de coñecemento científico (s. XVIII e XIX) e que favoreceron novas prácticas e
discursos sobre ela, instaurando a MEDICINA coma unha nova ESTRUTURA DE PODER
dos individuos e as poboacións.

Foucault denuncia o xeito mediante o que o SABER lígase co PODER sendo a medicina o
paradigma das ciencias humanas, e facendo do “ser humano” o principal suxeito de
investigación e o obxecto de prácticas para dirixilo e sometelo.


§ En As palabras e as cousas (1966) estúdanse como os DISCURSOS XERAN
LEXITIMIDADE sobre os códigos que regulan a estrutura e funcionamento da
sociedade.
Así, analízanse as distintas EPISTEMES (un paradigma que inclúe teorías, ideas,
métodos e criterios de demarcación) que rexeron na historia da cultura.
Na episteme moderna a realidade modélase en base ao ser humano (humanismo),
quen contén todas as respostas. De aí que emerxan as “ciencias humanas”: corpos de
coñecemento sobre o suxeito irradiador da realidade.
Tese da “morte do ser humano”: posibilidade de erixir unha episteme
POSANTROPOCÉNTRICA: o suxeito é un construto máis e a realidade non é só a
humana.
§ Arqueoloxía do saber (1969), anticipa a METODOLOXÍA de investigación FUTURA, na
que o interese se dirixe cara os DISCURSOS OCULTOS ou silenciados NO DITO e a
localizar a figura do AUTOR, como PRODUTO DO DISCURSO.
4. A xenealoxía do poder

§ Na súa etapa xeneolóxica, Foucault, tenta indagar na ORIXE de certos DISCURSOS e na


SUPRESIÓN de outros, o que está vinculado con certas relacións de poder.

§ En Vixiar e castigar (1975) estuda a DISCIPLINA como técnica para a PRODUCIÓN de


suxeitos, de CORPOS DÓCILES.

O poder disciplinario MODELA o FÍSICO e a PERSONALIDADE dos individuos, xerando


subxectividades OBEDIENTES e EFICIENTES, a partires de:

i. A vixilancia: panóptico. O control interiorízase.

ii. As sancións normalizadoras: asunción e repetición da norma.

iii. Os procedementos de exame: cualifican, categorizan, orixe do castigo.

Nas institucións disciplinarias (exército, escola, hospital, fábrica) todo está regrado,
NORMATIVIZADO e o que non se adapta á norma debe ser corrixido.
5. O nacemento da Biopolítica.

§ O termo biopolítica (A vontade de saber, 1976), refire a certas relacións de poder que
procuran a VIXILANCIA, a ORGANIZACIÓN da sociedade e a búsqueda da máxima
EFICACIA nas accións sociais, exercendo CONTROL sobre a VIDA e a morte da
CIDADANÍA.

§ O poder ten a forma dunha anatomo-política do corpo (ciencias da saúde) e dunha


biopolítica das poboacións (que buscan administrar a vida do ser humano)

§ A vida atópase completamente REGULADA e dirixida por medio de institucións


lexitimadas pola CIENCIA que proveen de normas para FIXAR AS IDENTIDADES e as
condutas: trátase de atopar e conseguir o normal: de NORMALIZAR.

§ En O nacemento da biopolítica (1978) sostén que as sociedades actuais xeraron un


novo tipo de goberno, a “GUBERNAMENTABILIDADE”, que se encarga de xestionar a
vida por medio da difusión de normas que han de ser interiorizadas polos suxeitos.
5.1. Sobre a sexualidade

§ En A vontade de saber sostén que a sexualidade na Modernidade non foi reprimida


senón ORIENTADA cara a formas aceptables pola cultura.

§ Funcións do control sobre a sexualidade:

i. Permititu a institución de ESTRUTURAS SOCIAIS VERTICAIS, como a familia


(patriarcado)

ii. Favoreceu a DISCRIMINACIÓN entre NORMAIS, quen respeta as normas instituídas,


e “ANORMAIS”, quen as transgride, servindo como vía para a xerarquización
social.

§ A sexualidade é vista como un exemplo máis, xunto á regulación da natalidade e da


mortalidade, á da saúde, ou á das etapas da vida, dos MICROPODERES (capilares
e multiformes) que obrigan á poboación a adoptar un estilo de vida determinado e
deixar de lado outros.
6. O último Foucault.

§ O seu obxectivo é atopar os mecanismos polos que as subxectividades se poidan


desembarazar do poder inscrito sobre a súa personalidade e os seus corpos.

§ En A hermenéutica do suxeito (1981) analiza as “TECNOLOXÍAS DO EU”,


procedementos que permiten ter acceso a un mesmo e promoven o
autocoñecemento e a autotransformación: a VIDA É UNHA OBRA DE ARTE.

§ Recupera o valor das antigas virtudes clásicas: fortaleza, a moderación, a


sobriedade, a temperanza, a afabilidade, a modestia, a moderación ou a
sobriedade.

§ Defende a relación das virtudes éticas coas políticas: a xustiza e a equidade social,
como vías para atopar a emancipación respecto dos macro e micropoderes
externos.

You might also like