You are on page 1of 25

AS IDEOLOXÍAS POLÍTICAS

TEMA 2
CIENCIA POLÍTICA I
• Lecturas para preparar o tema

• Mellón, J.A. & Torréns, X. (eds.)(2016) Ideologías y


movimientos políticos contemporáneos, Tecnos

• Vallés, J. M.& Martí, S. Ciencia Política, Ariel, 2018


(capítulo 18)
AS IDEOLOXÍAS POLÍTICAS

• Definición

• Evolución e forma das ideoloxías

• Principais ideoloxías contemporáneas


Definición
• Sistema de ideas, xuízos e crenzas de carácter explícito e, polo xeral,
estruturado que definen o modelo ideal de organización política
• As ideoloxías propoñen unha orientación precisa para a acción política
daqueles que se sínten identificados con determinados valores
• Cada ideoloxía reviste unha forma sistemática, organizada e cun grao
importante de coherencia interna que permite xerar unha alternativa política
global e completa
• Na ideoloxía cada persoa ou grupo constrúe unha representación de si mesma
inspirándose nos valores cos que procura establecer uns vínculos
CARACTERÍSTICAS COMÚNS DAS IDEOLOXÍAS
• Permiten ordenar os conceptos e as normas que afectan o conxunto das
relacións sociais e políticas. As crenzas que forman as ideoloxías son ideas que
se asumen como verdadeiras e por tanto exentas dunha gran profundización
• Permiten a cidadanía que vive unha situación dada definir mellor esa
circunstancia e darlle unha xustificación
• Aínda sendo un sistema de ideas remite a intereses individuais e colectivos
inmediatos. Posúen un carácter instrumental xa que definen obxectivos,
mobilizan apoios e elaboran a lóxica do amigo/adversario
• A ideoloxía constrúe un nós que pode ser unha clase social, un partido
político, un xénero, a nación, un movemento social…
Permiten rebaixar o nivel de complexidade do universo político,
destacando unha serie de elementos favorables aos seus fins e
refutando outros. A súa función é a de economizar o pensar

A maioría das ideoloxías adoitan expresarse abertamente e posúen


un carácter proselitista para conseguir a súa máxima difusión

Apélase a elas para interactuar dentro da escena política, ben desde


un proxecto de conservación ou de cambio
A IDEOLOXÍA OBEDECE A UNHA SERIE DE PRINCIPIOS
ORDENADORES DO MUNDO
1- Defensa dunha determinada concepción da natureza humana (diferenzas
biolóxicas, cultura)
2- Definición dunha visión particular acerca das relacións entre os individuos
(igualdade, competencia, raza, xénero, status social-diferenzas entre suxeitos)
3- Proposta de relacións entre cada cidadán e o colectivo (primacía do individuo
ou primacía da comunidade)
4- Mantemento dun determinado punto de vista sobre a capacidade de acción
política para influír no desenvolvemento da sociedade
5- A ideoloxía revela que o pasado é a historia dalgunha clase de opresión. O
presente debe ser capaz de mobilizar as persoas oprimidas co obxectivo de levar
a cabo un proceso chamado liberación
EVOLUCIÓN E FORMACIÓN DAS IDEOLOXÍAS
• O punto de arranque da formación dunha ideoloxía é a defensa de intereses
propios que se combina cos principios (Sartori)
• Compréndense varios niveis de interpretación de ideoloxías do máis negativo
ao positivo en relación aos medios para a consecución deses intereses
• 1- Engano deliberado en beneficio propio
• 2- Racionalización de intereses propios, dun grupo respecto dunha visión
determinada do mundo
• As ideoloxías van asociadas como a política mesma- ao conflito político. Os/as
defensores/as de cada ideoloxía persuaden aos/as demais acerca da validez
dos seus argumentos e fins vinculados a eles
• A orixe das ideoloxías ten que ver con determinadas circunstancias
históricas que levan á cidadanía a expor as demandas da maioría da
sociedade e estas non son recollidas polo sistema político
• Baixo condicións de subordinación, desencanto algúns cidadáns
desenvolven unha ideoloxía como sistema de crenzas e valores que
reforza as súas aspiracións de seguridade

• Poñer exemplos
P R I N C I PA I S I D E O L O X Í A S C O N T E M P O R Á N E A S

• A explotación da clase traballadora no marco do capitalismo industrial do século


XIX levou indirectamente á elaboración do socialismo
• O gran choque entre cosmovisións antagónicas europeas, tras a crise económica
e nacional en Alemaña despois da I Guerra Mundial, desenvolverá un gran clima
de tensión que desembocará na II Guerra Mundial e a aparición dos fascismos
• O sufraxio masculino levou, entre outros factores, a movilización e irrupción do
feminismo como movemento social e organización política
• As ideoloxías teñen un carácter dinámico
• As ideoloxías son un instrumento de acción histórica e política, elabóranse e
difunden co fin de influír no curso político e histórico da sociedade
O LIBERALISMO
• O liberalismo constitúe unha das ideoloxías fundadoras da Modernidade e é unha das
ideoloxías políticas occidentais que mellor evolucionou manténdose como un referente
fundamental
• O liberalismo adquiriu hexemonía filosófica

• Esta tradición convértese no patrón mediante o cal se avalía moral e politicamente até o punto
de realizarse a distinción entre sociedades liberais e non liberais.

• A primeira ideoloxía que se propón expresamente a construción dunha nova orde política que
supere o articulado polas monarquías absolutas da época
• Produto da ilustración europea e inspira a revolución americana e francesa de finais do XVIII
• O liberalismo permite comprender a democracia moderna, os Estados modernos así como a
construción da cidadanía
• Múltiples variantes do liberalismo
• Clásico, conservador , progresista...
• Valores fundamentais
• A prioridade da liberdade sobre a autoridade
• A secularización da política
• A promoción de constitucións e principios de dereito que
establezan límites ao gobernó e ao Estado e determinen dereitos
do cidadán fronte a estos
• A convicción de que o progreso técnico e moral da humanidade
prodúcese como consecuencia dun constante debate de ideas e
intereses en ocasións contraposto
• Individuo autónomo, autoperfeccionable, materialista e dotado de razón
(racional e razoable)

• As asuncións básicas desta ideoloxía son a confianza na razón humana e no


feito de que os individuos nacen libres e iguais porque posúen uns dereitos
naturais, a saber, a propiedade, a liberdade, a vida que non lle son outorgados
polo Estado ou a sociedade, senón que son inherentes aos individuos

• O valor liberal fundamental para a correcta ordenación da sociedade é a


protección da liberdade individual
• A liberdade enténdese como liberdade negativa (Berlin, 2001), refírese á non
interferencia, á ausencia de obstáculos sobre os individuos independentes
• O Estado enfocado a valoración da liberdade persoal, é preciso impor límites á
acción do Estado. O Estado liberal cumpre a función dun vixiante ou dun garda
xurado, non pode ter fins propios distintos aos asociados ao conxunto das
liberdades persoais dos individuos
• No liberalismo do século XX, consolidado xa o sistema de mercado como
institución fundamental de intercambio, foi necesario a introdución dalgúns
cambios en relación á confianza na autorregulación do mercado e da
competición perfecta
• Emerxe unha conciencia de que o sistema capitalista de produción xera
importantes desigualdades sociais que cuestionaban a defensa da libre
iniciativa individual proposta polo propio liberalismo
• Introdúcese a idea da igualdade de oportunidades, ou de que é preciso facilitar
as condicións da competición para todas as persoas
• Algunhas correntes liberais céntranse na idea de igualdade política mediante
as institucións e os principios da democracia como o sufraxio universal
• Introdúcese a idea da igualdade de oportunidades, ou de que é preciso facilitar
as condicións da competición para todas as persoas
• Algunhas correntes liberais céntranse na idea de igualdade política mediante
as institucións e os principios da democracia Variantes liberais
• Liberalismo progresista (Mill, Rawls)
• Liberalismo conservador ( Nozick, Hayek, Burke)
CONSERVADURISMO
• O conservadurismo é unha corrente de pensamento que promove
unha actitude prudencial fronte aos asuntos sociais e políticos
• Preservación do existente fronte ao cambio ou á innovación
• Termo empregado por vez primeira coa publicación dun xornal
francés en 1817 co obxectivo de promover as ideas de restauración
política e relixiosa en Francia
• En Alemaña o termo xeneralizouse a partir dos anos trinta. En
Inglaterra comezou a utilizarse en 1835. E en España Jaime Balmes
deuno a coñecer nos anos corenta coa revista El conservador
• A orixe do conservadurismo está conectado coa época das
revolucións liberais e en especial, coa Revolución Francesa
• Reacción social, política e intelectual e moral ante as rupturas
revolucionarias. O conservadurismo reaccionou sempre ante o
desenvolvemento do nacionalismo e o proceso de secularización
nas súas diversas formas
• É unha ideoloxía que mantén algúns puntos de conexión con este
como a defensa da propiedade privada e o Estado constitucional
baseado no consentimento
• Diferénciase do liberalismo en canto á defensa das tradicións e á
posta en primeiro plano da moralidade e a relixión
• Mannheim , EL pensamiento conservador (1926)
• Os conservadores non confían na capacidade emancipatoria da
razón humana e consideran necesaria a autoridade para preservar
a orde social

• O conservadurismo interpreta as sociedades a modo de


comunidades, é dicir, como grupos de seres humanos unidos por
lazos culturais, costumes, linguas, tradicións e valores que as fan
ser distintas con identidades propias
• O conservadurismo non defende os valores liberais do individuo e
a súa liberdade; en certo sentido os individuos adquiren unha
débeda coa sociedade que os construiu
• A persoa humana nace xa gravada por obrigacións legadas polos
seus antecesores
• O comezo do conservadurismo é a sociedade e despois aténdese
aos individuos e aos dereitos da propiedade nela
• A sociedade constitúe un ben supremo, supón unha entidade máis
importante que a suma dos seus partes individuais
• Ao Estado correspóndelle o mantemento da orde, controlando os
posibles excesos de liberdade

• A autoridade política fúndase nun principio de xerarquía e debe


garantir o respecto polas tradicións

• O conservadurismo manifesta pouca ou nula confianza no


progreso. Neste sentido, os conservadores son profundamente
contrarrevolucionarios , a preocupación principal da autoridade
reside en evitar os males que acompañan á innovación política ou
social
• Hoxe o conservadurismo tenta combinar o seu
antiliberalismo moral tradicional cun liberalismo radical no
económico
• O conservadurismo rexeita fundamentalmente o concepto
de igualdade. Para os conservadores as persoas son, no
máis esencial, desiguais
• Os conservadores decántanse por unha sociedade de
clases, xerárquica, desigual e defenden as vantaxes
derivadas delo: a desigualdade é natural, útil e necesaria
• Nada pode contradicir máis o concepto de liberdade que o
concepto de igualdade (Adam Müller)
• Preparación mediante a bibliografía recomendada
• Feminismo, socialismo, anarquismo e nacionalismo

You might also like