You are on page 1of 19

1º GXIM

A MODA, A
RELIXIÓN DO
FUTURO
Antropoloxía da moda

Carmen Magariños Blanco


18-5-2022
ÍNDICE
1.Introdución e obxectivos 2
2.Metodoloxía 2
3.Que é a relixión? 3
4.Que é a moda? 4-5
5.Vinculación moda e relixión ao longo da historia 6-7
6.Relixión como inspiración no mundo da moda actual 8-11
7.Relixión e marketing e publicidade da moda 12-13
8.Exemplos de restrición da vestimenta na actualidade 14-15
9.Conclusión 16
10.Bibliografía 17

1
1. Introdución e obxectivos
Despois de rematar a lectura do libro de Kottak decidín facer o traballo sobre
relixión e moda; xa que, considero que esta substitúe á relixión á hora de dividir e
xerarquizar a sociedade.
Ao igual que a relixión vai perdendo número de fieis en Occidente e a súa
capacidade adoutrinante na poboación cada vez é menor; coa democratización da moda
fíxose posible a chegada á nosa sociedade, son agora as firmas de moda as que se
encargan de crear as identidades das persoas.
Persoalmente, a relixión sempre foi un campo que me chamou moito a atención.
Ao meu parecer é sorprendente ver como ao longo dos anos sen probas científicas ou
lóxicas, as sociedades guiáronse tanto pola relixión cuxo fundamento está na simple
crenza. De feito, resúltame máis sorprendente como existe un gran número de persoas
que adicaron e seguen adicando tempo á relixión e á fe nesta.
Por conseguinte, a moda hoxe en día ten os seus fieis e persoas que adican a súa
vida a isto.
Polo tanto, tanto a relixión como a moda constitúen dous factores culturais moi
importantes e que teñen ou tiveron un gran peso nas sociedades.
O obxectivo deste traballo é realizar unha análise da relación da moda e a relixión
ao longo do tempo e o seu papel na actualidade.

2. Metodoloxía
En canto á elaboración deste traballo apoieime en primeiro lugar no libro de
Kottak que, como xa mencionei con anterioridade, é o que me axudou a atopar a
inspiración á hora de comezar a traballar sobre o tema.

Ademais disto, apoieime noutros materiais. Tales como periódicos (El País), blogs
de divulgación (Diariofemenino, Blog Lysa Flores...), estudios xa realizados (Harvard
Business Review,Centro de Estudios en Diseño y Educación...) outros libros como The
fashion chronicles ou Sociología de la moda e mesmo o diccionario da Real Academia
Galega.

Por último, cómpre destacar que todo o traballo está citado e referenciado
debidamente seguindo as normas APA

2
3. Que é a relixión?

Segundo a RAG, a relixión é o conxunto de crenzas ou dogmas acerca da


divindade, dos sentimentos de veneración e o temor a ela, de normas morais
para a conducta individual e social e de prácticas de rituais, principalmente a
oración e o sacrificio para darlle culto.

Por outra banda, o antropólogo Anthony F.C Wallace definiu a relixión


como as crenzas e rituais preocupados polos seres, poderes e forzas naturais.
(Kottak, 2011)

Na sociedade europea actual, a relixión perdeu importante número de


fieis e non só iso, tamén, perdeu moito do poder de decisión que tiña no pasado.
E os ámbitos relixiosos pasaron de ser o centro de vida de todas as familias a non
ter tan sequera presenza en moitas familias

A relixión sempre existiu na humanidade e xurdiu para darlle explicación


a todos aqueles sucesos aos que o home non obtiña resposta. Estas crenzas
evolucionaron de xeito moi diverso e dando lugar a diferentes relixións nas
diferentes culturas que existen hoxe en día. Foi por iso que, ao longa da historia
moitos filósofos tentaron dar argumentos para xustificar a existencia dun Deus
que venerar.
A relixión trátase polo tanto dun universal cultural, consiste en crenzas e
comportamentos relacionados con seres, poderes e forzas sobrenaturais. Esta
tamén abarca os sentimentos, sentidos e agrupación que se asocian con tales
crenzas e comportamentos. Os estudos antropolóxicos revelan moitos aspectos
e funcións da relixión. (Kottak, 2011)

Cando os medio técnicos e racionais de facer as cousas falan, a xente só


pode acudir á maxia e é frecuente que as persoas empreguen a maxia cando
carecen de control. A relixión é un medio que ofrece consolo e seguridade
psicolóxica en épocas de crisis. Por outra banda os rituais son actos formais nos
que a xente comparte as súas crenzas particulares a un colectivo social. (Kottak,
2011)

Tal e como se describe no libro de Kottaak, ademais das funcións


psicolóxicas e sociais, as crenzas e practicas relixiosas xogan un papel
fundamental na adaptación das poboación humanas aos seus medioambientais.
Do mesmo xeito, a relixión establece e mantén o control social mediante unha
serie de crenzas morais e éticas e recompensas ou castigos reais e imaxinarios,
que interioriza o individuo. A relixión tamén logra o control social ao movilizar
aos membros da acción colectiva.

3
4. Que é a moda?

Tal e como nos di a Real Academia da lingua Galega a moda é o uso ou


estilo que manifesta a aceptación dunha determinada maneira de vivir,
expresarse, vestir etc., por parte dun grupo máis ou menos numeroso, nun
determinado momento ou época. Tamén se describe como o estilo particular de
vestimenta, peiteado, calzado etc., popular nun determinado momento.

A forma na que cubrimos os nosos corpos pode comunicar numerosos


significados. Ao longo das diferentes culturas e da historia, a xente empregou a
roupa para mostrar poder social,, para adornarse, con fins militares ou políticos.
O estudio da vestimenta pode actuar como un portal ao pasado; esta constitúe
un elemento central na experiencia humana. (Butchart, 2018)

En primeiro lugar, temos que ter en conta que a indumentaria é unha das
linguaxes universais más antigas que os seres humanos empregaron como forma
de expresión. Coa forma de vestir expresamos aspectos como o noso sexo, idade
ou clase social, incluso gustos, ideais ou emocións. (Blog Dsigno, 2020)

A razón pola que o humano comeza a cubrir o seu corpo é por


necesidade. Tamén hai que ter en conta o comezo do sedentarismo e a creación
de poboados que darían lugar as cidades, este feito axudou a desenvolver a parte
social e sobre todo cultura. Polo tanto, a través da indumentaria créanse diversas
formas de expresión; tendo en conta o clima e os costumes. (Blog Dsigno, 2020)

A moda xorde no Renacemento xunto ca burguesía, unha nova clase


social que se impón diante da aristocracia. Esta ven directamente relacionada ca
ostentación que se pode observar na vestimenta. A ostentación é unha
afirmación fundada na loita de posición económica ou de poder social. (Godart,
2014) Aínda que, hai que ter en conta que a moda sempre existiu xa que sempre
houbo uns patróns cuns significados e forma parta da cultura dunha sociedade.

A moda e a antropoloxía xúntanse; e da lugar ao que o noso inconsciente


asocie certos tipos de indumentaria con culturas, clases sociais ou estilos de vida.
Tamén se unen cando acontecen momentos históricos relevantes dando lugar a
movementos culturais, artísticos e de moda. Un exemplo disto sería o
movemento hippie que xurdiu nos anos 60 en contra dos acontecementos
políticos-socias do momento como eran a guerra de Vietnam ou o consumismo;
este movemento tamén dou lugar ao nascemento dunha nova moda á que hoxe
en día coñecemos como moda hippie. (Blog Dsigno, 2020)

4
Outro factor que lle chama a atención ao antropólogo é a diversidade
entre os seres humanos que se visten distinto, saúdanse distinto e mesmo
comen distinto. Isto é unha ferramenta moi potente na industria da moda.

Do mesmo xeito, os seres humanos somos seres con sentimento; polo


que, a moda aposta polo campo do sentir e espera que a xente cando compre
unha peza de roupa sinta unha emoción por esta. Ao igual que outros artistas os
deseñadores tamén queren provocar emocións. Pola contra, a moda pode facer
dano e ter un impacto negativo na sociedade.

O autor de Socioloxía de moda, descríbenos a importancia da


converxencia que se refire ao feito de que a moda se caracteriza pola existencia
de tendencias. Isto refléxase cando as casas de moda ou os deseñadores
observan e identifican os conceptos de estética nunha cultura centralizando
deste xeito o que predomina na sociedade, a través dos seus deseños e
coleccións.

Por outra banda, outro factor a ter en conta é o principio de Autonomía


que se define como a liberdade de elección estética e está directamente
relacionado co concepto de estilo e propiedade intelectual do deseño. Para isto
hai que ter en conta o contexto cultural de cada momento que dan lugar a
distintas realidades ao longo do tempo que dan orixe a novos estilos. (Godart,
2014)
Do mesmo xeito, hai que destacar o oficio de creación de moda que
cambiou ao longo da historia. A moda anterior ao 2000 consistía basicamente
nun mutuo acordo entre o modista e o cliente mentres que, hoxe en día, o
deseñador ten liberdade absoluta de creación o que xera un cambio
revolucionario en termos de produtivos. (Godart, 2014)

Outro factor moi importante é a simbolización e o poder que estes signos


teñen. Neste caso podemos atopar unha gran similitude coa relixión que tamén
emprega numerosos signos. No caso da moda, as empresas teñen que ter en
conta a importancia dos signos ao momento de creación dunha empresa porque
estes van dar lugar a unha serie de significados tanto da marca como do
deseñador. (Godart, 2014)

Finalmente, cómpre destacar a importancia que ten na actualidade a


moda no mundo. A moda crea unha dimensión social que xera gran influencia na
hora de organización da sociedade do primeiro mundo. (Godart, 2014)

Do mesmo xeito, a moda hoxe en día vive en contradición porque por


unha banda axuda a incentivar a individualidade e a creación propia dun estilo e

5
pola outra banda, a sociedade imponnos uns modelos nos que se clasifica a
sociedade actual. (Blog Dsigno, 2020)

5. Vinculación moda e relixión ao longo da historia

É ben sabido que as nosas avoas e os nosos familiares máis maiores


empregaban as súas mellores roupas para ir á misa dos domingos. Pero, por que
acontecía isto ? A Igrexa ademais de ser o lugar de culto era o lugar de relación
dos veciños.

O binomio moda e relixión existiu sempre. O panorama mundial está


constituído polas diversas relixións e estas presentan un símbolos e tradicións
diferenciadores. Polo tanto, moitas delas encóntranse estipuladas por códigos
morais, nos que se estipula ademais de fundamentos espirituais, as normas en
canto a vestimenta.
Ao longo da historia, a moda e a relixión conviviron en fusións de códigos
e interpretacións que desembocan nos principais feitos sociais, artísticos e
políticos da civilización. E isto non é solo polos símbolos impostos en culturas
como a musulmán se non tamén a expresión que existe dentro das artes e a
relixión como tópicos que sempre resultaron de interese para a humanidade.
Polo que; sempre serviron de inspiración na industria da moda e as tendencias
desta. (Fashion development project, 2018)

Un exemplo disto serían as mulleres musulmás que deben cubrir o rostro,


o colo e incluso os nocellos. Por outra banda, os xudeus empregan o “kippah”
(sombreiro pequeno e circular) durante as oracións e os cristiáns deberán ter en
conta o decoro á hora de seleccionar o vestiario.

A relixión recorre á vestimenta para plasmar a súa filosofía e a través da


cal axuda a intensificar as ideas que creen e defenden.

Todos os símbolos impostos pola relixión serviron como base de


inspiración na moda; xa que, o seu magnetismo eclipsou aos grandes
deseñadores da industria. Mais sempre existiu unha controversia en canto a
estes temas; mentres moitos alaban estas creacións outros estallan en críticas.
A relixión sempre leva da man o conflito; xa que, é un tema delicado e complexo
Ademais, a relixión engloba factores socias como o poder, o diñeiro, a
ideoloxía, o territorio e a identidade. (Juárez, 2021)

Da mesma forma, estas sinais características identifícanse nos traballos


dalgúns deseñadores que analizaremos máis adiante. Ao largo da historia, os
mesmos deseñadores víronse na obriga de pedir desculpas pola repercusión que
tiveron certos deseños, cos que os diversos colectivos relixiosos se sentiron

6
ofendidos pola forma na que se viron representadas as súas crenzas. O exemplo
máis destacado foi cando Chanel con Karl Lagerfeld como director creativo,
realizou un corpiño confeccionado con versículos do Corán e tivo que pedir
desculpas polo malestar xerado á comunidade musulmán.

Cómpre destacar, que fai séculos era o Vaticano o que regulaba a maneira
do ben vestir da sociedade. Mais, hoxe en día son as revistas de moda e as
propias firmas as que regulan isto tendo en conta o seguimento das tendencias
e o cumprimento dos códigos de vestimenta adecuados a cada evento ou
situación. (Moda y religión, la extraña pareja, 2014)

A sobriedade e a escaseza de decoro viuse substituída polo descaro, a cor


e en especial, a decisión da muller á hora de vestir.

A moda cambiou e a relixión tamén pero ambas viven no colectivo


imaxinario da vella sociedade europea.

7
6. Inspiración na relixión da moda actual

No mundo da relixión cómpre destacar a importancia da arte, nas igrexas


podemos ver reflexada a evolución da arquitectura e dentro delas tamén
podemos encontrar cadros pictóricos, vidreiras...

Todo isto, serviu de inspiración na moda de hoxe en día; xa que, tanto a


moda como a relixión están directamente relacionados co arte.

Un exemplo disto foi a colección de Outono-inverno de 2013 de Dolce &


Gabanna inspirada en mosaicos do Imperio Bizantino.

Os deseñadores inspíranse nos mosaicos que revisten a catedral de


Monreale en Sicilia, nesta colección podemos encontrar bordados, xoias e unha
gran presenza da cor dorada.
Outro exemplo, a colección de Valentino de Primavera-verano 2014

8
Valentino tamén se quixo inspirar no Imperio Bizantino e isto vémolo reflexado
nas ornamentacións e as cores escuras que destacan a través das transparencias e os
detalles en dourado como se de un Pantocrator en versión feminina se tratara.
No ano 2007 Jean Paul Gaultier elixiu á Virxe María como a súa musa e a
colección é unha clara homenaxe á iconografía cristián.

As modelos desfilaron emulando un aro na súa cabeza, coroas de cristal, flores


en meta, mantillas e outros símbolos relixiosos como os vitraux.
Ademais de colección inspiradas no ámbito relixioso tamén é importante
destacar a gala MET do ano 2018 na que Anna Wintour directora de Vogue USA e
organizadora da cita dou como título Corpos celestiais: moda e imaxinería católica.
(Laborde, 2018)

9
No ano 1993, Jean Paul Gaultier baséase nos xudeus xasídicos e crea a colección
Rabbi Chic

A colección inspírase na vestimenta dos xudeus máis conservadores. Para


acompañar a pasarela iluminouse con candelabros de sete brazos e sirveuse o único viño
que compre as normas impostas pola autoridade relixiosa xurídica.
Givenchy, colección outono-inverno 1997-1998 na que Alexander Mc Queen
inclúe unha chaqueta estampada con Xesucristo na cruz.

A inspiración da chaqueta está sacada do cadro do flamenco Robert Campis


Gestas, el mal ladrón (1430) na que aparece crucificado á esquerda de Deus

10
A colección de primavera verán de 1998 de Hussein Chalayan non deixou
indiferente a ninguén

O desfile estivo composto por seis mulleres portanto una especie de túnicas
negras de distintas larguras que gradualmente ían deixando os seus corpos ao desnudo
salvo a cara.
Esta colección foi moi criticada por ser provocativa de feito, a intención do
desdeñador era reflexar a represión que sofren as mulleres musulmás.
A relixión sempre será obxecto de inspiración no mundo da moda. Por iso, quería
mostrar una serie de momentos agora xa históricos nos que a moda se inspirou
claramente no mundo da moda en certos momentos para realizar una crítica e noutros
como simple admiración da súa beleza.
Toda a información redactada neste apartado foi obtida da revisa VOGUE e da
aplicación VOGUE runway.

11
7. Relixión e marketing e publicidade da moda (texto descargas dende a
páxina 9)

Os fundamentos para crear unha relación entre as firmas de moda e os clientes


é similar á da relixión sos seus fieis.

Primeiramente, cómpre destacar que a moda seduce e con ela as firmas de


moda. Seducir é a acción de apoderarse de alguén a través de captar a súa atención e
desexos .A moda permítenos descubrir e enaltecer o poder de sedución.

O marketing defínese como a actividade que busca satisfacer as necesidades das


persoas, non de crealas, e a necesidade de crer en algo, de espiritualidade, de ter unha
guía, é das máis grandes e antigas da humanidade. E a relixión que cubra mellor esta
necesidade gañará máis adeptos e quitarallos a outras.

A relixión sempre moldeou o comportamento dos seres humanos ao longo da


historia; incluso, algúns historiadores din que sempre formou parte da supervivencia
humana. Tal e como nos reflexa Kottak a relixión forma parte da cultura e esta ao mesmo
tempo é simbólica.

Polo tanto, os expertos en marketing empregan os mesmos principios básicos


para conectarse cos seus clientes ca os mesmo empregados pola relixión para captar
adeptos. Isto refléxase na importancia que adquiren certas marcas nos seus
consumidores; xa que, moitos presentan consumidores fieis que temporada tras
temporada mercan a roupa nas súas tendas. (Donnet, 2021)

Dholakia en 2016 nun escrito para Harvard Business Review realiza unha
comparativa entre os beneficios que a relixión crea nos seus fieis a as crenzas e valores
morais que as marcas e a relixión transmiten. O lema “Impossible is nothing” da marca
deportiva Nike, fai reflexo diso mais a súa orixe non é unha relación divina ou un discurso
milenario, se non as mentes de redactores intelixentes. Dholakia tamén destaca a crenza
dun ser divino, benévolo e supremo coma a lexendaria Coco Chanel.

Neste mesmo escrito para Harvard Business Review, Dholakia fai referencia aos
símbolos, mitos e rituais. É ben sabido que os rituais relixiosos son comportamentos
repetidos que seguen unha guía e teñen unha simboloxía determinada. Ao mesmo
tempo, os rituais impoñen orde e estrutura nas nosas vidas e aseguran o noso lugar no
mundo; como xa mencionamos anteriormente, a relixión axuda a moldear os
comportamentos da civilización.

Ao longo da historia a vida relixiosa e a social sempre foron da man mais, hoxe
en día a relación entre as marcas e o seu público son tamén un importante ámbito social
é por iso, que as marcas de moda basean os seus cimentos nos mesmo que a relixión.

12
Isto vese claramente en que as comunidades de marcas, os clubs de fans e as
redes sociais brindan moitos beneficios para o seu público; xa que, nestes lugares
proporcionados e administrados polas empresas de moda, a xente socializa e forma
amizades. (Donnet, 2021)

13
8. Exemplos de restrición da vestimenta na actualidade

Na antropoloxía o matrimonio é a unión entre un home e unha muller,


de tal maneira que os fillos nacidos da muller son recoñecidos como ascendencia
lexítima de ambos compañeiros. (Kottak, 2011)

O matrimonio forma parte dos 7 sacramentos católicos e sen dúbida


podemos dicir que é o máis festexado. Ademais diso tamén se sabe que existe
un protocolo do ritual que se segue en todos os sacramentos e por suposto, este
protocolo afecta á vestimenta das persoas que asisten a esta celebración

En primeiro lugar, todos os asistentas a esta cerimonia non deben levar


os ombros ao descuberto e por iso que se empregan chales ou panos,
A cerimonia relixiosa require recato e respecto, por iso, ao igual que
ocorre cos ombros, tamén se deben evitar os estilismos con aberturas, escotes
pronunciados, minifaldas ou vestidos demasiado cinguidos e os complementos
tampouco deben ser demasiado despanpanantes. (Sánchez, 2018)

A noiva xoga o papel máis importante nun matrimonio católico e a pesar


de que se considere que as noivas teñen que acudir de branco á Igrexa non existe
nada establecido nin prohibido. Pola contra, a cor branca na Igrexa é o signo de
dignidade dos fillos de Deus e da súa santidade, dons recibidos no sacramento
do bautismo; é por iso, que a cor branca dos vestidos de noiva identifícase ca
virxindade, pureza, dozura e candor da noiva. (Flores, s.f.)

No mundo musulmá as restricións de vestimenta volven a recaer sobre a


muller para que se permita a relación de interacción entre homes e mulleres.

O que comunmente coñecemos como hijab é a vestimenta islámica


modesta e baséase en que con esa vestimenta pódese cubrir todo aquilo que
poida diminuír a súa inocencia. (El mundo árabe, 2021)

Cando as mulleres se relacionan entre homes que non son parentes


cercáns, deben cubrirse todo excepto a cara e as mans. Isto conséguese vestindo
roupas folgadas e cubrindo o cabelo con bufandas. (El mundo árabe, 2021)

A vestimenta budista consiste principalmente nun hábito ancho e rústico;


os coreanos chámanlle “Kasa” aínda que tamén se coñece como “kesa”. As cores
que empregan nesta vestimenta dos monxes budistas son o negro, gris e
marróns escuros. (Hablemos de religión, 2018)

O Kasa é un símbolo da Ley de Buda ao que eles describen como: “


vestido de orballos e rocíos, nubes e neblinas, a terra, o ceo, non son máis que
un só e especial Kasa, non hai nada que exista fóra del. Non subimos ao ceo, non

14
baixamos ao inferno, e non vamos a ningún lugar e non vimos de ningún lugar”.
(Hablemos de religión, 2018)

Estes son algúns exemplos de como a relixión afecta hoxe en día na


vestimenta das nosas distintas culturas. Polo que non podemos pensar nunca
máis como en conceptos tan alonxados

15
9. Conclusión

Grazas tanto á materia de antropoloxía de moda como á investigación


realizada para a elaboración deste traballo encontrei a estreita relación que
existe entre a moda e a antropoloxía e consigo entre a moda e a relixión.

Despois da análise realizada ao longo do traballo podemos concluír en


que a moda e a relixión non son tan dispares. A relixión regulou e segue
regulando en menor medida a maneira de vestir ademais de servir de inspiración
á hora de crear coleccións como no momento de captar fieis ou públco das
diferentes marcas de moda.

Do mesmo xeito, coido que debo explicar o título do traballo, A moda, a


relixión do futuro; xa que, isto débese a que cada vez máis a moda constitúe un
marcador na sociedade e está moi presente no proceso de aceptación social tal
e como antes o estaba a relixión, a cal na sociedade europea actual perdeu parte
dese peso.

Finalmente, tamén me gustaría incluír como foi a miña experiencia á hora


de crear este traballo. Á hora de elixir o tema que quería traballar non tiven
ningunha dúbida de que ía ser o finalmente escollido pola contra, resultoume
máis complicado decidir como ía estruturar o traballo e os puntos a tratar.

Da mesma maneira, pensei que tería encontrado moita máis información


e mesmo estudos sobre o tema mais, non foi así. Polo que, tiven que recorrer á
propia reflexión persoal e análise dos coñecementos obtidos ao longo da miña
ensinanza académica.

A pesar de que, tiven momentos en branco na realización do traballo e


adiquei moitas horas sen beneficio coido que debo estar orgullosa do traballo
finalmente realizado.

16
Referencias
Blog Dsigno. (29 de Abril de 2020). Obtido de ¿Qué es la antropología de la moda?:
https://www.dsigno.es/blog/diseno-de-moda/que-es-la-antropologia-de-la-
moda?msclkid=535fcd5ac53d11ec9d989ed0d21040b9

Butchart, A. (2018). The fashion chronicles. The style stories of history´s best dessed. Kindle
Edition.

Dholakia, U. M. (18 de febrero de 2018). Brands are behaving like organized religions. Harvard
Business Review.

Donnet, P. M. (2021). La ley de la atracción.Mensajes ocultos, la simbología en moda como


lenguaje identitario. Centro de Estudios en Diseño y Comunicación.

El mundo árabe. (julio de 2021). Obtido de El código de vestimenta de la mujer musalmana:


https://elmundoarabe.org/vestimenta-de-la-mujer-musulmana/

Fashion development project. (2 de abril de 2018). Obtido de Holy Fashion: La influencia de la


cultura religiosa en la industria de la moda: http://taller-fdp.com/holy-fashion-la-
influencia-cultura-religiosa-en-la-industria-de-la-
moda/#:~:text=Sin%20embargo%2C%20la%20industria%20de%20la%20moda%20tam
bi%C3%A9n,pictogr%C3%A1ficos%20como%20Ignacio%20Zuloaga%20y%20Francisco%
20de%20Zurbar%C3%A1n.?ms

Flores, L. (s.d.). Blog Lysa Flores . Obtido de ¿Por qué los vestidos de novia son blancos?:
https://www.lysaflores.com/blog/por-que-los-vestidos-de-novia-son-
blancos/#:~:text=El%20color%20blanco%2C%20simbolizaba%20y%20simboliza%20la%
20pureza,matrimonio%20con%20Luis%20XII%20de%20Francia%20en%201499.?msclki
d=423aa637c53e11ec8ffd1502f4fa9899

Godart, F. (2014). Sociología de la moda. edhasa.

Hablemos de religión. (20 de noviembre de 2018). Obtido de Descubre todo sobre el tema de
Vestimenta Budista, aquí: https://hablemosdereligion.com/vestimenta-
budista/?msclkid=864127dcc54011ecb1cbeec519b3d7fb

Juárez, O. (19 de julio de 2021). La moda y la religión una relación llena de controversias .
STATUS OF EMPIRE.

Kottak, C. P. (2011). Antropología cultural. México, D.F.: Mc Graw Hill.

Laborde, A. (8 de mayo de 2018). La gala MET 2018, una experiencia religiosa en Nueva York.
EL PAÍS.

Moda y religión, la extraña pareja. (2014). Marketing for fashion.

Real Academia Galega. (s.d.). Obtido de https://academia.gal/inicio

Sánchez, T. (2018). Manual para vestir en una boda religiosa o civil según el protocolo.
Diariofemenino.

17
.

18

You might also like