You are on page 1of 6

T.3.

Masa, público e audiencias

Contidos: Multitude a masa. Público e racionalidade. O concepto de opinión pública.


Atracción da atención e organización grupal. Tipos de audiencias.

Ao falar de opinión pública, o que moitos autores consideraron é que a opinión pública
ten unha serie de problemas na sociedade de masas: moita xente non percibe con
suficiente atención o que acontece. Moitos tamén din que a opinión pública está hoxe
dominada por unhas elites que deciden que sae á opinión pública e que non sae.

- Masa. Grupo numeroso e distinto de persoas.


- Público. Grupo numeroso e distinto de persoas que presta atención a unha
cuestión e ademáis razoa e discute. Polo feito de argumentar e razoar, é de
suponer que o público ten racionalidade, aínda que tamén pode facer
apreciacións inconscientes. Para distinguir entre público e masa debemos ter
en conta a multitude.
- Audiencia. É un concepto de orixe mercantil; os primeiros estudos de audiencia
comezan a facerse nos anos 20 en EUA. Nestes anos, as emisoras radiofónicas
querían saber cantos oíntes tiña e dende onde os escoitaban. Podemos definir
audiencia, en consecuencia, como un conxunto de persoas que están en
disposición de recibir unha mensaxe emitida por un ou máis medios de
comunicación.

Á hora de falar de audiencia, podemos distinguir datos cuantitativos e cualitativos


(canta xente e por que motivo escoita o programa, grao de satisfacción, etc.).

Os estudos de audiencia ofrecen datos cuantitativos, pero non dan datos cualitativos.

TIPOS DE AUDIENCIAS

- Audiencia bruta (potencial): número de persoas que están en disposición (que


poderían) de recibir unha mensaxe emitida unha ou máis veces por un ou máis
medios de comunicación. Pode ser un nº maior das persoas que viven no país.
- Audiencia neta: número de persoas que recibiron definitivamente unha
mensaxe despois de que se emitise unha ou máis veces por un ou máis medios
de comunicación. O nº de receptores efectivos dun anuncio, por exemplo,
nunca pode ser superior ao censo de persoas do territorio.
- Audiencia acumulada: número de persoas que recibiron unha mensaxe despois
de que se emitise máis dunha vez por un mesmo medio de comunicación.
Cando falamos de audiencia acumulada, falamos das cifras de, por exemplo,
unha serie que ten unha emisión a certa hora da tarde pero que se volve emitir
dous días despois.
- Duplicación de audiencia ou audiencia duplicada: número de persoas que
recibiron unha mensaxe despois de que se emitise unha ou máis veces por máis
dun medio de comunicación.
- Share ou audiencia compartida: porcentaxe de audiencia habitual durante un
período de tempo que lle corresponde a un medio de comunicación. Por
exemplo, o de máxima audiencia diaria (prime time), durante un mes, etc.
T.3. Masa, público e audiencias

+ Conceptos

- Tempo de visión é o tempo que o tempo que a xente ve un programa longo.


- Grao de atención (atención compartida ou atención única).
- Alcance ou reach: o número de persoas ás que tecnicamente podería chegar
unha emisión radiofónica ou televisiva.
- Audiencia idónea, o público obxectivo ou target é o público idial ao que iría
dirixida unha mensaxe.

A OPINIÓN PÚBLICA

Ao falar de opinión pública, temos que falar de dous libros.

1. Libro: Historia e crítica da opinión pública (Habermas). Obra de exposición


histórica que argumenta que a opinión pública é unha característica das
sociedades modernas. Neste sentido, o autor defende que se non hai liberdade
de discusión, non estamos ante unha sociedade moderna.

Expón cómo se desenvolveu a actividade da opinión pública a finais do século


XVII e comezos do XVIII en distin tos países europeos, sobre todo Reino unido e
Francia, vencellados ás sociedades burguesas. Cafés de París ou Salóns de té en
Londres. Eran establecementos rexentados por damas (accedíase por
contrasinal) onde se lían publicación en voz alta ou se comentaban novas.
Lugares que estimularon o debate publico.

Habermas comenta que a fináis do S.XVII comeza a crearse o hábito de discutir


cousas que antes se deixaba para os órganos de gobernó ou sabios cualificados.
Argumentación pública como característica fundamental das sociedades
modernas.

A opinión pública crea a esfera pública (non excluía a mulleres) que se


caracteriza por unha semiautonomía, xa que depende en parte do mercado.

A opinión pública non só se xera pola prensa, tamén por obras literarias.

No capítulo final, Habermas decía que os lugares nos que se xerou a opinión
pública eran de acceso público (para tomar bebidas, ler novas, discutir…).
Tamén decía que a esfera pública corría o risco de refeudalización (no S.XX os
medios de comunicación estaban en mans de poucos que determinaban a
circulación.

2. Libro: A Opinión Pública (Price) – Compendia gran parte dos estudos


sociolóxicos de opinión pública do S.XX pero non expón a orixe das nocións da
opinión pública polo tanto facemos referencia:

Inicios ¿Qué é a opinión? Segundo o pensamento clásico de Platón, este


contrastaba a opinión (doxa) co coñecemento probado (episteme).
T.3. Masa, público e audiencias

Concédelle un valor secundario á doxa (para os que non poden acceder ao


coñecemento, poden orientarse pola opinión.

A) CONCEPCIÓN EPISTEMOLÓXICA – No mundo antigo a opinión era secundaria e


contrastaba co coñecemento probado. Opinión = noción de carácter
epistemolóxico.

B) CONCEPCIÓN MORAL – No mundo moderno a opinión ten que ver con aquelo
que se cre e orienta a nosa forma de comportarnos e ao conxunto da sociedade. É
dicir, no mundo moderno, fálase dende o punto de vista dos costumes, da moral.

Rousseau falou da importancia que a opinión pública ten para a ilustración.

PÚBLICO OU PARTICULAR – Para moitos, “público” sería o contrario de privado, na


medida en que a opinión pública é aquela que se expresa libremente e a opinión
privada é a que podemos compartir con amigos, familiares, etc. Non obstante, á
hora de entender o termo “público”, este se opón á opinión particular. Ex. Hospital.

OPINIÓN PÚBLICA COMO SUMA DE OPINIÓNS PARTICULARES OU UN FENÓMENO


SUPRAINDIVIDUAL: Rousseau en O contrato social chamou a OP “vontade xeral”.

MASA E MULTITUDE

• Masa: Grupo numeroso e distinto de persoas. Cos medios actuais a masa é


dispersa e heteroxénea.
• MULTITUDE: Grupo de persoas que comparten espazo e lugar e que polo
anterior, poden ter o mesmo comportamento. É máis predecible e homoxenea.
Le Blon fala de que o comportamiento da multitude caracterízase por 3
factores:
1. Amparados no anonimato, ao reunirse relaxan o seu comportamiento
consciente.
2. As accións transmítense por contaxio (irreflexivamente).
3. Comportamento unitario

C) CONCEPCIÓN DISCURSIVA – A de: Habermas que decía que: a opinión é expoñer


conceptos e discutir as interpretación conscientemente.

Se a opinión pública xorde pola exposición de conceptos, polo debate sobre a


interpretación de conceptos, esta discusión e esta percepción deberan ter un
mínimo de racionalidade. Non obstante, a opinión pública pode ser sobre feitos
probados e altamente racional ou derivada de feitos non probados e máis
emocional que racional.

Se falamos de opinión pública, podemos preguntarnos se é un fenómeno discursivo


ou non discursivo; se consiste na transmisión de actitudes e comportamentos que
se fai irreflexivamente ou non.
T.3. Masa, público e audiencias

OPINIÓN PÚBLICA DISCURSIVAMENTE: The Crowd and the Public (Park): a opinión
pública é o resulyado da acción da xente que intervén (actores), pero a opinión
pública non prende se non hai espectadores.

Actores e espectadores van variando segundo o tema (uns actores á hora de falar
dun tema X poden ser espectadores á hora de falar dun tema Y) Xeralmente
mestúranse as 2 conductas. Os asuntos públicos polo tanto, xorden da actividade
recíproca de actores e espectadores.

Pode acontecer que unha cuestión relevante para a sociedade pero poida xerar
confrontamentos graves e por eso se eluda durante certo tempo. En definitiva,
cuestións de carácter público que non se converten en tal por agochar cuestións
determinadas e polémicas.

PROBLEMAS FUNDAMENTAIS DA OPINIÓN PÚBLICA

A. De SUPERFICIALIDADE
1. Por incapacidade (falta de coñecemento): se nunha sociedade moderna
se debaten cuestión moi distintas custa crer que os individuos poidan
xulgar sobre todas elas por falta de coñecemento.
2. Por falta de instrumentación: cando as institucións non teñen os
métodos nin os recursos para facer sondaxes ou estudos para captar o
estado da opinión pública.
B. De SUSCEPTIBILIDADE
1. Dominio das elites: moitas veces os medios de comunicación están nas
mans dos poderosos, das elites económicase políticas, o que leva a
infrarrepresentación doutras voces.
2. Tiranía da maioría: “espiral do silencio” (Noelle Neuman): cando os
individuos perciben que a súa opinión non é maioritaria tenden a
inhibila por medo a ser excluídos.
3. Predominio da emoción: a opinión pública, en lugar de estar guiada pola
racionalidade moitas veces está guiada pola emoción. Se predomina a
emoción pode darse o “sentimento público” que analizou Adorno en “A
teoría freudiana e o modelo de propaganda fascista”.

CONCEPCIÓN DISCURSIVA DA OPINIÓN PÚBLICA (DESARROLLO)

Imos entender que a opinión pública NON se xera por procesos subliminais, por
procesos de transmisión de comportamento dos que os individuos non son
conscientes. Expoñemos unha concepción discursiva da opinión pública.

Para Park o público era unha “forma social transitoria” (un mecanismo de adaptación
dun grupo a unha situación nova ou a outro grupo). Tamén o definiu como “un estadio
preliminar empírico” de outra forma de organización social. É empírico porque a xente
se está preguntado sobre cuestións que aínda non están recoñecidas. Non só presta
atención, senón que se pregunta que facer.
T.3. Masa, público e audiencias

Se concibimos a opinión pública dunha maneira optimista, pode ser unha forma de
organización social, un estado preliminar empírico, un elemento crucial para a
democracia... Pero a opinión pública pode supor tamén desinformación, división de
comunidades, e levar á creación de “cabezas de turco”…

Foote e Hart sinalaron 5 fases da OP (os asuntos que s edebaten chegan a ser obxecto
de discusión) no ensaio Public Opinion and Collective Behaviour. A opinión pública é o
resultado do debate público.

FASES DA OPINIÓN PÚBLICA

• Fase do problema. A xente non sabe ben o que quere nesta fase, pero á fin da
mesma, cristaliza o asunto recoñecido.
• Fase de proposta. Fase na que se formulan liñas potenciais de acción.
• Fase política. Debátense alternativas.
• Fase pragmática. Lévase a cabo a acción aprobada.
• Fase de avaliación. Avaliacións periódicas da efectividade política das decisións
executadas.

Estamos falando da opinión pública dende un punto de vista moderadamente


optimista porque entendémola como un fenómeno discursivo; isto é, non un
fenómeno irreflexivo. Aínda que poidamos pensar que a opinión pública é un resultado
dun proceso de reflexión e de debate, debemos ter en conta que hai distintos tipos de
público.

The future of the audience (Russel Neuman) – di que, en canto a historia dos medios
de comunicación no mundo modern, algunhas persoas adoitan entender que a
comunicación tivo sempre unha audiencia crecente. Defendía que este fenómeno da
audiencia de masas era unha anomalía histórica e que coa multiplicación de canles
produciríase unha fragmentación.

TIPOS DE PÚBLICO The paradoxe of Mass politics (Russel Neuman)

a) Público xeral: (equivale a poboación dun país). Opinión de masas superficial,


non ten demasiado peso ou influencia na toma de decisións e non presta
atención aos debates.
b) Público votante: (como moito o 70% de adultos). Pode identificarse co
electorado aínda que o voto non implica a consideración activa dos asuntos.
c) Público atento: (un 35% da poboación atenta aos asuntos públicos). Ten
interese xeral na política e nas campañas nacionais. Fala de política e comenta
as noticias de xornais, revistas…

Público activo (o 4% do total). Poden ter compromiso formal (estar


organizados) ou non ter compromiso formal (participan sen organización).

Consideracións: Ás veces un asunto público pode relacionarse cun asunto concreto –


Hay distintos tipos de públicos en función dos distintos tipos de asuntos – O público
atento é estable e ten hábitos.
T.3. Masa, público e audiencias

PROBLEMAS DA OPINIÓN PÚBLICA

Moitas veces, os afectados dos propios asuntos públicos non prestan atención.

Equiparar o público só cun grupo pode dificultar a comprensión dos procesos de


formación de opinión pública. A este respecto, non hai que subestimar a acción-reflexa
dos pasivos sobre os activos, é dicir, se un público activo fai moito por promover un
debate pero non ten un mínimo de público atento, esta cuestión non chegará a ser un
asunto público.

Blumer – Cando se xeran debates de opinión pública éfundamental atraer aos lectores
e seguidores dun medio a un foco de interese común. O obxectivo de interese consiste
en atraer a xente de fora da cultura local e fora da súa esfera vital cara un universo
máis amplo.

Cada vez é máis difícil diferenciar a masa do públio na sociedade industrial. Custa
distinguir ao público que presta atención e razoa da xente que reproduce
comportamentos por contaxio.

Condicións das sociedades modernas favorecen a masa porque:

• Cada vez menos persoas expresan a súa opinión e o público é como unha
colección abastracta de individuos.
• A comunicación de masas está tan organizada que é difícil responder ás elites.
• Creación de opinión controlada polas autoridades.
• A masa non é tida en conta polo gobernó. As institucións incorporan á xente na
masa para conducir o seu comportamiento.

Stuart Mill conclúe que na sociedade moderna hai poucas discusión públicas. Aínda así
hai dous casos políticos recurrentes na sociedade: cuestión de monarquía e república e
a redefinición do Estado.

As características dos temas O Pobo Semisoberano (Elmer Eric Schattshneider)

- Un asunto ten condicións para ser obxecto de debate público se é posible


dividilo nunha constelación de escisións.
- Hai conflitos que non se converten en asuntos públicos se poden xerar divisións
sociais, por exemplo.
- Se unha cuestión é moi sinxela, non chega a ser debate público.
- Unha cuestión de pouca importancia social non se debate.
- Importancia a longo prazo.

O. Negt e A. Kluge en Public Sphere of Experience. Preguntáronse se había máis dunha


esfera pública (+ que a da burguesía ilustrada) Falan dunha esfera pública burguesa e
dunha esfera pública proletaria, que tiñan formas de expresión e contados distintos.
Nas publicacións proletarias está moito máis presente a sátira e a caricatura.

You might also like