You are on page 1of 6

1.

ESTALIDO DA GUERRA EN EUROPA

1.1 Enfrontamentos coloniais


A. Ascenso da potencia Alemaña que chegara con atraso á carreira colonial reabre conflitos entre países
europeos
B. Marrocos foi o escenario principal de enfrontamentos do século XX.
+ Crises marroquís: 1905 Goberno alemán ofrece seu apoio ao sultán de Marrocos para enfrontarse aos franceses. 1906
Conferencia de Alxeciras frustrou aspiracións alemás establecendo un protectorado franco-español en Marrocos. 1911 Alemaña
enviou barcos de guerra ao porto de Agadir baixo o pretexto de protexer seus súbditos alemáns. Gran Bretaña apoiou a Francia,
pero a presión alemá conseguiu a ampliación de Camerún.

1.2 Rivalidade entre potencias e nacionalismo


- Potencias europeas adoptaron. Exaltáronse valores e identidade de cada nación
xerando un clima de desconfianza.
- Aspiracións de independencia dos pobos europeos para librarse dos vellos imperios tradicionais.
- Balcáns converteuse nun foco de importantes tensións internacionais.
- Franceses e Alemáns enfrontados pola ocupación alemá das rexións francesas de Alsacia e Lorena tras
a guerra franco-prusiana. Forte rivalidade entre Gran Bretaña e Alemaña polo control comercial de
Europa e as súas rutas.

1.3 Conflitos balcánicos


a) Nos Balcáns, ante a decadencia do Imperio turco, Austria-Hungría aspiraba a expandirse na zona.
Pero enfrontábase ás ambicións de Serbia e Imperio ruso, que tamén quixeron ampliar influencia no
Mediterráneo.
b) Anexión de Bosnia-Hercegovina ao Imperio austrohúngaro agravou tensións nos Balcáns orixinando
dúas guerras en 1912 e 1913. As guerras consolidaron Serbia, co apoio de Rusia, como potencia da
zona. Este liderado alarmou a Austria-Hungría que temían un levantamento xeral dos pobos eslavos
baixo seu dominio e buscou o apoio de Alemaña fronte a Rusia.

1.4 Alianzas militares e armamento


1. Potencias comezaron un complexo sistema de alianzas militares para posible enfrontamento.
1882 Tripla Alianza formada por Alemaña, Austria, Hungría e Italia.
2. Francia, temendo polo poder alemán, aliouse con Rusia e mellorou relacións con Reino Unido
1907 Triplo Acordo.
3. Malestar entre potencias orixinou carreira de armamentos. Estado investía en armas, barcos e
adestramento de tropas, e no S. XX todos se preparaban para a guerra.
4. Asasinato do arquiduque Francisco Fernando 1914 foi a chispa que incendiou Europa.

2. Desenvolvemento da Guerra

1º Estalido da guerra
A. 1914 Asasinato do herdeiro ao Imperio austrohúngaro en Bosnia por un estudante bosníaco relacionado
con organizacións nacionalistas serbias.
B. Austria, animada por Alemaña, acusou a Serbia e declaroulle a guerra o 28-7. Rusia interveu para protexer
Serbia e declaroulle a guerra a Austria. Alemaña, aliada de Austria, declaroulle a guerra a Rusia e Francia.
Reino Unido declaroulle a guerra a Alemaña e Austria cando os exércitos alemáns invadiron Bélxica, país
aliado de Francia. Só Italia se neutral ao principio.
C. Enfrontamento austro-serbio converteuse nunha guerra europea.

2º Guerra de movementos
a) Operacións bélicas iniciáronse na fronte occidental, exércitos alemáns atacaron Francia entrando por
Bélxica e Luxemburgo, coa esperanza de vencer rápido e concentrarse na fronte oriental.
b) 1914 Exército francés e inglés detiveron o avance do exército alemán na Batalla do Marne.
c) Na fronte oriental, os alemáns derrotaron aos rusos na Batalla de Tannemberg, pero estes reaccionaron e
chegaron ata fronteiras do Imperio austrohúngaro. Nos Balcáns, ofensiva austríaca contra Serbia detida.

3º Guerra de trincheiras
- Frontes inmobilizáronse tras a Batalla do Marne. Na fronte occidental abríronse trincheiras e iniciouse unha
fase de guerra con milleiros de mortos. Fíxose necesaria a busca de novos aliados que achegaran soldados
- Finais 1914 Turquía entrou na guerra, ao ano seguinte Italia e Bulgaria e finalmente Romanía.
Alemáns lanzaron nova ofensiva na fronte occidental, e na Batalla de Verdún, franceses resistiron durante
meses. En xullo, británicos e franceses atacaron liñas alemás (Batalla de Somme) con escaso éxito.

4º Entrada dos EUA e fin da guerra.


1. Ano 1917 foi decisivo. Combates de trincheiras provocaron desercións e motíns entre soldados.
En Rusia triunfou a Revolución Bolxevique, e os revolucionarios ocupados no seu goberno asinaron a paz
con Alemaña retirándose da guerra (Paz de Brest-Litovsk)
2. Intervención dos Estados Unidos polo afundimento do transatlántico Lusitania por un submarino alemán.
Súa presenza supuxo a mundialización do conflito.
3. 1918 Na fronte oriental británicos, franceses e italianos derrotaron aos austríacos e aliados.
Imperio austrohúngaro e turco pediron o armisticio e os combates cesaron.
4. Na fronte occidental, alemáns foron derrotados na 2ª Batalla do Marne e producíronse revoltas e
manifestacións obreiras contra o goberno alemán.
1918 Alemaña asinou armisticio e a Primeira Guerra Mundial rematou.

3. Soldados na fronte

- Centos de homes, polo xeral mozos foron recrutados e enviados á fronte. Súa experiencia nas trincheiras foi
terrible.

3.1 Sufrimento humano.


- O desenvolvemento tecnolóxico do século XIX e da Revolución Industrial, aplicouse á guerra buscando
medios máis efectivos para destruír e matar
- Fabricáronse canóns máis poderosos, metralladoras, os primeiros tanques e avións e utilizáronse gases.
Empregáronse novas armas máis mortíferas que provocaron un maior número de vítimas.

3.2 Vida na trincheira: resistir e atacar


- A rutina diaria dos soldados consistía en resistir os ataques da artillaría inimiga nas trincheiras tras unha
armazón de arames e gabias. Para debilitar ao adversario se lanzaban ofensivas nas cales a infantería
abandoaba a trincheira e intentaba avanzar a campo aberto no medio do fogo inimigo.

3.3 Atender aos feridos


- O novo armamento que se empregou na guerra, ademais de ser máis mortífero provocaba moitos
feridos pola metralla e bombas. Establecíanse hospitais de campaña e neles eran habituais médicos e
e enfermeiras. Na Gran Guerra xa operaba a Cruz Vermella, cuxo cometido era atender feridos e
prisioneiros sen distinción de bando.

4. Guerra total

A Guerra de 1914-1918 denominouse a Gran Guerra, un novo tipo de guerra, a “guerra total” ao non limitarse xa aos campos de
batalla nin aos soldados profesionais, senón que implicou toda a poboación e recursos das nacións.

4.1Implicación da poboación civil


1. Novo tipo de exército nacional implicou a participación da poboación civil masculina en idade militar.
2. Avance dos exércitos moito máis veloz grazas aos ferrocarrís ou vehículos a motor. Provocou o éxodo de
millóns de civís ante o temor ao saqueo ou represalias e deu orixe a un dos primeiros grandes movementos
de refuxiados.
3. Requiriuse enorme produción de armamento utilizándose o traballo de mulleres e alongando as xornadas
laborais.
4. Produción de bens de consumo resentiuse polas prioritarias necesidades de guerra. A fame estendeuse
por falta de víveres.

4.2 Propaganda e control da opinión


- Propaganda para que o conxunto da poboación mantivese a moral e contribuíse ao esforzo bélico.
Permitiu mobilizar a opinión pública de cada bando utilizando a exaltación da patria e o odio ao inimigo
para comprometer a toda poboación.
- Censura de prensa, manipulación de comunicados militarse e pacifistas opostos a guerra eran detidos.

4.3 Economía
+ Gobernos instauraron economías de guerra con forte intervención do Estado. Factorías debían centrarse
na fabricación de armas. Poboación feminina e masculina non recrutada foi incorporada a esa produción
+ Guerra provocou moitos gastos e os gobernos endebedáronse e pediron préstamos a Estados Unidos,
potencia máis rica á marxe do conflito ata 1917.

Contribución das colonias


Tropas coloniais participaron nos combates, as colonias ofreceron recursos económicos para auxiliar ás economías europeas.
Mobilización dos imperios coloniais estendeu o conflito a outros continentes.

Papel das mulleres


Para colaborar no esforzo bélico as mulleres comezaron a traballar nas fábricas de armamento, hospitais...
As mulleres foron conscientes de que posuían as mesmas capacidades, pero non os mesmos dereitos que os homes, e os
movementos sufraxistas en demanda do dereito a voto cobraron importancia.

5. Por qué se produciu unha revolta en Rusia

Guerra no Imperio ruso tivo fondas consecuencias. Xerou unha revolución en 1917 e transformou o sistema económico, político e
social.

5.1 Imperio autocrático


- Mantíñase o absolutismo monárquico. O tsarismo era unha autocracia, o tsar tiña un poder absoluto non
suxeito a constitución nin respondía ante un Parlamento.
- Fiel burocracia e poderoso exército aseguraban control do Imperio, e Igrexa ortodoxa era o piar ideolóxico

5.2 Agricultura feudal e industria dependente


a) Economía e estruturas sociais do Imperio ruso eran as máis atrasadas. Agricultura era a principal actividad
económica e a terra estaba en mans dunha aristocracia privilexiada, poderosa e rica.
b) Campesiños, a maioría da poboación, sometidos a réxime case feudal en condicións de vida miserable.
Servidume persoal mantíñase.
c) Nalgunhas zonas iniciase proceso industrial. Xurdira un numeroso proletariado industrial, que traballaban
en grandes fábricas a cambio dun salario miserable.

5.3 Oposición ao tsarismo


1. Primeiras correntes de oposición, populistas e anarquistas desenvolvéronse entre os campesiños. Entre
obreiros ideas marxistas.
2. 1898 Partido Socialdemócrata Ruso, co seu líder Lenin. Logo o partido dividiuse en menxeviques
(minoritarios) e bolxeviques ( maioritarios) partidarios do camiño revolucionario.
3. Comezos S.XX partido liberal-burgués = Partido Democrático Constitucionalista e na esquerda o
Partido Socialista Revolucionario.

Revolta 1905
En 1905 estalou a revolta que esixía a fin da autocracia. Tivo lugar unha manifestación pacífica, e o tsar respondeu cunha
represión (Domingo Sanguento)
Manifestacións continuaron, e os traballadores crearon consellos de obreiros de campesiños e soldados, chamados soviets. Tsar
comprometeuse ao sufraxio universal, a crear un Parlamento e a unha reforma agraria, pero non cumpriu a promesa e volveu a
autocracia.

5.4 Primeira Guerra Mundial


A. Cando Rusia entrou na 1ª Guerra Mundial, non estaba preparada para tal longa e dura guerra, nin o
exército, o transporte ou a industria de armamento, que era insuficiente.
B. Como os medios económicos destináronse á guerra, a fame apareceu e estendeuse o malestar entre
obreiros, campesiños e soldados. Esto desacreditou ao tsar Nicolao II e ao seu goberno.
C. En plena guerra, os que se opoñían ao tsarismo sabían que era a oportunidade de rematar co réxime e
facerse co poder.

6. Revolución rusa 1917

6.1 Revolución de Febreiro. Caída do tsarismo.


a) Folga xeral e motíns nos cuarteis. Tsar abdicou e proclamouse república cun goberno provisional co
obxectivo de converter Rusia nunha democracia parlamentaria.
b) Novo goberno iniciou reformas políticas e sociais. Pero mantivo compromiso cos seus aliados na guerra.
c) Descontento popular aumentou, soviets pedían a retirada da guerra e esixían a destitución do goberno.
Xerouse unha dualidade de poderes entre goberno provisional e soviets.

6.2 Revolución de Outubro. Bolxeviques ao poder.


1. Bolxeviques gañaron o apoio dos soviets. Seu líder, Lenin, propugnou as Teses de Abril, onde marcaba a
ruta a seguir: Derrogar goberno provisional e instaurar un de soviets, asinar paz con Alemaña,
repartir terras entre os campesiños, ceder a dirección de terras aos obreiros e recoñecer nacionalidade do
Imperio.
2. Bolxeviques e soviets crearon a Garda Vermella e prepararon unha insurrección.
Os sublevados ocuparon Petrogrado e destruíron o goberno provisional. Revolución estendeuse.
3. II Congreso dos soviets proclamou un goberno obreiro presidido por Lenin, con Trotski e Stalin.
4. Eleccións para a Asemblea Constituínte convocadas polo goberno provisional.
Lenin disolveu a Asemblea poñendo fin ao pluralismo político.
5. Primeiras medidas revolucionarias decretadas polo novo goberno: expropiáronse terras para repartir entre
campesiños e fábricas quedaron baixo o control obreiro. Tratado de Brest-Litovsk 1918 con Alemaña, polo
que Rusia perdía territorios.

6.3 Guerra Civil e Formación da URSS


1918 Partidarios da volta ao tsarismo levantáronse en armas contra o goberno dos soviets. O Exército Branco contou coa axuda
de tropas francesas, británicas, xaponesas e norteamericanas e enfrontouse ao Exército Vermello, organizado polos bolxeviques
baixo a dirección de Trotski.

Guerra Civil durou tres anos de gran crueldade, con escaseza de alimentos e millóns de mortos en combate.
1921 Exército Vermello logrou impoñerse militarmente pero o conflito contribuíu ao endurecemento dos soviets.

Lenin: Foi o líder Bolxevique e principal inspirador da Revolución de Outubro de 1917. En 1876 foi encarceado e deportado a
Siberia polas súas actividades contra a autocracia tsarista. En 1900 exiliouse a Suíza. Ao triunfar a revolución de Febreiro, regresou
a Rusia para dirixir a toma do poder polos bolxeviques.

Poder bolxevique
Partido bolxevique que tomara o nome de Partido Comunista da Unión Soviética fíxose co monopolio do poder, reprimiu aos que
se lle opoñían e organizou política para perseguir contrarrevolucionarios. Instaurouse o comunismo de guerra, polo que se
nacionalizou a industria, colectivizaron as terras e obrigaron aos campesiños a entregar terras ao Estado.

7. Europa ao rematar a guerra

7.1 Desastre demográfico e económico


- Guerra causou millóns de soldados mortos e vítimas civís pola subalimentación e enfermidades, e a falta de
nacementos durante o conflito provocaron un retraso demográfico.
- Guerra significou a perda da hexemonía europea. O conflito empobreceu países e o potencial industrial e
agrícola reduciuse. Os países europeos estaban endebedados, no interior e exterior (préstamos con EUA)
- Estados Unidos foi un dos grandes beneficiarios da guerra e a súa economía converteuse en líder mundial.

7.2 Organización da paz


A. Xaneiro1919 inaugurouse en París conferencia para establecer condicións de paz. Tratado de Versalles foi
o máis importante e impúxolle as condicións de paz a Alemaña. Impúxose a remodelación das fronteiras
europeas.
B. 14 Puntos de Wilson = visión do presidente de EU da paz sen vinganza. Creouse Sociedade de Nacións
Para garantir a paz e cooperación entre os Estados. Pero os vencidos non se integraron, nin a URSS nin EUA

7.3 Novos conflitos


1. Alemáns consideraron as condicións do Tratado como unha humillación, que alentaría o seu
nacionalimo e ganas de vinganza. Italia frustrouse ao non recibir os territorios que demandara.
2. Revolución rusa provocara en Europa unha situación de tensión. Revolución bolxevique animaba aos
revolucionarios en Europa. Levantamentos en Alemaña e Hungría evidenciaban un novo conflito entre
capitalismo e comunismo.
7.4 Novo mapa de Europa
- Os tratados de paz puxeron fin a grandes imperios e supuxeron a formación de novas nacións baixo o
Principio dun Estado para cada nacionalidade.
- Pero en realidade as fronteiras dos novos estados non se correspondían coas nacionalidades.

O Tratado de Versalles
Nel declarábase Alemaña responsable da guerra e obrigábaselle a pagar fortes indemnizacións.
Era desposuída do seu imperio colonial, que se repartiu entre Reino Unido e Francia.
Por último reducíase seu exército e súa mariña ao mínimo e dividíase o territorio entre os vencedores.

You might also like