You are on page 1of 6

1

A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL

As alianzas bismarckianas e a Paz Armada (1870-1914)

Tras a súa unificación Alemaña converteuse na potencia reitora da política internacional


europea, grazas á política do seu chanceler Bismarck, quen ideou un sistema de alianzas entre
Alemaña, Austria e Rusia -ao que tamén se asociou Italia- que tiña dous obxectivos fundamentais:
 O illamento de Francia, xa que perdera Alsacia e Lorena.
 O mantemento do equilibro nos Balcáns, xa que tanto Rusia como Austria tiñan intereses
alí.
Para lograr estes obxectivos Alemaña chegou a acordos coas potencias: a Dúplice Alianza
con Austria-Hungría e a Entente dos Tres Emperadores co imperio austro-húngaro e o imperio ruso.
A morte do emperador alemán Guillerme I levou ao trono a Guillerme II partidario dunha
política máis agresiva en Europa e de potenciar a expansión colonial alemá, o que provocou a
dimisión de Bismarck (1890); iniciouse así un novo período nas relacións internacionais, coñecido
como A Paz Armada (1890-1914).
Esta época presenta dúas características:
 As potencias europeas agrupáronse en dous bloques militares: Alemaña, Austria e Italia
renovaron a Tripla Alianza, asinada en 1882. Por outro lado a política exterior de Guillerme
II levaron a Francia, Reino Unido e Rusia a formar a Tripla Entente (1907) -Rusia
abandonara a súa alianza con Alemaña por mor dos problemas nos Balcáns.
 O temor mutuo levou a unha carreira de armamentos. En case todos os países
incrementouse o tamaño dos exércitos e fabricáronse novas armas (acoirazados, canóns,
submarinos, etc.).

As causas da guerra

Entre as causas do enfrontamento destacaron os conflitos relacionados co imperialismo e


o nacionalismo. Dunha banda existía a rivalidade entre imperios por espallar e consolidar os seus
dominios coloniais extraeuropeos. Doutra banda había aspiracións nacionalistas dalgúns pobos
europeos que aspiraban a librarse dos vellos imperios e consolidarse como Estados independentes.
Así mesmo, as potencias europeas tamén adoptaron posicións nacionalistas, exacerbadas
pola defensa dos seus intereses en Europa e nos seus imperios coloniais. Deste xeito, produciuse
unha exaltación dos valores e da identidade de cada nación, que xerou un clima de desconfianza
mutua.
As cuestións coloniais foron unha fonte continua de problemas. As potencias tradicionais
(Reino Unido e Francia) desprezaron aos novos Estados (Alemaña e Italia), manténdoos nun
segundo plano na expansión imperialista, pero estes desexaban formar un imperio colonial propio
e amplo.
Neste contexto de enfrontamento, unha serie de crises internacionais marcaron a
evolución cara ao conflito xeneralizado.
En Marrocos producíronse varios conflitos protagonizados por Guillerme II. En 1905, o
emperador alemán manifestouse a favor da independencia de Marrocos. Para evitar unha guerra,
celebrouse a Conferencia de Alxeciras (1906), na que se reforzou a presenza francesa, e creouse un
protectorado franco-español sobre Marrocos. A cambio de recoñecelo, Alemaña obtivo parte do
Camerún francés, pero a alianza entre Reino Unido e Francia reforzouse, ao contrario do que
desexaba o emperador alemán.
Nos Balcáns o imperio otomán diminuía e Austria e Rusia pretendían aproveitar esta
situación para aumentar o seu poder na zona. Rusia, ademais, apoiaba aos Estados eslavos – Serbia
e Bulgaria- para que non caesen baixo o poder austríaco. Pola súa banda, Austria desexaba
expandirse pola costa do mar Adriático. A anexión de Bosnia – Hercegovina ao imperio austro-
húngaro (1908) agravou os problemas nos Balcáns. Dúas guerras sucesivas fixeron que Serbia se
convertese no Estado máis forte da zona, co apoio de Rusia. Este liderado alarmou a Austria-
2

Hungría que temía un levantamento xeral dos pobos eslavos, por iso buscou o apoio de Alemaña
fronte a Rusia.

O estalido da guerra

O 28 de xuño de 1914, o herdeiro do Imperio austro-húngaro, o arquiduque Francisco


Fernando e a súa esposa foron asasinados durante unha visita oficial a Saraxevo, capital de Bosnia
(ocupada polos austríacos desde 1908). O atentado foi realizado por un estudante bosníaco
relacionado coas organizacións nacionalistas serbias.
O 23 de xullo Austria, co apoio de Alemaña, deu un ultimato a Serbia ameazándoa coa
guerra se non permitía investigar o asasinato. Serbia, apoiada por Rusia, rexeitou o ultimato. O 28
de xullo o imperio austro-húngaro declaroulle a guerra a Serbia.
Rusia iniciou a mobilizaron xeral en apoio de Serbia. Alemaña esixiulle que detivese as
operacións. Ao non recibir resposta, Alemaña declaroulle a guerra a Rusia, e despois a Francia. O
Reino Unido declarou a guerra a Alemaña e Austria cando, nas primeiras campañas militares, os
exércitos alemáns, para rodear aos franceses, invadiron Bélxica, país aliado de Francia. Italia non
apoiou a Austria nin a Alemaña, o que rompía a Tripla Alianza.

O desenvolvemento da guerra (1914-1918)

A guerra converteuse en mundial porque enfrontou as principais potencias e os seus


imperios, e porque novos países se foron sumando ao conflito.
 O Imperio otomán e Bulgaria uníronse aos Imperios Centrais (Alemaña e Austria-Hungría).
 Italia, Romanía, Grecia, Estados Unidos, China e Xapón sumáronse á Tripla Entente ou
Aliados.

Nun primeiro momento (1914) produciuse a Guerra de movementos, etapa na que os


alemáns pretendían unha rápida vitoria sobre Francia, para centrarse logo en Rusia, pero foron
detidos polos franceses na Batalla do Marne. Pola súa parte, os rusos atacaron Alemaña.
Tras a batalla do Marne as frontes inmobilizáronse dando paso á Guerra de Trincheiras ou
Posicións. Desde o Mar do Norte ata Suíza caváronse milleiros de quilómetros de trincheiras.
Nestas enfrontáronse os exércitos cun elevado custo humano: un millón de baixas entre os aliados,
e 800.000 entre os alemáns. Fíxose necesario atopar novos aliados que trouxesen soldados á
fronte. En paralelo, desenvolveuse o conflito naval. A frota británica bloqueou Alemaña, que
contraatacou coa guerra submarina.
En 1917 estalou a Revolución Rusa, e Estados Unidos entra na guerra a favor dos aliados,
tralo afundimento do transatlántico Lusitania por un submarino alemán, o que supuxo a
aportación de importantes recursos materiais e humanos e decantou a guerra a favor deste bando.
En 1918 os alemáns firmaron a paz con Rusia mediante o Tratado de Brest-Litovsk.
En 1918 os aliados derrotaron a austríacos e aos seus aliados, o que fixo que os imperios
austro-húngaro e turco pediran o armisticio -cese de hostilidades pactada entre os enfrontados-.
En Alemaña as revoltas do exército e mariña alemá, así como as manifestacións obreiras
contra o goberno, levou ao alto mando a suxerirlle ao kaiser Guillerme II que pedise a paz. O 11 de
novembro de 1918 Alemaña asinou o armisticio e Guillerme II abdicou, proclamándose a República
de Weimar.

Unha guerra total

A guerra non se limitou aos campos de batalla nin a os soldados profesionais, senón que
implicou a toda a poboación e todos os recursos das nacións contendentes.

 Implicación da poboación civil. Foi mobilizada toda a poboación civil masculina en idade
militar. Os avances dos exércitos eran moito máis rápidos ao contar cos ferrocarrís e
3

vehículos a motor. O temor aos exércitos produciu grandes movementos de refuxiados de


fuxían por temor ao saqueo, a destrución e as represalias.
 A necesidade de armamento, munición, avituallamento... levou masivamente ao traballo
ás mulleres, que conscientes de que posuían as mesmas capacidades que os homes, pero
non os mesmos dereitos deron paso ao movemento sufraxista en demanda do dereito ao
voto.
 Os Estados intensificaron a súa intervención na economía, co fin de garantir o
abastecemento da poboación e das tropas. Impúxose unha economía de guerra:
suspendeuse a liberdade de produción e de comercio, e era o Estado quen tomaba as
decisións sobre a produción
A guerra había que pagala, e os gobernos endebedáronse e pediron préstamos. Os aliados
fixérono especialmente cos Estados Unidos.
 Fame e racionamento. A guerra ocasionou un descenso da produción e importación de
alimentos. Para paliar as consecuencias deste feito os gobernos limitaron os prezos dos
produtos básicos e impuxeron o racionamento mediante cartas de racionamento que
permitía comprar a ración diaria asignada a cada persoa dependendo da súa idade e
actividade. Por outro lado, animouse a poboación a cultivar froitas e hortalizas nos seus
xardíns, a substituír alimentos (por exemplo pan feito con patacas secas, avea, cebada e
palla pulverizada). Pese a todo, millóns de persoas morreron de fame.
 Bombardeos aéreos. Os países máis castigados foron Francia e Reino Unido.
 Guerra e propaganda. Foi usada para que os homes se alistasen, pero tamén para motivar
as topas e a poboación civil. Igualmente se utilizou a censura para crear un estado de
opinión favorable.
 A contribución das colonias aportando tropas coloniais e voluntarios, así como ofrecendo
recursos económicos aos europeos. A mobilización dos imperios coloniais estendeu o
conflito a outros continentes.

Consecuencias da guerra

Desastre demográfico e económico

A Primeira Guerra Mundial causou arredor de 10 millóns de soldados mortos, máis outros
9 de feridos; ao que hai que engadir as vítimas civís, afectadas pola subalimentación e as
enfermidades, e a falta de nacementos durante o conflito, o que provocou un retroceso
demográfico xeneralizado.
Desde o punto de vista económico supuxo a perda definitiva da hexemonía europea que
quedaron arruinados e endebedados, especialmente con Estados Unidos, que veu como a súa
economía se convertía en líder das finanzas mundiais: o seu produto interior bruto duplicouse e o
dólar pasou a ser a moeda das transaccións internacionais.

A organización da paz. A paz de París (1919-1920)

Coñécese como Paz de París o conxunto de tratados asinados polos países vencidos: Saint
Germain con Austria, Trianon con Hungría, Sèvres con Turquía e Neully con Bulgaria, pero o máis
destacado será o Tratado de Versalles asinado con Alemaña. Na paz non puideron participar os
países vencidos, sendo as principais decisións tomadas por Estados Unidos, Francia, Reino Unido e
Italia, que obrigaron aos países derrotados a aceptar as condicións impostas.
Os obxectivos principais da Paz de París foron:
- Impedir o rexurdimento de Alemaña como gran potencia.
- Conseguir un equilibrio de poderes entre os vencedores, especialmente nos Balcáns e
nas colonias, para evitar posibles conflitos.
- Manter illada a Rusia, onde se implantara un réxime comunista, evitando o contaxio
revolucionario ao resto do mundo.
4

Nesta conferencia acordouse crear a Sociedade de Nacións (SDN), unha organización


internacional baseada nos Catorce Puntos do presidente estadounidense Wilson para lograr unha
paz xusta. O seu obxectivo era manter a paz e resolver os conflitos entre países mediante
negociacións. Porén, Alemaña, Rusia e Estados Unidos non participaron nela, o que unido a outros
problemas, fixo que a súa eficacia fose limitada.

Cambios territoriais
Os imperios alemán, austro-húngaro e otomán deixaron de existir e sufriron importantes
perdas territoriais.
- Alemaña entregou as súas colonias, e convertéronse en mandatos (territorios
administrados pola SDN); devolveu Alsacia e Lorena a Francia e entregou Poznan e
parte de Prusia a Polonia. O Sarre quedou baixo a administración da SDN, e outros
pequenos territorios a Dinamarca, Bélxica e Lituania.
- O Imperio austro-húngaro dividiuse en catro países: Austria, Hungría, Checoslovaquia e
Iugoslavia.
- O imperio otomán cedeu Siria a Francia, Iraq e Palestina ao Reino Unido e diversos
territorios a Italia e Grecia. Pasará a ser a República de Turquía.
- Finlandia, Estonia, Letonia e Lituania independizáronse do imperio ruso.
- Polonia rexurdiu con territorios rusos, austríacos e alemáns. Logrou unha saída ao mar
polo corredor de Dantzig (que divide a Prusia alemá), que pasou a ser unha cidade libre
administrada pola SDN.
- Romanía recibiu Transilvania do Imperio austro-húngaro e Besarabia do ruso.
En moitas ocasións as fronteiras non se correspondían coas nacionalidades. Así algúns
países como Polonia, Romanía e Iugoslavia incluían fortes minorías doutras nacionalidades, e a
creación dunha gran Polonia ou unha gran Romanía só tiña por obxecto crear Estados tapón contra
a URSS.

Outras consecuencias
No Tratado de Versalles Alemaña e os seus aliados foron considerados os únicos
responsables da guerra. Por iso Alemaña foi condenada ao pago de elevadísimas reparacións de
guerra (132.000 millóns de marcos de ouro) que se acabaron de pagar en outubro do 2010.
Obrigábaselles tamén a desarmarse de a desmantelar o seu exército e a súa mariña que quedaba
reducida ao mínimo, así como aceptar a desmilitarización de Renania -rexión fronteiriza con
Francia.
Alemaña asinou o tratado pero nunca o aceptou. Sempre o considerou unha imposición e
as súas duras condicións alentaron o desexo de vinganza no futuro.

A REVOLUCIÓN RUSA

Por que se produciu unha revolución en Rusia?

- UN IMPERIO AUTOCRÁTICO. O tsar era un monarca absoluto: exercía todos os


poderes, non había Constitución, nin o Parlamento (Duma) tiña ningún poder sobre el.
O tsar axudábase do exército, unha enorme burocracia e a Igrexa para controlar ao
pobo ruso.
- ECONOMÍA ATRASADA. Rusia era practicamente un país agrícola; as terras estaban
todas en mans de poucas persoas e os campesiños eran -case- servos ao estilo feudal:
traballaban terras que durante moito tempo do ano non producían por causas
climáticas, e pagaban moitos impostos.
5

A industria era pouca e concentrada nas grandes cidades; nelas xurdira un


proletariado industrial que traballaba nas grandes fábricas por uns soldos miserables.
- OPOSICIÓN AO TSARISMO. As ideas marxistas e anarquistas chegaron a Rusia e
triunfaron entre os traballadores do campo (anarquismo) e os das fábricas (marxismo)
pero so de xeito teórico.
Acabou por xurdir dous grandes bloques:
a. Os partidarios da revolución, os BOLXEVIQUES, dirixidos por Lenin.
b. Os constitucionalistas que pretendían crear un goberno liberal ao estilo europeo.
En 1905 estalou unha revolta que esixía a fin da autocracia; o que era unha
manifestación pacífica acabou converténdose no Domingo Sanguento, xa que o tsar
reprimiu duramente as protestas. Pero estas continuaron, os traballadores crearon
agrupacións de obreiros das fábricas, campesiños e soldados, denominados SOVIETS.
Dado que as protestas e as folgas non paraban, o tsar comprometeuse a facer
reformas e convocar eleccións por sufraxio universal. Cando os traballadores voltaron
aos seus postos o tsar paralizou as reformas e volveu todo a como estaba antes.

- COXUNTURA DA PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL. En 1914 estala a I GM, e Rusia non


estaba preparada. O malestar estendeuse entre obreiros, campesiños e soldados: non
había alimentos, os desastres militares eran continuos, e dábanse protestas e motíns
dentro do exército.
En plena guerra os opositores ao tsarismo tiveron claro que era mo momento axeitado
para rematar co réxime e tomar o poder.

A revolución rusa

A revolución de febreiro de 1917 e a caída do tsarismo.

En febreiro de 1917 produciuse unha gran manifestación en Petrogrado (antes San


Petersburgo) seguida dunha folga xeral e de motíns nos cuarteis. O tsar abdicou e proclamouse
unha república dirixida por un goberno provisional que prometeu convocar eleccións constituíntes
para converter a Rusia nunha democracia parlamentaria.
O novo goberno de carácter liberal (controlado pola alta burguesía) iniciou leves reformas
económicas, pero mantiña a Rusia na guerra.
O descontento seguiu aumentando, e os soviets (agrupacións de obreiros e campesiños de
ideoloxía marxista) pedían a destitución do goberno.

A revolución de outubro. Os bolxeviques ao poder.

Lenin -líder dos bolxeviques- volvera a Rusia desde o exilio suízo (onde se asentara fuxindo
das forzas tsaristas) e propugna as Teses de Abril nas que explica que van facer se conseguen o
poder: derrogar o goberno provisional, instaurar un goberno de campesiños e soviets obreiros,
repartir as terras entre os campesiños, sacar a Rusia da guerra, dar o control das fábricas aos
obreiros, nacionalizar a banca, e recoñecer as nacionalidades de Rusia.
Os bolxeviques coas súas forzas armadas -a Garda Vermella- preparan a revolución para o
25 de outubro de 1917: ocupan o Palacio de Inverno de Petrogrado e destitúen ao goberno
provisional. A revolución estendeuse rapidamente por Moscú e as zonas industriais do país. Pouco
despois proclaman un GOBERNO OBREIRO presidido por Lenin.
En novembro de 1917 tiveron lugar as eleccións para a Asemblea Constituínte que foran
convocadas polo goberno provisional, e os bolxeviques so conseguiron o 25% dos escanos, aínda
que eran maioría nas cidades e nas zonas industriais. Lenin tomou o poder, disolveu a Asemblea e
instaurou un goberno de partido único: PCUS (Partido Comunista da Unión Soviética).
6

As primeiras medidas foron expropiar as terras para repartilas entre os campesiños, e as


fábricas para poñer baixo o control dos obreiros. Firmaron a paz con Alemaña (paz de Brest-Litovsk,
1918) cedendo Estonia, Letonia e Lituania.

A guerra civil e a formación da URSS

A comezos do 1918 os partidarios do tsarismo (terratenentes, exercito, Igrexa) e do


liberalismo (burguesía) levantáronse en armas contra os soviets, formando o Exército Branco que
tivo axuda internacional (temerosos de que a revolución se estendera polos países occidentais). O
Exército Vermello, organizado polos bolxeviques, foi dirixido por Trotski.
Ese mesmo ano o tsar e a súa familia foron executados polos bolxeviques. Os tres anos de
guerra civil foron de gran crueza para a poboación, tanto pola falta de alimentos, como pola
cantidade de mortos que trouxo. En 1921 o Exército Vermello gañou a guerra.
O PCUS fíxose co monopolio do poder: reprimiu toda oposición, organizou unha policía
política (Checa) para perseguir a todos os que eran sospeitosos de ir contra a revolución;
estableceron unha economía de guerra pola que se nacionalizou toda a industria, se colectivizaron
as terras e obrigaron aos campesiños a entregar as colleitas ao Estado.
En 1922 o Congreso dos Soviets creou a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS)
con estrutura federal, na que cada república tiña o seu idioma, autoridade sobre a xustiza,
educación, etc., pero non sobre o partido, a economía, ou as relacións exteriores.
O Parlamento da URSS era o Soviet Supremo, só había un partido -PCUS-. Era un sistema
totalitario que se xustificaba coa teoría marxista da ditadura do proletariado.

You might also like