You are on page 1of 15

TEMA 4

1.Paz armada e crises balcánicas


1.1. Inimizade franco-alemá e sistema de alianzas
1.2. Rivalidades nacionelistas e imperialistas
1.3. Crises balcánicas
1.4. Paz armada e preparación da guerra

2. 1º Guerra Mundial
2.1. De conflicto balcánico a guerra mundial
2.2. Fases da guerra
a) guerra de movementos. 1914
b) guerra de posicións. 1915-16
c) crise de 1917
d) ofensivas finais. 1918

3. Organización da paz e Sociedade de Nacións


3.1. Tratados de paz
3.2. Sociedade de Nacións
3.3. Consecuencia Gran Guerra

4. Revolución rusa
4.1. Crise tsarismo
a) atraso e oposición ao tsarismo
b) revolución de 1905
4.2. Subida ao poder dos soviets (1917)
a) febreiro: fin da autocracia
b) programa bolxevique: propostas de Lenin
c) outubro: triunfo da Revolución bolxevique

5. Nacemento do réxime soviético


5.1. Primeiras medidas bolxeviques
5.2. Guerra civil e creación da URSS
5.3. Nova Política Económica. 1921-28
5.4. Terceira Internacional

1. Paz armada e crises balcánicas


Entre 1871 e 1914 Europa viviu un período de estabilidade sen grandes conflictos bélicos,
pero a paz era inestable e estaba ameazada polo permanente enfrontamento entre Francia e
Alemaña, as rivalidades imperialistas e as sucesivas crises nos Balcáns. Estas tensións e
ameazas conduciron a unha crecenete desconfianza mutua, a consecuencia acelerouse a
carreira de armamentos e abriuse o camiño a guerra.
1.1. Inimizade franco-alemá e sist. de alianzas
En 1870 a derrota francesa fronte a Prusia permitiu aos alemáns culminar a súa unificación,
formar o 2º I. Alemán e anexionar Alsacia e Lorena. A paz trouxo consigo a hexemonia da
nova Alemaña e os desexos de rebancha da derrotada Francia. A inimizade permanente entre
estas nación condicionou a diplomacia internacional.

O chanceler Bismark, co obxetivo de illar a Francia e conseguir a hexemonía europea en


Alemaña, estableceu os sistemas bismarkianos. Nestes estableceu un complicado xogo de
alianzas cos paises veciños, con cláusulas secretas, aproveitándose das desconfianzas e
enfrontamentos existentes:

- 1º sistema (1972-78): coñecese como a Entente dos 3 Imperios por estar formado por
diferentes acordos entre os Imperios alemán, austro-húngaro e ruso. O sistema fracasou pola
rivalidade entre Rusia e Austria-Húngria polo control dos Balcáns.
- 2º sistema (1879-86): tivo como base a alianza xermano-austrohúngara (1879), á que
engadiron outras: o acordo de neutralidade entre os 3 imperios (1881; baseado no mantemento
do status quo vixente nos Balcáns) e a Tripla Alianza (1882) que garantia a mutua axuda no caso
de ataque a Francia.
- 3º sistema (1887-90): baseouse na renovación da Tripla Alianza e no establecemento do
tratado secreto entre Alemaña e Rusia, no que prometian neutralidade en caso de guerra
(excepto ataque a Francia ou A-H). Ademais, a alianza de Gran Bretaña con Italia completou o
illamento e cerco contra Francia.

A actividade diplomática desenvolvida por Bismark convertiuno no árbitro da política


europea, asegurando un fráxil equilibrio entre as potencias. No entretanto, en 1890, o novo
kaiser alemán Guillerme II cambiou de estratexia: forzou a división de Bismark, iniciou unha
política exterior agresiva, e non renovou as alianzas con Rusia. Estes cambios propicaron a
simplificación das alianzas e a súa evolución cara á formación dun sistema bipolar. Un dos
polos era a alianza dos Imperios alemán e austrohúngaro, e o outro formouse en torno a
Francia, con novas alianzas:

- Alianaza franco-rusa (1892): a pesar de contar con sist. políticos opostos, ambas
necesitaban da mutua axuda para enfrontarse aos alemáns. Rusia contaría con apoio nas
súas ambicións nos Balcáns, e para Francia supoñia a fin do seu illamento diplomático.
- Entente cordial franco-británica (1904): poñia fin as disputas coloniais entre ambas
e as unía fronte ás crecentes ambición coloniais alemáns.
- Tripla Entente (1907): entre Francia, Rusia e G.B.; polo que Francia se comprometia a
entrar en guerra, se Alemaña atacaba a Rusia.

1.2. Rivalidades nacionalistas e imperialistas


No mundo occidental, todos os Estados desenvolveron un nacionalismo agresivo, propiciado
polos políticos e a prensa, baseado na crenza da superioridade da propia nación e no desprezo
das demais. A partir de 1890, baseándose nas teorías evolutivas de Charles Darwin e de
Herbert Spencer da loita pola vida e a supervivencia dos máis aptos, divulgouse a idea de que
o mundo estaba formado por nacións fortes e débiles, sendo as fortes aquelas que son
capacesde incrementar o seu poder e ampliar as súas fronteiras, mentres as débiles, pobres ou
moribundas debían desaparecer ou ser sometidas.

Este nacionalismo agravou as tensións entre as grandes potencias, especialmente entre


Francia e Alemaña, incrementou as tensión: nos territorios disputados por varios estados e
os movementos separatistas naqueles que estaban habitados por diferentes pobos ( A-H,
I. Turco). Ademais a confrontación aumentou debido á carreira colonial. O interese por
controlar determinadas áreas (ex: incidente de Fashoda en 1898 en Sudán, entre Francia e G.B.)
agravaron as diferenzas e a tensión militar.
Neste contexto, as novas potencias emerxentes EE.UU. e Xapón, empregaron a guerra:
- EE.UU. cotra España (1898): para facerse con Cuba e Filipinas.
- Xapón contra Rusia (1905): polo control de Corea.

A comezos do s.XX, Francia e G.B. resolveron as súas disputas coloniais (Entente Cordial),
pero tiveron que enfrontarse coa política agresiva de Guillerme II, que desexaba ampliar o
seu poder en África. En 1905 (crise de Tánxer) e 1911 (crise de Agadir), tomando como escusa a
situación de Marrocos, Alemaña ameazou o dominio francés sobre a zona conseguindo
algunhas compensaciones. O receo ante o crecente poder alemán afianzou a alianza
franco-británica.

1.3. Crises balcánicas


A partir de 1875 os Balcáns corventéronse nun foco permanente de conflictos , no que se
mesturaban os intereses contrapostos de Rusia e A-H, por exercer o seu dominio na zona e
as reivindicacións independentistas dos pobos que vivían nela e estaban sometidos ao
Imperio Turco. As crises foron sucesivas e crearon moitos resentimentos entrecruzados:

- Crise búlgara: en 1875 producíronse sublemacións nacionalistas en Bosnia-Hecergovina


e Bulgaria que foron duramente reprimidas polos turcos. Rusia, tras asegurar a neuntralidade
de A-H, interveu no seu auxilio e derrotou ao I. Turco. A comezos de 1878 asinouse a paz e
polo Tratado de San Estefano, propiciado por Rusia, creouse a Gran Bulgaria. Pero o tratado
foi rexeitado por A-H, que conseguiu meses despois a súa revisión no Congreso de Berlín
sobre os Balcáns, no que reorganizou a distribución territorial da zona; acordaron que:
- Montenegro, Serbia e Romania tivesen a independencia plena.
- Bosnia-Hezergovina fose administrada por A-H.
- Bulgaria quedaria máis reducida, formando un principado autónomo tributario dos turcos.
Esta resolución agravou as resentimentos e puxo en evidencia a xente da zona que só Rusia
aprovaria a causa independentista, mentres que A-H buscaba o seu sometemento.

- Crise bosnia: en 1908 (aproveitando un golpe de estado no I. Turco) A-H, co apoio de


Alemaña, levou a cabo a anexión de Bosnia-Hecergovina, causando un forte malestar en
Rusia, que se viu obrigada a aceptala, dada a súa debilidade militar tras a derrita fronte a
Xapón en 1905. A anexión agravou a tensión e rivalidade entre A-H, Serbia e Rusia. Ao
mesmo tempo Bulgaria conseguiu a súa independencia.
- Guerras dos Balcáns: en 1912 Serbia, Bulgaria e Grecia aliadas derrotaron aos turcos,
que só conservaron Istambul. A falta de acordo entre elas á hora de fixar as fronteiras deu
lugar a unha nova guerra en 1913, na que Bulgaria (a que máis territorios había conquistado)
enfrentouse contra todos os Estados veciños.
Derrotada Bulgaria, polo Tratado de Bucarest, tivo que ceder Tracia a Grecia, Macedonia a
Serbia, Dobruja a Rumanía e a independencia a Albania. A paz non durou, mantendose as
rivalidades entre os distintos Estados balcánicos. Ademais, o engrandecemento de Serbia,
apoiada por Rusia, provocou un forte temor en A-H, que viu como se incrementaba no seu
territorio a axitación nacionalista serbia.

1.4. Paz armada e preparación da guerra


A rivalidade e desconfianza mutua, así como o desexo de garantir a súa seguridade e a
posibilidade de intervir nalgún conflicto, levou aos paises uropeos a desenvolver unha
crecente carreira de armamentos. Os gastos militares multiplicáronse, a industria bélica tivo
un gran desenvolvemento e os efectivos dos exercitos sumaron millóns de homes. Esta
situación contribuíu a aumentar a tensión internacional creando o que se coñece como paz
armada.

Neste periodo os paises preparabense para unha guerra inminente. Os seus plans baseáronse
na ofensiva contra os seus inimigos:

- Estratexia alemá: baseabase no Plan Schilieffen (1905) A súa constante revisión


contando coa lentitude da mobilización rusa e intentando evitar a guerra simultánea nas
dúas frontes, dispón un ataque rápido e envolvente no oeste cara a Francia para atender logo
ao leste; pero para facelo máis eficaz sería necesario atravesar a neutral Bélxica.
- Estratexia francesa: baseada no Plan XVII, consistido en intentar estragar o potente
exército alemán mediante unha forte ofensiva en Lorena, contando coa neutralidade belga e
co apoio do ataque ruso na zona oriental. A excesiva valoración do potencial militar ruso e as
dificultades de coordinación entre eles eran os seus puntos débiles.

2. Primeira Guerra Mundial

2.1. De conflicto balcánico a guerra mundial


O 28 de xullo de 1914, o arquiduque Francisco Fernando, herdeiro do trono do I. A-H, e á
súa muller foron asasinados en Saravexo (Bosnia). O atentado foi cometido polo nacionalista
serbio-bosnio Gavrilo Princip. Na súa realización contou co apoio de diversas organizacións
con ramificaciones en Serbia. Este foi considerado polo goberno austro-húngaro como unha
ameaza a existencia do Imperio. Por iso decidiron empregar a forza para castigar a Serbia,
considerada principal inductora das tendencias independentistas en Bosnia. Tras asegurarse o
apoio alemán, envio de un ultimato imposible de cumprir, buscaba a escusa para a guerra.

O goberno serbio accedeu parcialmente ás reclamacións austro-húngaras, pero, contando co


apoio ruso, negouse a permitir que a policía imperial actúase noso territorio. A tensión
incrementou e o 28 de xullo A-H declaroulle a guerra a Serbia.
Os diferentes gobernos europeos analizaron a situación, apoiaron aos seus aliados e viron
que nunha guerra, considerada por eles curta, podia solucionar todos os problemas que os
enfrontaban.

En aplicación das alianzas existentes, a guerra con Serbia converteuse nun conflicto xeral
europeo:

- A-H necesitaba esmagar a Serbia, para frear os movimientos nacionalistas disgregadores no


seu imperio.
- Rusia non ía consentir a destrucción de Serbia, porque iso traería á prepotencia austriaca
nos Balcáns.
- Alemaña e Francia entenderon que a conversación das súas alianzas respectivas con A-H e
con Rusia, eran vitais para derrotar ao seu rival.
- GB non podía permitir a hexemnía alemá.

Tras sucesivas mobilizacións de tropas, declaracións e ultimatos; Alemaña declarou a


guerra a Francia o 1 de agosto. Comezaba GB, enfrontandose aos imperios centrais (Alemaña
e A-H). Do lado de GB sumarianse máis paises, os Aliados (GB, Francia, Rusia, Serbia).

2.2. Fases da guerra

a) guerra de movementos. 1914

- Fronte occidental: as tropas alemáns ao mando de Moltke, seguindo o Plan Schlieffen,


atravesaron Bélxica, caeron sobre Francia e chegaron ata as portas de París. Os franceses,
dirixidos por Joffre, reaccionaron e detiveron aos alemáns na batalla do Marne, facendo
fracasasr o seu plan. Entón, os alemáns decidiron avanzar cara ao mar co fin de ocupar as
portas e así cortar as comunicacións entre franceses e ingleses, pero foron detidos en Ypres.

- Fronte oriental: os alemáns contiveron o avance ruso en Tannenberg e nos Lagos


Masurianos (Prusia Oriental); pero as tropas de A-H foron derrotadas en Lemberg polas rusas,
polo que tiveron que abandonar Galitzia. A pesar das graves perdas, os rusos contribíron a
que os franceses puidesen resistir en occidente. Nos Balcáns, tropas austroalemás ocuparon
Serbia.

b) guerra de posicións. 1915-16

- Fronte occidental: a imposibilidade de avanzar fixo que ambos bandos construisen


trincheiras para manterse no terreo. Os distintos intentos de romper as frontes
(Verdún-alemás, Somme-GB e Francia) fracasaron.
No mar, os alemáns intentaron romper o bloque inglés na batalla de Xutlandia; ao non
conseguilo, incrementaron a actuación dos seus submarinos no Atlántico. Nos Alpes abriuse
unha nova fronte coa entrada de Italia a guerra.

- Fronte oriental: o fracaso das ofensivas rusas permitiu ás tropas alemás ocupar extensas
zonas nas chairas polaca e lituana. A fronte permaneceu estacionada na zona de Galitzia,
onde se sucederon as victorias e derrotas de A-H e Rusia. Nos Balcáns, os I Centrais
ocuparon Romanía.
c) Crise de 1917

A falta de éxitos decisivos para remantar a guerra e as enormes perdas en vidas humanas,
provocou unha crise xeral que afectou a todos os contendentes. No entretanto, 2
acontecementos ocurridos nese ano foron decisivos:

- A entrada de EE.UU. na guerra a favor dos Aliados. O pretexto para declarar a guerra a
Alemaña foi o afundimento do mercante Vigilantia en marzo, pero tiñan máis razóns:
- as ameazas alemás ás potencias neutrais que levaban mercadorias aos Aliados e o perigro
de ataque dos submarinos alemás.
- os intereses da banca americana (Morgan), que prestara grandes cantidades a Francia e GB.
- as promesas alemás a México (telegrama Zimmerman) para recuperar os territorios que
tivera que ceder a EE.UU.
A súa entrada supuxo unha importantísima axuda financieira e armamentística para os
Aliados.

- A retirada da guerra de Rusia tras a Revolución de outubro que deu o poder aos
bolxeviques. O tratado de paz de Brest-Litovsk (3/3/1918) poñia fin á guerra xermano-rusa.
Neste tratado Rusia recoñecia a independencia de Finlandia, Ucrania, Estonia, Lituania,
Letonia e a Polonia rusa; que caeron baixo o dominio dos alemás, e de Transcaucasia.

d) ofensivas finais. 1918

A desaparición da fronte oriental permitiu aos alemás concentrar as súas tropas na fronte
occidental e iniciar unha serie de ofensivas que, a pesar do seu éxito inicial, acabaron por
fracasar por falta de reservas para continuar.

Os Aliados, unificando o mando no xeral Foch, contraatacaron con éxito en ofensivas


simultáneas: Marne, Vittorio Veneto, Macedonia e Palestina. O material e os homes
achegados por EE.UU e os novos tanques déronlle a superioridade aos Aliados. As derrotas
alemás foron continuas; en agosto, en Montdidier, o seu declive era claro e en septembro
Hidenburg e Ludendorff declararon imposible a resistencia.

Paralelamente A-H, Bulgaria e o I. Turco afundíanse e pedían a paz. O 9 de novemvro estalou


en Berlín a revolución que provocou a fuxida de Guillerme II e a proclamación da república;
o día 11 o novo Goberno alemán asinaba, no bosque de Copiège, o arminsticio.

3. Organización da paz e Sociedade de Nacións


Durante a guerra xurdiron varias tentativas co obxetivo de lograr unha paz xeral. Entre estas
propostas destacaron as formuladas pola Internacional Socialista (Manifesto Zimmerwald),
polos bolxeviques (Decreto sobre a Paz), polo Vaticano (Benedito XV) e polos Imperios Centrais,
pero todas elas fracasaron porque non foron aceptadas polos Aliados.

Tras a súa entrada na guerra e polo papel clave que estaba a desenvolver EE.UU., a comezos
de 1918 o presidente norteamericano Wilson formulou unha proposta baseada en 14 puntos
sobre os que se debía organizar a paz. O seu plan baseábase na:
- Defensa do liberalismo como principio reitor da nova orden.
- Devolución de Alsacia e Lorena a Francia.
- Recoñecemento do principio de autodeterminación dos pobos.
- Creación dun organismo internacional encargado de velar pola seguridade colectiva.

3.1. Tratados de paz


Unha vez asinados os armisticios polos Imperios Centrais, as potencias aliadas vencedoras
reuníronse en París para fixar as condicións de paz. Na negociación non interviñeron os
vencidos, o que creará futuros resentimentos. Alemaña consideraba que o tratado de paz que
asinou foi unha imposición (Diktat) non consentida.
Os tratados foron deseñados polos representantes das grandes potencias vencedoras
(Clementeu-Francia; Lloyd George-GB; Wilson-EE.UU.) e e responderon a 2 criterios básicos:

- As propostas de Wilson:
• creación dunha sociedade de nacións.
• principio das nacionalidades como fórmula para trazar as fronteiras.
• principo de expansión dos réximes democráticos e republicanos coa supresión das
fórmulas de imperio.
• reducción de armamento.

- Alemaña, máxima reponsable da guerra: principio defendido polos franceses, que


implicaba a imposición de fortes sancións económicas, militares e territoriais.

A paz asinouse por separado coas potencias derrotadas, o que levou a 5 tratados:
• Tratado de Versalles– Alemaña (28/06/19)
• Tratado de Saint-Germain– Austria (10/09/19)
• Tratado de Neailly– Bulgaria (27/11/19)
• Tratado de Trianon– Hungría (04/06/20)
• Tratado de Sèvres– Turquía (10/08/20)

Foi o 1º en asinarse. Trátase dun longo documento (440 cláusulas) no que se recollen: o
Estatuto funcional de Sociedade de Nacións e as condicións impostas a Alemaña.

Os Aliados de Alemaña tamén sufriron as consecuencias da derrota. Nos respectivos tratados


fixáronse as seguintes condicións:
- o desmenbramento dos Imperios austrohúngaro e otómano.
- a prohibición da unión entre Austria e Alemaña.
- creación de novos Estados e transferencias teritorias.

As novas fronteiras seguiron, a grandes trazos, os límites entre as distintas nacionalidades,


pero houbo importantes excepcións que causarán posteriores conflictos; especialmente os
derivados da presenza de importantes minorias alemás en Polonia e Checoeslovaquia; e de
húngaros en Romanía, Checoeslovaquia e Iugoslavia.

A fronteira polaco-rusa non foi precisada nas conferencias de paz de París, o que ocasionou
unha guerra. O Tratado de Riga, beneficioso para Polonia, fixou a fronteira a 150 km ao leste
da liña de Curzón. O conflicto rexurdiria entre 1939-40.
As modificacións territoriais provocaron descontento, orixinándose o espírito de Versalles,
un ambiente marcado por un certo resentimento nacionalista en certos países:

• Italia: estaba decepcionada coas escasas compensacións territoriais que recibiu.


• Hungría: considerábase disminuída no territorio que lle impixeron.
• URSS: non aceptaba a perda dos territorios que pertencian ao antigo imperio do tsar.
• Alemaña: sentíase humillada pola derrota e polo establecemento do corredor polaco que
dividía o seu territorio en 2 partes separadas.

3.2. Sociedade de Nacións


Os seus obxetivos serían o mantemento da paz, a seguridade internacional, e a cadena da
guerra como medio para solucionar os problemas entre nacións. Para a súa organización
estableceronse:

- Asamblea: para votar recomendacións e resolucións, e celebrar xuntanzas anuais nas que
cada membro tiña voz e voto.
- Consello: para intervir en toda cuestión relacionada coa paz mundial. Formado por 9
membros: 5 permanentes (GB, Francia, Italia, Xapón e China) e 4 non permanentes
(aumentaria a 11), elexidos pola Asamblea.
-Secretaría Xeral: coordina a Asamblea e o Consello.
- A sede estableceuse en Xinebra e creáronse como organismos auxiliares: o Tribunal
Internacional de Xustiza da Haia e a Organización Internacional do Traballo.

Nun principio, esta estivo constituida unicamente polos países vencedores (32) e os neutrais
(13); non sendo admitidos os países vencidos nen Rusia. Calquera estado podía solicitar a
súa admisión, a condición do acordo de 2/3 dos membros. Posteriormente foron admitidas
Alemaña (1926) e a URSS (1934).

EE.UU., a pesar de que o seu presidente fora o principal propulsor, non formou parte da
Sociedade, dado que o Senado negouse a asinar o acordo ante o temor de que se limitase a
súa capacidade de acción. Esta sociedade sera incapaz de impedir ás agresións dos Estados
poderosos, pero logrou evitor conflictos menore e ensaiou novos métodos para lograr a paz.

3.3. Consecuencias da Gran Guerra


• Perdas humanas.
Entre 9 e 10 millóns de mortos e uns 20 millóns de soldados feridos. Ademais, os
movementos de tropas e a sublemación da poboación civil debido á guerra facilitou a
propagación en 1918 da gripe española, que causou de 20 a 50 millóns de mortes.

• Pobreza
Ademais da destrucción de bens materiais, a guerra provocou o trastocamento da
estructura productiva, xa que todos os recursos se puxeran ao servizo da producción bélica,
o que determinou o abandono da fabricación de bens de consumo e a reducción do comercio.
Tras esto Europa perdeu a súa hexemonía industrial e foi substituida por EE.UU.
• Endebedamento
Para facer fronte aos gastos da guerra, os Estados endebedaronse. Os gobernos dos Aliados
confiaban en resarcirse grazas ás indemnizacións de guerra que esperaban cobrarlle a Alemaña.
Pero esta esperanza viuse truncada pola incapacidade alemá de facer fronte ao pago.

• Auxe das masas


Tras a guerra os soldados reclamaron un papel máis activo na sociedade. Esixiron o sufraxio
universal, e crearon ligas para manter o espírito patriótico e salvagardar a orde establecida.
Os obreiros esixiron melloras sociais; organizados polos seus sindicatos, e estimulados polo
acontecido en Rusia, incrementaron as folgas e os movementos revolucionarios para logralos.

• Crecente papel da muller


A necedidade durante a guerra de contar coas mulleres, fixo que a súa relevancia social se
incrementase e permitiulles ter unha vida máis libre. Ao rematar a guerra, moitas volveron
ao seu papel de amas de casa, pero outras, especialmente entre grupos burgueses, seguiron
nos seus novos postos de traballo e cambiaron moitas das súas costumes tradicionais.

• Propagación dos autoritarismos


A desaparición dos vellos imperios, a fragmentación da Europa central, os resentimentos da
guerra, os probleas fronterizos, a debilidade das novas democracias e as demandas
revolucionarias do proletariado incrementaron a inestabilidade política; facendo que en
moitos Estados xurdisen as figuras dos homes fortes, normalmente militares que se fan co
poder e impoñen réximes autoritarios. Ex: Horthy–Hungría; Pilaudki–Polonia;
Atatürk–Turquía; Primo de Rivera–España.

• Xurdimento dos totalitarismos fascistas e comunistas


A guerra propiciou o triunfo da revolución bolxevique, encabezada por Lenin; e o ascenso ao
poder de Mussolini. Ambas ideoloxías son contrapostas, pero pretenden construír unha
sociedade distinta a liberal-capitalista: a comunista baseada na igualdade do pobo, e a
fascista na supremacia da nación.

4. Revolución rusa

4.1. Crise do tsarismo


Desde 1894 en Rusia gobernou o tsar Nicolas II, da familia dos Romanov. Exercia un poder
absoluto. O sistema mantiase grazas ao apoio da Igrexa ortodoxa rusa e da nobreza, que
eran donos da meirande parte das terras e controlabanos cargos públicos. Un exercito,
numeroso pero pouco modernizado, e a policía aseguraban a orde establecidae reprimían
todo tipo de protesta ou oposición.

a) atraso e oposición ao tsarismo

A comezos do s.XX Rusia era o maior Estado do mundo, cunha extensión de 22 millóns de
km e unha poboación de arredor de 140 millóns de habitantes. Neste había problemas:
- Miseria do campesiñado
En 1910 só o 20% da poboación vivia nas cidades, o resto eran campesiños e vivian na
miseria. A pesar de que a servidume fora abolida en 1861, gran parte do campesiñado seguía
atado á terra na que nacía, traballando as terras dos nobres ou da Igrexa. A agricultura era
meramente destinada ao consumo persoal, ao pago das rendas e das cargas fiscais.

- Débil industrialización
Iniciada tarde e dependennte do capital estranxeiro, a industrialización era escasa e se
concentraba nas zonas ricas en materias primas (Urais, Donetz) e nas capitais de San
Petersburgo e Moscova. As duras condicións de vida e de traballo do proletariado, unido á
concentración fabril, propiciou a rápida eclosión da concienzación obreira e a propagación
da exaltación revolucionaria. A partir de 1902 foron frecuentes as protestas masivas.

- Rusificación forzada
Na Rusia tsarista vivían uns 150 pobos con diferentes linguas e culturas, pero todos estaban
sometidos ao dominio dos rusos. As autoridades tsaristas levaron a cabo unnha política
impositiva do ruso e dos seus costumes, que orixinou resentimentos nestes pobos.

- Oposición ao tsarista
Clandestinamente desenvolveuse unha forte oposición ao tsar, estructurada arredor dos:

• Partido constitucional-demócrata (KD): fundado en 1905, liberal, representaba os


intereses das clases medias e defendía o establecemento dun réxime parlamentario.
• Partido social-revolucionario (SR): fundado en 1901, era partidario do colectivismo
agrario e da socialización da terra, polo que contaba con fortes apoios entre o campesiñado.
• Partido obreiro socialdmócrata ruso (POSDR): Fundado en 1898. De ideoloxía
marxista, a súa base estaba constituída polo proletariado industrial. As diverxencias entre os
seus membros orixinaron 2 facción en 1903:

- MENXEVIQUES: dirixidos por Plejanov e Martov, defendían a necesidadde dunha fase


democrática burguesa previa a revolución socialista e aceptaban a posibilidade de formar
coalicións con outros partdos (incluidos burgueses).
- BOLXEVIQUES: dirixidos por Lenin, defendían a existenza dunpartido fortemente
organizado e profesionalizado que fose a vangarda da revolució, que elaborase a estratexia a
seguir e que dirixise ás masas proletarias á toma do poder. Non consideraban a necesaria
unha base burguesa previa a revolución.

• Anarquistas: herdeiros das ensinanzas de Bakunin e Kropotkin, condenaban calquera


forma de poder e militaban nos sindicatos.

b) revolución de 1905

En San Petersburgo, o domingo 9 de xaneiro, unha manifestación pacífica dirixiuse cara ao


palicio de inverno para presentar ao tsar unha serie de peticións de carácter social, político e
laboral. A manifestación, por orde do tsar, foi duramente reprimida polo exército causando
un elevado número de mortos. Foi o Domingo sanguento.
Nos meses posteriores producíronse numerosas manifestacións e folgas, que paralizaron o
país. O descontento tamén chegou ao exército, producironse motis nas tropas (Potemkin).

Como consecuencia da acción popular, aparecen novas organizacións revolucionarias: os


soviets ou consellos obreiros, encargados de dirixir as folgas e levar a cabo as negociacións
cos patróns e coas autoridades, pero que tamén trataban de exercer funcións de goberno na
zona da súa actuación —> protección das fábricas, xornada 8 horas, seguridade nas rúas…
Ante amplitude das protestas, o tsar viuse obrigado a ceder unha parte:
- concesió de liberdades cívicas.
- creación da Duma (Asamble lexislativa)

A revolución de 1905 fracasou, pero tivo importantes consecuencias:


- As masacres esnaquizaron a popularidade do tsar.
- A incapacidade da Duma, demostraba que o reformismo era incompatible co tsarismo.
- Os moitos dos soldados amosaban a fraxilidade do exército.
- Creación dos soviets como órganos revolucionarios e de goberno.

4.2. 1917: da caida do tsarismo ao poder dos soviets


En agosto de 1914 Rusia entra na 1º GM, esto tivo fatais consecuencias para o tsarismo, por-
que amosou as debilidades do sistema. Ao longo do conflicto, a inferioridade do armamento
e a incapacidade dos seus mandos fixeron que as derrotas se sucedesen. As perdas foron
cuantiosas, tanto en homes (millóns), como en territorios, e o malestar xeral creceu.

a) febreiro: fin da autocracia


As penalidades empearon no inverno, particularmente en Petrogrado. O 23 de febreiro, tras
esperar inutilmente diante as panaderias, as mulleres organizaron unha manifestación
espontanea nas rúas da cidade en protesta pola falta de pan. Foi o inicio da revolución.

Incapaz de controlar a situación, o tsar abdicou, e poucos días máis tarde Rusia converteuse
nunha república. O poder lexislativo quedaba nas mans do Goberno provisional, apoiado
polas forzas liberais burguesas, os oficiais do exercito e os soviet de Petrogrado. En poucos
días constituironse soviets por todo o país. No inicio do seu mandato, o Goberno provisional
decidiu:
- convocar a Duma e elaborar unha constitución.
- conceder amnistia internacional.
- manter os compromisos internacionais, é decir, continuar a guerra.

Establecido un réxime demmocrático e parlamentario, o Goberno provisional foi incapaz de


estabilizar a situación:
- os obreiros matiñan os soviets, esixían melloras laborais e o control das fábricas.
- o campesiñado demandaba o reparto das terras dos latifundios.
- os oficiais do exército pedían orde e controlar a posible revoución das armas.
- a burguesía (minoritaria) víase desbordada nas súas timidas reformas. Ademais, a
continuedade da 1ºGM agravou os problemas xa que as derrotas continuaron.
b) programa bolxevique: as propostas de Lenin

O papel desempeñado polos bolxeviques na revolución de febreiro fora secundario; os seus


principais líderes estaban no exilio e non tiñan unha estatrexi definida. Grazas á arminsticía
decretada polo Goberno provisional e a un acordo co Goberno alemá, o exiliado Lenin
regreou a Petrogrado a comezos de abril de 1917. A análise dos acontecementos convencelles
da posibilidade de pasar da revolución burguesa á socialista. Nas súas Teses de abril expuso
a estratexia que debían seguir os bolxeviques para conseguila.

Mentres a popularidade do Goberno provisional baixaba, a dos bolxeviques subia. O número


de afiliados medraba, incorporabanse novos líderes socialistas, entre eles Troski, presidente
do soviet de Petrogrado. A comezos de xullo, as chamadas dos bolxeviques e anarquistas,
aproveitando o empeoramento das condicións de vida e os fracasos das ofensivas contra os
alemás, provocaron violentas manifestacións en Petrogrado, buscando derrubar o goberno e
facerse co poder. A insurrección foi controlada, os bolxeviques perseguidos e Lenin fuxiu a
Finlandia.

No entretanto, o novo Goberno, encabezado por Kerenski, non dominaba a situación.


En agosto o xeral Kornilov (xefe do exército) levou a cabo un intento de golpe de estado, co
apoio das forzas contrarrevolucionarias, para restaurar a disciplina social e militar. O golpe
fracasou pola intervención das masas obreiras, pero o Goberno quedou moi debilitado, xa
que non podian contar nin co exército, nin co apoio popular. Lenin analizou a situación
(desde o exilio), empuxaba aos bolxeviques a tomar o poder canto antes, ao tempo que
deseñaba o plan para logralo.

c) outubro: o triunfo da revolución bolxevique

En outubro de 1917, Lenin e o Comité central do partido bolxevique, acordaron iniciar a


insurrección armada. A data fixada foi o 8 de novembro. Na norte anterior, a Garda Vermella
tomara os centros neurálxicos da cidade. Pola mañá case toda a capital estaba en manos dos
insurrectos; pola noite, os disparos do acoirazado Aurora anunciaban o comezo do asalto ao
palacio de inverno, onde estaba reunido o Goberno. Na madrugada do día 26 os gardas
vermellos ocuparon o palacio e detiveron aos membros do Goberno, agás a Kerenski que
lograra fuxir. A revolución triunfaba en Petrogrado, e a caida do Goberno daba paso ao poder
dos soviets.

Paralelamente o Congreso dos Soviets aprobou a creación dun novo goberno, o Consello de
Comisarios do Pobo; era presidido por Lenin, Troski e Stalin tamén eran membros.

Triunfante a revolución en Petrogrado, as noticias espallaronse por todo o país. Nos días
sucesivos, en moitas cidades rusas os bolxeviques tomaron o poder. A situación era moi
confusa e os enfrontamentos armados foron frecuentes. Por todas partes aparecian gobernos
autónomos, uns en mans de bolxeviques, outros en mans de menxeviques, da burguesía ou
dos oficiais do exército.
5. Nacemento do réxime soviético

5.1. Primeiras medidas bolxeviques


Lenin executou diversas medidas que intentaban consolidae a revolución bolxevique:

• Decretos de outubro (1917)


Con eles pretendíase conseguir a socialización dos medios de producción. Destacan:

- Decreto sobre a terra: abolía a propiedade privada, pasando as terras a ser patrimonio
colectivo do pobo, podendo todos os cidadáns traballalas en réxime de usufruto.
- Decreto sobre o control obreiro: en todas as empresas industriais, comerciais e
agrarias, que establecía en todas elas a autoxestión polos propios traballadores, que debían
determinar a reducción da xornada de 8 horas, as melloras salariais e os niveis de producción.
- Decreto de nacionalización: da banca e do comercio exterior.

• Retirada da 1º Guerra Mundial (1917)

Os alemáns avanzaban derrotando ao exército ruso desmoralizado. Polo Decreto en favor


da Paz, Lenin propuso a Alemaña unha paz sen anexións nen indemniazcións. Os alemáns
impuxeron duras condicións que foron aceptadas no tratado de Brest-Litovsk (1918) e que
supuxeron a perda de extensos territorios: Estonia, Lituania, Letonia, Polonia, Besarabia,
Ucrania e Finlandia.

• Fundación do Estado soviético ruso (1917)


Pola Declaración dos dereitos dos pobos de Rusia (02/11/17). O Goberno de Lenin
recoñecía a igualdade de todos os pobos rusos e o dereito de autodeterminación, incluindo a
secesión e a formación de Estados independentes, que moitos empregaron.

O Goberno de Lenin, baseou a organización do novo Estado nos soviets. En 1918, o Congreso
dos soviets aprobou a 1º Constitución soviética e estableceu o novo nome do país: República
Socialista Federativa Soviética de Rusia (RSFDR).
• poder supremo→ Congreso panruso de soviets.
• goberno→ Comité executivo central.

A RSFSR foi organizada como unha federación, recoñecendo a diversidade étnica e nacional
dos pobos. Ademais, a Constitución establecía as tarefas necesarias para alcanzar a
transformación do capitalismo ao socialismo:

- consolidaba a eliminación da propiedade privada.


- recoñecia os dereitos individuais e a igualdade da muller.
- estableceron un sufraxio universal (só traballadores).
5.2. Guerra civil e a creación da URSS
As medidas tomadas polos bolxeviques aumentaron o número de opositores ao novo réxime.
A partir de marzo de 1918 a guerra civil estendese por toda Rusia. As forzas opositoras
organizaron diferentes partidas armadas que se coaligaron formando o exército branco,
enfrontaronse aos bolxeviques e estableceron Gobernos propios. Os bolxeviques reaccionaron
coa creación do exército vermello (por Troski). En medio dos enfrontamentos, houbo
diferentes rebelións e levantamentos locais dos campesiños, anarquistas e nacionalistas.
Tamén interviñeron, apoiando aos brancos con tropas e armamento GB, Francia, EE.UU. e
Xapón, tratando de evitar o “contaxio revolucionario” e garantir o cobro das elevadas
débedas contraídas polo goberno tsarista. Tras duras batallas e unha intensa política de
terror, os bolxeviques lograron facerse co dominio de gran parte de Rusia en 1922.

Paralelamente á guerra civil, o Governo bolxevique, co obxetivo de garantir o abastecemento


das cidades e do exército vermello, puxo en práctica o chamado comunismo de guerra,
decretando: o control estatal de todos os sectores económicos, a obrigatoriedade do traballo,
a derrogación parcial das moedas, e a requisa forzosa de colleitas. Estas medidas contribuíron
a consolidar a revolución e alcanzar a victoria na guerra civil, pero economicamente
supuxeron un fracaso:

- descenso da producción (tanto industrial como agrícola)


- elevada inflación (1921→ 13000 menos que 1914)
Todo isto favoreceu o desenvolvemento dunha gran fame que entre 1921-22, causo millón de
mortes.

O triunfo do exército vermello na guerra civil favoreceu os movementos revolucionarios que


se desenvolveron en Ucrania, Bielorrusia e o Cáucaso. Nestes territorios tamén se
estableceron gobernos bolxeviques e repúblicas soviétiacas. En decembro de 1922 as
repúblicas soviéticas de Rusia, Bielorrusia, Ucrania e Transcaucasia, unironse formando a
Unión de Repúblicas Socialistas Soviétivas (URSS). Seguindo os principio da Declaración
dos Dereitos dos Pobos, na súa organización territorial foron recoñidas as diferentes
nacionalidades, outorgándoslles diferentes grados de autogoberno. Dentro da URSS podían
existir: Distritos Nacionais, Rexións Autónomas e Repúbicas Autónomas Socialistas Soviéticas.

5.3. Nova Política Económica. 1921-28


En 1921 a situción económica en Rusía era catastrófica. Para evitar os descontentos e
propiciar o crecemento, o Goberno de Lenin adaptou unha serie de medidas que se coñece
como a Nova Política Económica (NEP). Estas supoñian unha certa liberalización das
actividades económicas e o recoñecemento da iniciatica e os beneficios privados (economia
mixta). O Estado conserva o control dos sectores claves (bancos, industria pesada,
transportes e comercio exterior), estabiliza a moeda e permite unha maior liberdade no
mercado interior; no caso das actividades agrarias, desaparecerian as requisas obrigatorias
(substituidas por impostos en especie) e se autorizaba aos campesiños a venda do resto da
súa producción. Como consecuencia, as condicións de vida melloraron e permitiron a URSS
consolidar a súa existencia.
5.4. Terceira Internacional
O triunfo bolxevique tivo unha importante repercusión en Europa. Entre 1917 e 1921, tiveron
lugar múltiples revoltas e folgas xerais en númerosos países europeos, pero todas foron
fallidas. Cómpre destacar o movemento revolucionario húngaro de 1919, que chegou a
formar un Goberno de soviets presidido por Bela Kun, e a revolución espartaquista de alemá
de 1918-19, dirixida por Karl Liebknecht e Rosa Luxemburgo.

You might also like