You are on page 1of 49

A ÉPOCA DE

ENTREGUERRAS E O
ASCENSO DOS
TOTALITARISMOS
1. A ÉPOCA DE ENTREGUERRAS
2. OS RÉXIMES DEMOCRÁTICOS
3. OS RÉXIMES TOTALITARIOS
A ÉPOCA DE
ENTREGUERRAS

1. A Sociedade de Nacións e o novo


orde mundial
2. Os anos vinte
3. A ditadura de Primo de Rivera
4. A crise de 1929 e a Gran
Depresión
5. Medidas para saír da crise
A Sociedade de Nacións e o novo orde
mundial
• O presidente norteamericano Wilson presentou un plan de 14
puntos para evitar unha nova confrontación mundial e
asegurar a paz.
• Entre as propostas de Wilson estaba a creación dun organismo
internacional para a resolución pacífica dos conflitos entre os
países: a Sociedade de Nacións
– Controlar as relacións internacionais que debían ser francas
abertas e equilibradas
• Tras o fin da I G.M os principais cambios políticos en
Europa van ser:
– A democracia estendese por tódolos países europeos
– As mulleres obteñen o dereito ó voto
– Xorden novos estados europeos
• Sen embargo as condicións de paz trala guerra I GM e o novo
mapa europeo provocarán tensións políticas ideolóxicas,
económicas e sociais
Os anos vinte. A Europa da posguerra 1919-1924
• Forte crise económica debido a destrución e o desorde financeiro que
seguiron a I GM e que implicaron: a caída da produción, a devaluación das
moedas e forte inflación e paro e gran conflitividade social
• A crise foi especialmente intensa en Alemaña xa que tiña que pagar as
reparacións da guerra.
– En 1923 Alemaña non pode pagar a Francia (Francia tiña que pagar as
débedas aos EE.UU) os pagos fixados no Tratado de Versalles, e esta última
decide cobralos mediante a invasión da conca do Ruhr (principal zona
industrial e mineira de Alemaña). Isto intensificou a crise da economía
xermana.
– Hiperinflación debido aos pagos da guerra. As consecuencias da
hiperinflación foron unha espectacular subida dos prezos e unha perda de valor
da súa moeda, o marco: en xullo de 1922 un dólar equivalía 493 marcos e en
novembro de 1923 equivalía a 4.3 billóns de marcos.
– Alemaña so puido saír desta situación grazas a axuda internacional (prestamos
concedidos polos EE.UU mediante o plan Dawes de 1924) pero cun enorme
resentimento da poboación xermana e unhas fortes tensións internacionais
• A partir de 1924 recupérase a economía debido a que se produciu un
crecemento da produción, un descenso do paro e unha mellora do nivel de
vida nos países europeos, aínda que en menor medida que nos EE.UU.
Esta mellora debeuse as achegas de capital estadounidense.
Os anos vinte. A Europa da posguerra 1925-
1929
• Tratado de Locarno (1925). A mellora das relacións entre
Francia e Alemaña permitiu a firme deste tratado
internacional. Trala firma deste tratado mellorou a situación
europea
– Alemaña recoñecía as súas fronteiras con Francia e Bélxica,
fixadas no Tratado de Versalles, e ademais os xermanos eran
admitidos na Sociedade de Nacións en 1926.
– A economía volveu crecer e comezouse a sentir unha seguridade
lonxe dos fantasmas da guerra. Especialmente trala firma do
tratado de Briand-Kellog de 1928 no cal os asinantes rexeitaban a
guerra como forma de resolver os conflitos entre países.
• Ditaduras na década dos vinte.
– Italia, España e a URSS desenvolveron réximes totalitarios que
recortaban as liberdades individuais para manter a orde e a
estabilidade social
– Pouco a pouco iranse formando bloques por afinidades
ideolóxicas
Os anos vinte. Os EE.UU
• Os EE.UU saíron moi fortalecidos da I GM converténdose na primeira
potencia política e económica a nivel mundial
• A súa prosperidade debeuse a:
– Devolución dos créditos subministrados as potencias europeas vencedoras na I
GM
– Desenvolvemento da industria moderna (traballo en cadea, produción
estandarizada, creación de grandes grupos empresariais, etc.). Este
desenvolvemento permitiu un espectacular aumento das exportacións.
– Consumo de masas que permitiu que
• Moitos fogares de clase media americana tivesen aceso a electrodomésticos
(lavadoras, frigoríficos, radios, etc), automóbiles, viaxes turísticos, etc. Todos estes
produtos e servizos foron codiciados grazas a publicidade e a posibilidade de realizar
compras a prazos.
• As formas de ocio tamén se transformaron triunfando novos espectáculos como o cine,
os cabarés, os deportes de masas (baseball, fútbol americano) e a música (charlestón,
jazz).
• A prensa e a radio tiveron un gran desenvolvemento e combinaron a función informativa
coa recreativa.
• Estes anos foron coñecidos en EE.UU como os felices anos vinte que se
plasma no “modo vida americano” (american way of life). Este modo de vida
non chegaría a Europa ata despois da II GM
1.2 A ditadura de Primo de Rivera
A Ditadura de Primo de Rivera 1923 – 1930.
•A ditadura de Primo de Rivera comeza en 1923 como resposta as demandas dunha parte
importante da sociedade que apostaba por unha solución autoritaria e ante as acusacións de
neglixencia por parte dos altos mandos no desastre de Annual. Este novo réxime
caracterizarase por:
Poder persoal forte.
Limitación na participación política.
Organización da sociedade seguindo un modelo corporativista.
•O xeneral Miguel Primo de Rivera alzouse co poder mediante un golpe de estado que
prometía restablecer a orde e loitar contra a corrupción. O Rei acepta a situación e nomea a
Primo de Rivera como xefe do goberno. Primo de Rivera decide:
Suprimir a Constitución.
Disolver o Parlamento.
Prohibir os partidos políticos e os sindicatos.
•Distinguimos dous períodos durante a ditadura de Primo de Rivera
O Directorio Militar (1923-1925). O ditador goberno asesorado polos militares. Conseguen
controlar a orde pública (represión) e acabar co problema de Marrocos (desembarco de Alhucemas).
O Directorio Civil (1925-1930). Institucionalízase o réxime autoritario e corporativo. O Parlamento
e substituído por unha Asemblea Nacional Consultiva e imponse o partido único: a Unión Patriótica
(inspirado no partido fascista italiano).
1.2 A ditadura de Primo de Rivera
A Ditadura de Primo de Rivera 1923 – 1930.
•A Ditadura non solucionou os problemas pese a súa popularidade derivada da
prosperidade económica dos anos vinte. O desemprego descendeu grazas as
inversións en obra pública, construíndose estradas, encoros; e a potenciar a industria.
Creáronse monopolios estatais nas telecomunicacións (Telefónica) e a
subministración de petróleo (CAMPSA).
• A Ditadura debilitouse a partir de 1927 por:
Excesivo endebedamento agudizado pola crise de 1929.
A oposición republicana, os partidos de esquerda, os intelectuais e os
sindicatos organizáronse opóndose o Réxime e sumándose boa parte da
sociedade.
O Rei e parte do exercito deixaron de apoiar a Primo de Rivera polo que
dimite en 1930.
•Trala dimisión de Primo de Rivera o Rei tratou de volver o réxime da
Restauración confiando nos militares Berenguer e Aznar. A oposición unificou as
súas demandas no Pacto de San Sebastián (1930).
•O 12 de abril de 1931 os partidos republicanos obteñen unha ampla vitoria nas
eleccións municipais o que precipita a abdicación e o exilio de Alfonso XIII e a
proclamación da Segunda República.
A crise de 1929 e a Gran Depresión
• O período alcista que se vivira durante os anos vinte nos EE.UU e no resto de
potencias rematará de forma violenta co crack de 1929.
– A economía EE.UU medrara desmesuradamente sobre a base dunha
industria de bens de consumo financiada con créditos
– O termómetro da economía mundial era a Bolsa de valores de Wall
Street onde as accións estaban sobrevaloradas debido a intensa
especulación.
– Gran parte das clases medias dos EE.UU estaban implicadas en
inversións bolsistas
• A crise comeza co crack da Bolsa de Nova York.
– As empresas precisan cartos para afrontar os seus pagamentos polo
que venden as súas accións. Isto sucede o xoves 24 de outubro de 1929
(xoves negro). As accións das empresas caeron de forma estrepitosa
o que implicou que as empresas perderon o seu valor e descapitalizáronse
– A maioría dos bancos quebraron ó non poder cobrar os seus créditos e
pola retirada dos fondos por parte dos inversores. Os bancos que
sobreviviron reduciron drasticamente o crédito polo que moitas empresas
tiveron que pechar e despedir os seus traballadores
– A produción industrial reduciuse a metade debido a unha caída na
demanda de produtos industriais e agrícolas e pola diminución nos
investimentos
A crise de 1929 e a Gran
• depresión
O desemprego afectou a maioría das clases sociais, moitos
empresarios arruináronse pero as clases máis baixas e a clase
meda foron as máis afectadas
• A crise económica tivo unha repercusión mundial debido a
que moitos países dependían da economía estadounidense.
– EE.UU reduciu as súas importacións o que arrastro aos países que lle
subministraban materias primas, en especial os latinoamericanos.
– A banca estadounidense comezou a repatriar os capitais investidos en
Europa. Esta decisión afectou fundamentalmente a Alemaña e Austria,
onde quebraron numerosos bancos e empresas.
• A intensidade, duración e alcance foi a peor que ata a entón
vivira o sistema capitalista
• A xeralización da crise coñécese co nome da Gran Depresión,
cuxa fase máis aguda foron os anos de 1930 a 1932 pero que
se mantiveron con maior ou menor intensidade durante a
década dos anos trinta que desembocará na II GM
Medidas para saír da crise
• A crise afectou especialmente ós países industrializados e
ós exportadores de materias primas de todos os
continentes.
• En Europa, os máis afectadas foron Inglaterra, Alemaña e
Austria que experimentaron efectos similares ós da
economía estadounidense:
– Degradación dos mercados bolsistas
– Redución da produción industrial
– Quebra de pequenas e medianas empresas
– Baixada de prezos e salarios
– Forte aumento do desemprego
• Tentáronse algunhas medidas de colaboración internacional
para saír da crise, pero os países optaron por buscar
solucións sen colaborar entre eles. As principais políticas
baseáronse no nacionalismo económico e na
intervención do Estado na economía
Medidas para saír da crise
EE.UU
•As medidas tomadas polos EE.UU para saír da crise só
agravaron os problemas
•En 1933, o novo presidente Roosvelt propuxo un programa de
reformas económicas, chamado New Deal, para relanzar a
economía mediante unha maior intervención do Estado na
economía mediante:
– Fomentando as obras públicas co fin de crear emprego e axudando
as grandes empresas, estimulando o investimento.
– Subvencionando aos agricultores para que producisen menos e así
subisen os prezos dos seus produtos e aumentasen os seus beneficios.
– Mellorou as condicións laborais mediante: a redución da xornada
laboral, fixación dun salario mínimo, creación de seguros de
desemprego, etc.
– Reestruturou o sistema financeiro.
Medidas para saír da crise
Alemaña
•O país máis afectado pola crise en Europa. En 1926 había máis de
seis millóns de persoas sen emprego nunha sociedade cunha enorme
conflitividade social. Importantes sectores demandaban un goberno
forte e autoritario
•En 1933, o Partido Nazi chegou ó poder prometendo medidas
radicais para devolver a Alemaña a súa grandeza e prosperidade
Gran Bretaña
•A pesar de ter máis de tres millóns desempregados, o Estado non
tomou políticas activas para controlar a economía, iso si decidiu:
– Devaluar a libra nun 25% do seu valor
– Abandonou a súa tradicional política librecambista a favor do
proteccionismo económico
Outros países
•URSS. Quedou a marxe da crise por non pertencer ós países do
sistema capitalista
•Xapón. Decidiu invadir Manchuria (China) para solucionar os seus
problemas económicos e demográficos
OS RÉXIMES
DEMOCRÁTICOS
• As sistemas democráticos estenderanse trala I
GM polos vellos países como polos que obterán a
independencia dos vellos imperios
• En Alemaña, co apoio da esquerda, proclamouse
a República de Weimar e a súa Constitución
contemplaba o sufraxio universal, a igualdade
entre homes e mulleres e unha ampla declaración
de dereitos
• Na década dos vinte o sistema democrático
parlamentario entrou en crise. Vinte anos
despois da I GM os sistemas totalitarios
estendéranse por boa parte de Europa
Os Réximes Democráticos. Causas da
crise das democracias
• Políticas
– Descontento fronte as medidas dos tratados de paz
trala I GM
– Crise do estado liberal. A maioría dos estados, pese
a súa intervención na economía, non souberon axudar
as clases máis baixas neste contexto de crise.
Xerouse unha grave tensión social e nalgúns países
producíronse levantamentos obreiros e campesiños
– Inestabilidade política dos novos estados. A
poboación perdeu a confianza na democracia e nos
partidos tradicionais aos que consideraban
responsables da crise. Neste ambiente os partidos
máis extremistas lograron máis seguidores e se
radicalizaron e nalgúns países impuxéronse
réximes ditatoriais.
Os Réximes Democráticos. Causas da crise
das democracias
• Ideolóxicas
– Medo a que a Revolución Rusa se estendese por Europa xa que a
Unión Soviética converteuse nun modelo a seguir para parte dos
obreiros, intelectuais e campesiños.
– Medo da burguesía tradicional a entrada dos partidos obreiros no
Parlamento como representantes das clases traballadoras. Desta
maneira comezaron a apoiar aos partidos de extrema dereita, xa que
pensaban que os partidos tradicionais non eran capaces de sacar aos
países da crise económica e de evitar a revolución comunista. En
moitos países desenvolvéronse partidos fascistas.
– Ruptura da confianza na ciencia e no progreso e apelación á
irracionalidade e os sentimentos.
• Económico-sociais
– Crise económica do sistema capitalista que se manifestou nas crises
e posguerra (1919-1923) e a de 1929
– O movemento obreiro experimentou un notable impulso e os
sindicatos fortaleceron a súa capacidade de loita, o que asustou as
clases medias, que apoiaron solucións totalitarias
OS RÉXIMES
DEMOCRÁTICOS
• O Reino Unido superou os seus problemas
económicos grazas a solidez das súas institucións
políticas e mantivo o réxime democrático
• Francia formou un goberno de unidade de
esquerda, que se chamou Fronte popular, para
conter o ascenso da extrema dereita
• Os EE.UU rexeitaron a Sociedade de Nacións e
viviron illados da política internacional. Isto
motivou un forte integrismo moral que tivo
especial proxección na prohibición do alcohol e no
auxe de organizacións como o KKK
2. A Segunda República

2.1 Introducción.
2.2 O Bienio Reformista (1931-1933)
2.3 O Bienio Negro (1933-1936)
2.4 Febreiro de 1936. Vitoria da Fronte Popular
2.1 Introducción
O goberno provisional e a Constitución de 1931.
•O 14 de abril proclamouse a 2ª República. O goberno provisional republicano
emprendeu reformas urxentes e convocou a Cortes constituíntes que serían as
encargadas de elaborar a nova Constitución de 1931.
Forma de estado. República constituída por autonomías o que implicaba unha
descentralización territorial. Declarábase a España como un Estado aconfesional, sen
relixión oficial. Recoñecíase a liberdade de conciencia e o dereito a recibir una
educación laica.
Unha soa cámara lexislativa na que os representantes eran escollidos por sufraxio
universal. As mulleres españolas puideron votar pro primeira vez na historia.
A Constitución republicana pretendía ser o marco xurídico para a construción dun
réxime democrático que establecese a modernidade, a liberdade e a xustiza social.
Dábaselle moita importancia ao benestar social e se permitía a expropiación de bens
de utilidade pública e potenciábase a ensinanza pública
Ademais dos dereitos e liberdades individuais (expresión, reunión e asociación)
recollía disposicións propias dun estado social de dereito. Recoñecíase o dereito ao
divorcio. España declarábase como unha república de traballadores.
•As Cortes elixiron como presidente da República a Alcalá Zamora e a Manuel
Azaña coma xefe de goberno
2.2 O Bienio Reformista (1931-1933)
• A Constitución non logrou o consenso da poboación polo que a
crispación social aumentou producíndose incidentes na rúa e iniciáronse
as conspiracións contra a República.
• Formouse un goberno de coalición entre republicanos e socialistas
presidido por Azaña. Principais reformas:
Exército. Crease a Garda de Asalto e os militares deben xurar fidelidade a
República ou senón pasar a reserva.
Agraria. Os obxectivos eran o de aumentar a produción e mellorar as
condicións de vida dos campesiños para iso púxose en práctica unha reforma na
propiedade da terra eliminándose grandes latifundios sen cultivar que eran
expropiados con indemnizacións aos donos e estas terras eran repartidas entre
os campesiños pobres sen terra. O Instituto de Reforma Agraria non contou con
suficiente diñeiro para aplicala.
Estatutos de autonomía. As rexións con características históricas, culturais
e económicas propias podían elaborar estatutos de autonomía que permitisen o
seu autogoberno. A primeira en tramitala foi Cataluña (1932)
2.2 O Bienio Reformista (1931-
1933)
• Formouse un goberno de coalición entre republicanos e
socialistas presidido por Azaña. Principais reformas:
Educación. Potenciouse construíndose máis de 10.000 escolas de
ensinanza primaria xa que se pensaba que era vía para a mellora social. O
orzamento da educación aumentou nun 50%.
Cuestión relixiosa. Separación entre Igrexa e Estado establecéndose unha
sociedade laica. Apróbase a liberdade de cultos, o matrimonio civil e o
divorcio. Expulsión dos xesuítas
Laborais. Mellóranse as condicións laborais (estableceuse o salario
mínimo), salarios e seguros por accidente.
2.2 O Bienio Reformista (1931-1933)
A oposición as reformas e ao Goberno.
•O rexeitamento a esta reformas polo exercito, a xerarquía eclesiástica,
os terratenentes e alta burguesía. Consideraban que as reformas eran
demasiado radicais.
•A oposición ao goberno tamén estivo relacionada coas reivindicacións
obreiras (anarquistas e sindicatos) que pedían transformacións máis
profundas. Os anarquistas protagonizaron levantamentos e ocupacións de
terras o que levou a enfrontamentos entre os campesiños e a Garda Civil
•Esta dobre oposición creou un clima de violencia e de oposición ao
goberno que culmina con:
• Intento de golpe de Estado liderado polo xeneral Sanjurjo
(Sanjurjada) en 1932 que fracasou.
• A Matanza de Casas Viejas. En xaneiro de 1933 a Garda Civil e a
Garda de Asalto reprimen un levantamento anarquista fusilando os
participantes, sospeitosos, familiares nunha enorme matanza.
•Ante está situación Azaña dimite e se convocan novas eleccións.
2.3 O Bienio Negro ou Conservador (1933-
1936)
• Nas eleccións de 1933 obtiveron a vitoria os partidos de
dereitas (CEDA e Partido Radical). A dereita uniuse na
Confederación Española de Dereitas Autónomas (CEDA)
liderada por Gil Robles
• Alcalá Zamora nomeou como presidente a Alejandro Lerroux
(líder do Partido Radical) para evitar como presidente de
goberno a Gil Robles (CEDA).
• O principal obxectivo do novo goberno foi o de desmontar
tódalas reformas do bienio anterior.
• Paralizouse a reforma agraria, concedeuse unha amnistía aos
participantes no golpe de Estado de Sanjurjo e permitíuselles volver
aos seus postos no exercito
• Para evitar esta labor estendéronse as mobilizacións populares que
se transformaran en mobilizacións revolucionarias cando a CEDA
entre no goberno.
2.3 O Bienio Negro ou Conservador (1933-1936)
A revolución de 1934.
•A tensión entre dereitas e esquerdas materializouse na revolución de
outubro de 1934, que se produciu despois de que Lerroux nomease a
tres ministros da CEDA. Os partidos de esquerda convocaron unha folga
revolucionaria en outubro de 1934 para contrarrestar o suposto perigo
que implicaba a CEDA para a República.
• En 1934 as organizacións obreiras e os partidos de esquerda
uníronse producíndose a Revolución de Asturias, na que os
revolucionarios controlaron as cidades e as zonas mineiras. O
obxectivo era o de crear un goberno revolucionario. A revolución foi
duramente reprimida polo exercito Os mentres se estendía por
España a folga xeral.
• En Cataluña ante o bloqueo na transferencia de competencias dende
Madrid, a Generalitat instaurou un goberno autónomo federal
mediante a proclamación do Estado Catalán dentro da
República Federal Española.
• O proceso revolucionario fracasará no resto de España por falta
de coordinación.
2.3 O Bienio Negro (1933-1936)
A represión do goberno e o fin do Bienio.
•Para acabar coa situación revolucionaria o goberno decretou a entrada
do exercito en Asturias. Os militares dirixidos por Franco exerceron unha
brutal represión na que se asasinaron a miles de persoas (2000 mortos e
30,000 detidos)
•O goberno aboliu a autonomía catalá e se bloquearon os procesos
estatutarios de Euskadi e Galicia. O exercito reprimirá está insurrección e a
Generalitat será disolta e os líderes da mesma serán encarcerados.
• Despois do fallido intento revolucionario a esquerda cambiou de
estratexia tratando de unirse (Fronte Popular) buscando o consenso (a
imitación francesa). A CEDA reforzou o seu papel no goberno mentres as
principais figuras do Partido Radical perdían a lexitimidade o verse
inmersos en casos de corrupción.
• En febreiro de 1936 convócanse unhas as novas eleccións
2.4 Febreiro de 1936. Vitoria da Fronte
Popular

A vitoria da Fronte Popular.


•A Fronte Popular integraba os partidos republicanos de esquerdas, os
nacionalistas, socialistas, comunistas máis os apoios da CNT.
•Na dereita foron gañando peso líderes extremistas como José Antonio
Primo de Rivera, líder do partido fascista Falanxe Española. Tamén
destacaba o político José Calvo Sotelo, conservador e máis moderado
que Primo de Rivera
O goberno da Fronte Popular.
•A Fronte Popular gañou as eleccións e todos membros da coalición
acordaran proseguir coas reformas acelerando o proceso mentres
amnistiaban os represaliados durante o proceso revolucionario de
1934. Azaña foi nomeado presidente da República.
2.4 Febreiro de 1936. Vitoria da Fronte Popular
O camiño cara a Guerra Civil.
•A conflitividade xeral aumentou. Producíronse folgas,
incendios de igrexas e enfrontamentos entre falanxistas e
militantes de organizacións obreiras
•Algúns altos militares e organizacións de extrema dereita
(Falanxe Española), apoiados por terratenentes e certos
grupos económicos conspiraban para dar un golpe de
estado mentres a violencia se estendía por España.
•Os asasinatos do tenente Castillo (socialista), por pistoleiros
falanxistas, e do líder conservador Calvo Sotelo, asasinado
por compañeiros do tenente Castillo, foron o preludio da
sublevación militar.
•As tropas españolas do norte de África, dirixidas polo
xeneral Franco, subleváronse e deron un golpe de Estado o
17 de xullo de 1936
OS RÉXIMES
TOTALITARIOS

1. O stalinismo da
URSS
2. O fascismo italiano.
3. O nazismo alemán.
OS RÉXIMES TOTALITARIOS
Introdución
•Os réximes totalitarios foron a Unión Soviética
de J. Stalin (stalinismo), a Italia de B.
Mussolini (fascismo) e a Alemaña de A. Hitler
(nazismo).
•En todos estes países un único partido
controlou todos os poderes do Estado, impuxo
canóns de conduta e pensamento a toda a
poboación, suprimiu as liberdades e violou os
dereitos humanos.
O Stalinismo 1928-1953
• Lenin morre en 1924 sen que deixase clara quen debía ser
o seu sucesor. A dirección do Partido e do Estado pasou a
ser exercida por un grupo de dirixentes: Stalin, Trotski,
Kamenev e Zinoviev.
• O Partido Comunista (PC) sería o centro político e a
dirección da revolución recaería nun órgano colexiado
formado por Trotski e Stalin. Os enfrontamentos entre eles
eran continuos xa que tiñan puntos de vista moi diferentes.
Stalin imporase nesta loita polo poder e consolidouse como
líder indiscutible.
• Stalin abandona a idea da revolución mundial pola tese de
“socialismo nun só país”, polo que todos os esforzos
debían buscar a consolidación e fortalecemento da URSS.
A partir de ese momento a 3ª Internacional converteuse nun
organismo ao servizo dos intereses soviéticos e de Stalin.
O Stalinismo 1928-1953
A planificación económica: industrialización e colectivización
•Con Stalin, o estado soviético asumiu o control total da economía e a súa
planificación a través de plans quinquenais para converter a URSS nun
país autosuficiente dende o punto de vista industrial e militar. O organismo
encargado destas tarefas foi o Gosplan
•Cada plan duraba cinco anos, polo que se coñecen como plans quinquenais.
Neles fixábanse os obxectivos económicos que debía conseguir a URSS e os
recursos para logralos. A finalidade era que a URSS alcanzase o
desenvolvemento industrial e que fose autosuficiente dende o punto de
vista agrícola e militar.
•Os plans tiñan como obxectivo o desenvolvemento da industria pesada, o
equipamento básico e as infraestruturas. Mediante os plans quinquenais
conseguiuse unha profunda renovación industrial, fracasou na agricultura
e eliminou as políticas da NEP (políticas capitalistas)
•Todas as actividades económicas quedaron baixo o control do Estado e
de aboliu a propiedade privada.
•O crecemento económico acelerado que experimentou a URSS produciuse
no contexto da crise económica mundial derivada do crack de 1929. Estas
medidas provocaron un enorme rexeitamento social pola enorme represión e o
baixo nivel de vida dos cidadáns soviéticos
O Stalinismo 1928-1953
A planificación económica: a colectivización agraria.
•O 1º plan quinquenal estableceu a colectivización da agricultura,
con expropiacións forzosas para crear grandes explotacións
colectivas.
•A colectivización realizouse e maneira brutal e moitos medianos
propietarios foron expulsados das súas terras ou deportados en masa.
Os kulaks, campesiños adiñeirados que prosperaron baixo a NEP,
resistíronse e sufriron unha dura represión, sendo moitos deles
deportados a campos de traballo (Gulag) ou foron executados. Os
campesiños estaban aterrorizados o que se traduciu nun
descenso da produtividade agrícola e gandeira.
•A produción nunca medrou ao ritmo previsto polos plans
quinquenais e a poboación sufriu escaseza e fame.
•Houbo dous tipos de explotacións colectivos.
– Os Kolkhoz. Grandes granxas que funcionaban en réxime de cooperativa.
– Os sovkhoz. Granxas estatais que utilizaban man de obra asalariada.
O Stalinismo 1928-1953
A planificación económica: O desenvolvemento industrial.
•A política económica deu prioridade á industria pesada e
á produción de enerxía. O carbón, o petróleo e a
electricidade duplicaron a súa produción.
•Mediante o uso da propaganda alentouse a produtividade
como o traballo en días de descanso e o máximo rendemento
individual mediante o sacrificio desinteresado dos obreiros
(stajanovismo).
•Os primeiros resultados foron espectaculares e
converteron á URSS nunha potencia industrial. Pero tamén se
orixinaron desequilibrios económicos xa que se potenciou
en exceso a produción da industria pesada (ferro, aceiro,
ácidos, etc) e a fabricación de bens de equipo (maquinaria,
armamento, etc) e descoidouse a de bens de consumo (roupa,
calzado, electrodomésticos, etc). Desta maneira a poboación
padeceu grande escaseza dalgúns produtos básicos.
O Stalinismo 1928-1953. O réxime político
Unha ditadura totalitaria
•A URSS posuía un sistema político de partido único sen institucións
representativas. O réxime político derivou nun sistema totalitario.
En 1929 Stalin acaparou todos os poderes e instaurou unha ditadura
persoal mediante:
– O culto a personalidade. Mediante a propaganda enxalzábase a imaxe de
Stalin como “gran benfeitor” e “pai do pobo”, ao mesmo tempo se eliminou
calquera trazo positivo dos seus inimigos.
– O reforzo do PCUS. Se se quería participar na vida política, a través dos
soviets, era necesario pertencer ao PCUS, xa que este impoñía as candidaturas.
Desta maneira os soviets deixaron de ser asembleas libres e populares.
– O terror. Calquera resistencia (real ou ficticia) a Stalin era eliminada mediante a
NKVD (policía política), pero tamén colaborou gran parte da poboación, que
delataba a supostos contrarrevolucionarios. As purgas stalinistas máis intensas
desenvolvéronse entre 1933 e 1939, sendo célebres os procesos de Moscova,
nos cales se ordenou a antigos dirixentes do partido mediante xuízos falseados
e arranxados nos que se lles obrigaba a confesar múltiples crimes inventados
polos acusadores.
– O control da cultura. O PCUS determinou que a arte debía servir coma
propaganda do partido. Estableceuse una única tendencia oficial, o realismo
socialista, que enxalzaba a revolución, os seus líderes e os grupos considerados
coma a base da revolución: obreiros, campesiños e soldados.
O Stalinismo 1928-1953. O réxime
político
Unha ditadura totalitaria
•En política exterior.
– Destacar o pacto secreto de non agresión entre Stalin e
Hitler (Ribbentropp-Molotov) que non impediu que se
enfrontasen durante a II GM
– O finalizar a II GM a URSS era unha das potencias
vencedoras e o seu exército ocupaba case toda Europa
oriental e a metade de Alemaña.
•Nos anos seguintes transformouse a estrutura do país,
mellorando a industria, a sanidade e a educación. Non
entanto, o estrito control, a represión, a insatisfacción das
nacionalidades e a privilexiada nomenklatura perduraron e
impediron a evolución política do réxime
•Stalin mantívose no poder ata a súa morte en 1953
OS RÉXIMES TOTALITARIOS
• Na etapa de entreguerras o sistema liberal entrou en crise e nalgúns
países como Italia e Alemaña desenvolvéronse réximes totalitarios ou
ditaduras que compartían algunhas características comúns:
– Concepción antiparlametarismo, antiliberalismo, anticapitalismo
(orixes) e antimarxismo
– Estado totalitario (control ideolóxico da cidadanía)
– Subordinación do individuo o Estado (Estado corporativo)
– Partido único e prohibición das eleccións libres.
– Líder carismático e infalible e exaltación da irracionalidade
– Culto a personalidade (educación e propaganda). Mediante o control dos
medios tratan de controlar e manexar á opinión pública. Dáselle enorme
importancia aos símbolos, aos mitins e aos desfiles.
– Autarquía e forte control da economía
– Exaltación nacionalista e ideas expansionistas xa que defenden a
desigualdade entre pobos. Glorificación da guerra e o militarismo
– Uso da violencia e do terror. Non pretende convencer ao contrario senón
eliminalo fisica ou psicoloxicamente. Calquera forma de oposición é
reprimida mediante forzas paramilitares.
– Intolerancia e fanatismo
– Racismo (nazismo). Darwinismo social (razas superiores e inferiores).
O fascismo italiano
• As orixes do fascismo italiano son complexas e diversas (nacionalismo do
XIX, socialismo, vangardas, teorías irracionalistas, etc), pero vaise
manifestar inmediatamente despois da I GM e dos Tratados de París
de 1919 nun violento sentimento nacionalista que se canalizará no
fascismo
• Causas do fascismo
– Consecuencias da I GM. Gran número de mortos (600.000) e feridos e
escasas compensacións trala guerra, xa que os aliados lle prometeran
Dalmacia, Fiume e Trentino pero só obtivera a última. Estas circunstancias
xeraron un sentimento de decepción e rancor.
– Crise económica. Crise industrial, financeira, agrícola e comercial.
Necesidade de prestamos que xeraron unha enorme inflación e o aumento do
desemprego.
– Crise social. Empobrecemento das clases medias e aumento da tensión
social así como a polarización da sociedade. Ocupación de terras polos
campesiños, peches patronais e folgas e ocupación de fábricas. As clases e
altas temían unha revolución comunista.
– Crise parlamentaria. Quebra do sistema parlamentario liberal xa que os
partidos tradicionais non souberon facerlle fronte a esta situación. Gran parte
da poboación apoiou ao PC italiano ou ao partido de extrema dereita,
chamados Fasci di Combattimento, coñecidos como camisas negras creados
(1919) e dirixidos por B. Mussolini.
O fascismo italiano
• En 1921, Mussolini funda o Partido Nacional Fascista
(PNF) e constitúese como líder, chamado Duce. A
estratexia fascista ante a tensión social existente e o
emprego da violencia dos camisas negras sobre os
militantes de esquerda, os folguistas e os líderes sindicais.
• O fascismo vai gañando apoio entre amplas capas da
sociedade (clases medias, burguesía)aínda que obteñen
poucos escanos pero logran estender a idea da
necesidade de renovar Italia mediante a man dura.
• En 1922 os camisas negras (grupo paramilitar e base do
partido fascista) emprenden, dende diversas localidades,
a marcha sobre Roma para intimidar os partidos políticos
tralas últimas eleccións. O rei, Victor Enmanuel III, cede
ante as promesas e ameazas do Duce e lle encarga a
formación do goberno
O fascismo italiano
• Trala toma de poder Mussolini obtivo plenos poderes
durante un ano e aproveita para desmantelar as
institucións democráticas exercendo un control
absoluto a nivel político e ideolóxico grazas a unha
campaña de terror contra a oposición.
• En 1925, é asasinado o líder socialista Matteotti polos
camisas negras. Mussolini disolve o Parlamento e
establece a ditadura fascista, que conta co apoio da
burguesía industrial e financeira, os grandes
propietarios, e de parte das clases medias. Establécese
o seguinte:
– O Estado controla a política, a economía, as organizacións
sociais, e os medios de comunicación (Estado totalitario)
– A dereito a folga é suprimido e toda oposición é perseguida e
reprimida mediante a creación da policía política e o
establecemento da censura.
O fascismo italiano
• A crise de 1929 golpea a Italia onde cae a
produción industrial e aumenta o paro. A resposta
do Estado fascista baseouse en:
– Política de grandes obras públicas e control da
industria (mediante o Instituto para a Reconstrución
Industrial –IRI-). para aumentar a produción e lograr a
autarquía.
– Expansión imperialista en África (Etiopía e Albania). A
propaganda difunde unha imaxe de Italia coma unha gran
potencia preparada para unha futura confrontación mundial.
Italia apoia ao bando golpista de Franco na Guerra Civil.
• Na década dos trinta Mussolini alíase coa
Alemaña de Hitler e participa o seu lado na II GM.
En 1943 os aliados liberan Italia e poñen fin a
ditadura de Mussolini
O nazismo alemán
A República de Weimar.
•Trala derrota de Alemaña na 1ª Guerra Mundial formouse un
goberno provisional tivo que facer fronte á revolta esparquista na
que se tratou de impor un réxime comunista en 1919 pero fracasou.
•Tralo fracaso da revolución celebráronse eleccións para unha
Asemblea Constituínte. Eta Asemblea aprobou en 1919, na cidade de
Weimar, unha constitución pola que Alemaña se convertía nunha
república democrática. O Partido Socialdemócrata tiña a maioría no
Parlamento e controlaba o goberno.
•O novo réxime democrático xurdido en Alemaña trala I GM, a
República de Weimar, mostra unha debilidade cada vez maior ante
os envites derivados da destrución trala guerra e as pesadas cargas
económicas derivadas do Tratado de Versalles. Os partidos máis
extremistas opóñense a democracia de Weimar, os partidos de
esquerda consideran que o réxime era moi moderado e os grupos
máis conservadores opinaban que o novo réxime traizoara a Alemaña
ao aceptar o Tratado de Versalles.
O nazismo alemán
O nacemento do Partido Nazi.
•Nesta conflitiva situación créase, en 1920, o Partido
Nacional Socialista Alemán dos Traballadores (NSDAP),
que será coñecido como Partido Nazi, liderado polo führer
Adolf Hitler. Créanse un corpo paramilitar, as Seccións de
Asalto ou SA, para manter a orde nos actos do Partido.
•En 1923 a enorme inflación leva ó país a unha situación
moi delicada. Hitler xunto os seus seguidores intentas un
golpe de estado (putsch de Munich) que fracasa. O Führer
é detido e aproveita a súa estancia no cárcere para escribir
o Mein Kampf (Miña loita) na que se recolle a ideoloxía
nazi
O nazismo alemán
Principios da ideoloxía nazi:
•Partido único (Partido Nazi) cun líder indiscutible a súa
cabeza: o Führer (guía)
•A raza aria e superior as demais e debe dominalas. Os
arios, dos que formaban parte os alemáns, debían imporse
aos pobos inferiores como os latinos, os eslavos, os
xitanos e; sobre todo, os xudeus.
•A necesidade da expansión de Alemaña cara o leste
europeo para asegurar a súa prosperidade (espazo vital).
Os novos territorios serían colonizados por poboación
xermana.
•Revanchismo contra Francia oposición total á URSS.
•Antisemitismo e racismo. A raza xudía é a antítese da
raza aria e debe ser destruída. Os xudeus son os
causantes de todos os males de Alemaña.
•Rexeitamento as disposicións do Tratado de Versalles
O nazismo alemán
• Para evitar o afundimento de Alemaña, as potencias
vencedoras da guerra conciben un plan de axuda que
logre reactivar a economía e favorecer a reconciliación
entre Francia e Alemaña.
• En 1924, un novo goberno formado por
socialdemócratas e centristas, logrou unha mellora da
situación económica. O mariscal Hindemburg foi elixido
como presidente da República a tensión política pareceu
relaxarse.
• En 1926 Alemaña é admitida na Sociedade de
Nacións e o país inicia unha forte recuperación
económica dentro da euforia xeral dos felices anos vinte
O Estado Nazi
O ascenso do partido Nazi ao poder.
•A crise de 1929 afecta de maneira directa a Alemaña pola dependencia
que tiña esta dos EE.UU.
– Alemaña está nunha situación moi delicada debido a quebra de
bancos e industrias mentres se dispara o desemprego. A aplicación
de políticas de austeridade para combater a crise empobreceron aínda
máis aos obreiros e a tensión social aumentou considerablemente
favorecendo o auxe do Partido Nazi e do PC Alemán.
– Debido ao temor a unha revolución comunista os industriais e
financeiros apoiaron ao partido Nazi xa que consideraban que era o
único capaz de protexer os seus interese e restablecer a orde.
•A crise debilita a República de Weimar, e nas eleccións parlamentarias
de 1932 ningún partido alcanza a maioría pero o Partido Nazi convértese na
forza máis votada xunto cos socialistas. En 1933 o presidente da República,
Hindenburg, designa a Hitler como chanceler nun goberno de coalición debido
ás presións dos homes de negocios e polos grupos máis conservadores
•Unha vez no poder, Hitler, comeza a desmontar o sistema democrático e
impón a ditadura nacionalsocialista
O Estado Nazi
O totalitarismo nazi.
•Hitler faise con todo o poder en Alemaña. En 1933 os nazis incendian
o Reichstag (parlamento alemán). Culpan deste acto aos comunistas o
que lles serviu de pretexto para intensificar a persecución contra eles.
•En 1933 morre o presidente Hindenburg e Hitler proclama o III Reich,
sumindo a presidencia, a chancelería e a xefatura do partido Nazi. Ese
mesmo ano ilegaliza todos os partidos e sindicatos, excepto o nazi.
•En 1934, na Noite dos Coitelos Longos, Hitler mandou asasinar os
seus rivais internos dentro do Partido Nazi, sendo moitos dos
asasinados membros das S.A.
•A busca da pureza racial. Hitler consideraba unha prioridade devolver
a pureza racial á poboación alemá. Para logralo ordenou o asasinato
de enfermos mentais e discapacitados así como una sistema política
antisemita que foi endurecendo co tempo:
– 1933. Prohibición aos xudeus de exercer certas profesións: medicina, ensinanza.
– 1935. As leis de Nuremberg prohibiron os matrimonios entre xudeus e alemáns.
– 1938. Durante a noite dos cristais rotos, decenas de xudeus foron asasinados e
moitos foron encerrados en campos de concentración
– 1942. Durante a 2ª Guerra Mundial exterminouse a millóns de xudeus.
O Estado Nazi
O totalitarismo nazi. A economía.
•O Estado interveu directamente na economía
para acadar a autarquía.
– Asegurou a orde nos centros de traballo mediante a
creación dun sindicato único, tras prohibir os
existentes, e reactivou a actividade industrial.
– Impulsou o comercio exterior.
– Para reducir o desemprego fomentou as grandes
obras públicas así como o rearmamento. A partir
de 1936 logrouse un aumento da produción industrial
e acadouse o pleno emprego.
– Esta política económica dependía do
expansionismo exterior, é dicir, da guerra.
O Estado Nazi
O totalitarismo nazi.
•O terror e a represión foron empregados polos nazis para controlar á
poboación.
– As S.S. Sucesoras das S.A. Que tiñan como obxectivo protexer a Hitler pero
despois ocupáronse de descubrir aos opositores ao réxime nazi e durante a
2ª Guerra Mundial aplicaron a “solución final”.
– A Xestapo. Policía secreta do Estado Nazi que foi creada para eliminar
calquera oposición sen ningún tipo de restricións. Foi responsable de torturas
e execucións, así como a deportación dos xudeus aos campos de
concentración e exterminio.
•O uso da propaganda de maneira masiva. Goebbels foi o encargado
de dirixila (Goebbels: “Una mentira mil veces repetida....transformase en
verdade”). Para lograr os seus obxectivos estableceron:
– Todos os medios de comunicación estaban controlados polo Partido
Nazi: a prensa, a radio e o cine.
• Neles potenciouse a exaltación da raza aria e da figura de Hitler.
• Silenciouse a oposición ao Réxime mentres se denigraba aos inimigos,
especialmente aos xudeus.
– As grandes concentración tamén tiñan unha función propagandística.
Nelas facíanse desfiles, saúdos ao führer, cánticos e discursos para
entusiasmar aos asistentes asegurar a súa adhesión.
O Estado Nazi
• Hitler pondo en práctica as súas teorías reflexadas
no Mein Kampf (espazo vital) comeza a súa
expansión ante a permisividade de Gran
Bretaña e Francia
– Unión con Austria (Anschluss) en 1938 incumprindo
unha das cláusulas do Tratado de Versalles
– Invasión de Checoslovaquia en 1939
– Invasión de Polonia en 1939
• Coa invasión de Polonia desencadease a II GM
que durará ata 1945. Hitler suicidarase en abril
de 1945 e finalizará o III Reich incumprindo as
predicións de Hitler dun Reich de mil anos

You might also like