You are on page 1of 26

TEMA 10: O REINADO DE

ALFONSO XIII E A
CRISE DA RESTAURACIÓN
1902 – 1931

1. OS INICIOS DO REINADO E AS PROPOSTAS DE REFORMA. 1902 –


1916
1.1. As reformas de Maura
1.2. A Semana Tráxica
1.3. As reformas de Canalejas

2. A QUEBRA DO SISTEMA DA RESTAURACIÓN. 1917 - 1923


2.2. A quebra da quenda e da Monarquía Constitucional
2.3. Oposición republicana
2.3. A cuestión marroquí e o desastre de Annual (1921)

3. A DITADURA DE PRIMO DE RIVERA. 1923 - 1930


3.1. O Directorio Militar. 1923 - 1925
3.2. O Directorio Civil. 1925 – 1930
• Potenciación do desenvolvemento económico
• Intento de instauración dun réxime corporativo
• Incremento da oposición e caída de Primo de Rivera

4. A FIN DA MONARQUÍA. 1930 - 1931

5. SELECCIÓN DE TEXTOS

6. EXEMPLOS DE COMPOSICIÓN DE TEXTO HISTÓRICO


13. A crise da Restauración: a quebra do sistema, a crise de 1917, os
gobernos de concentración e a guerra de Marrocos.
14. A ditadura de Primo de Rivera (golpe de estado e etapas: delimitación
temporal e características principais)

1
TEMA 10: O REINADO DE
ALFONSO XIII E A
CRISE DA RESTAURACIÓN
1902 – 1931

• Períodos reinado de Alfonso XIII


-1902 - 1923 → monarquía constitucional
→ crise do sistema canovista
-1923 - 1930 → ditadura de Primo de Rivera
→ conta co apoio do rei
-1930 - 1931 → auxe do republicanismo e desprestixio da monarquía

1. OS INICIOS DO REINADO E AS PROPOSTAS DE REFORMA.


1902 – 1916

• Durante o reinado prodúcese a progresiva desarticulación do sistema


canovista a causa de:
-Excesivas e moitas veces pouco afortunadas intervencións do rei en
asuntos políticos e militares
-Fraccionamento e descomposición do partido Conservador e Liberal
(partidos dinásticos)
-Trala morte de Cánovas e Sagasta os novos dirixentes non conseguen
un liderado claro nos seus partidos
-Partido Conservador → Silvela, Maura, Dato, La Cierva
-Partido Liberal → Moret, Montero Ríos, Canalejas, García Prieto,
Romanones
-Crecente papel do exército na vida política
-Adoptan posturas cada vez mais autoritarias e conservadoras
-Obxectivos → defender os seus intereses corporativos
→ salvar a patria e a unidade nacional
-Co consentimento do rei conseguen a aprobación da Lei de xurisdicións
(1906)
-Somete ao código militar o castigo de delitos de opinión ou obra
contra a unidade da patria e contra o exército
-Supuxo a imposición do poder militar ao civil
-Mantemento da fraude electoral e do caciquismo → agora criticado pola
opinión pública
-Crecente rexeitamento do sistema canovista polas clases medias urbanas
2
-Apoian a republicanos e nacionalistas → conseguen así controlar os
municipios
-Aumento da conflitividade social
-Causa → duras condicións de vida e traballo das masas populares
→ dura represión das súas demandas
-Atentados anarquistas contra o rei, políticos, empresarios e eclesiásticos
-Enfrontamento → corrente anticlerical → apoiado por republicanos e
asociacións obreiras
→ catolicismo intransixente → apoiado pola Coroa
-Sucesivas derrotas militares na ocupación do norte de Marrocos onde xa
tiñan a Ceuta e Melilla
-Obxectivo → compensar a perda das colonias
-Acordos hispano-franceses (1904, 1906) permiten a ocupación da zona
entre Larache e Melilla
-Problema → zona de orografía montañosa e clima árido
→ ocupada por tribos ou cabilas bereberes
-Consecuencia → foi necesario empregar grandes continxentes de
homes para controlar a zona
→ a cuestión marroquí provocou graves tensións
políticas, militares e sociais

1.1. AS REFORMAS DE MAURA

•1907 → Maura é nomeado presidente de Goberno


-Quixo introducir cambios → para modificar o país sen modificar a estrutura
social e económica
→ para evitar a revolución social
-Moitas propostas non se aprobaron pola oposición dos grupos dominantes
-Lei de reforma electoral (1907)
-Obxectivo → poder prescindir da fraude electoral
-Consegue o contrario→ polo artigo 29: os candidatos eran proclamados
deputados sen necesidade de eleccións, cando
nunha circunscrición se presentasen o mesmo
número de candidatos que postos a cubrir
-Lei de administración local
-Obxectivo → aumentar a autonomía dos concellos
-Permitía crear mancomunidades1 provinciais

1
Mancomunidade: agrupación de municipios ou provincias para resolver problemas
comúns.

3
-Non aprobada pola oposición da oligarquía local dado que temían
perder o control municipal

1.2. A SEMANA TRÁXICA

• 1909 → nova derrota do exército español en Marrocos que obriga a enviar


novas tropas
-Segundo o goberno os ataques ameazan o prestixio internacional de
España
-En realidade poñían en perigo os intereses das compañías mineiras
-Os grupos de esquerdas e as organizacións obreiras opóñense
-26 xullo 1909 → anarquistas e socialistas convocan folga xeral contra a
guerra e a actuación do Goberno
-En Barcelona, da folga pasouse á insurrección → barricadas nas rúas,
queima de edificios
relixiosos e escolas
eclesiásticas
-A protesta adquire tamén carácter anticlerical
-Causa → apoio da igrexa ao Goberno
-A insurrección popular durou unha semana → forte represión
-A dura represión provocou →a caída de Maura e a volta ao poder dos
liberais dirixidos por Canalejas
→ a coalición entre republicanos e
socialistas

1.3. AS REFORMAS DE CANALEJAS

•1910 → Canalejas propón medidas para atraerse ás masas populares


-Lei de asociacións relixiosas (1910)
-Prohibía a instauración de novas ordes relixiosas en España
-Foi retirada en breve pola oposición dos católicos, conservadores e do
Vaticano
-Lei de mancomunidades provinciais
-Permite unha reducida autonomía rexional
-Pretende satisfacer as reivindicacións rexionalistas
-Lei de recrutamento (1912)
-Establece o servizo militar obrigatorio
-Queda abolida a posibilidade de librarse do mesmo mediante pagos
-Pero crea a figura dos soldados de cota → mediante pago reducen o
tempo do servizo militar

4
•1912 → Canalejas é asasinado nun atentado anarquista
-Liberais non atopan que exerza un claro liderado do partido
-As súas propostas non tiveron repercusión pola oposición conservadora

2. A QUEBRA DO SISTEMA DA RESTAURACIÓN. 1917 - 1923

• Deterioro progresivo do sistema da Restauración


-Causa → fracaso das reformas de conservadores (Maura) e liberais
(Canalejas)
-Consecuencia → sucédense as crises políticas e sociais
-Reducen os apoios á monarquía
-Facilitan o golpe de estado de 1923

2.1. A CRISE DE 1917

• Gran impacto da I Guerra Mundial en España


- España converteuse en subministradora de todo tipo de produtos aos
países belixerantes
-Consecuencia → subida de prezos e escaseza de bens de primeira
necesidade pola exportación masiva
-Salarios non experimentan a mesma subida que os prezos
-Provoca o deterioro das condicións de vida das clases medias e
populares, aumentando o malestar social e político

• 1917 → prodúcese a crise máis profunda do sistema pola conxunción de tres


Crises: militar, política e social

• Crise militar → as Xuntas de Defensa


-1916 → creación das Xuntas de Defensa militares
-Están formadas por oficiais de media e baixa graduación
-Defenden os seus intereses económicos dada a perda de poder
adquisitivo
-Piden → a regulación dos ascensos: queren que sexan concedidos
por antigüidade e non por méritos de guerra
→ defensa do honor dos militares ante as críticas antimilitaristas
→ represión contra o socialismo, anarquismo e separatismo
nacionalista
-Goberno disolve as Xuntas
-Non é aceptado polos militares que se rebelan, obrigando ao Goberno a
recoñecelas
-Ponse de manifesto a debilidade do poder civil fronte ao militar
5
-A partir deste momento → os militares intervirán no nomeamento dos
ministros de Guerra
→ Preséntanse como os que garanten a orde
pública
-Problema → non se solucionaron os problemas do exército: insuficiente
orzamento, deficiente equipamento, exceso de oficiais, divisións internas….

• Crise política → Asemblea de parlamentarios


-Crise política motivada por:
-Actuación das Xuntas militares
-Desprestixio do rei pola súa intromisión na vida política
-División en camarillas dos partidos dinásticos
-A Liga Rexionalista catalá liderada por Francisco Cambó aproveita a crise
-Convoca unha Asemblea de Parlamentarios en Barcelona → invita a
deputados e senadores a unha reunión extraoficial (Asemblea)
-Obxectivos → esixir a formación de Goberno provisional que convoque
Cortes constituíntes para:
-Reformar o sistema político → conseguir auténtica democracia
-Descentralizar o Estado → autonomía rexional e municipal
-Celebrouse unha segunda asemblea en Madrid
-So acudiron deputados e senadores catalanistas, republicanos e
socialistas
- Este movemento parlamentario desapareceu sen conseguir a reforma
constitucional
-Causa → falta de apoio dos partidos monárquicos
→ divisións no propio movemento

• Crise social → folga revolucionaria


-Masiva exportación durante I Guerra Mundial de produtos de primeira
necesidade → provoca carestía e alza de prezos
-Incremento do malestar social → protestas e manifestacións
-1916 → folga xeral convocada pola UXT e CNT pola carestía da vida
-18 agosto 1917 → folga xeral convocada por PSOE e UXT
→ colaboran CNT e republicanos
-Obxectivos revolucionarios → derrocar ao réxime
→ convocatoria de Cortes constituíntes
-Forte represión do Goberno → lei marcial, disolución violentas das
manifestacións, detencións masivas

• En síntese → en 1917 parte dos militares, parlamentarios e dos obreiros


ameazan con derrocar o sistema establecido
-Goberno controla a situación
-Causa → militares, parlamentarios e obreiros non tiñan os mesmos
6
obxectivos
→ republicanos e nacionalistas → partidos de ideoloxía burguesa
-Temen a revolución → póñense ao lado do Goberno
→ o exército apoia ao Goberno e restablece a orde pública

2.2. A QUEBRA DA QUENDA E DA MONARQUÍA CONSTITUCIONAL

• A partir de 1917 → crece a inestabilidade política e social

• Debilidade dos gobernos e desprestixio da clase política


-Dificultades dos gobernos para manter o poder
-Causa → división interna dos partidos dinásticos en camarillas
→ tensión entre os líderes
-Cada vez resulta máis difícil formar goberno
-Rota a quenda, o rei recurrirá á formación de gabinetes de
concentración
-A súa composición pode corresponderse:
-Con personalidades correspondentes a distintos grupos políticos
-Ou con gabinetes encabezados por un dos notables do réxime
-Foron gobernos débiles polas diferenzas internas, de escasa duración e
incapaces de solucionar os problemas

• Conflitividade social no rural e nas cidades


-Paralelamente as organizacións sindicais amplían o número de afiliados
-Radicalización → da represión gobernamental
→ da resposta das organizacións obreiras

• Aumenta actividade republicana → continúan en coalición cos socialistas

• Aumenta a actividade dos rexionalistas e nacionalistas que son acusados de


separatistas
-Liga Rexionalista en Cataluña
-Partido Nacionalista Vasco en País Vasco
-Irmandades da Fala en Galicia

2.3. OPOSICIÓN REPUBLICANA

• Republicanos durante Alfonso XIII


-Minoría → teñen peso na opinión pública
→ escasa representación parlamentaria en Cortes
-Causa → fragmentación en diversos grupos
7
• Partido Republicano Radical → dirixido por Alexandre Lerroux
-Anticlerical
-Oposto ao rexionalismo
-Forte influenza entre os obreiros

• 1909 → fundación da Conxunción republicano - socialista


-Nace da colaboración entre republicanos e socialistas
-1910 → Conseguen a elección como deputado a Pablo Iglesias

• En Galicia fundouse Solidariedade Galega


-Integrado por rexionalistas e republicanos
-Obxectivos → acabar co caciquismo mobilizando ao campesiñado
-Comezan a destacar → Abad Conde e Casares Quiroga

2.4. A CUESTIÓN MARROQUÍ E O DESASTRE DE ANNUAL (1921)

• 1912 → Creación do protectorado2 español no norte de Marrocos


-Necesario pacificalo e ocupalo
-Problemas → resistencia da poboación
→ dificultades do terreo
→ incremento dos gastos militares

• Xeneral Silvestre estimulado por Alfonso XIII realiza manobra arriscada para
ocupar a zona do Rif
-As cabilas rifeñas dirixidas por Abd el-Krim atacan en Annual perecendo a
maior parte dos soldados españois
-Os rifeños controlan a zona → proclaman a independencia da República do
Rif

• Desastre de Annual → gran impacto na opinión pública


-Incrementa a impopularidade da guerra e do exército
-Incrementa a impopularidade da monarquía
-Causa → sospéitase que tras a actuación de Silvestre está a
intervención de Alfonso XIII (Expediente Picasso)

• Ao réxime quédanlle só dúas saídas:


-Democratizarse
-Impoñer un cirurxián de ferro que solucionase os problemas de España

2 Protectorado: tipo de colonia que conserva para asuntos internos as súas propias
autoridades pero estas están sometidas á metrópole

8
-1923 → imposición da ditadura militar de Primo de Rivera

3. A DITADURA DE PRIMO DE RIVERA. 1923 - 1930

•13 setembro 1923 → Miguel Primo de Rivera deu golpe de Estado en


Barcelona
-Contou coa aceptación de Alfonso XIII → chámao para que asumise o
poder

• Non foi unha excepción en Europa → países con problemas similares adoptan
a mesma medida
-Insérese no período de crise xeral do sistema liberal

• O golpe de Estado tivo inicialmente unha ampla aceptación popular


-Causa → preséntase como medida excepcional e transitoria para solucionar
os problemas de España
-Apoios → políticos conservadores, terratenentes, burguesía comercial e
financeira, pequenos e medianos propietarios
-Socialistas → non se opoñen
-Partido Comunista e CNT → oposición aberta

• Primo de Rivera identifícase como o cirurxián de ferro de Joaquín Costa


-Preséntase como a persoa capaz de rexenerar rapidamente os problemas
de España
-Caciquismo
-Corrupción política
-Separatismo
-Terrorismo
-Enfrontamentos sociais
-Escaso desenvolvemento económico
-Guerra en Marrocos

• Réxime de Primo de Rivera → autoritario, populista, paternalista,


excesivamente optimista (“bástanme tres meses”
dicía, para acabar cos problemas de España)

3.1. O DIRECTORIO MILITAR. 1923 - 1925

• Primeiro goberno da ditadura → formado unicamente por militares

• Adoptan medidas para rexenerar a vida política e acabar co caciquismo


9
-Suspende a Constitución de 1876
-Substitúe autoridades vixentes por outras adictas ao novo réxime
-Non elimina os partidos políticos pero perden a capacidade para influír
nos asuntos públicos
-Creación dos delegados gobernativos → encargados de detectar as
deficiencias dos concellos e propor
solucións
-Elaboración dun estatuto municipal (1924) e doutro provincial (1925)
-Aumentan as competencias destas institucións
-Na práctica seguen controlados polo goberno
-Creación da Unión Patriótica
-Organización de difícil definición, está a medio camiño entre partido
único do réxime e movemento de apoio e propaganda á ditadura

• Restablecen a orde pública → toman medidas para controlar o movemento


obreiro
-Restrición de liberdades → prohibición do dereito de reunión, persecución
da CNT e PCE
-Consecuencia → redución das folgas e atentados
- Extende a toda España o somatén catalán → paisanos armados que
colaboran coa Garda Civil no
mantemento da orde

• Toman medidas para defender a unidade da patria


-Actúan contra todo o que pode poñer en perigo a unidade de España
-Reprimen reivindicacións e manifestacións nacionalistas:
-Campaña de afirmación dos símbolos nacionais
-Prohibición dos símbolos nacionalistas (bandeiras, himnos)
-Prohibición do emprego das linguas catalá, vasca e galega en escolas,
e institucións públicas
-Clausura de institucións e diarios nacionalistas

• Finaliza a guerra de Marrocos


-Inicialmente Primo de Rivera era partidario de abandonar Marrocos
-Cambia de opinión pola presión dos militares
-Os erros de Abd el-krim e a coordinación con Francia permitirán gañar a
guerra
-Co desembarco na bahía de Alhucemas conquistarase o Rif (1925)
-Fin da guerra en 1927 contribuíndo a → o prestixio do exército
→ popularidade do ditador

10
3.2. O DIRECTORIO CIVIL. 1925 – 1930

•1925 → directorio militar é substituído por un Directorio formado


maioritariamente por civís
→ foi apoiado novamente polo rei

• Intento de instauración dun réxime corporativo3 mediante:


-Creación da Organización Corporativa do Traballo (1926)
-Obxectivo → regular as relacións entre traballadores e a patronal
mediante comités paritarios (formados por igual número de
patróns e obreiros)
-Foron a apoiados pola UXT
-Elaboración dunha lexislación laboral e social
-Obxectivos → mellora das condicións de vida e traballo
-Toman medidas populistas → reparto de roupa aos máis pobres,
construción de casas baratas,
subvencións para a formación
profesional dos obreiros
-Convócase a formación dunha Asemblea Nacional (1927)
-Só tiña carácter consultivo → encargábase de presentar proxectos de
lei ao Goberno
-1929 → Asemblea Nacional presentou proxecto dunha nova
Constitución
-Establecía → Estado unitario e centralizado
→ Asemblea única
→ confesionalidade católica do Estado

• Potenciación do desenvolvemento económico


-Tomáronse medidas baseadas nun forte intervencionismo estatal
-Forte proteccionismo arancelario
-Regulamentación da produción e da competencia
-Control do mercado interior e dos prezos
-Fomento da produción nacional coa concesión de créditos e encargos
estatais
-Creación de monopolios para garantir determinados servizos (teléfono,
petróleo -CAMPSA-)
-Potenciación de vías de comunicación e obras públicas (ferrocarrís,

3 Corporativismo: réxime económico e social baseado nas organizacións profesionais


corporativas. O Estado controla e domina as organización de obreiros, empresarios e
profesionais como vía de superación da loita de clases. O triunfo das fórmulas corporativistas
implicaba a ilegalización dos restantes partidos e sindicatos libres. Este sistema alcanzou o seu
máximo desenvolvemento na Italia de Mussolini.

11
estradas)
-Resultados destas medidas
- Conséguese falsa sensación de prosperidade grazas a:
-Crecemento económico mundial (felices anos vinte)
-Paz social conseguida coa represión dos obreiros
-Non se solucionan os problemas existentes:
-Proteccionismo fixo aos produtos nacionais pouco competitivos no
exterior
-Persisten os problemas da agricultura: desigual reparto da terra,
baixa produtividade, uso de técnicas arcaicas, malas condicións de
vida
-Principais beneficiarios → gran burguesía financeira, industrial,
terratenente

• Incremento da oposición e caída de Primo de Rivera


-A idea inicial dunha ditadura transitoria substitúese polo intento de
perpetuar o réxime
-Consecuencia → aumento das críticas contra o réxime
-Republicanos crean a Alianza Republicana (1926)
-En Galicia créase a ORGA (Organización Republicana Galega
Autónoma)
-Liberais piden a volta ao sistema constitucional
-Apoian a conspiración militar coñecida como Sanjuanada
-Anarquistas → atentados frustrados contra o rei
→ fundan a FAI (Federación Anarquista Ibérica)
-Radicalización dos nacionalistas
-Militares do corpo de artillería opóñense á reforma militar
-Enfróntase ao ditador que disolve o corpo
-Moitos militares de artillería pasaron ao bando republicano

• Estas dificultades provocan a dimisión de Primo de Rivera (xaneiro 1930)


-Exíliase en Francia

4. A FIN DA MONARQUÍA. 1930 - 1931

• Alfonso XIII encarga a formación dun novo Goberno a Dámaso Berenguer


(coñecido como ditabranda)
-Pretende restablecer o sistema constitucional de 1876

• A República cada vez ten máis partidarios


-Pacto de Lestrove (1930) → créase a Federación Republicana Galega
(FRG)
12
-No Pacto de San Sebastián (1930), republicanos, antigos monárquicos,
socialistas e nacionalistas chegan a acordo verbal comprometéndose a:
-Derrocar a monarquía e establecer unha república
-Garantir liberdade relixiosa e política
-Convocar eleccións a Cortes constituíntes
-Contemplan a posibilidade de recoñecer a autonomía política das
rexións
-Formar un Comité revolucionario → actuaría como goberno provisional
no inicio da república

• O goberno de Berenguer actúa con demasiada lentitude no restablecemento


das liberdades
-Provoca a intensificación da oposición á monarquía

• 1930 → prodúcense dous pronunciamentos fracasados a favor da república


-O iniciado en Xaca polos capitáns Galán e García Hernández
-O protagonizado por Queipo de Llano e Ramón Franco no aeródromo
madrileño de Catro Ventos

• Febreiro 1931 → Berenguer é substituído por Xoán Bautista Aznar


-Causa → crecente axitación social e política

• Convócanse eleccións municipais para o 12 de abril de 1931


-Adquiren carácter de plebiscito a favor ou en contra da monarquía
-Goberno e exército declaran que acatarán os resultados
-Resultados → no rural gañarán as candidaturas monárquicas
→ nas cidades triunfan os republicanos
-Este triunfo foi considerado como un apoio á república
-14 abril de 1931 → proclámase a Segunda República

13
5. SELECCIÓN DE TEXTOS
Doc. 1. El Ejército Español en 1905:
Aos separatistas cataláns dilles que xa rematou a época das contemplacións;
que de hoxe en adiante non se poderá berrar ‘¡Morra España!’ sen que quen o
berre saiba que é perigosísimo o berralo. Aos gobernos dilles que tamén pasou
a época en que poidan amosarse débiles; que é preciso arrincar de raíz a
semente separatista custe o que custe. E ás Cortes dilles así mesmo que se
por imprevisión dos lexisladores non hai leis contra o separatismo, as fagan
axiña, porque entrementres o Exército aplicará a lei suprema, a que dita o seu
inquebrantable amor a España unha e intanxible.

Doc. 2. COMITÉ DE FOLGA UXT – PSOE. 12-8-1917:


Pedimos a constitución dun Goberno Provisional que asuma os poderes
executivo e moderador, e prepare, previas as modificacións imprescindibles
nunha lexislación viciada, a celebración de eleccións sinceras, dunhas Cortes
Constituíntes que aborden en plena liberdade os problemas fundamentais da
constitución política do país. Mentres non se acade ese obxectivo, a
organización obreira está absolutamente decidida a manter a súa actitude de
folga. Cidadáns: non somos instrumentos de desorde, como na súa impudicia
nos chaman con frecuencia os gobernantes que padecemos. Aceptamos unha
misión de sacrifi cio polo ben de todos, pola salvación do pobo español, e
solicitamos o voso concurso. ¡Viva España!.

Doc. 3. Gobernos entre 1917 e 1922:

14
Doc.4. Manifesto ao país e ao exército. Primo de Rivera. 13 de setembro
de 1923:
Españois: Chegou para nós o momento máis temido que agardado (...) de
atender o clamoroso requirimento de cantos, amando a Patria, non ven para
ela outra salvación que libertala dos profesionais da política, dos que por unha
ou outra razón nos ofrecen o cadro de desventura e inmoralidades que
comezaron no ano 98 e ameazana España cun próximo fin tráxico e
deshonroso (...).
Non vimos chorar mágoas e vergoñas, senón poñerlles axiña radical remedio,
para o que requirimos o concurso de todos os bos cidadáns. Para iso (...)
constituirase en Madrid un Directorio Militar con carácter provisorio encargado
de manter a orde pública (...).

Doc. 5. Comunicación de Primo de Rivera a Alfonso XIII. 1925:


En suma, señor, para expoñer o meu pensamento clara e sinceramente, o que
propoño a V. M. é a substitución dunha ditadura militar por outra civil e de
organización máis axeitada, pero non menos vigorosa. E permítome propoñelo
así, recollendo a arela popular, que só teme do cambio de goberno que se
debiliten os resortes do mando que foron carácter do Directorio militar, cuxa
vida, como xenuína representación do exército e da mariña, que tan
patrioticamente ofreceron o prestixio dos seus nomes corporativos a este
arriscado labor, non debe levarse a momento de desgaste ou de quebranto; nin
tampouco debe subtraerse por máis tempo ao país, na súa representación civil,
que é a axeitada e tan manifestamente está da nosa parte, a participación e a
responsabilidade na obra de reconstituílo e reeducalo administrativa e
politicamente.

Doc. 6. José CALVO SOTELO. Mis servicios a España, 1931:


As ditaduras propenden fatalmente ao intervencionismo. O seu omnímodo
poder é incompatible coa inhibición (...). O intervencionismo de Primo de Rivera
abrangueu a agricultura, a industria, o mesmo comercio (...). Primo de Rivera
profesou un entusiasta nacionalismo económico que eu compartín co máis
caloroso fervor. Pero o noso nacionalismo mantívose dentro de correctísimos
límites. A xuízo do xeneral, España debía nacionalizar unicamente: a) as
industrias para as que a primeira materia se obtén no noso territorio; b)
as que dentro do ámbito nacional de consumo poden achar mercado
suficiente de vida; c) as indispensables para asegurar a nosa independencia
política nacional.

15
Doc.7. CONGRESO DOS ESTADOS UNIDOS. Resolución. 19-4-1898
Considerando que as horribles condicións que existiron na illa de Cuba, tan
próxima as nosas costas, (...) e que culminaron na destrución dun acoirazado
dos Estados Unidos durante unha visita amigable ao porto da Habana. (...) O
Senado e a Cámara de Representantes dos Estados Unidos reunidos en
Congreso resolveron:
2º.- Que os Estados Unidos teñen o deber de pedir, e por tanto o goberno dos
Estados Unidos pide, que o goberno español renuncie inmediatamente a súa
autoridade e goberno sobre a illa de Cuba e retire de Cuba e das augas
cubanas as súas forzas terrestres e navais.

Doc.8. Xoaquín COSTA. A terra e a cuestión nacional. 1898:


Despois de medio século de asonadas, pronunciamentos, manifestos,
revolucións, fusilamentos, cambios de réxime e de dinastía, proclamación de
Constitucións bautizadas pomposamente co ditado de democráticas, as
“liberdades” chegaron, temos o que se pedía: Constitución liberal, xuízo por
xurados, sufraxio universal, dereitos individuais, pero seguimos o mesmo que
estabamos: o pobo xeme na mesma servidume que antes, a liberdade non
penetrou no seu fogar, a súa mísera sorte non cambiou no máis mínimo, como
non sexa para empeorar; aquel medio século de propagandas e combates
heroicos pola liberdade desembocou nun inmenso fracaso; o réxime liberal fixo
bancarrota.
E sabedes por que? Porque esa liberdade non se coidaron máis que de
escribila na “Gaceta”, crendo que a iso se reducía todo; porque non se coidaron
de afianzala dándolle corpo e raíz no cerebro e no estómago: no cerebro,
mellorando e universalizando a instrución; no estómago, promovendo unha
transformación fonda da agricultura, que a faga producir dobre que no presente
e diminúa o prezo das subsistencias, e, mediante a difusión da propiedade
territorial, elevando aos braceiros á condición de terratenentes.

Doc.9. Lei de Xurisdicións. 23-3-1906


Art.2. Os que de palabra, por escrito, por medio da imprenta, gravado,
estampas, alegorías, caricaturas, signos, gritos ou alusións, aldraxan á nación,
á súa bandeira, himno nacional ou outro emblema da súa representación,
serán castigados coa pena de prisión correccional.
Art.3. Os que de palabra ou por escrito, por medio da imprenta, gravado ou
outro medio mecánico de publicación, en estampas, alegorías, caricaturas,
emblemas ou alusións aldraxen ou ofendan clara ou encubertamente ao

16
exército ou á armada ou a institucións, armas, clases ou corpos determinados
do mesmo, serán castigados coa pena de prisión correccional.

Doc.10: Asemblea de Parlamentarios Cataláns. 5-7-1917


Seguidamente deuse lectura ás dúas proposicións presentadas. (...) A segunda
(...) propoñía:
1º. Proclamar a necesidade de organizar un réxime de ampla autonomía
administrativa de todos os municipios para que poidan desenvolverse con
liberdade e respondan aos seus fins naturais.
2º. Proclamar así mesmo a necesidade de organizar un réxime de ampla
autonomía administrativa das demais rexións españolas que contribúa ao
desenvolvemento de todos os seus elementos compoñentes, sen mingua da
unidade nacional.
3º. Declarar que o Parlamento español debe reunirse canto antes para dar
efectividade legal ás anteriores conclusións e resolver os demais problemas
presentados actualmente. En consecuencia, esperan que o Goberno,
compenetrado con este desexo, fará a convocatoria no momento que, ao seu
xuízo, o permitan as circunstancias.

Doc. 11: Declaracións do capitán de artillería, CHACÓN durante a


realización do expediente Picasso.1921.
En 1921 o xeneral Silvestre, co obxectivo de obter unha vitoria definitiva e
estimulado polo rei, realizou unha manobra arriscada coas súas tropas
entrando no Rif, coa intención de ocupar Alhucemas; pero non asegurou a
retagarda e dispersou demasiado os seus homes. As cabilas do Rif, ao mando
de Abd el-Krim, atacaron a súas posicións obrigándolle a retirarse, perecendo a
maioría dos seus soldados en Annual.
A evacuación de Igueriben fixo fraquear a liña de vangarda e determinou que o
repregue a Annual, tanto do convoi como das forzas que o protexían, se fixese
apresurada e desordenadamente. Despois deste momento reinaba en Annual a
maior desorde, non só pola confusa chegada das forzas, senón por reunirse
preto da tenda do xeneral, feridos, mortos e fuxitivos de Igueriben que daban
ocasión a todo xénero de deprimentes comentarios.(...) Á porta da tenda do
xeneral discutía acaloradamente un grupo de xefes, entre os que estaba o
coronel Manella, xefe da posición, que protestaba porque era o único que
votara na Xunta de Xefes por non abandonala e que estaba disposto a
suicidarse cando iso ocorrese. A testemuña fíxolle observar que así deprimía a
moral das tropas que o escoitaban, ao que lle respondeu o coronel que non lle
importaba.
17
Doc.12: Víctor PRADERA. El Debate, 22-9-1923.
O golpe de Estado de 1923 e o inicio da ditadura de Primo de Rivera contou
cunha aceptación xeral entre a poboación e de diversos grupos políticos,como
un medio para solucionar os graves problemas existentes en España.
Non se podía seguir vivindo baixo o canón da pistola de asasinos e ladróns,
mal disfrazados pola capa do interese sindical obreiro; nin na desorde
orxiástica dunha Administración que chegara a ter como déficit anual a
espantosa cifra de mil millóns de pesetas; nin co nepotismo entronizado nas
xerarquías administrativas (...), nin cunha sangría como a de Marrocos, para o
que o Goberno non encontraba solución práctica, senón que nin sequera
chegara a ter orientación precisa; nin coa chaga gangrenosa do separatismo;
nin cos problemas urxentes da vida rexional e local, colonización interior,
réxime da propiedade e do traballo, reforma xudicial, etc., perpetuamente
discutidos e constantemente aprazados, nin co desate da indisciplina e
inmoralidade sociais, que nos arrastraban a unha morte chea de vilipendio; nin
co caciquismo parasitario, que chupaba os zumes vitais da nación.

Doc.13: Entrevista a Miguel Primo de Rivera. El Sol. 16-9-1923


Esta é unha solución firme, pero non definitiva. É unha paréntese de curación.
Queremos borrar todos os vestixios da política desprestixiada e establecer un
réxime novo. O directorio asumirá o poder durante quince, vinte, trinta días, o
prazo necesario para que o pobo mesmo nos facilite homes públicos civís, pero
non pertencentes á clase política, capaces de gobernalo. Para garantir a
tranquilidade do país e a nosa independencia durante este período
necesitabamos acudir a medidas de excepción. Por iso se declarou o estado de
guerra en toda España e en breve suspenderemos as garantías.(...)
Vamos disolver as Cortes. Non co propósito de gobernar sen elas, senón
simplemente para ver o modo de elixir outras mellores (...).
Non, non queremos derrogar a Constitución. O que pasa é que probablemente
nos veremos obrigados a saltar sobre ela, sempre cun bo propósito.(...)
O Somatén deu un resultado magnífico en Cataluña. (...) Vamos a organizar o
Gran Somatén Nacional en toda España. Esperamos que cada rexión nos dea
50.000 homes, e esta será una garda cívica admirable. Para ser somatén basta
ser un home honrado e resolto a manter a orde social.

Doc.14: COMISIÓNS EXECUTIVAS DO PSOE e UXT. Manifesto. 13-9.1923


Reunidas conxuntamente as Comisións Executivas do Partido Socialista e da
Unión Xeral de Traballadores ao decatarse dos acontecementos iniciados en
Barcelona esta madrugada, acordaron dirixirse aos seus afiliados, aos
18
elementos simpatizantes e, en xeral, á opinión pública, para explicar a súa
actitude sen veladuras (...).
Ningún vínculo de solidariedade, nin sequera de simpatía política, nos liga cos
gobernantes. Ao contrario, merecen de nós os máis duros reproches (...). O
pobo encóntrase hoxe ante unha rebelión militar que, en síntese (deixando
aparte motivos moi secundarios ante a magnitude da desastrosa aventura de
Marrocos), pretende intensificar unha acción guerreira que en catorce anos de
desenvolvemento só recolleu enormes e sanguentos desacertos.
O que España repudia é o que precisamente queren impor os xenerais
sediciosos. O pobo, pois, non debe secundalos, a actitude da masa
traballadora (...) debe consistir (...) en illar a sedición que, capitaneada por
xenerais palatinos, puido sorprender de modo moi relativo á esfera do
Goberno, pero non causou estrañeza no palacio de Miramar.

19
6. EXEMPLOS DE COMPOSICIÓN DE TEXTO HISTÓRICO
12. PROPOSTA DE COMPOSICIÓN DE TEXTO: A CRISE DA RESTAURACIÓN (A QUEBRA
DO SISTEMA, A CRISE DE 1917, OS GOBERNOS DE CONCENTRACIÓN E A GUERRA DE
MARROCOS)
Baseándote nos seguintes documentos debes compoñer un texto sobre a crise da
Restauración. Aberta coa perda das colonias ultramariñas en 1898, e as posteriores propostas
rexeneracionistas, debes referirte aos principais aspectos que inflúen na desarticulación do
sistema, a triple crise que se abre en 1917, os gobernos de concentración e á guerra de
Marrocos co seu principal suceso, o desastre de Annual.

Doc.1. Xaquín COSTA. A terra e a cuestión social. 1898:


Despois de medio século de asonadas, pronunciamentos, manifestos, revolucións,
fusilamentos, cambios de réxime e de dinastía, proclamación de Constitucións bautizadas
pomposamente co ditado de democráticas, as “liberdades” chegaron, temos o que se pedía:
Constitución liberal, xuízo por xurados, sufraxio universal, dereitos individuais, pero seguimos o
mesmo que estabamos: o pobo xeme na mesma servidume que antes, a liberdade non
penetrou no seu fogar, a súa mísera sorte non cambiou no máis mínimo, como non sexa para
empeorar; aquel medio século de propagandas e combates heroicos pola liberdade
desembocou nun inmenso fracaso; o réxime liberal fixo bancarrota.
E sabedes por que? Porque esa liberdade non se coidaron máis que de escribila na “Gaceta”,
crendo que a iso se reducía todo; porque non se coidaron de afianzala dándolle corpo e raíz no
cerebro e no estómago: no cerebro, mellorando e universalizando a instrución; no estómago,
promovendo unha transformación fonda da agricultura, que a faga producir dobre que no
presente e diminúa o prezo das subsistencias, e, mediante a difusión da propiedade territorial,
elevando aos braceiros á condición de terratenentes.
Doc.2. COMITÉ DE FOLGA UXT – PSOE. 12-8-1917:
Pedimos a constitución dun Goberno Provisional que asuma os poderes executivo e
moderador, e prepare, previas as modificacións imprescindibles nunha lexislación viciada, a
celebración de eleccións sinceras, dunhas Cortes Constituíntes que aborden en plena
liberdade os problemas fundamentais da constitución política do país. Mentres non se acade
ese obxectivo, a organización obreira está absolutamente decidida a manter a súa actitude de
folga. Cidadáns: non somos instrumentos de desorde, como na súa impudicia nos chaman con
frecuencia os gobernantes que padecemos. Aceptamos unha misión de sacrificio polo ben de
todos, pola salvación do pobo español, e solicitamos o voso concurso. ¡Viva España!.
Doc.3. Gobernos entre 1917 e 1922:

20
PROPOSTA DE COMPOSICIÓN DE TEXTO: A CRISE DA RESTAURACIÓN
(DESARTICULACIÓN DO SISTEMA CANOVISTA)
A restauración da dinastía borbónica na figura de Alfonso XII, supuxo o restablecemento dun
sistema liberal doutrinario de carácter conservador, baseado na Constitución de 1876, na
quenda pacífica de partidos e na fraude electoral. O chamado Sistema Canovista ou da
Restauración entrará en crise ao final do s. XIX.
Esta crise comeza durante a rexencia de María Cristina (1885-1902) co chamado Desastre do
98. Entre 1875 e 1876 estoupan en Cuba e Filipinas insurreccións independentistas que contan
co apoio dos EE UU, que desexan desprazar aos españois do Caribe e do Pacífico, territorios
que lles interesa controlar dentro da súa expansión imperialista. En 1898 explota o acoirazado
norteamericano Maine ancorado na Habana, provocando que EE UU envíe a España un
ultimátum, esixindo a súa renuncia ao dominio sobre a illa de Cuba. De xeito irracional o
goberno español, declara a guerra a EE UU ao considerar o ultimato aldraxante, sufrindo unha
rápida e contundente derrota que remata co Tratado de París no que España cede a EE UU,
Cuba, Porto Rico, Filipinas e Guam.
Esta derrota causou un forte impacto na opinión pública española, sendo cualificada de
Desastre do 98, desencadeando un sentimento pesimista e de rexeitamento cara a clase
política, vista a partir de agora, como incapaz de modernizar e desenvolver España.
Entre os críticos co sistema da Restauración atópase o Rexeneracionismo, corrente intelectual,
política e literaria de finais do s. XIX e principios do s. XX. O seu representante máis
destacado, Xaquín Costa expón no documento 1 algunha das propostas para renovar a
situación política e económica vixente. Entre os seus obxectivos está a análise dos problemas
de España, que considera causados por unha clase política corrupta e oligárquica, un estado
ineficaz, “aquel medio século de propagandas e combates heroicos pola liberdade desembocou
nun inmenso fracaso; o réxime liberal fixo bancarrota”, así como un deficiente
desenvolvemento dos recursos. O citado autor aposta polo que el nomeaba como “escola e
despensa”, e dicir, a necesidade de mellorar as condicións de vida das clases traballadoras,
“promovendo unha transformación fonda da agricultura, que a faga producir dobre que no
presente e diminúa o prezo das subsistencias, e, mediante a difusión da propiedade territorial”,
así como de acabar co analfabetismo, “mellorando e universalizando a instrución”. Por outra
parte e dada a influencia do caciquismo, xustifica a necesidade dun cirurxián de ferro,
gobernante autoritario e temporal que acabe cos problemas do país. Este cirurxián de ferro,
será encarnado por Miguel Primo de Rivera tras o golpe de estado de 1923.
Coa subida ao trono de Alfonso XIII (1902-1931), prodúcese a sucesiva desarticulación do
Sistema Canovista debido á conxunción de múltiples causas. Entre elas atópanse as excesivas
e desafortunadas intervencións do rei en política e asuntos militares, a descomposición dos
partidos dinásticos tras a morte de Cánovas e Sagasta, así como o fracaso das reformas
conservadoras de Maura e as liberais de Canalejas. Ao anterior engádese o mantemento da
fraude e do caciquismo, agora duramente criticados pola opinión pública, que se acompaña
dun importante rexeitamento do Sistema Canovista por parte das clases medias urbanas que
apoian a republicanos e nacionalistas, conseguindo así o control dos concellos. Contribúe
igualmente a conflitividade social provocada polas duras condicións de vida e traballo das
masas populares e a dura represión das súas demandas. Isto acompáñase de atentados
anarquistas contra os considerados membros da oligarquía dirixente, e o enfrontamento entre o
catolicismo intransixente apoiado pola Coroa, e unha corrente anticlerical respaldada por
republicanos e asociacións obreiras.
A crise máis profunda do Sistema prodúcese en 1917 pola conxunción de tres conflitos, o
militar, o político e o social. Os sucesos dese ano deben relacionarse coa situación
internacional, concretamente coa declaración de neutralidade de España durante a I Guerra
21
Mundial, e o gran impacto que tivo sobre a sociedade e a economía española. O conflito
favoreceu o desenvolvemento industrial e produtivo, xa que converteu a España en
subministradora de todo tipo de produtos aos países belixerantes. A consecuencia foi a subida
de prezos e escaseza de bens de primeira necesidade pola exportación masiva, e o
consecuente deterioro das condicións de vida das clases medias e populares, posto que os
salarios non experimentan a mesma subida que os prezos. Isto contribuíu a incrementar o
malestar social e político xa existente.
A crise militar desencadéase a raíz da creación en 1916 das Xuntas de Defensa militares,
asociacións de carácter corporativo formadas por oficiais de media e baixa graduación para
defender os seus intereses económicos, dada a perda de poder adquisitivo. Entre as
demandas que estas Xuntas dirixen ao Goberno atópase a solicitude de que a regulación dos
ascensos sexa establecida por antigüidade e non por méritos de guerra, así como o
desenvolvemento dunha política de defensa do honor dos militares ante as críticas
antimilitaristas, mediante a represión dos considerados inimigos da patria e do exército, é dicir,
os socialistas, anarquistas, ou separatistas nacionalistas.
A resposta do Goberno foi a disolución das Xuntas, feito non aceptado polos militares que
obrigan a aquel a recoñecelas, poñéndose de manifesto a debilidade do poder civil fronte ao
militar. A partir deste momento, os militares intervirán no nomeamento dos ministros de Guerra
e convértense nos máximos garantes da orde pública. Sen embargo os problemas do exército
seguiron sen solucionarse, continuou a insuficiencia dos orzamentos, o deficiente equipamento,
o exceso de oficiais ou as divisións internas.
A actuación da Xuntas militares, unido ao desprestixio do rei e a descomposición dos partidos
dinásticos, vai a ser aproveitada pola Liga Rexionalista Catalana liderada por Francisco Cambó
para desencadear unha crise política convocando unha Asemblea de Parlamentarios en
Barcelona. Demandan un Goberno provisional que convoque Cortes constituíntes para o
establecemento da democracia e dun Estado descentralizado coa consecución dunha
autonomía rexional e municipal. Á segunda asemblea celebrada en Madrid só acudiron
deputados e senadores catalanistas, republicanos e socialistas, polo que o movemento
parlamentario desapareceu sen conseguir a reforma constitucional, dada a falta de apoio dos
partidos monárquicos e as divisións dentro do propio movemento.
Á crise militar e política súmase a crise social. As duras condicións de vida e traballo das
masas traballadoras, consecuencia da inexistencia dunha lexislación laboral que as protexa, e
das desamortizacións vense agravadas ao longo de 1917. Ante esta situación o PSOE e a UXT
contando coa colaboración da CNT e dos republicanos convocan para o 18 de agosto de 1917,
a folga xeral revolucionaria, cuxa convocatoria aparece recollida no documento 1. Tal el como
se indica nas tres primeiras liñas do texto, os manifestantes pretenden o derrocamento do
réxime político vixente e a convocatoria de Cortes Constituíntes mediante eleccións libres da
fraude electoral. Supón o rexeitamento dende a clase traballadora, do sistema canovista. A
resposta do Goberno foi a forte represión coa imposición da lei marcial, disolución violentas das
manifestacións, e detencións masivas.
A pesar de que en 1917, parte dos militares, parlamentarios e obreiros ameazan con derrocar o
sistema, o Goberno controla a situación posto que non comparten os mesmos obxectivos;
republicanos e nacionalistas temen a revolución social e apoian ao Goberno ao igual que o
exército que será o encargado de restablecer a orde pública.
A partir desta crise medra a inestabilidade política e social. O desprestixio da clase política e a
debilidade dos gobernos vai en aumento, polo que cada vez resulta máis difícil formar goberno.
Ante esta situación resulta imposible manter a quenda, polo que o rei debe recorrer á formación
de gabinetes de concentración integrados, ben por personalidades correspondentes a distintos
grupos políticos, o ben encabezados por un dos notables do réxime. Este problema aparece
22
reflexado na táboa recollida no documento 2, onde aparece recollida a debilidade dos gobernos
nomeados entre 1917 e 1922. Na citada táboa se observa como a ruptura da quenda obriga a
nomear estes gabinetes de concentración, cuxa debilidade e escasa duración queda patente a
partir da sucesión de 11 nomeamentos nos catro anos seguintes á crise de 1917.
Á crise vanse sumar os problemas que se derivan da creación do protectorado español na
parte norte de Marrocos, resultado do acordo entre España e Francia. Esta creación debe ser
seguida da efectiva ocupación do territorio, feito que vai a dar lugar a unha guerra cun alto
custo en homes e recursos. A oposición das clases obreiras xa fora claramente manifestada na
Semana Tráxica de Barcelona de 1909, estendéndose de xeito amplo a partir do desastre de
Annual en 1921. Este desastre foi provocado por unha manobra arriscada do xeneral Silvestre
que foi aproveitada por Abd el-Krim, tendo como consecuencia a perda do Rif e un gran
número de baixas humanas. Isto causou un forte impacto na opinión pública e incrementou a
oposición á guerra e a impopularidade do exército e do rei. Os rumores que a partir do
Expediente Picasso, difunden a sospeita de que tras a actuación arriscada de Silvestre está a
man do rei, só contribúen a agudizar o seu desprestixio.
Chegados a este punto ao réxime só lle quedan dúas solucións: democratizarse ou impoñer o
“cirurxián de ferro” do rexeneracionista Joaquín Costa, que solucionase os problemas de
España. Esta última será a opción a escollida. En setembro de 1923 Primo de Rivera da un
golpe de estado e impón unha ditadura que contará cun amplo apoio popular e a aprobación do
rei.
A modo de conclusión pódese dicir que durante todo o período asistimos ao progresivo
deterioro do sistema canovista, sistema oligárquico incapaz de dar solución aos problemas de
España. Este sistema deixa fora do xogo político ás forzas opositoras, que irán gañando apoios
entre a opinión pública dando paso o 14 de abril de 1931 á II República.

23
14. PROPOSTA DE COMPOSICIÓN DE TEXTO: A DITADURA DO XENERAL PRIMO DE
RIVERA (GOLPE DE ESTADO E ETAPAS: DELIMITACIÓN TEMPORAL E
CARACTERÍSTICAS PRINCIPAIS)
Tendo en conta os seguintes documentos, debes elaborar unha redacción sobre a ditadura de
Primo de Rivera. Ao longo da túa exposición debes referirte ao golpe de Estado co que comeza
e que instaura no goberno un Directorio militar que será posteriormente sucedido por un
Directorio Civil. Os éxitos militares en Marrocos e o crecemento económico, non puideron evitar
sen embargo a caída do ditador.

Doc.1. PRIMO DE RIVERA. Manifesto, 13 de setembro de 1923:


Españois: Chegou para nós o momento máis temido que agardado (...) de atender o
clamoroso requirimento de cantos, amando a Patria, non ven para ela outra salvación que
libertala dos profesionais da política, dos que por unha ou outra razón nos ofrecen o cadro
de desventura e inmoralidades que comezaron no ano 98 e ameazan a España cun
próximo fin tráxico e deshonroso (...).
Non vimos chorar mágoas e vergoñas, senón poñerlles axiña radical remedio, para o que
requirimos o concurso de todos os bos cidadáns. Para iso (...) constituirase en Madrid un
Directorio Militar con carácter provisorio encargado de manter a orde pública (...).

Doc.2. Comunicación de Primo de Rivera a Alfonso XIII, 1925:


En suma, señor, para expoñer o meu pensamento clara e sinceramente, o que propoño a
V. M. é a substitución dunha ditadura militar por outra civil e de organización máis
axeitada, pero non menos vigorosa. E permítome propoñelo así, recollendo a arela
popular, que só teme do cambio de goberno que se debiliten os resortes do mando que
foron carácter do Directorio militar, cuxa vida, como xenuína representación do exército e
da mariña, que tan patrioticamente ofreceron o prestixio dos seus nomes corporativos a
este arriscado labor, non debe levarse a momento de desgaste ou de quebranto; nin
tampouco debe subtraerse por máis tempo ao país, na súa representación civil, que é a
axeitada e tan manifestamente está da nosa parte, a participación e a responsabilidade na
obra de reconstituílo e reeducalo administrativa e politicamente.

Doc.3. José CALVO SOTELO, Mis servicios a España, 1931:


As ditaduras propenden fatalmente ao intervencionismo. O seu omnímodo poder é
incompatible coa inhibición (...). O intervencionismo de Primo de Rivera abrangueu a
agricultura, a industria, o mesmo comercio (...). Primo de Rivera profesou un entusiasta
nacionalismo económico que eu compartín co máis caloroso fervor. Pero o noso
nacionalismo mantívose dentro de correctísimos límites. A xuízo do xeneral, España debía
nacionalizar unicamente: a) as industrias para as que a primeira materia se obtén no noso
territorio; b) as que dentro do ámbito nacional de consumo poden achar mercado
suficiente de vida; c) as indispensables para asegurar a nosa independencia política
nacional.

24
COMPOSICIÓN DE TEXTO. A DITADURA DO XENERAL PRIMO DE RIVERA (GOLPE
DE ESTADO E ETAPAS: DELIMITACIÓN TEMPORAL E CARACTERÍSTICAS
PRINCIPAIS)
A Restauración borbónica supón a volta ao liberalismo doutrinario e establecemento do
chamado sistema canovista. Este sistema funciona ata o Desastre do 98, momento en que
entra en crise, agudizándose durante o reinado de Alfonso XIII.
Este desastre de 1898 supuxo o desprestixio da clase política española, vista a partir de
agora, como incapaz de modernizar o país. Esta crítica e pesimismo respecto do desastre
do 98 e da clase política aparecen recollidos nas tres últimas liñas do primeiro documento.
A partir deste momento xérase unha oposición crecente. Tralo desastre de Annual en
1921, ao réxime só lle quedan duas saídas: democratizarse ou optar pola solución
rexeneracionista de Joaquín Costa, a imposición do “cirurxián de ferro” que solucionase os
problemas de España, vía pola que finalmente se opta ante a incapacidade do sistema de
democratizarse.
Miguel Primo de Rivera converterase nese “cirurxián de ferro” co golpe de Estado de 1923.
Así se presenta no manifesto ao que corresponde o documento 1, e no que o ditador se
dirixe aos españois xustificando o golpe, “non vimos a chorar mágoas e vergoñas, senón
poñerlles axiña radical remedio”. Contou coa aceptación do propio Alfonso XIII, quen o
chama para que asumise o poder. Inicialmente contou tamén cunha amplo apoio popular,
dado que Primo de Rivera preséntase como unha medida excepcional “con carácter
provisorio” que solucionaría os problemas de España, o caciquismo e a corrupción política,
o separatismo nacionalista, o terrorismo e conflitividade social, a guerra de Marrocos, moi
impopular entre as clases baixas, e o escaso desenvolvemento económico, consecuencia
dunha limitada Revolución Industrial e dunha agricultura atrasada e de baixo rendemento.
O golpe foi apoiado por conservadores, a alta burguesía, terratenentes e pequenos e
medianos propietarios, mentres que contou coa abstención dos socialistas e a oposición
declarada de comunistas e cenetistas.
O sistema canovista é por tanto substituído por unha ditadura, un sistema autoritario,
paternalista, populista e excesivamente optimista, “bástanme tres meses” para acabar cos
problemas de España. Como se indica no documento 2, inicialmente “constituirase en
Madrid un Directorio Militar” (1923 - 1925), primeiro goberno da ditadura formado
únicamente por militares. Suspéndese a Constitución de 1976, anúlase a influencia dos
partidos políticos sen eliminalos, e fúndase a Unión Patriótica, organización de difícil
definición que está a medio camiño entre partido único do réxime e movemento
propagandístico da ditadura, créanse os Delegados Gobernativos para propor solucións a
problemas concretos dos concellos, elabórase un estatuto municipal e outro provincial que
seguen mantendo baixo control do goberno a estas institucións, reprímense as
manifestacións e símbolos nacionalistas así como as súas reivindicacións, co obxectivo de
defender a unidade da patria, redúcese a conflitividade social, e consecuentemente
número de folgas e atentados coa persecución dos comunistas e a represión do
movemento obreiro, e finalmente consegue acabarse coa guerra de Marrocos contribuíndo
con isto ao prestixio do ditador e do exército.
Tal e como se recolle no documento 2 fechado en 1925 o ditador diríxese a Alfonso XIII
para informalo da “substitución dunha ditadura militar por outra civil”, formada
maioritariamente por civís e novamente apoiada polo rei. Con ela trátase de instaurar un
réxime corporativo mediante a creación da Organización Corporativa do Traballo (1926)
que regulaba as relacións entre patróns e traballadores. Entre as súas actuacións está a
elaboración dunha lexislación laboral e social co obxectivo de mellorar as condicións de
vida dos traballadores, e a toma de medidas populistas tales coma o reparto de roupa ou a

25
construción de casas baratas. Así mesmo convocouse unha Asemblea Nacional, que
unicamente posuía un carácter consultivo e que será a encargada de redactar un proxecto
de Constitución onde se establecía un Estado de tipo unitario e centralizado, católico e
cunha Asemblea única.
No documento 3, Calvo Sotelo, membro deste Directorio Civil, defende as medidas
económicas postas en marcha durante a ditadura. Entre os obxectivos atopábase o de
potenciar o desenvolvemento da economía a partir dunha política fortemente
intervencionista, “o intervencionismo de Primo de Rivera abrangueu a agricultura, a
industria, o mesmo comercio”. As medidas tomadas concretáronse nun forte
proteccionismo arancelario, na regulamentación da produción e da competencia, no
control dos prezos, no fomento da produción nacional mediante a concesión de créditos e
encargos estatais, a creación de monopolios co obxectivo de garantir determinados
servizos básicos (CAMPSA), ou o fomento das obras públicas e das infraestruturas. O
resultado destas medidas viuse favorecido pola época de prosperidade económica que se
vive a nivel internacional, os felices anos vinte, e a atenuación dos conflitos socias grazas
á represión do movemento obreiro, creándose deste xeito unha falsa sensación de
prosperidade.
Os grandes beneficiados destas medidas e da prosperidade económica do período, será a
alta burguesía financeira, industrial e terratenente. Sen embargo os problemas da
economía española non se solucionan. No agro continúan existindo unha gran masa de
campesiños sen terra, baixo rendemento da terra dado o uso de técnicas arcaicas e a
presenza de propietarios absentistas desvinculados do proceso produtivo, e as malas
condicións de vida. Por outra parte os aranceis proteccionistas reservan o mercado
nacional aos produtos españois pero non contribúen a facelos máis competitivos no
exterior.
A medida que transcorre o período o ditador perde os apoios dos que antes disfrutara e
increméntase a oposición ao sistema. A toma de conciencia de que a ditadura tende a
perpetuarse deixando de ser unha medida transitoria, ten como consecuencia o aumento
das críticas e a oposición dos republicanos que fundan Alianza Republicana e a ORGA a
nivel galego, os liberais que piden a volta ao vello sistema tratando de forzar o cambio coa
sanjuanada, os anarquistas que atentan contra o rei e crean a FAI, os nacionalistas que
radicalizan as súas posturas, así como algúns sectores militares, tales como corpo de
artilleros que ao enfrontarse ao ditador serán disoltos, pasando a engrosar as filas dos
republicanos. A todo isto se suma o empeoramento da situación económica,
desencadeada polo Crac da bolsa de Nova York (1929). Estas dificultades forzarán en
xaneiro de 1930, a dimisión de Primo de Rivera que remata exiliado a Francia.
Breve referencia aos gobernos de Berenguer e Aznar
Ante esta situación Alfonso XIII tratará de voltar ao sistema anterior, aínda que isto xa non
é posible. A monarquía atópase desprestixiada, a axitación social e política vai en
aumento, os republicanos aumentan os seus apoios e conspiran para derrocar o réxime e
substituílo por unha república. Unhas eleccións municipais darán paso á proclamación
pacífica da II República o 14 de abril de 1931.

26

You might also like