You are on page 1of 180

TEMA 4.

ARTE
PRERROMÁNICA
INTRODUCIÓN.

Na metade occidental de Europa, a arte


evoluciona dunha maneira singular a partir da
caída do imperio romano. A irrupción dos pobos
bárbaros e o extraordinario peso da Igrexa católica
irán derivando as novas obras cara unha nova
linguaxe lonxe da tradición clásica.
Ao primeiro tratarase dunha arte de formas
dispersas nunha Europa dividida, para ir
acadando un grado de coincidencia
internacional que dará lugar aos dous
grandes movementos artísticos cristiáns do
mundo medieval: o Románico e o Gótico.
A división do Imperio romano por Teodosio vai
producir a ruptura da unidade cultural do mundo
antigo. A crise do mundo romano viña xestándose
dende o século III e conducira ao asentamento
dos xermanos na zona occidental do Imperio
dando lugar á aparición dun horizonte cultural
fragmentado con manifestacións moi distintas en
cada zona.
Coñécese co nome de arte prerrománica
as manifestacións artísticas desenvoltas
dende o século V ó XI por estes pobos
bárbaros asentados nas antigas provincias
do Imperio Romano de Occidente.
A arte prerrománica poderíamos definila
como unha arte que conxugou: a herdanza
clásica grecorromana, a achega cristiá, o
influxo oriental a través de Bizancio e os
elementos decorativos dos pobos bárbaros.
• A arte prerrománica a nivel europeo ten
interesantes representacións: ostrogodos,
merovinxios, carolinxios...
Na Península Ibérica, no século V,
instaláronse os visigodos. Que consolidaron
a súa presenza tras vencer aos suevos no
ano 585. Posteriormente, no ano 589,
implantaron o cristianismo no III Concilio de
Toledo. A invasión dos musulmáns no ano
711 puxo fin ao Reino Visigodo.
• Durante a Reconquista da Península
formáronse novos reinos cristiáns, o
primeiro deles foi o de Asturias. Os reis
asturianos Afonso I, Afonso II e Ramiro I
consolidaron o reino e mandaron construír
un gran número de pequenas igrexas.
A partir do século X, a ocupación musulmá
da Península Ibérica, xunto ao fenómeno
posterior da Reconquista, tivo como
consecuencia o nacemento da chamada
arte mozárabe. Esta nova arte é nacida
froito da convivencia entre musulmáns e
cristiáns.
Existen algunhas características comúns
que responden a unha situación común de
crise e de destrución das estruturas
artísticas: ausencia case total de escultura,
edificios de pequenas dimensións, con
aparellos de pouca calidade.
Escasean as cubertas cupuladas e abovedadas, as
xanelas son tamén escasas e de pequenas
dimensións debido ás insuficiencias técnicas dos
arquitectos, etc.. Todo elo, non obstante xeneralizando
moito xa que hai algún caso de programas escultóricos
(como o de San pedro da Nave), de mestría na
construción de bóvedas (arquitectura mozárabe e
asturiana) ou de magníficas fiestras (Santa María do
Naranco).
Período de referencia:
476 d. C. (fin do Imperio Romano de Occidente)
ata principios do s. XI : Alta Idade Media.

• Ámbito xeográfico: Europa Occidental, en


sentido moi amplo.
A ARTE VISIGODA NA
PENÍNSULA IBÉRICA.

Tralas invasións dos pobos xermánicos e a caída


do Imperio Romano de Occidente no ano 476,
xurdiron reinos independentes nos antigos
territorios imperiais.
Os visigodos aséntanse nas fronteiras do
Imperio Romano no século III, xunto ao
Danubio. Avanzan cara o interior do imperio
no século V ao aumentar a presión nas
fronteiras polo avance doutros pobos
bárbaros coma os hunos.
No ano 507 aséntanse definitivamente na
Península situando a súa capital en Toledo. O
longo contacto cos romanos fai que os visigodos
sexan un pobo moi romanizado, incluso cristián,
que asume a dirección de Hispania trala disolución
definitiva do imperio (476 d.C). A fin do Reino
Visigodo ven marcada pola invasión dos
musulmáns dende o norte de África no 711 e a

conquista de case a totalidade da Península.


• Dende o punto de vista relixioso eran
arianos (herexía de Arrio, que negaba a
divindade de Cristo), pero no III Concilio de
Toledo (589) Recaredo converteuse ao
catolicismo, lográndose así a unificación
relixiosa.
Características xerais da arte hispanovisigoda.

Como os visigodos son un pobo nómade


teñen escasa tradición artística. A súa
tradición baséase só en pequenos obxectos
de fácil transporte como armas ou xoias,
decoradas a base de motivos xeométricos,
ou vexetais e animais
Broche visigodo de
Salvatierra de
Tormes
Esta escaseza fai que adopten a tradición
clásica que van coñecendo a medida que
contactan co Imperio romano. Imitan as
técnicas construtivas (columnas, ordes
clásicas, arcos, bóvedas...) e os tipos de
edificios (basílicas), aínda que cun dominio
técnico moi inferior.
• A influencia bizantina (debido ao asentamento
deste pobo na Península no século VI)
maniféstase na adopción ocasional de igrexas de
planta de cruz grega cubertas con varias
cúpulas.
• Utilizan a pedra en perpiaños ben labrados.
• Os muros son grosos, xa que exercen unha
función sustentante, pois carecen de
contrafortes, polo que se abren poucos vans.
• As cubertas son planas ou abovedadas, de
canón ou aresta.
• Empregan arcos de ferradura tanto con
función sustentante como decorativa,
sostidos por columnas con capiteis de
inspiración corintia aínda que máis
simplificados e cun cimacio enriba.
CIMACIO
• Plantas basilicais ou cruciformes con
espazos moi compartimentados, pouco
diáfanos, con varias salas de pequeno
tamaño, de funcións pouco coñecidas

San Juan de Baños


Santa Comba de Bande
• A decoración apréciase en capiteis e frisos,
esculpidos en pedra, con temas xeométricos,
vexetais ou incluso figurados, de temática
relixiosa como en San Pedro da Nave ou en
Quintanilla das Viñas. Con talla a bisel, moi
plana, de aspecto tosco, pouco naturalismo (sen
interese na perspectiva, volume, proporción, etc.)

e a adaptación ao marco pouco conseguida.


San Pedro da Nave (Zamora) (época visigoda
segunda metade do século VII).

A Planta é de cruz grega inscrita nun


rectángulo. Xera un espazo
compartimentado moi afastado da
concepción basilical paleocristiá con
precedentes, sen embargo, na arquitectura
bizantina
No exterior tradúcese nun harmónico xogo de volumes
coas naves a diferentes alturas, o ciborio destacado e a
ábsida rectangular con dúas cámaras laterais nun nivel
máis baixo CIBORIO

ÁBSIDA
CIMBORRIO ou CIBORIO
• Construción en forma de torre, cadrada ou octogonal,
que se ergue sobre o cruceiro dunha igrexa. No
interior encerra unha cúpula ou unha bóveda. No
gótico remata nun chapitel.
• O aparello é de boa calidade, superior ao de Santa
Comba de Bande. No interior, as pedras de cantería,
grandes e ben talladas lembran aos aparellos
romanos
Un trazo de interese, existente noutras
igrexas da época, é a presenza dunha
cámara sobre a ábsida
O máis orixinal da igrexa é a existencia dun
programa escultórico complexo que se desenvolve
en bases, capiteis e un friso mural. A temática
aludiría á Salvación recorrendo a temas do Antigo
Testamento (Sacrificio de Isaac, Daniel entre os
leóns) habituais dende a época paleocristiá polo
seu carácter de antetipos ou prefiguracións de
Cristo na cruz ou na resurrección.
A técnica da talla é en reserva (só dous
planos: fondo e figuración, con total
ausencia de modelado) e a realización é
bastante ruda con grandes desproporcións
e dificultade para reproducir as túnicas que
aparecían no sarcófago paleocristián que
probablemente serviu de modelo.
Nos cimacios e no friso que percorre o
muro aparecen roleos (vexetais estilizados
que se enrolan formando círculos) en eles
figuras de animais (pavos, grullas),
palmetas, acios de uvas, etc. Unha temática
que alude ao paraíso terreal.
Igrexa de Santa Comba de Bande
(Ourense, principios do século VII)
A antiga Gallaecia romana, ocupada polos suevos ata o
585, incorpórase á órbita visigoda da man de Leovixildo. A
pesar da súa situación excéntrica con respecto ás capitais
visigodas (Mérida e despois Toledo) consérvanse aquí
algúns edificios notables como San Fructuoso de
Montelios (Braga, Portugal) ou Santa Comba de Bande,
construída a principios do século VII e restaurada no 872,
quizais por artistas mozárabes.
O edificio, probablemente a igrexa dun antigo
mosteiro, presenta unha clara contradición entre a
coidada disposición da planta e a suave gradación
dos volumes en altura, coa pobreza da execución
e a sobriedade decorativa. Asemella que se
tratase dun proxecto dun arquitecto de primeira
fila, executado por un mestre de obras e uns
canteiros con escasa preparación.
A planta orixinal era de cruz grega con
cámaras laterais na cabeceira –como en San
Pedro da Nave- e coa capela central
destacada
Existen seis dependencias anexas á
planta principal, todas cadradas: dúas
nos lados do pórtico, con acceso desde
o mesmo; outras dúas pegadas a elas e
aos brazos da cruz, con acceso desde o
cruceiro, e outras dúas na zona da
cabeceira, con entrada desde a nave
central.
De todas elas, na actualidade só se conserva
unha, a do lado norte da cabeceira, o que deixa a
edificación cun aspecto máis sinxelo. Sobre a súa
función, admítese que as conectadas ao pórtico
servirían de refuxio de peregrinos, mentres que as
outras catro, conectadas co interior do templo,
serían celas para os monxes.
O interior, a pesar da
súa sinxeleza, resulta
moi fermoso polo
partido que o arquitecto
soubo sacar da
diferenza de alturas,
con xanelas a distintos
niveis que dan unha
iluminación matizada
As bóvedas que cobren a igrexa son de
canón construídas en ladrillo de tipo
romano, salvo o cruceiro que se cobre con
bóveda de aresta sostida por catro arcos de
ferradura. Presenta unha fiestra en cada un
dos lados.
O arco triunfal de ferradura que da acceso ao altar
maior, apóiase sobre catro columnas pareadas de
fuste liso, dúas delas teñen capiteis de época do
baixo imperio romano, de tipo corintio, e outros
dous de factura visigótica.
A decoración interior limítase ás impostas* con
sogueados e acios de uva e outros motivos
vexetais.
*Impostas: fiada de perpiaños algo voladiza, a veces con moldura sobre
a que vai un arco ou bóveda.
IMPOSTAS
• Aínda que as bóvedas de aresta son de
tradición romana sorprende a súa
aparición nun edificio visigodo (é o único
caso coñecido) polo que podería ser dunha
época posterior (século IX??)
ARTE ASTURIANA
A invasión islámica non conseguiu ocupar
completamente o territorio peninsular.
Pequenos núcleos de resistencia fixéronse
fortes nas montañas do norte tanto en
Asturias como en Navarra e pouco máis
tarde no resto dos territorios ao norte do
Douro.
No caso asturiano, os descendentes de
Pelayo (Covadonga 716) fundaron unha
monarquía que, aínda que con altibaixos,
conseguiu aglutinar aos elementos
contrarios á presenza musulmá
considerándose eles os lexítimos sucesores
da monarquía visigoda.
A arte prerrománica asturiana desenvolveuse na franxa noroeste da

Península (a actual , Asturias, Cantabria e Galicia). Vai a ter gran

transcendencia xa que é considerada o máis claro precedente da

arte románica. Cronoloxicamente abarcaría dende o século VIII

(batalla de Covadonga no ano 722) ao século IX (traslado da capital

do reino dende de Oviedo á León no ano 910)


Características arte asturiana.

A arte asturiana é unha arte áulica, tanto no civil

como no relixioso. A monarquía foi o seu principal

promotor.
A arte asturiana funde a tradición visigoda
anterior coa influencia da Europa cristiá
(imperio carolinxio), o que se evidencia no
gusto polas formas rectilíneas e a
verticalidade do espazo.
• O material primordial continúa sendo a
pedra en perpiaños grandes e ben
traballados nos esquinais, para reforzar a
estrutura, mentres o resto do edificio
constrúese con cachotería (perpiaños máis
pequenos, irregulares).
O sistema construtivo anuncia xa os sistemas
románicos:
• -Grosos muros como elementos sustentantes
• -Cubertas con bóvedas de canón con faixóns,
que corresponden ao exterior cos contrafortes.
• -Arcos de medio punto peraltado, o que aumenta
a sensación de verticalidade. Ocasionalmente
úsase o arco de ferradura pero só con función
decorativa
Bóveda de canón con arcos
faixóns
Arcos de medio punto peraltados
O primeiro momento de esplendor artístico desta
monarquía prodúcese durante o reinado de Afonso
II (792-842) quen reconstrúe a cidade de Oviedo,
que fora destruída polos árabes, nun intento de
convertela na nova Toledo. Desta campaña
construtiva quedan algúns restos como a Cámara
Santa da Catedral ou a igrexa de San Xulián dos
Prados (Santullano) nas aforas da cidade.
Igrexa de San Xulián dos Prados (Oviedo,
primeira metade do século IX)

O edificio é de planta basilical con tres naves


separadas por arcos de medio punto sobre piares
e transepto destacado en altura, todo en perpiaño
irregular de pequeno tamaño e con cuberta de
madeira (a pesar do neovisigotismo abandónase o
arco de ferradura).
A cabeceira é recta con tres capelas soldadas
cubertas con bóvedas de canón. Sobre a maior, unha
curiosa cámara supraabsidal ábrese ó exterior por
unha xanela triplo similar ás que logo se utilizarán,
monumentais, en Sta. Mª do Naranco. A finalidade
desta dependencia, que xa vimos en igrexas visigodas
como San Pedro da Nave, é controvertida pero o máis
probable é que servise para algún tipo de práctica
ascética ou de penitencia.
O interior da igrexa está cuberto de
pinturas ao fresco, nas que se emprega
unha decoración de arquitecturas
palacianas e cortinas suspendidas entre
columnas, sen dúbida inspirada nos
escenarios da traxedia helenística.
Aparecen tamén numerosas cruces
patadas, símbolo da monarquía asturiana. A
pesar de se atopar hoxe bastante
estragadas estas pinturas son moi
importantes para a Historia da Arte xa que
testemuñan a existencia dunha tradición de
pintura mural nas igrexas dende o mundo
romano ata a Idade Media.
Santa María do Naranco (Oviedo,
época ramirense, mediados do século IX)
O prerrománico asturiano alcanza os seus cumios
máis altos durante o breve reinado de Ramiro I (842-
850). A principal novidade nesta etapa ramirense é o
abovedamento total do edificio e a aparición de
elementos, como as bóvedas de canón con faixóns,
que anticipan en douscentos anos as solucións do
románico e aínda do gótico pola liberdade coa que se
abren xanelas que iluminan os edificios dunha
maneira insólita no arte da época prerrománica.
A este período pertencen tres edificios (San
Miguel de Lillo, Santa María do Naranco e
Santa Cristina de Lena) obra probablemente
dun mesmo arquitecto do que se supuxo
fose de orixe oriental, xa que non se poden
explicar estas novidades acudindo á
tradición local
A chamada Igrexa de Santa María do Naranco,
situada na ladeira sur do monte do mesmo nome,
nas proximidades de Oviedo, non era no seu orixe
unha igrexa senón un palacete de caza aínda que
xa no mesmo século da súa construción foi
convertido en igrexa, función que mantivo ata
1930, ano no que se comezou a restauración que
lle devolveu o seu aspecto primitivo.
Presenta planta rectangular, moi alongada
(20 m de largo por 6 de ancho), articulada
en dúas plantas, accesos nos dous lados
maiores. Levantada sobre un alto zócolo,
para compensar as irregularidades do
terreo, destaca a gran desenvolvemento
vertical do edificio, común a outros do
mesmo estilo.
O piso inferior dividido en tres espazos, o
central de maior tamaño, posiblemente
utilizado como oratorio palatino, está
cuberto por unha bóveda de canón
reforzada con arcos de faixa que parten dun
zócalo que percorre todo o perímetro
O segundo andar repite a distribución
inferior, pero a dobre altura, con dous
miradoiros a xeito de belvederes nos
extremos e unha gran sala central. O
acceso realízase por unha escaleira exterior
de dobre derrama situada no centro do lado
Norte, un dos lados maiores do rectángulo,
e pórtico.
O espazo central, denominada Salón Real ou
Aula Rexia, foi sen dúbida o epicentro do edificio.
A longa bóveda de canón, en toba, vai reforzada
por arcos faixóns que levan o peso ata o muro
perimetral, moito máis groso na planta baixa. O
empuxe vai contrarrestado no exterior por
potentes e estreitos contrafortes correspondentes
con cada tramo.
MÉNSULAS
IMPOSTA
Nas enxutas dos arcos aparecen medallóns,
enmarcados co motivo da soga, representando
temas cinexéticos, xinetes, soldados e animais. A
talla é moi ruda e o relevo plano, indicio a falta de
tradición plástica. Especulouse cun posible orixe
oriental (persa sasánida) para os modelos xa que
os medallóns presentan claras similitudes con
pratos de prata sasánidas e tecidos persas.
Igualmente sorprendentes resultan as dúas
balconadas, que se converteron na imaxe
característica e máis fermosa do
monumento. Abren á sala central a través
de tres portas alinteladas baixo arcos de
medio punto peraltados, sendo a central
algo máis ancha e alta cás laterais.
Os seus vans, moi amplos, divídense en
tres grandes arcadas de medio punto
peraltado, sendo tamén a central máis
ancha e alta cás laterais. Apoian os arcos
en columnas sogueadas e capiteis de
tradición corintia.
Fronte á arquitectura da época de Afonso
II, que reservaba as bóvedas para o
pequeno espazo das capelas da cabeceira,
a arquitectura ramirense supón un
formidable avance aínda que sen solución
de continuidade.
As novidades do arquitecto de Ramiro I
non callaron e hai que agardar ó século XI
para que reaparezan, agora chegadas de
Francia, as bóvedas de canón con faxóns e
en xeral as cubricións abovedadas e
cupuladas
Ó mesmo período, e probablemente ó
mesmo arquitecto, pertencen a próxima
igrexa de S. Miguel de Lillo e a de Sta.
Cristina de Lena. En ambas aparecen as
mesmas solucións para a cubrición
(bóvedas de canón con faixóns sobre
ménsulas), idéntico uso dos contrafortes e
unha similar utilización do espazo.
Santa Cristina de Lena
Santa Cristina de Lena

ICONOSTASE
San Miguel de Lillo.
Todas elas son características excepcionais
no contexto do prerrománico o que fixo
pensar a algúns historiadores na
intervención dun arquitecto foráneo
(probablemente de orixe oriental) xa que os
únicos paralelos contemporáneos atópanse
na arquitectura da Armenia bizantina.
A ARTE MOZÁRABE. Arte de
repoboación. Século X
A invasión musulmá ocupou boa parte da
Península pero non toda a poboación se
converteu á nova fe. Moitos cristiáns
seguiron practicando a súa relixión,
construíndo igrexas e realizando unha arte
que, inevitablemente, viuse influída pola arte
dos ocupantes musulmáns.
Entre os séculos X e XI
desenvolveuse a arte mozárabe
como consecuencia das relacións
entre as comunidades cristiás e os
novos dominadores musulmáns.
O nome de mozárabe aplicábase aos cristiáns
que vivían en territorio musulmán. Pero tamén
designa as comunidades cristiás que fuxiron do
dominio musulmán a causa das persecucións
relixiosas e se refuxiaron ao norte do Douro e no
curso alto do Ebro. Estas zonas son repoboadas
con axudas de familias cristiás, que recibían dos
seus respectivos monarcas cartas de repartición
de terras e dereitos de repoboación.
• Este arte aparece en Galicia, norte de
Portugal, León, norte de Castela, de
Aragón e Cataluña.
Xa que moitas das obras cualificadas de
“mozárabes” leváronse acabo en territorio
cristián recuperado aos musulmáns
podemos falar de “arte de repoboación”,
aínda que non debemos desdeñar o
compoñente mozárabe, e dicir, a influencia
do islam.
A principal característica da arte mozárabe
é a fusión de todos os elementos culturais
presentes neste momento na península:
musulmáns, visigodos, orientais... dando
lugar a un estilo orixinal.
• Non hai unha grande unidade en canto a
tipoloxías arquitectónicas pois recorren a
plantas basilicais, de cruz grega,
cuadrangulares, etc.
• Os materiais varían e van de cachotería,
ladrillos e perpiaños mellor ou peor
traballados.
• Predominan as igrexas de pequeno tamaño, con
espazos moi compartimentados, con pequenas
cámaras adosadas de formas rectangulares, a
distintas alturas e con diferentes cubertas
• A influencia musulmá apréciase no gusto polas
formas curvas, tanto en planta como en alzado, o
que é un signo distintivo da arquitectura visigoda
e asturiana.
• Abunda o arco de ferradura, máis pechado
que o visigodo, por influencia musulmá, e
con alfiz.
• Da arte asturiana recollen o uso de contrafortes.
•O exterior moi compacto, con poucos vans.
Organízase pola xustaposición de volumes cúbicos a
diferentes alturas, e sen portada destacada.
Cubertas de dobre vertente con aleiros moi
sobresaíntes sostidos por modillóns de rolos.

Modillón de rolos
San Miguel da Escalada
Ten planta basilical, con tres naves separadas por
arcos de ferradura..
Ten iconostase no cruceiro (é unha estrutura que
separa o presbiterio da nave, co obxecto de
ocultar ó sacerdote durante a consagración) Ten
tres capelas na cabeceira, cadradas no exterior,
con forma de ferradura no interior, cubertos de
bóvedas gallonadas
Cúpula gallonada
Igrexa de San Miguel de
Celanova (Ourense, 2ª metade do
S. X)
É a pesar das súas pequenas dimensións,
o mellor expoñente da arquitectura galega
do século X. Atópase no xardín do noviciado
do Mosteiro de Celanova.
A súa superficie (menos de 22
metros cadrados) e a súa altura
(non alcanza os 6 metros) non son
propios dunha igrexa monacal,
quizais fose un oratorio privado ou
unha construción funeraria, en
relación coa figura de San
Rosendo.
• San Rosendo (907-977) foi unha
das personaxes máis importantes
da Galicia do século X,
emparentado cos reis leoneses,
foi bispo de Mondoñedo e
Santiago e fundou o mosteiro de
Celanova do que chegaría a ser
abade e no que se retirou nos
seus últimos días.
• A pesar do seu reducido tamaño, a
calidade construtiva é excepcional. O
aparello é de cantería asentada en seco (a
óso) aínda que disposto de forma non
totalmente regular.
Non presenta a máis habitual planta basilical da
arte mozárabe. Poderíamos definilo como unha
sucesión de unidades, de espazos
compartimentados. Esta fragmentación impídenos
abarcar a totalidade do espazo dunha ollada.
Domina pois unha configuración xeométrica
común da arquitectura mozárabe: a formulación
xeométrica tanto en planta coma en alzado.
Componse de tres espazos aliñados e claramente
diferenciados. O primeiro, rectangular, exerce a
función de vestíbulo; un segundo corpo cadrado a
modo de nave e destacando en altura polo ciborio (6
metros) coma se se tratase dun cruceiro; e a ábsida,
de forma cadrada ao exterior e en sección de
ferradura no interior, seguindo o modelo propio das
igrexas mozárabes.

Neste caso, a forma interior resulta un arco de


ferradura moi pechado, o que fai que semelle máis a
un mihrab dunha mesquita que unha ábsida.
O vestíbulo: nave
con entrada lateral,
presenta contrafortes
prismáticos, tellado a
dúas augas con
cornixa saínte e
fiestra moi pequena
con arco de ferradura
O interior está cuberto por bóveda de canón
de ferradura e un arco tamén de ferradura
da acceso ao segundo corpo.
O corpo central de planta cadrada que sobresae
ao exterior en forma de cruceiro. O feito de que
este corpo sexa sensiblemente mais ancho que
ábsida e vestíbulo confírelle unha certa sensación
de igrexa cruciforme.
Posúe contrafortes
prismáticos, pequenas
ventás e tellado a catro
augas.

Chama poderosamente a atención a amplitude do


voadizo a base de laxas de granito sustentadas por
modillóns de oito rolos, decorados con rodas de
radios curvos e rosetas
O interior está cuberto por bóveda de
ladrillo de arestas que tamén se apoia en
modillóns.
A ábsida presenta ao exterior un tellado a
dúas augas.
O interior, ao que se accede por un arco de
ferradura enmarcado por un alfiz moldurado,
ten unha planta de 1,35 metros de diámetro.
Este pequenísimo espazo recorda a un mirhab
dunha mesquita.
Os tres corpos que compoñen este edificio están abovedados.
Úsanse sistemas diferentes, o que o converte nun auténtico
mostrario dos métodos de abovedamento utilizados nesa época
• A bóveda de entrada é de canón en forma de ferradura.
• A cámara principal cóbrese cunha bóveda de arestas en
ladrillo, que parten dunha ménsula de rolos. Esta zona está
iluminada con catro fiestras a gran altura, que proporcionan
unha excelente iluminación a todo o interior do oratorio.

• A ábsida esta cuberta por unha bóveda gallonada


No exterior vemos o fermoso xogo de
volumes. O aparello é de grandes bloques
desiguais de granito. Neste exterior
apreciamos o uso de contrafortes por
influencia asturiana, e os modillóns de rolos
por influencia musulmá.
A única porta de entrada está nun lateral e
sobre o lintel da pequena porta de entrada
atópase unha inscrición en latín na que san
Rosendo de Dumio honra a memoria do seu
irmán Froila.

You might also like