You are on page 1of 2

San Miguel de Celanova:

DATOS TÉCNICOS DA OBRA

AUTOR: anónimo

CRONOLOXÍA: 936-940 (século X)

LOCALIZACIÓN: Mosteiro de San Miguel de Celanova


(Ourense, Galicia)

ESTILO: arquitectura mozárabe

CONTEXTO CULTURAL E ARTÍSTICO:

A arte mozárabe foi a realizada polos cristiáns españois que viviron baixo a dominación musulmana e que
posteriormente emigraron cara o norte para poboa-los territorios reconquistados polos reis cristiáns.
O período de esplendor desta arte correspóndese ó s.X. A importancia da cultura mozárabe reside na
difusión das formas artísticas islámicas nos territorios cristiáns, o que tería unha gran repercusión no
prerrománico español.
Por outra banda, a parte da arquitectura, na arte mozárabe é moi importante a pintura, destacando sobre todo
as miniaturas dos Beatos, ilustracións que decoraban textos relixiosos relacionados co Apocalipse e o “medo “
ó ano 1000. Os Beatos conteñen pinturas moi expresivas con fantásticas representacións de monstruos e
demos que influirán na pintura románica.

As principais características da arquitectura mozárabe son as seguintes:


Utilízase o arco de ferradura califal, que é máis pechado que o visigodo e está ademais encadrado polo alfiz.
Ás veces alternan a policromía das dovelas no arco.
Empregan diferentes tipos de bóvedas: a bóveda de nervos de tipo califal, con arcos que se cruzan e sobre os
que descansa o casco dunha bóveda; a bóveda gallonada (que recorda a unha media laranxa cos seus gaxos).
Son moi característicos os aleiros moi saíntes e que descansan sobre modillóns de rolos como cilindros.
Levantáronse sobre todo igrexas, de pequenas dimensións, ainda que con estructuras complexas, cunha
grande variedade de plantas (cruz grega, basilical, cadrada).
Os muros desas igrexas son grosos, empregándose diferentes materiais e tipos de aparellos (ladrillo,
mampostería, sillares). As ventás son abocinadas e con arcos xeminados (cunha columniña no medio). Os
capiteis son corintios, con temas vexetais e figurativos.

As principais igrexas mozárabes son: San Baudelio de Berlanga (Soria), San Miguel de Escalada (León), e a
presente obra a comentar, San Miguel de Celanova.
ANÁLISE FORMAL DA OBRA:

Trátase dunha pequena construcción, moi ben conservada e situda dentro do


gran mosteiro galego de San Miguel de Celanova. San Rosendo, de orixe
nobre, foi o fundador deste cenobio. Ao parecer, a familia do santo tiña varios
servos de orixe musulmá, que traballaban en distintos oficios en Celanova e
que chegaron a integrarse na comunidade monástica.
Cara o ano 936 ou 940, construíuse este pequeño oratorio, co obxectivo de
servir de hospedaría de peregrinos e en memoria de Froila (irmán de San
Rosendo e que fixera a
primeira dotación do
mosteiro).

A construcción deste edificio componse dun vestíbulo con


entrada lateral, unha sala cadrada de maior altura (que fai
de corpo a toda a igrexa), e unha capela moi pequena e
circular por dentro (co espazo xusto para que o sacerdote
rodee a mesa do altar, en só 1,35 m de diámetro).
A construcción dos muros, con sillería de granito de tamaño
desigual, é a tradicional da zona. Ao non controlarse
perfectamente o problema das presións e dos pesos, os
muros fixéronse bastantes grosos e colocáronse piares
exteriores de reforzó aos lados do vestíbulo e da nave. Sen embargo, non se aplicaron
contrarrestos para soportar as cargas das bóvedas, que van
directamente aos muros no vestíbulo e na
capela. O aparello deste minúsculo edificio
correspóndese coa tradición visigótica de
grandes sillares ben labrados,
conferíndolle unha maior robustez ao seu
volume.

A sala central conta con arcos murais sobre repisas (como na igrexa mozárabe
de Santiago de Peñalba), aínda que os arcos son de ferradura (ao igual que as arestas da bóveda). A
capela ten bóveda de oito cascos iguais, con arestas prolongadas ata a ferradura.
Un elemento moi característico da arte mozárabe neste edificio é o seu volado aleiro sobre esbeltos
modillóns de rollos.

CONCLUSIÓN:
A disposición do edificio non ten precedentes na arquitectura cristiá, recordando aos
oratorios musulmáns e a unha das estancias adicadas a baños do pazo de Medina-
Azahara.

You might also like