You are on page 1of 2

1.

Introdución
O Imperio Romano de Occidente caeu no 476 d.C., cando os Otrogodos (xermanos) venceron a
Rómulo Augusto, o último emperador romano (Roma comezou en 753 a.C. cun Rómulo e rematou no
476 d.C. con outro). Nos territorios anteriormente romanos establécense diversos pobos: os Francos
nas Galicas e os Visigodos en España, que foi invadida poloa árabes en 711 d.C. (Abderramán I
cenveu ó úlitmo rei godo -D. Rodrigo- na batalla de Guadalete). En todos estes lugares danse unha
serie de manifestacións artísticas que se engloban como arte prerrománica. Na Península Ibérica
podemos dividila en tres etapas diferenciadas:
● Arte visigoda (s. V a VI).
● Arte asturiana ou ramirense (s. XI e X).
● Arte mozárabe (s. XI).

2. Arte visigoda
Maniféstase especialmente na arquitectura, que presenta as seguintes características:
● Continúa coa tradición constructiva da arte romana, pero introduce elementos propios como o arco
de ferradura, que logo tomará a arte islámica.
● Introduce elementos tomados da arte bizantina como o iconostasio (esclaón do altar), un pequeno
biombo situado no prebisterio que separa ó sacerdote durante a consagración.
● O edificio máis importantes son as igrexas, que adoitan ser pequenas e ter poucas ventás.
● Os materiais constructivos adoitan ser a pedra para os muros e a madeira para os teitos.
a. Santa Comba de Bande (Ourense)
É unha das igrexas máis representativas da arte visigótica. Presenta unha planta de
gruz grega (brazos iguais) e está cuberta cunha bóveda de arista. É unha pequena
igrexa monacal onde habitaba unha reducida comunidade de monxes que prestaban
auxilio ós peregrinos. No seu interior ten bóvedas de canón, excepto no cruceiro,
onde é de arista. Antes do altar maior apreciamos un arco de ferradura sustentado
por chapiteis corintios. Crese que estas columnas foron recuperadas doutra
edificación feita polos romanos.
3. Arte asturiana ou ramirense
Desenvolveuse no pequenos reino de Asturias despois de que os cristiáns tiveran que refuxiarse
nas montañas tralas invasións árabes, e destaca na arquitectura, caracterizada por:
● Os edificios adoitan ser de planta basilical e unha ou tres naves, e teñen o transepto (zona onde se
cruzan ambos brazos) e o iconostasio.
● As ábsides nas que rematan as naves son cuadrangulares e o da capela principal ten unha cámara
segreda á que se accede dende o exterior. Nela agochábase un tesouro.
● O arco de ferradura visigodo foi substituído polo arco de medio punto e a bóveda de canón, e
tamén usan o arco de peraltado.
● O material constructivo é a pedra, e nos muros exteriores destacan as ventás seminadas (divididas
en dúas por unha columniña central), ricamente ornamentadas con celosías e molduras.
● O edificio aparece reforzado por contrafortes que recollen o peso das bóvedas.

1
a. Santa María de Naranco (Oviedo)
É o exemplo máis destacado de arte arturiana. É un palacio
construído no s. XI, durante o reinado de Ramiro I, e que logo foi
transformado en igrexa. O edificio está rematado nunha cuberta a
dúas augas e ten dúas plantas. A inferior podería ser un oratorio ou
unha sala de visitas porque está percorrida por un longo banco, e a
superior ou nobre, á que se accede por unha escaleira exterior, ten
unha grande altura, está cuberta por unha bóveda de cánon que
descansa sobre arcos faxóns e utiliza medallóns con finalidade
decoratica. Cando o edificio era un palacio, posiblemente serviría
para a celebración de reunións e festas. O interior remata en dous
miradoiros con arcos peraltados e ventás xermiandas. A fachada
esterior está reforzada por contrafortes que acentúan a súa
verticalidade e esvelteza.
4. Arte mozárabe
Chamábanse mozárabes ós cristiáns que vivían en territorio musulmán e a aqueles que fuxiron da
dominación musulmana polas persecucións relixiosas e se refuxiaron ó norte do Douro e no curso alto
do Ebro. A súa manifestación artítistica principal é a arquitectura. Características:
● Arco de ferradura tomado dos visigodos, pero máis pechado na parte inferior. Está enmarcado por
unha moldura chamada alfiz, que ten a función de realzar o arco e embelecer a contrución.
● Bóvedas de cnón e arcos xeminados.
● Contrafortes para soster mellor o edificio.
a. San Miguel de Celanova (Ourense)
É o exemplo máis destacado de arte mozárabe en
Galicia, e foi levantado no s. X cando S. Rosendo
estaba á fronte do Mosteiro de Celanova, recinto no
que se atopa este pequeno oratorio. A súa
construción relaizouse na horna de Froila, a irmá e S.
Rosendo, e comezou sendo unha pequena
hospedería de peregrinos. As súas dimensións son, á
vez que reducidas, moi proporcionadas: consta de
tres corpos con cubertas a dúas augas nos mási
pequenos e o máis amplo leva unha cubera de catro
augas. Está feito de mármore galego, e o tellado
remata nun amplo aleiro decorado don modillóns de
rolo.O interior ten unha bóveda de canón e arcos de
feradura, así como ventás abocinadas adornadas cun alfiz.

You might also like