You are on page 1of 4

Interior da catedral de Santiago

de Compostela

DATOS TÉCNICOS DA OBRA

AUTORES: Mestres Bernardo O Vello, Roberto e Esteban

CRONOLOXÍA: o templo inciouse cara o 1075/1078 (século XI) e consagrada cara o 1128 (mediados do XII),
rematándose a obra xa no XIII.

LOCALIZACIÓN: Santiago de Compostela (A Coruña, España)

ESTILO: Arquitectura románica española

CONTEXTO CULTURAL E ARTÍSTICO:

Dende finais do s. X ata princípios do XIII desenvolveuse nos reinos cristiáns europeos a arte románica. É un estilo
xá internacional, que posúe trazos comúns nos distintos territórios. Ademais, estaba influenciado pola relixiosidade
que impregnaba todos os aspectos da vida durante esta etapa da Idade Media.
A arquitectura Románica é sobre todo unha arquitectura relixiosa, baseada en dous principios básicos e
característicos deste estilo: a monumentalidade e a perdurabilidade, o que obrigaría a levantar edificios sólidos e
duradeiros.
As Igrexas desta nova arte empregan sobre todo a a pranta de cruz latina, característica prácticamente de
toda a arquitectura medieval.
Por outra banda, o fenómeno das peregrinacións afectará á evolución das plantas, obrigando á construcción de
xirolas ou deambulatorios (as naves laterais dan a volta ou prolónganse por detrás da capela maior), que
permitiran o tránsito dos fieis, e a multiplicación de capelas e altares que permitiran á súa vez duplicar os oficios.
As igrexas románicas empregaban un complexo sistema de transmisións e reparto dos pesos derivados do sistema
de soportes de todo o conxunto abovedado, sendo os muros e os pilares os principais elementos de sustentación. Se
a igrexa era dunha soa nave, os empuxes e o peso das cubertas eran equilibrados a base de muro e contrafortes.
Pero nas igrexas de varias naves, os arquitectos tiñan que resolver os problemas contrarrestando os pesos
empregando diferentes elementos (criptas, piares compostos, contrafortes…)
Todo iso explica unha das características propias da arquitectura románica: o predominio do macizo sobre o van, o
que á súa vez obriga ó emprego de elementos variados para evitar a sensación de monotonía e pesadez (pilastras,
molduras, arquiños cegos, canecillos, modillóns de rollo, xadrezado, etc).
O tipo de bóveda máis empregado e característica do Románico foi a bóveda de canón, reforzada por arcos
faixóns, utilizada especialmente nas naves centrais. Nas naves laterais e nas xirolas polo contrario, emprégase máis
frecuentemente a bóveda de aresta.
O arco preferido polos arquitectos románicos foi o de medio punto, que se utiliza tanto na estrutura das bóvedas,
nas arquerías das naves, nas portadas, nos vans, e incluso como elemento decorativo.
ANÁLISE FORMAL DA OBRA:

A partires do descubrimento da tumba do apóstolo, levantouse en Compostela unha das igrexas de peregrinación máis
destacadas do medievo. A catedral construiuse para acoller as reliquias do Apóstolo Santiago, que se conservan na
cripta.
Antes da construción da catedral románica, levantáranse sucesivamente no lugar varias basílicas prerrománicas ao
longo do s. IX, e que foron arrasadas polos árabes no s. X, nas campañas de Almanzor.
Este edificio era a meta final do chamado Camiño de Santiago, ruta de peregrinación que partía de varios puntos de
Europa.
Durante a Idade Media, Santiago convértese nunha rica diócese, protexida pola monarquía e a cidade máis poboada da
España cristiá. Na cidade existía un importante grupo de burgueses que vivían dos centos de peregrinos que chegaban a
Compostela.
A contrución da catedral románica foi impulsada polo rei Afonso VI e, sobre todo, polo arcebispo de Santiago Diego
Peláez.
Dende ese momento, sucedéronse varias campañas construtivas:
-A primeira foi dirixida polo mestre de obras Bernardo o Vello, que en dez anos
levantaría a cabeceira.
-Na segunda fase (1100), a catedral experimenta un forte impulso e reactivación
grazas ao importante papel do arcebispo Diego Xelmírez, principal impulsor da
catedral e que deixaría esta prácticamente rematada e decorada á súa morte no
1140. nesta etapa traballaron no edificio os mestres Roberto e Esteban.
-A terceira e última fase na construción da catedral compostelana comeza no 1168
cando se lle encarga ao Mestre Mateo a construcción dunha cripta ou catedral vella
(soporte necesario para o Pórtico da Gloria). A catedral consagrouse definitivamente
no 1211, xa nos comezos do século XIII.
Polo tanto, este monumento pertence á tipoloxía de igrexa de peregrinación coa
pranta propia deste modelo de templos medievais.
A catedral de Santiago é unha obra que combina a influencia francesa (moitos dos
seus traballadores especializados eran francos ou de orixe no país veciño) e hispana, xa que participaron nela
numerosos mestres e canteiros da península.
Ten pranta de cruz latina con três naves, prolongándose as laterais nos brazos do transepto, un amplo cruceiro
destacado em pranta, e cunha espaciosa xirola ou deambulatório con ábisidas radiais. Os brazos transversais do
cruceiro ou transepto son moi amplos e están tamén divididos em tres naves (unha central e duas laterais), con dous
absidiolos a esquerda e dereita, respectivamente.
O templo chama a atención pólas súas grandes dimensións (97 m de longo), como corresponde a un dos grandes
centros relixiosos da cristiandade (conséguese así un gran espazo interior, de enorme capacidade para acoller aos fieis),
e tamén destaca pola súa complexa cabeceira (moi ampla, cunha gran ábsida central, que se corresponde á xirola, e
cinco capelas radiais ao redor, de diferentes prantas, estando a máis importante adicada ao Salvador). Os absidiolos
cúbrense con bóvedas de cuarto de esfera.
A altísima nave central cúbrese con bóveda de canón reforzada
por arcos de faixa (recurso que tamén se emprega na nave
central do cruceiro), e as naves laterais, con bóveda de aresta.
A separación entre as naves realízase mediante arcos de médio
punto peraltados e dobrados, apoiados sobre piares compostos.
Os piares alternan a sección cadrada, cruciforme e a circular,
con columnas adosadas, e que funcionan como soportes dos
pesos transmitidos polos arcos faixóns.
Sobre as naves laterais construiuse a característica tribuna que
atopamos nas igrexas de peregrinación. Dita tribuna (moi
ampla e que continúa na cabeceira para acoller aos fieis
durante os ofícios relixiosos), recibe a luz pólas fiestras
exteriores e penetra na nave a través do triforio (vans da
galeria da nave lateral que se abren sobre a central) de arcos
xeminados de médio punto) detalle moi típico das igrexas de
peregrinación. O triforio permite a comuniación entre a nave
central e as tribunas das naves laterais. Deste xeito, o alzado da
catedral resultaba moi elegante e monumental.
No centro do cruceiro levántase unha cúpula sobre trompas
dentro dun ciborio poligonal. Baixo o centro do cruceiro da
catedral, existe unha pequena cripta cos supostos restos do
apóstolo Santiago e os dos seus discípulos.
Unha das peculiaridades da catedral de Santiago é a solución dada para cubrir a xirola (un espazo moi difícil de
cubrir). A bóveda de aresta normalmente cubre espazos cadrados. Na xirola, de forma circular, os tramos son
trapezoidais. Para adaptala a esta forma, as arestas se deseñaron curvas (arestas curvilíneas) e ensancháronse aquelas
cara o exterior.
No exterior, unha serie de robustos contrafortes reforzaban todo o sistema de cubertas.
A catedral tiña tres grandes portadas: a máis monumental aos pés, e outras duas rematando os brazos do transepto.
Ainda que hoxe en día, o exterior está moi cambiado polas obras posteriores (sobre todo, durante o Barroco), hai que
destacar a harmonía de volumes do edificio orixinal, completándose todo o conxunto coas dúas grandes torres ou
campanarios da Fachada do Obradoiro, e as torres levantadas nos extremos do cruceiro, e no cruce da nave central co
transepto.
CONCLUSIÓN:
Hai que destacar que a Catedral de Santiago é unha obra exemplar por varios motivos:
-Pola súa plena harmonía construtiva (cunha perfecta correlación matemática entre todos e cada un dos
elementos).
-Pola madurez demostrada na solución técnica de tódalas súas partes e que explica a súa perfección
construtiva.
-Polas súas grandes dimensións (case cen metros de lonxitude), ao ser un dos grandes centros relixiosos da
cristiandade.
Santiago de Compostela é unha obra de síntese e de culminación de diferentes influencias, recollidas ao longo do
camiño, así como de solucións xa coñecidas no Prerrománico (arcos faixóns).
Podemos considerar á catedral de Santiago como a obra cumio do Románico español, xa que presenta os trazos deste
estilo plenamente. Para a maioría dos estudosos da Arte, a catedral de Santiago é un dos exemplos máis maduros e
monumentais do Románico español, a culminación de dito estilo no noso país.

A catedral compostelana, por outra banda, influiría nas outras catedrais galegas de Ourense, Tui, Lugo e Mondoñedo.

O exterior do templo posteriormente foi moi remodelado en época barroca, nos séculos XVII e XVIII, cubrindo a
fachada románica cunha obra barroca (Fachada do Obradoiro), proporcionándolle o seu aspecto actual. Aínda así, da
época románica, conserva a Fachada das Praterías e o Pórtico da Gloria.

You might also like