You are on page 1of 2

O acueduto de

Segovia:

DATOS TÉCNICOS DA OBRA

AUTOR: descoñecido.

CRONOLOXÍA: Levantado a finais do século I ou principios do II

LOCALIZACIÓN: Segovia (España)

ESTILO: arte romana (arquitectura)

CONTEXTO CULTURAL E ARTÍSTICO:

O Imperio romano foi un dos maiores que existiron; os romanos asimilaron moitos dos elementos e das
características dos pobos que foron conquistando, sobre todo dos etruscos e dos gregos, admirando
especialmente a estes últimos. De tódolos xeitos, Roma transformaba eses elementos, polo que chegou a ser
unha cultura orixinal, propia e inconfundible. Xunto a Grecia, Roma forma a cultura clásica, unha das bases
da cultura occidental.

Na arquitectura romana adoptáronse elementos esenciais da arte grega, como as ordes clásicas, a forma do
templo ou moitos dos elementos decorativos. Sen embargo, en moitos outros aspectos, a arquitectura romana
non é só diferente, senón radicalmente oposta. Por exemplo, para os gregos era máis importante o exterior
que o interior do edificio. Para os romanos, en cambio, o interior está tan coidado como o aspecto exterior.
Neste sentido, os romanos consiguen unha determinada concepción do espacio interior, sempre moi rica, pero
que varía segundo os edificios e a súa funcionalidade.
Outra diferencia é que na arquitectura grega, as cubertas eran
fundamentalmente adinteladas, mentres que nos edificios romanos
aparecen os espacios abovedados e cupulados, empregando profusamente o
arco de medio punto. Ademais, Roma introduce novos materiais, novas
técnicas constructivas, novos tipos de edificios, e un pragmatismo e unha
monumentalidade descoñecidas na arquitectura grega. A arquitectura
romana era práctica, utilitaria e funcional. Os edificios romanos buscaban
ser útiles, eternos e fermosos, nesta orde (Utilidad, eternidad, beleza).

En canto ós materiais empregados, estes foron moi variados: usáronse


pedras de todo tipo, como a mármore. Pero o material máis novedoso, máis barato e máis usado foi o formigón
ou cemento conglomerado, xunto ao ladrillo, este de orixe mesopotámica.
ANÁLISE FORMAL DA OBRA:

Os romanos levantaron numerosas obras de utilidade pública. Tratábase de


construcións relacionadas coa enxeñería, disciplina que os romanos
dominaban á perfección.
Representaban o sentido práctico e utilitario da arquitectura romana, así
como o desexo de demostrar o poder de Roma. As principais obras de
enxeñería foron: as calzadas, os portos, as pontes e os acuedutos.
Os acueductos eran construcións arquitectónicas para conducir a auga
dende a súa orixe ata as cidades. A auga transportábase baixo terra, a nivel
do chan ou sobre unha ringleira de arcos salvando os desniveis do terreo. A
cidade de Roma estaba abastecida por varios acueductos que levaban a auga
ata as termas, as cloacas, as cisternas e as fontes.
En España quedan importantes restos de acueductos. Por exemplo, o máis
coñecido, e que imos comentar de seguido, o de Segovia.
O acueduto de Segovia está casi intacto e estivo en activo ata principios deste século. Está construido con
sillares regulares de granito encaixados “ a óso”, é dicir, sen argamasa.
Presenta a peculiaridade de que, conforme o monumento se eleva
en altura, decrece o volume dos sillares.
Traía a auga do río Frío, dende 18 kilómetros de distancia, de
forma subterránea e logo sobre unha arquería dobre ó entrar na
cidade. A arquería está formada por dúas ringleiras de arcos de
medio punto sobre altos pilares cadrados, que logo se volve a
transformar nunha arquería simple adaptándose á inclinación do
terreo. No piso inferior dispóñense 75 arcos sinxelos, e no superior
44 arcos de menor tamaño. Este piso remátase cun ático, onde se
atopa o canal ou “specus” en forma de U, por onde circula a auga.
A pesar das súas dimensións colosais, o acueduto ten unha composición equilibrada e proporcionada
grazas á liña de impostas (ringleiras de sillares sobre a que arrancan os arcos), que dota de continuidade e
perspectiva ao conxunto.

CONCLUSIÓN:

O acueduto de Segovia é unha obra utilitaria, pero de elegantes proporcións. Foi reconstruído na Idade
Media, tras sufrir graves danos debido aos enfrontamentos cos musulmáns. En épocas máis recente,
restauráronse partes importantes do monumento, ameazado pola contaminación e o tráfico rodado que
circulaba baixo os seus arcos inferiores.
Outros acuedutos importantes na antiga Hispania son os de Mérida (Acueduto das Miragres) ou o de
Tarragona

You might also like