You are on page 1of 10

COMENTARIOS HISTORIA DA ARTE

1. INTERIOR DA CATEDRAL DE SANTIAGO

Atopámonos no interior da catedral de Santiago de Compostela, cuxos autores son os Mestres


Bernardo o vello, Roberto e Esteban. O templo iniciouse cara o 1075/1078, é dicir no século Xi
e consagrada cara o 1128 (mediados do XII), rematándose a obra no XIII, trátase dunha obra
arquitectónica pertencente ao románico español, atópase en Santiago de Compostela, a
Coruña, España.

CONTEXTUALIZACIÓN

Dende finais do s. X ata principios do XIII desenvolveuse nos reinos cristiáns europeos a arte
románica. É un estilo xa internacional, que posúe trazos comúns nos distintos territorios.
Ademais, estaba influenciado pola relixiosidade que impregnaba todos os aspectos da vida
durante esta etapa da Idade Media.

A arquitectura Románica é sobre todo unha arquitectura relixiosa, baseada en dous principios
básicos e característicos deste estilo: a monumentalidade e a perdurabilidade, o que obrigaría
a levantar edificios sólidos e duradeiros. As Igrexas desta nova arte empregan sobre todo a a
pranta de cruz latina, característica prácticamente de toda a arquitectura medieval.

A partires do descubrimento da tumba do apóstolo, levantouse en Compostela unha das


igrexas de peregrinación máis destacadas do medievo. A catedral construiuse para acoller as
reliquias do Apóstolo Santiago, que se conservan na cripta.

Antes da construción da catedral románica, levantáranse sucesivamente no lugar varias


basílicas prerrománicas ao longo do s. IX, e que foron arrasadas polos árabes no s. X, nas
campañas de Almanzor. Este edificio era a meta final do chamado Camiño de Santiago, ruta de
peregrinación que para a de varios puntos de Europa.

Durante a Idade Media, Santiago convértese nunha rica diócese, protexida pola monarquía e a
cidade máis poboada da España cristiá. Na cidade exisa a un importante grupo de burgueses
que vivían dos centos de peregrinos que chegaban a Compostela.

Polo tanto, este monumento pertence á tipoloxía de igrexa de peregrinación coa pranta propia
deste modelo de templos medievais. A catedral de Santiago é unha obra que combina a
influencia francesa (moitos dos seus traballadores especializados eran francos ou de orixe no
país veciño) e hispana, xa que participaron nela numerosos mestres e canteiros da península.

ANÁLISE FORMAL DA OBRA

Ten pranta de cruz latina con tres naves, prolongándose as laterais nos brazos do transepto, un
amplo cruceiro destacado en pranta, e cunha espaciosa xirola ou deambulatório con ábsidas
radiais. Os brazos transversais do cruceiro ou transepto son moi amplos e están tamén
divididos en tres naves (unha central e duas laterais), con dous absidiolos a esquerda e dereita,
respectivamente.

O templo chama a atención pólas súas grandes dimensións (97 m de longo), como
corresponde a un dos grandes centros relixiosos da cristiandade (conséguese así un gran
espazo interior, de enorme capacidade para acoller aos fieis), e tamén destaca pola súa
complexa cabeceira (moi ampla, cunha gran ábsida central, que se corresponde á xirola, e
cinco capelas radiais ao redor, de diferentes prantas, estando a máis importante adicada ao
Salvador). Os absidiolos cúbrense con bóvedas de cuarto de esfera.

A alasima nave central cúbrese con bóveda de canón reforzada por arcos de faixa (recurso que
tamén se emprega na nave central do cruceiro), e as naves laterais, con bóveda de aresta. A
separación entre as naves realízase mediante arcos de médio punto peraltados e dobrados,
apoiados sobre piares compostos. Os piares alternan a sección cadrada, cruciforme e a
circular,con columnas adosadas, e que funcionan como soportes dos pesos transmitidos polos
arcos faixóns.

Sobre as naves laterais construiuse a característica tribuna que atopamos nas igrexas de
peregrinación. Dita tribuna (moi ampla e que continua na cabeceira para acoller aos fieis
durante os oicios relixiosos), recibe a luz pólas fiestras exteriores e penetra na nave a través do
triforio (vans da galeria da nave lateral que se abren sobre a central) de arcos xeminados de
medio punto) detalle moi apico das igrexas de peregrinación. O triforio permite a
comunicación entre a nave central e as tribunas das naves laterais. Deste xeito, o alzado da
catedral resultaba moi elegante e monumental. No centro do cruceiro levántase unha cúpula
sobre trompas dentro dun ciborio poligonal. Baixo o centro do cruceiro da catedral, existe
unha pequena cripta cos supostos restos do apóstolo Santiago e os dos seus discípulos.

Unha das peculiaridades da catedral de Santiago é a solución dada para cubrir a xirola (un
espazo moi difícil de cubrir). A bóveda de aresta normalmente cubre espazos cadrados. Na
xirola, de forma circular, os tramos son trapezoidais. Para adaptala a esta forma, as arestas se
deseñaron curvas (arestas curvilíneas) e ensancháronse aquelas cara exterior. No exterior,
unha serie de robustos contrafortes reforzaban todo o sistema de cubertas.

A catedral tiña tres grandes portadas: a máis monumental aos pés, e outras dúas rematando
os brazos do transepto. Ainda que hoxe en día, o exterior está moi cambiado polas obras
posteriores (sobre todo, durante o Barroco), hai que destacar a harmonía de volumes do
edificio orixinal, completándose todo o conxunto coas dúas grandes torres ou campanarios da
Fachada do Obradoiro, e as torres levantadas nos extremos do cruceiro, e no cruce da nave
central cotransepto.

2. FACHADA DE PRATERÍAS

Atopámonos ante a Fachada de Praterías, cuxos autores son o Mestre da Traizón e o Mestre
Esteban. Feita cara ao 1100 (s. XII), pertence á escultura romana. Atópase na fachada sur da
Catedral de Santiago de Compostela.

CONTEXTO CULTURAL E ARTÍSTICO:

Dende finais do s. X ata princípios do XIII desenvolveuse nos reinos cristiáns europeos a arte
románica. É un estilo xá internacional, que posúe trazos comúns nos distintos territórios.
Ademais, estaba influenciado pola relixiosidade que impregnaba todos os aspectos da vida
durante esta etapa da Idade Media.

A partires do descubrimento da tumba do apóstolo, levantouse en Compostela unha das


igrexas de peregrinación máis destacadas do medievo. A catedral construiuse para acoller as
reliquias do Apóstolo Santiago, que se conservan na cripta.
Nos séculos XI e XII, as peregrinacións e as Cruzadas amosaron a forza da relixión e axudaron
ao espallamento da arte románica. As reliquias dos santuarios fixeron destes grandes centros
espirituais e artísticos. O Camiño de Santiago sería unha ruta cultural e artística fundamental.

A Catedral comezouse a levantar no último terzo do século XI. A catedral consagrouse


definitivamente no 1211, xa nos comezos do século XIII.

En efecto, o Camiño de Santiago foi unha das rutas máis transitadas do Medievo: peregrinos,
artistas, comerciantes, xoglares... Axudando ao desenvolvemento das vilas pola que cruzaba e
potenciando o espallamento do novo estilo Románico.

ANÁLISE FORMAL DA OBRA:

No brazo sur do cruceiro da Catedral de Santiago de Compostela, ábrese a Porta das Praterías.
Esta portada sitúase diante da praza do mesmo nome, onde durante a Idade Media os
orfebres montaban os seus establecementos adicados precisamente ao traballo de orfebrería,
sobre todo de prata.

A Portada das Praterías é o único pórtico románico exterior que se conserva da Catedral de
Santiago. As súas portas dan acceso á nave central do transepto. Estruturalmente, o conxunto
organízase en dúas portas, coas súas arquivoltas de medio punto abocinadas, tímpanos,
xambas de columnas adosadas a un piar e machón central. O contido iconográfico presenta un
evidente desorde, derivado dos destrozos causados polo incendio do 1117 e os engadidos
procedentes da desaparecida fachada norte ou francíxena (Acibechería).

En canto á lectura iconográfica dos relevos escultóricos das Praterías, temos o seguinte, lendo
de dereita a esquerda:

• MACHÓN CENTRAL: observamos que a portada está centrada por un crismón trinitario,
sostido por dous leóns. Arredor do crismón artéllanse dous arcos xeminados, de tres
arquivoltas lisas sostidas por once columnas. Estas alternan a decoración vexetal, con
representacións de anxos, profetas e apóstolos. Nos capiteis das columnas aparecen algunhas
esceas historiadas (Expulsión do Paraíso)

• TÍMPANO DA DEREITA: na parte superior, a Epifanía (a Virxe co Neno e cos Reis Magos), e na
parte inferior, a Paixón e a Morte de Cristo. A mensaxe sería que Cristo nace como Deus e
sofre e morre como home.

• TÍMPANO DA ESQUERDA: Cristo é sometido ás tentacións polos demos (A Tentación e o


Triunfo sobre o Pecado). Ao seulado, aparece unha muller cunha calaveira, moralexa do
castigo aos adúlteros (a muller sostén a cabeza putrefacta do seu amante, cortada polo
marido, quen obriga a aquela a bicala dúas veces ao día), e como un novo Adán supéraas.

• CONFLUENCIA DAS DÚAS ARCADAS, SOBRE ELAS E NO FRISO: distribúense un grande número
de relevos. Na confluencia, atopamos a Cristo, os endemoniados, Abraham saíndo do sartego e
os anxos trompeteiros. No friso, amontónase (como un rompecabezas), o Pantocrátor, en
posición central, acompañado de Santiago, San Xoán (este relevo de Cristo cos apóstolos xa
sería do século XIII), seres fantásticos procedentes dos bestiarios medievais, cipreses, e signos
do zodíaco. No friso tamén represéntase a expulsión de Adán e Eva (procedentes da Porta do
Paraíso, aparecendo ambos tapándose o seu sexo, e con Deus entre os dous), o que se
completa cos relevos da Creación ubicados nos contrafortes. Á primitiva portada románica da
zona norte, pertencería a excepcional imaxe do Rei David tocando a cítara, e que se ubica
actualmente no contraforte occidental. A do rei David é unha magnífica talla

• O friso remátase con caneciños e métopas, que o separan dunha parte superior que abre
outros dous arcos (lobulados e con arquivoltas decoradas con motivos vexetais), culminando o
conxunto cunha balaustrada con pináculos (construída en séculos posteriores).

3. O PÓRTICO DA GLORIA

LOCALIZACIÓN

Atopámonos ante o Pórtico da Gloria, cuxo autor é o Mestre Mateo, feita cara o ano 1188
(finais do S. XII), pertence á escultura tardorrománica ou protogótica española. Atópase na
fachada principal da Catedral de Santiago de Compostela, A Coruña, España.

CONTEXTUALIZACIÓN

(igual ao anterior)

ANÁLISE

O Pórtico da Groria foi levado a cabo en pleno apoxeo do Camiño de Santiago. Concebiuse
como unha entrada monumental á Catedral, representando o punto final da peregrinaxe a
Santiago, cando o peregrino chegaba finalmente a Compostela e atopábase ó acceder á
Catedral dentro dun pórtico sagrado que representaba a imaxe da groria celestial.

Para realizar o seu proxecto, o Mestre Mateo tivo que prolongar os pés da Catedral algúns
metros e salvar o desnivel existente construindo a famosa cripta, que serve como basamento
da portada. Este pórtico forma parte do nártex. Consta de tres vans protexidos por unha
espécie de pórtico. O máis amplo corresponde á nave central, e os outros dous ás naves
laterais.

Cada un dos tres arcos é unha porta que se abre en forma de medio punto, cun tímpano
decorado con esculturas noarco central e estatuas nas xambas das arcadas laterais. Estes tres
grandes arcos correspóndense con outros na fachada do Obradoiro.

O Pórtico ten ademais importancia pola súa estrutura arquitectónica, debido ó sistema de
bóvedas utilizadas na parte superior e na cripta ou catedral vella sobre a que se eleva.

-O arco central está dividido por un parteluz no que se representa “a árbore de Jessé”, a
suposta árbore xenealóxica de Cristo, sobre o cal aparece Santiago Apóstolo sedente, dando a
benvida e acollendo bondadoso ó peregrino. Detrás do parteluz, está a efixe de Mateo (“o
santo dos croques”), axenlloado, representando a humildade do artista románico, relegado
pola importancia da súa obra e da menxase diviña. O programa iconográfico recrea a
Apocalipse. Na parte superior do arco central, no tímpano do acceso principal, represéntase
propiamente a visión da Groria celestial, que lle da nome ó conxunto: aquí aparece no centro e
a un tamaño maior ó resto das figuras a imaxe do Pantocrátor (Cristo en Maxestade) un Cristo
omnipotente como Supremo Xuíz, cos brazos abertos e que amosa as súas chagas e que
aparece rodeado de diferentes elementos, como o tetramorfos, as cabezas dos xustos ou
elexidos, os catro anxos portadores dos instrumentos e símbolos da Paixón, etc. O remate
parece representar a Xerusalén Celestial. Os vintecatro anciáns da Apocalipse, con coroas e
instrumentos musicais da época, aparecen de forma radial nas arquivoltas.
-En canto ós arcos laterais, estes carecen de tímpano. Ámbolos dous están adicados a
representacións das raíces da Igrexa cristiá, con temas do Antigo e do Novo Testamento. No
arco da dereita aparecen diferentes figuras, como Adán e Eva, o cautiverio das tribos de Israel,
ademais de elementos vexetais, todos eles oprimidos por un groso cilindro que simboliza o
Antigo Testamento. No arco da esquerda, aparece o tema do Xuízo Final, cos condenados
sufrindo polos seus pecados e os xustos conducidos cara o ceo.

-Por outro lado, tanto nas pilastras que separan os arcos cono nos arcos exteriores utilízanse
estatuas-columnas, nasque se representan diversos personaxes, profetas nas xambas do lado
esquerdo e apóstolos nas xambas do lado dereito. Os profetas representan o Vello
Testamento, e os Apóstolos, o Novo Testamento. Moitas destas figuras dos profetas e dos
apóstolos son obra do propio Mestre Mateo. Son figuras con rasgos delicados e suavemente
idealizados, con rostros alongados, cabezas ben modelados e beatíficos, sereos. Os cabelos e
barbas están ben traballados, con finos bucles e rizos. As telas resultan blandas, con espesos
plegues e arrugas, impulsadas por unha suave brisa, e que amosan as anatomías cun claro
recordo de Fidias. Son figuras naturais, flexibles, máis reais e espontáneas, menos
convencionais. Cada unha delas ten a súa propia personalidade, son auténticos retratos físicos
e psicolóxicos, buscándose o individualismo. O naturalismo acentuábase coa policromía. Aquí
empezamos a ver a liberalización das esculturas con respecto á arquitectura. As figuras
móvense, con diversos xestos e posturas, conversando entre si, resultando máis reais (destaca,
sobre todo, o Profeta Daniel e o seu sorriso). O volume é maior e aparece incluso o sorriso que
fai máis humana á figura, como veremos no Gótico. Nos laterais do pórtico, anxos con
trompetas anunciando o Xuízo Final. En canto as influencias recibidas, nesta obra aprécianse
influencias de orixe hispana, francesa e musulmana. Como material, empregáronse a mármore
e o granito, e na súa orixe as figuras estaban policromadas, quedando na actualidade algúns
restos, recuperados sobre todo a raíz da última campaña de restauración neste monumento.

4. CATEDRAL DE LEÓN

LOCALIZACIÓN

Atopámonos ante a catedral de León, con respecto ós autores, interviron o Mestre Enrique,
quen dirixiu as obras, o mestre Simón e Xoán Perez. A maior parte da Catedral levantouse na
segunda metade do s.XII, pertence á arquitectura gótica e atópase en León, España.

CONTEXTUALIZACIÓN

O estilo Gótico desenvólvese entre mediados do s.XII e o s.XV. O Gótico coincide co final da
Alta Idade Media e co desenvolvemento da Baixa Idade Media, contemplando unha serie de
importantes cambios e transformacións na vida civil, económica e relixiosa: a puxanza
económica da burguesía como grupo social; o renacer e o desenvolvemento urbano; unha
tímida secularización; un maior interese polo ser humano e a natureza, ou o nacemento das
universidades, entre outros trazos. O Gótico, a diferenza do Románico, será esencialmente un
estilo urbano e que potenciaría o realismo e o naturalismo.

A arquitectura gótica introduce toda unha serie de cambios que permiten furar nos muros para
que irrumpa a luz no espazo interior, empregando unha serie de elementos que non naceron
todos co Gótico, xa que a maioría deles xa existían antes, pero que agora se empregan todos
eles interrelacionados, o que constitúe unha auténtica innovación.
Con respecto á planta, segue empregándose a planta de cruz latina, de tres ou cinco naves, cun
cruceiro destacado en planta, rodeado dunha ampla xirola que conta con distintas capelas
radiais. En alzado, ábrense tribunas e triforios con ventanais cada vez máis amplos. Tanto nos
pés como nos extremos do cruceiro, sitúanse as fachadas coas súas portadas decoradas con
esculturas, dispoñéndose ademais grandes torres coroadas e rematadas por agullas ou
chapiteis, os cales tamén aparecen na torre do cimborrio. Un elemento típico destes edificios
son as vidreiras polícromas que os embelecen, así como os grandes rosetóns da fachada
principal e do cruceiro.

Entre os principais elementos arquitectónicos do Gótico, caben destacar os seguintes: o arco


apuntado ou oxival, a bóveda de crucería e o arcobotante O Gótico convértese nun estilo
luminoso, no que o van triunfa sobre o muro, xurdindo unha arquitectura lixeira, cun grande
sentido da verticalidade, cunha clara simboloxía de elevación cara Deus, reflictindo unha nova
concepción da divinidade e unha nova concepción do mundo por parte da sociedade daquela
época.

Como no Románico, o novo estilo Gótico tamén coñeceu unha serie de etapas evolutivas. Nun
primeiro momento, a fase cisterciense (sobria e sinxela); de seguido, o período clásico, no
século XIII (ao que pertence a Catedral de León), con arcos máis esbeltos e o uso sistemático
dos arcobotantes; no XIV, o período manierista, e, para rematar, o Gótico Flamíxero no XV.

ANÁLISE

-Interior da catedral:

O edificio ten unha pranta basilical de cruz latina moi semellante á da Catedral de Reims, coa
única diferenza de que na de León redúcense os tramos nos pés do templo. Consta de tres
naves, transepto situado cara o centro (tamén de tres naves e aliñado coa cabeceira) e
unhaábsida con xirola poligonal e capelas radiais.

O templo cóbrese con bóvedas de crucería que derivan as forzas laterais ou o peso cara ao
exterior a través dos característicos arcobotantes, os cales se apoian nos contrafortes. Os
empuxes verticais do interior son recollidos polos piares compostos a través dos baquetóns
que descenden polo muro.

O muro da nave central está dividido en tres niveis, como nas grandes catedrais francesas. A
nave central é moito máis alta cás laterais, de xeito que o espazo destinado ao triforio e, sobre
todo, ao claristorio, é moi extenso.

A Catedral de León ten grandes ventanais, cuxas vidreira ocupan unha superficie de máis de
1.700 m2. Por iso, o interior destaca pola súa grande luminosidade, e pola sensación de
espiritualidade e simbolismo que se sente nel, unha característica propia do Gótico.

-Exterior:

Destaca sobre todo a fachada principal, que se inspira na da catedral francesa de Chartres:
triple portada con arcos apuntados, dúas torres cadradas rematadas por pináculos ou agullas e
un gran rosetón central.

5. CATEDRAL DE REIMS
Atopámonos ante a catedral de Reims, na que sucederon 4 arquitectos (Jean d´Orbais, Jean-le
Loup, Gaucher de Reims e Bernard de Soissons. A maior parte da catedral levantouse no s. XIII,
con obras posteriores, pertence á arquitectura gótica, atópase en Reims, Francia.

CONTEXTUALIZACIÓN

(Igual)

A Catedral da Nosa Señora de Reims é un dos templos góticos máis importantes de Francia,
tanto pola súa extraordinaria arquitectura, como pola súa riquísima decoración escultórica.

Durante o Antigo Réxime e ata a Revolución Francesa, a catedral de Reims era o lugar onde
tiña a consagración dos reis de Francia. O templo gótico iniciouse no mes de maio de 1211, da
man do arcebispo de Reims, Aubry de Humbert, co fin de substituír á antiga catedral carolinxia
(destruída nun incencio no 1210).

Cara 1275, o groso das obras xa estaba rematado, polo que a catedral case estaría completada
a finais do s. XIII (coa excepción da fachada occidental, construída no s. XIV a partires dos
deseños do s. XIII).

ANÁLISE

Consta dunha planta de cruz latina, cos brazos do transepto moi pouco destacados.

Interior da catedral:

O edificio destaca pola súa unidade de estilo. A catedral consta de 3 naves, a central e dúas
laterais. A nave central alongouse (mide case 140 m de longo por 30 de ancho) para abrir
espazo para as muchedumbres que acudían ás coronacións. A altura da nave central é de 38
metros. Os transeptos tamén teñen 3 naves, un coro con doble pasillo, e na ábsida disponse a
xirola e as capelas radiais.

En altura, a catedral estrutúrase en tres pisos ou niveis (arcadas que separan as naves, a
tribuna co triforio e na parte superior, grandes ventanais con vidieiras). Reims representa o
modelo do gótico clásico francés, culminando o emprego dos elementos construtivos e
decorativos máis importantes da arquitectura gótica (arcos oxivais, bóvedas de crucería, a gran
diferenza de altura entre a nave central e as laterais, o predominio a acadar maior altura e
potenciar a verticalidade, a progresiva supresión dos muros dando paso a grandes ventanais
con vidreiras....).

Exterior:

Destaca sobre todo a fachada occidental, onde se advirte a tendencia cara ao alto e a unificar a
visión do conxunto, mediante as molduras verticais e os gabletes que cobixan as portadas,
onde se desenvolve un complexo e rico programa iconográfico. A fachada principal é a parte
máis destacada do exterior da catedral de Reims, e é considerada como unha das obras
mestras do Gótico.

A fachada está flanqueada por dúas torres, de 81 m. de altura (estaba previsto que acadaran
os 120 m no seu momento). Os brazos dos transeptos estaban flanqueadas por 4 torres, pero
un incendio a finais do s. XV destruíu a cuberta do templo e as agullas das torres.

Por último, hai que destacar a riquísima decoración escultórica da catedral de Reims, xa que
esta posúe máis de 2.300 estatuas, superando neste sentido ás outras catedrais europeas (a
excepción da de Chartres). Os tres pórticos da fachada principal están cargados de estatuas e
relevos.

O Pórtico Maior (adicado á Virxe María), ten na parte superior un rosetón enmarcado nun arco
decorado con estatuas, en lugar do habitual tímpano esculpido. Destacan os grupos das
xambas, onde se atopa o famoso tema da Anunciación e da Visitación (que comentaremos
neste tema cando expliquemos a escultura gótica).

Enriba do rosetón e entre as dúas torres do templo atópase a chamada “Galería dos Reis,
amosándose o bautismo de Clodoveo, no centro, e flanqueado por estatuas dos seus sucesores
(no tesouro da Catedral gárdase un fragmento da “Sainte Ampoule” ou Santa Ampolla, que
contiña o óleo sagrado co que se unxía aos reis franceses) As fachadas do transepto tamén
aparecen decoradas con esculturas (representacións dos bispos de Reims, do Xuízo Final, unha
figura de Xesús, “Le Beau Dieu”, os Profetas, os Apóstolos....).

6. A ANUNCIACIÓN E A VISITACIÓN

Atopámonos ante a anunciación e a visitación, cuxos autores son o Mestre dos Anxos ou do
Sorriso e o Mestre da Visitación. Feitos ente 1230-1265 (mediados do s.XIII), pertence á
escultura gótica francesa, e atópase na portada da catedral de Reims, en Francia.

CONTEXTUALIZACIÓN

O estilo Gótico desenvólvese entre mediados do s.XII e o s.XV. O Gótico coincide co final da
Alta Idade Media e co desenvolvemento da Baixa Idade Media, contemplando unha serie de
importantes cambios e transformacións na vida civil, económica e relixiosa: a puxanza
económica da burguesía como grupo social; o renacer e o desenvolvemento urbano; unha
tímida secularización; un maior interese polo ser humano e a natureza, ou o nacemento das
universidades, entre outros trazos. O Gótico, a diferenza do Románico, será esencialmente un
estilo urbano e que potenciaría o realismo e o naturalismo.

Durante o período gótico, os temas e as solucións empregadas na escultura cambian con


respecto ó estilo Románico. As características máis importantes son: a progresiva liberación da
escultura con respecto á arquitectura (maior mobilidade); maior naturalismo e realismo
(interese por reflictir os sentimentos humanos, os xestos e as expresións, alonxándose da
fantasía do Románico); predominio do carácter narrativo das escenas; maior sensación de
volume das ropaxes; procurar reflictir a beleza como creación divina; temas
predominantemente relixiosos (a Virxe co Neno, o Cristo crucificado), pero dun maior
detallismo e realismo; localización das esculturas nas portadas, nos retablos ou nos sepulcros.

ANÁLISE

Na Portada de Reims recóllese un programa escultórico baseado nos temas da Anunciación e a


Visitación (relacionados temporalmente), e completados cos temas da Purificación e a
Natividade (é dicir, catro feitos fundamentais na vida da Virxe).

En concreto, se nos fixamos nas figuras das xambas que temos na parte dereita da portada,
destacan dous grupos relacionados cos dous primeiros feitos citados, a Anunciación e a
Visitación. As figuras protagonistas (o Anxo, a Virxe e Santa Sabela), teñen un canon
escultórico que nos fai velas máis humanas, cun volume e anatomía máis realistas, fuxindo da
perspectiva xerárquica, do antinaturalismo e do esquematismo (trazos básicos da anterior
escultura románica).

No primeiro grupo, o da Anunciación, a Virxe aparece representada como unha doncela, cunha
certa idealización (parece aínda máis unha nena, moito máis nova que a representación da
Virxe no grupo da Visitación). A figura da Virxe mantén rasgos típicos do Gótico inicial (a figura
amósase algo solemne e sen expresión ou sentimento no rostro). O seu corpo queda
disimulado por unhas roupaxes de tipo litúrxico (túnica e capa), aínda que nos permiten ver o
perfil duns senos adolescentes, e os brazos, utilizando sen embargo o autor uns plegues
escasos, ríxidos e pouco naturais, que tenden á verticalidade, e debuxan unha espiga na parte
central da túnica

Neste primeiro conxunto, destaca sobre todo a figura do Arcanxo ou Anxo que acompaña á
Virxe adolescente, xa que dita figura, elegante e de amplos ropaxes, manifesta, pola contra,
todas as características da escultura gótica plena. O Arcanxo aparece representado nun claro
contraposto, o que proporciona un movemento sinuoso ao corpo, ao tempo que ladea a cabez,
sorrindo, e recolle o manto, provocando multitude de pregues. É unha figura representada de
forma xovial, exemplo destacable do chamado “sorriso gótico”, expresión que implica dozura,
ledicia, complacencia. O tratamento do cabelo é bastante natural, con fermosos rizos
enmarcando o rostro. Resulta así un conxunto escultórico imaxinativo e espiritual, no cal o
Anxo, sorrinte e de cabeza graciosamente ladeada, saúda á Virxe, anunciándolle a súa próxima
maternidade. Este grupo é, claramente, obra dun mestre (“Mestre dos Anxos”, porque realizou
numerosos anxos caracterizados polo seu doce sorriso), distinto ao autor doutro grupo, o da
Visitación.

No grupo escultórico que está á dereita do anterior represéntase o tema da Visitación. Este
grupo tende cara unha representación realista, pero idealizada. As dúas figuras representadas,
amosan unha gran serenidade e aparecen claramente comunicadas entre elas a través dos
xestos que fan coas mans. Identificamos perfectamente a unha Santa Sabela madura (curmá
de María), e a unha Virxe María xove, pero que contrasta coa María da Anunciación. Está claro
que este grupo foi realizado por outro Mestre (“O da Visitación”), moi influenciado polas
esculturas romanas que se atopaban na zona, o que se manifesta no traballo dos pregues e na
monumentalidade das figuras. Tanto en

Sabela como en María, os corpos quedan cubertos por amplas roupaxes, onde os pregues
deixan entrever a anatomía (percibimos as pernas, os xeonllos, os brazos). As vestimentas son
góticas, pero imitan as da antigüidade clásica. Neste conxunto podemos ver unha clara
inspiración nos modelos grecorromanos (a técnica dos “panos mollados” de Fidias, e os
tocados e túnicas, cos seus pregues, do “Ara Pacis” romano).

Por outra banda, a referencia ao mundo clásico tamén se atopa na serenidade do rostro de
Sabela, unha figura impregnada do chamado “ethos” da escultura clásica grega. Santa Sabela
está representada como unha patricia romana, aínda que cunha maior expresividade nos seus
xestos, ollada e o incipiente sorriso da súa cara. En canto á Virxe, esta tamén amosa influencias
da época romana, apreciables nos seus beizos, no óvalo da cara, no seu queixo e no
tratamento dos cabelos. Combinada con esa herdanza clásica, hai tamén aportacións típicas do
Gótico francés no perfil da xoven, como o tratamento do nariz e a ollada. Ese tono ou aire
clasicista non servira na estatuaria medieval ata este momento, tanto na labra minuciosa dos
panos (de pregues finos e crebados), como no traballo delicado dos rostros (beleza serea e
idealizada en María, e agudo realismo na súa curmá Santa Sabela). Outros recordos do mundo
clásico neste grupo é a súa incurvación case praxiteliana (no caso de María, sobre todo),
ademais da proporcionalidade anatómica de ámbalas dúas figuras, de tal maneira que incluso
no seu momento críase que se trataba de obras romanas dos. I.

You might also like