You are on page 1of 2

PAZO DE OCA VALADARES

 CONTEXTO URBANO

Este edificio localízase no número 5 da rúa Lamas-Carvajal (Antiga Rúa Nova),


pegado a Igrexa de Santa Eufemia e a escasos metros da praza maior. Tamén localízase
detrás do edificio a Praza de Bispo Cesáreo, onde se encontra un monólito dedicado ao
autor Eduardo Branco Amor. Este lugar anteriormente foi alcaná, é dicir, un espazo
onde se localizaba as tendas dos comerciantes e posteriormente barrio xudeu trala
conversión, de feito especúlase que a Igrexa de Santa Eufemia como posible
localización da antiga sinagoga. O espazo localízase nun espazo clave no século XIX e
comezos do XX, pois neste espazo vivía a alta burguesía ourensá que visitaría o Pazo e
acudiría as diversas actividades organizadas polo Liceo.

 CONTEXTO HISTÓRICO

O pazo de Oca Valadares ou Oca Sarmiento, é un dos mellores exemplos de


arquitectura palaciana do Renacemento existentes en Galicia. Foi mandado construír por
Álvaro de Oca e María Sarmiento a comezos do século XVI, comezándose as obras en
1520. A fachada foi rematada en 1583 xunto co patio de columnas que se manteñen
intactas ate a actualidade. Nace nunha renovación sen precedentes da cidade tras un
período de abandono derivado dos conflitos sociais do século anterior. Os oca chegaran
a Ourense a finais do século XV para labrarse un señorío. Estivo inmerso na guerra de
sucesión dos Reis Católicos e foi despoxado das súas terras en 1477 polo Arzobispo de
Santiago, acusado de ser complice do conde de Camiña. Suero de Oca refuxiouse en
Ourense onde casaría con Eugenia de Deza e participaría activamente na vida cidadán e
onde criaríase o seu fillo Álvaro de Oca e fundador do edificio.
O pazo foi abandonado no século XIX e chegou a ser mesón de arriaría, é dicir, un
lugar onde se encontraban arrieiros, onde se hospedaban e coidaban das súas mulas e
mercancías. En 1850 fórmase o Liceo Recreo de Artesáns de Ourense, unha das
sociedades culturais máis antigas da cidade quen establecerían 20 anos despois a súa
sede neste lugar ate hoxe. Co traslado da sociedade alcanza a súa maior esplendor,
sendo lugar de encontro de intelectuais e ilustrados da época: entre os seus socios cabe
mencionar ao periodista e poeta Lamas Carvajal, Curros Enríquez ou Isaac Albéniz
quen tocou no salón de festas. Esta xoia da arquitectura civil renacentista foi declarada
Ben de Interés Cultural no ano 2002. Actualmente o Liceo celebra diversas actividades
mantendo o uso do pazo.

 DESCRIPCIÓN HISTÓRICO-ARTÍSTICA

O pazo responde a unha tipoloxía común do palacete renacentista urbano,


harmonicamente organizado en torno a un patio de columnas. O edificio conta cunha
fachada de dúas plantas. A decoración da portada é sinxela con bases e columniñas
dignificadas no moldeado marco de pedra. Sobre a portada podemos ver un dos catro
balcóns que dan luz ao primeiro corpo, máis ornamentado que os restantes con arco
conopial. Luce cincos escudos de armas de diferentes estirpes galegas, entre as cales
podemos identificar os Sarmiento, Mendoza, Enríquez, Zúñiga, Oca ou Deza. Os
escudos están colocados simetricamente e acollidos por un alfiz sinxelo. Os balcóns
están sostidos por catro ménsulas e a balaustrada que os protexe presenta mascaróns,
achegándonos a obra ao barroco. Estes balcóns evidencian o protagonismo que ten a rúa
como escenario de procesións e comparsas.

Fronte ao exterior austero cunha portada de dúas plantas con balcón enmarcado
en columnas pequenas e un lintel moldeado, os interiores destacan pola súa elegancia.
Articúlanse ao redor dun patio cuadrangular cheo de elementos que nos trasladan ás
reunións sociais doutra época. Inicialmente o interior era descuberto e de dous pisos. O
patio principal ten un claustro rodeado de 8 columnas onde tamén poden verse os
escudos da fachada. As columnas son poligonais cun fuste interrompido por unha
expansión e uns capiteis con decoracións xeométricas e suxeitan o arquitrabe que
mantén a segunda planta. O terceiro andar elevouse modernamente e inaugurouse en
1973 cunha balaustrada de ferro como defensa. Unha fonte de mármore carrara
interrompe a parte central do patio, obra do escultor Xoan Piñeiro. A escada para subir
ao segundo andar recala nun descanso onde un espello fai infinita a profundidade.
Dende o piso superior entre as súas columnas toscanas obsérvase o patio na súa
totalidade, ao tempo que se pode desfrutar da súa colección de arte, con frescos con
esceas costumistas galegas do pintor Ramón Buch Buet.

Cabe dicir que a pedra e os canteiros que traballaron na construción do pazo


procedían do lugar de Reza, moi preto das actuais zonas termais xunto ao río Miño.

 OBSERVACIÓNS DIDÁCTICAS

- Características do Renacemento: Xeometría, verticalidade, luminosidade


- Vida e Ocio durante o século XIX
- A burguesía galega

You might also like