You are on page 1of 25

A ARTE

ROMÁNICA
E
A ARTE
GÓTICA
ARTE ROMÁNICO
➢ Estilo artístico que se desenvolveu na Europa feudal, entre os séculos XI e
XII
➢ A arte e mais a cultura do Románico eran profundamente relixiosos e
pretendían reforzar a fe cristiá.
➢ Na expansión da arte románica por toda Europa xogaron un papel
fundamental:
❖ O culto ás reliquias (parte do corpo ou obxecto atribuído a un
santo ou santa), que se gardaban e veneraban nas igrexas.
❖ As peregrinacións a lugares santos, xa que o Románico se
desenvolveu fundamentalmente ao longo dos camiños de
peregrinación. Os tres lugares máis frecuentes de peregrinación
eran Santiago de Compostela, onde se creu ter descuberto a
tumba do apóstolo Santiago; Xerusalén, onde se atopa o Santo
Sepulcro de Xesús, e Roma, onde se atopa a tumba do apóstolo
Pedro.
A arquitectura románica:
A igrexa
Tribuna ou triforio: Nas
grandes igrexas románicas de
tres naves hai unha tribuna ou
triforio por riba das dúas naves
laterais.

Ciborio: De planta cadrada ou


octogonal, sitúase sobre o
cruceiro e presenta aberturas
para iluminar o interior.

Bóvedas: Son estruturas


arqueadas que compren unha
función: cubrir un espazo entre
dous apoios para así poder
formar o tellado ou a cuberta.

Bóveda de canon: de
forma semicircular e dividida
en tramos mediante arcos
faixóns.
Bóveda de aresta: É
moito máis lixeira e sostense
sobre catro piares que
permiten transmitir o peso cara
aos muros exteriores con
maior facilidade.
 Bóveda de aresta.
 Bóveda de canon.
 Igrexas moi sobrias,
especialmente no
exterior.
 Moi escuras por
dentro, xa que apenas
tiñan ventas.
 Muros moi fortes e
grosos de pedra.

 Igrexa de San Martiño


de Tours (Frómista)
A pintura románica
 Tiña unha función didáctica: ensinarlle aos fieis a doutrina cristiá
coma nun libro; moralizante: axudar a distinguir o ben do mal; e
decorativa: cubrir os fríos muros de pedra.
 Ocupaba a meirande parte dos muros interiores e da ábsida das
igrexas.
 Horror vacui: Tendían a non deixar ningún espazo baleiro.
 As pinturas que cubrían as ábsidas ocupaban unha posición
central dentro da igrexa.
 Os motivos máis utilizados eran as representación do Pantrocrátor
ou todopoderoso (polo xeral Cristo en actitude de bendecir
rodeado dos evanxelistas) e o Theotokos ou nai de Deus (Virxe co
neno Xesús nos seus xeonllos)
O Pórtico da Gloria da Catedral de
Santiago
 O Pórtico da Gloria é unha obra cumio da arte románica peninsular. Este
conxunto escultórico foi realizado polo Mestre Mateo e o seu Obradoiro
entre 1168 e 1188.
 O pórtico, situado na fachada principal da catedral compostelá, divídese
en tres arcos, sendo o central maior que os laterais.
 As esculturas que o decoran seguen as características do estilo románico:
adaptación das figuras ao marco arquitectónico, uso da policromía, da
que se conservan rastros, e solemnidade dos personaxes. No entanto, o
dinamismo e expresión dalgúns deles, que semellan dialogar e
relacionarse, anticipan o inicio do Gótico.
 No tímpano do arco central atópase a representación principal: O
pantocrátor, rodeado dos catro evanxelistas, de anxos e doutros
personaxes bíblicos nas arquivoltas e nas xambas. No parteluz eríxese a
figura do apóstolo Santiago vestido de peregrino.
 Arquivolta: 24
anciáns do
Apocalipse.
 Tímpano central:
Pantocrator.
 Parteluz: A figura de
Santiago.
 Xambas: Os
apóstoles
ARTE GÓTICO
1. A partir do século XII, novas técnicas construtivas permitiron a aparición dun novo
estilo artístico, que se coñece co nome de Gótico. Nado en Francia, estendeuse
por todo Occidente e permitiu construír edificios máis altos e luminosos.
2. As principais innovacións foron: a utilización dun novo arco, apuntado ou oxival e
o uso da bóveda de cruzaría, formada polo cruce de dous arcos oxivais apoiados
sobre catro puntos, en columnas ou piares.
3. Coa aplicación destas innovación, o peso da cuberta (teito) non descansaba
directamente sobre os muros da igrexa e podíanse abrir ventas con vidreiras. Outra
innovación foi o emprego no exterior dun sistema de arcobotantes e contrafortes
que repartían o peso das bóvedas e suxeitaban os muros.
4. A partir do século XIII, expandiuse tamén polos reinos cristiáns da Península Ibérica
o estilo gótico. A nova corrente artística impúxose non só no norte e o centro
peninsular, senón que, segundo ía avanzando a Reconquista, foise expandindo
tamén polo sur.
A arquitectura gótica

 Edificios máis altos e voluminosos que os do


románico.

 Utilizouse un novo arco menos pesado, que pola


súa forma se denomina apuntado ou oxival.

 Uso da bóveda de cruzaría, formada polo


cruzamento de dous arcos oxivais que se apoian
sobre catro puntos de soporte, en columnas ou
piares. Con esta bóveda, o peso da cuberta non
descansa directamente sobre os muros da igrexa e
pódense abrir ventas ou vidreiras ou rosetóns.

 Utilización dun sistema de arbotantes e contrafortes


no exterior que reparten o peso das bóvedas e
suxeitan os muros.

 Fachadas que adoitan a ter tres portas que


coinciden coas tres naves interiores. Cada portada
está flanqueada por un tímpano e arquivoltas e
adoita estar partida por un parteluz.

 Aparición de rosetóns e vidreiras, galerías con


estatuas e decoración en forma de frechas
(gabletes)

 Utilización de pináculos para rematar os


contrafortes, que lle outorgan á igrexa unha
enorme verticalidade.

 Utilización de gárgolas.
Arbotantes e contrafortes
Gablete

 Elemento arquitectónico
que serve como
coronación ou remate
ornamental característico
dos edificios góticos. Ten
forma triangular e
peraltada, formado por
dúas liñas rectas e un
vértice agudo

 Gabletes da fachada da
catedral de Siena.
 Catedral de Notre Dame.
 Catedral de Reims.
Vidreiras da
Catedral de
León.
Rosetón da
Catedral de
León.
A  A escultura continuaba presente na decoración das

escultura
fachadas e de claustros, pero tamén se realizaban
retablos e sepulcros e cada vez se producían máis
esculturas exentas. As obras fóronse liberando da

gótica adaptación á arquitectura.


 A temática seguiu sendo relixiosa, aínda que tamén se
esculpían estatuas de reis e nobres.
 A escultura gótica foi perdendo o hieratismo e a rixidez
do Románico e volveuse máis realista, nos rostros e nas
vestimentas.
A pintura e a escultura góticas
continuaron a ter, coma no
 Os rostros expresan xa sentimientos e convértense en
Románico, a función esencial de retratos de persoas reais.
decorar as igrexas e de transmitir  A forma dos corpos móstranse a través das vestimentas.
mensaxes relixiosas. Pero, pouco
a pouco, fóronse  Outórgaselles certo movemtno ás figuras, utilizando a
independizando da arquitectura chamada curva gótica que inclina corpos e cabezas
e abranguendo outros temas e
outras funcións.
 Virxes necias. Catedral de
Magdeburgo.
 Anxo do sorriso da fachada
da catedral de Reims,
século XIII
Gárgola

 Función decorativa.
 Función práctica: servían
como desaugue
 Función relixiosa: Pretendían
espantar aos demos e seres
malignos.
 A estrutura da igrexa gótica, que substituíu os
muros por amplas ventas, reduciu enormemente o
espazo da pintura ao fresco (nas paredes) e foise
xeneralizando a pintura sobre táboa (retablos).
 Os retablos son estruturas que se sitúan detrás do
altar dunha igrexa e que adoitan ser de madeira
(táboa). Poden presentar diversas formas,
segundo os compartimentos do cadro. Así, se
teñen dous chámanse díptico, e se son tres,
tríptico, que son os máis habituais e, por último, se
A pintura teñen múltiples compartimentos, denomínanse
políptico.
gótica  A temática era esencialmente relixiosa, pero
comezaron a aparecer numerosas escenas da
vida cotiá, así como paisaxes e cidades.
 As persoas (corpos e rostros) e as paisaxes foron
tratados de xeito máis naturalista e realista.
 Intentábase representar os sentimentos nos xestos
e nos rostros.
 Dábaselle moita importancia a luz e a cor para
dar sensación de realismo.
Retablo de todos los Santos na Igrexa
do mosteiro de San Cugat
Políptico de Gante, de Hubert e Jan van Eyck (1432)

You might also like