You are on page 1of 7

PINTURA GÓTICA

CAPELLA DA AREA: A FUXIDA A EXIPTO


Identificación da obra:
Autor: Giotto di Bondone
Cronoloxía: 1304-1306 (principios do século XIV)
Localización: Fresco da Capela Scrovegni ou Capela da Area (Padua, Italia)
Estilo: Pintura gótica italiana (Escola florentina do Trecento)

b.- Encádraa no seu contexto histórico-artístico (1 pto).


A arte Gótica nace en Francia, desde onde se estende ao resto de Europa grazas
aos monxes brancos da Orde do Cister, que inician un espírito distinto ao
Románico.

O gótico xorde a mediados do S.XII e estendeuse polo occidente europeo ata o


XV aínda que en moitos países eruropeos mantívose ata ben entrado o S.XVI.

O nome Gótico significa “godo” ou “bárbaro” e deullo Vasari no século XVI con
sentido despectivo. Tamén chamado Arte Ojival, polas ojivas ou nervaduras das
súas bóvedas.

Nesta época vívese a aparición de novas forzas sociais que poñerían en cuestión
o sistema feudal do período anterior. Renace o comercio, o que supón o
fortalecemento da burguesía, que dominará desde unhas cidades que cada vez se
fan máis ricas e poderosas.

Nas cidades, producirase tamén a renovación intelectual, propiciada pola


creación de universidades. No século XIII, figuras coma Santo Tomé de Aquino ou
San Alberte Magno introducen o estudio da obra de Aristóteles, en detrimento da

1
filosofía platónica que imperara ata entón.

Politicamente, a novidade consiste no fortalecemento das monarquías. O rei


empeza a deixar ser un “ primus inter pares” para converterse nunha figura que
controla aos nobres e acumula moito poder.

En canto á relixión, todos os aspectos da vida seguen dominados pola lei de


Deus, pero xorde un modo máis humano e aberto de entender o cristianismo.
Esta relixiosidade máis optimista reflíctese na escultura afectando as figuras,
que agora se parecen e compórtanse como verdadeiros seres humanos,
inclínanse e viran, sorrín, laméntanse, conversan, comunícanse entre elas.
Abandónase o terror milenario e ábrese unha era de amor á natureza, a Deus e
á Virxe.

O símbolo máximo do renacer das cidades é a catedral gótica, edificio máis


representativo da arquitectura gótica, núcleo principal da cidade e centro da vida
medieval, de xigantesco tamaño, construídas durante longos períodos de tempo.

Outro fenómeno importante do período é a aparición das chamadas “ordenes


mendicantes”. Eran novas ordes relixiosas que se instalaron nas cidades para
atender aos habitantes destas. As máis importantes foron franciscanos e
dominicos.

Unha novidade importante do Gótico respecto ao románico é a proliferación de


edificios municipais: concellos, palacios cívicos, grandes mansións privadas…

Características da pintura.
Fronte o auxe do traballo realizad por escultores e vidreiros, a pintura mural sufre
un importante retroceso durante o gótico debido en gran medida a desaparición do

2
muro dentro dos recintos relixiosos. Isto obrigou a que a labor dos Mestres pintores
se reducise ben as miniaturas, de extraordinaria vitalidade nesta época, ben a pin-
tura sobre táboa de madeira en forma de retablos. Pero a maior revolución pictóri-
ca virá coa nova técnica do óleo, co aceite como aglutinante.

Os principais trazos da pintura gótica son:


 Naturalismo idealizado e expresivo, individualizándose os rostros, rachando
co hieratismo e o frontalismo da pintura románica.
 Aparecen novos temas, como as paisaxes, que substitúen ós fondos lisos e
que se empregan para dar un maior realismo ás escenas; os retratos, as natu-
rezas mortas ou bodegóns, cun gran coidado dos obxectos.
 Gran colorido, as veces, irreal e con contido simbólico.
 Importancia do debuxo, delimitando formas.
 Perspectiva: evoluciona dende fondos neutros á preocupación polo espazo a
partir do século XIV cos pintores italianos.

Así, a pintura experimenta un gran florecemento como arte, destacando sobre todo
dúas correntes, tendencias ou escolas: a pintura italo-gótica e a pintura flamenca.

c.-Analízaa e coméntaa (2 puntos).


CAPELLA DOS SCROVEGNI:
A capela Scrovegni, en Padua, foi
unha obra que Giotto comezou no ano
1304 por encarggo de Enrico Scrove-
gni.

3
O conxunto mural recolle momentos diferentes da vida de Xesús e da Virxe, son un
total de 36 escenas enmarcadas por orlas, con medallóns, semellando cadros indepen-
dentes, organizados en tres franxas superpostas.

Giotto, o autor do fresco, está dentro da pintura gótica do Trecento italiano, con-
cretamente e o representante máis importante da escola florentina.
Vai recoller a herdanza de distintos estilos:
 Do estilo bizantino, do seu mestre (Cimabue), mostrado solemnidade escéni-
ca e certas mostras de rixidez e simetría
 Da escola pictórica sienesa, mantivo o uso do pan de ouro nos nimbos ou
auréolas das personaxes santas.

Non obstante, influído polas novas teorías franciscanas de valoración da natureza,


Giotto impulsou, no Treccento, un novo estilo chamado italogótico:
 Substituíu o fondo dourado por paisaxes e arquitecturas que evidenciaban
a súa vontade de crear novos efectos espaciais.
 Deulles ás personaxes unha maior corporeidade
 Preocupándose, á súa vez, por representar os seus estados de ánimo mediante
xestos e expresións.

A FUXIDA A EXIPTO.
Obra de medianas dimensións, de 1,85 m de alto e 2
de longo, realizado ao fresco sobre parede.
Representa o narrado no Evanxeo de Mateo, no que se
contaba como a “Sagrada FamuIia” ten que fuxir a
Exipto polo temor á matanza dos inocentes de Hero-
des.

4
Poucos personaxes, serven para narrar o episodio: a Virxe sostén ao seu fillo en acti-
tude protectora, suxeito cun pano, mentres van montados nun asno, San Xosé, en
conversa cun asistente, tres acompañantes máis detrás da Virxe, e o anxo no ceo que
indica o camiño.
Ó fondo, unha paisaxe que busca o realismo, aínda que posiblemente sexa o re-
curso menos afortunado pois móstrase aínda lineal e acartonado; idealizada,
mostra montañas rochosas e árbores, sobre un ceo intensamente azul.

A virxe e o neno, que ocupan o eixo central, enmárcanse nunha forma triangu-
lar, que se ve remarcada pola montaña que teñen detrás.
.
As dúas figuras principais semellan inmóbiles, pero xa non son hieráticas. O res-
to dos personaxes represéntanse máis vivaces e expresivas, andando ou falando,
seguindo o seu camiño.

A sensación de movemento e avance está reflectida en pequenos detalles (as patas


dianteiras do asno, a ollada de San Xosé cara atrás, a liña de continuidade que presen-
ta o camiño e a aba da montaña, o anxo que lles amosa o camiño…), destacando en
especial a ollada de María, que mira ao lonxe.

Ademais da perspectiva xerárquica ao ter a Virxe un tamaño maior cós demais pro-
tagonistas da escena, comeza a notarse a perspectiva oblicua (o camiño polo que
ascende), desaparecendo as tradicionais liñas horizontais ou verticais. Ó fondo, a
paisaxe serve para acentuar a profundidade, a terceira dimensión, mentres que
as figuras se dispoñen nun friso mais plano. O anxo, nun contundente escorzo,
conecta ambos planos de profundidade (“rompemento de gloria”: unha fisura no
ceo, mesturándose o planos, terreal e celestial).

5
Elimínase a postura frontal, os personaxes son representados en diferentes posturas
(de costas, de perfil…). Hai que destacar como consegue Giotto a sensación de vo-
lume; utilizando á luz, as sombras e a gradación da cor para modelar as figuras.
Axuda a sensación de volume os escorzos, principalmente o Anxo.

En canto ao tratamento plástico, as formas son contundentes e monumentais, sóli-


dos volumes con verdadeira sensación de masa, ben definidos polo trazo dos con-
tornos (predominio da liña sobre a cor) que lles outorga un certo carácter escultó-
rico.
A gama cromática tamén se enriquece, cunha evidente gradación tonal. Pódese ob-
servar un forte contraste entre cores frías e cálidas, que destacan ós protagonistas
da escea. Destacan o fondo azul, a montaña blanca e as roupaxes vermella e amarela
da Virxe e de Xosé.

Conclusión
Os frecos da capela Scrovegni son unha das obras máis representativas da pintu-
ra de Giotto, que supón un punto e aparte no Gótico, rompe cos convecionalismos
do denominado estilo bizantino, que tanta influencia tivo no Gótico italiano, o seu
naturalismo, a observación dos rostros, tan pouco común na súa época e o mo-
numentalismo das súas figuras fan da súa profética linguaxe pictórica un claro
antecedente do Quattrocento italiano.

6
7

You might also like