You are on page 1of 3

1

PÓRTICO DA GLORIA

Identificación Obra Pórtico da Gloria


Autor Mestre Mateo: É o mellor representante do paso do románico ao
gótico. Parece que está en España no ano 1169. Fernando II
concedeulle unha residencia vitalicia en Santiago. Pero xa no 1168
era director de obras da Catedral. Pero aínda existen incógnitas a
cerca da súa formación. Primeiro pensábase que era galego, hipótese
descartada pois nel aparecen influencias múltiples, tanto hispanas
como francesas....e establece a posibilidade de ser francés. A súa gran
obra será o Peche da Catedral de Santiago na que traballaba no 1168.
Cronoloxía 1168-1188
Estilo Románico tardío
Localización Santiago de Compostela
Comitentes
Contexto Contexto do románico e engadimos o das peregrinacións a Santiago
⚫Segundo a tradición foi nun Vello Campo Stellae onde tivo lugar o milagroso
achado do sepulcro de Santiago. Un ermitaño observara prodixiosos fulgores nunha
montala. Convencido dun portento sobrenatural comunicoullo a Teodomiro, bispo de
Iria Flavia, e este, seguido de todos os seus fieis, e segundo unha estrela que marcaba
o camilo atopou unha arca marmórea que contiña as cinzas do Apóstolo.
⚫Isto acontecía no 812 no reinado de Afonso II. Este monarca construíu a unha
modesta igrexa de pedra e barro que logo Afonso III faría outra alí mesmo de maiores
proporcións e de gran fermosura.
⚫Neste momento, en Galicia atopámonos nun proceso de incorporación desta ao
mundo Astur-Leonés, cunha serie de revoltas nobiliarias contra os monarcas.
⚫A finais do século X Compostela atravesa unha dura proba: o ataque de Almanzor.
⚫No resto da Península contamos coa presencia dos musulmáns.
⚫Expansión da reconquista: loita contra o infiel (por iso Santiago se representa como
Santiago Matamoros) como nunha cruzada.
⚫Expansión política

1
2

⚫ Expansión cultural
Comentario Tema e O conxunto escultórico representa diversos temas como Cristo en
tipo de maxestade cos benaventurados e os 24 anciáns do apocalipse; o Xuízo
tema Final; pobo de Xudea; a árbore de Xesé. En conxunto vén a representar
a Xerusalén Celeste.
Material e A obra está realizado en granito e empregouse a técnica da talla e as
técnica figuras están policromadas.
Tipo de Trátase dun alto relevo nos tímpanos das arcadas e nas arquivoltas e
escultura escultura de vulto redondo nas xambas das columnas.
Descrició O conxunto escultórico forma parte do nártex da catedral, no nivel
n da superior da cripta ideada polo mestre Mateo para salvar o desnivel do
escultura. terreo. Estrutúrase en tres arcadas que coinciden coas naves da catedral
e acolle máis de 200 esculturas que recobren todos os elementos
Naturalis arquitectónicos.
mo No tímpano Central: Represéntase a Cristo en maxestade, seguindo o
texto da visión Apocalíptica de San Xoán. Cristo rodeado polos
evanxelistas cos seus símbolos (San Juan é a águia; San Mateo é o
home, San Marcos é león e san Lucas é o touro) e os vintecatro tronos
dos anciáns cos diversos instrumentos. Estes últimos dispostos de
forma radial e dialogando como se fora unha captación instantánea.O
conxunto tivo unha grande acollida no círculo galego copiándose no
Pórtico do Paraíso en Ourense ou na portada de San Martín de
Noia.
⚫ Cristo amosa os estigmas da paixón pero é o Cristo resucitado,
non o Pantocrátor. Compleméntase coa representación de
anxos que portan instrumentos da Paixón de Cristo como son
columnas, cruces, coroa de espiñas, cravos...
⚫ As pequenas figuras (35 figuriñas) que se representan son os
Escollidos, é pois representación da Gloria
A arcada da esquerda: representa uns personaxes que levan carteis
con letreiros, de aí que sexa difícil deducir de quen se trata. LÓPEZ
FERREIRO di que pode identificarse co Pobo xudeu. Están dispostos
de forma radial.
⚫ Aparecen representados diferentes personaxes. Na
arquitectura interna aparecen figuras alterando con decoración
vexetal, figuras que levan unha cartela. Parece o pobo xudeu
sometido. Aparece unha figura barbada que pode aludir ao
creador, xunto a dúas figuras espidas que poden ser Adán e
Eva.
Arcada da dereita: presenta unha disposición tanxencial. Os arcos
céntranse por dúas figuras, a superior é un personaxe barbado que pode
ser Cristo Xuíz e na inferior represéntase o Arcanxo San Miguel que
separa aos benaventurados e ós desherdados, uns á dereita e outros á
esquerda.
Nas xambas da arcada principal
⚫ Na esquerda represéntanse ós personaxes do Antigo
Testamento precedido por Moisés e seguido de Isaías,
Xeremías e Daniel.
⚫ Na dereita os apóstolos, encabezados por Pedro e seguidos de
Pablo, Santiago e Xoán.
Parteluz: No parteluz represéntanse monstros vencidos por unha
figura humana. Para uns esa figura coa boca aberta simboliza a entrada
ó inferno para outros non é mais que a ventilación da Cripta.
⚫ A columna central marmórea aparece esculpida coa árbore de
Jesé, xenealoxía de Cristo. Jesé é o pai de David tumbado na
árbore. Dispóñense diferentes figuras e aparece Daniel,
Salomón e na parte superior represéntase á Virxe. Sobre o
fuste representaríase o Pai Sedente que ten nos seus brazos ó
fillo cos brazos en cruz, anticipando a Paixón.
⚫ No parteluz aparece Santiago Apóstolo pois como di o Códice

2
3

Calixtino : “Santiago é a columna vertebral da nova España da


que se desterrara o paganismo”. Ese mundo pagán pode
simbolizarse nos animais que aparecen baixo Santiago.
Do outro lado do Parteluz aparece unha figura axeonllada cunha cartela
que sería como un autorretrato do mestre Mateo. (Santo dos Croques)
Traballo As figuras teñen un tratamento individualizado e amosan expresividade
dos facial e dinamismo. Os pregues dos vestidos e volumes presentan
volumes grande naturalidade. A forma de traballar amosa unha ruptura coa
estética románica.
Superficie As figuras están rematadas e pulidas e a policromía incrementa o
ou naturalismo.
acabado
Luz A luz vai potenciar as formas e volumes.
Composic A representación libérase do marco arquitectónico e, polo tanto, non
ión: presenta o hieratismo que era propio do románico pleno. Hai tendencia
figura á simetría equilibrando as diversas figuras do relevo e tamén tendencia
xeométric ao horror vacui, un desexo de cubrir todos os espazos con figuración.
a, liñas Destacamos a perspectiva xerárquica da figura de Cristo de tamaño
que se superior ás figuras que o rodean.
trazan
Punto de O punto de vista é frontal.
vista
Composic Trátase dunha composición pechada converxendo todas as figuras cara
ión aberta o punto central aínda que o dinamismo de moitas das esculturas dá
ou parece propiciar certa interactuación co espectador
pechada
Iconoloxía ou As dúas xambas do vano central simbolizan os fundamentos da cidade descrita polo
simbolismo Apocalipse cuxas columnas son o Antigo e Novo Testamento.
Nos ámgulos do Pórtico os anxes trompetas lembran a condición apocalíptica: o día
do Xuízo Final.
Representa a Xerusalén celeste.

You might also like