You are on page 1of 16

A lírica medieval III: O cancioneiro

relixioso: As Cantigas de Santa


María. A prosa medieval
(Literatura)
A LÍRICA MEDIEVAL III: O CANCIONEIRO RELIXIOSO: AS
CANTIGAS DE SANTA MARÍA. A PROSA MEDIEVAL

O cancioneiro relixioso: As Cantigas de Santa María


• Transmisión. Datación. Autoría
• Fontes
• Clasificación e distribución temática
A prosa medieval
• Os primeiros textos conservados
• A prosa de ficción: os ciclos temáticos
• A prosa hitoriográfica, xurídica e didáctica
O cancioneiro relixioso: As Cantigas de Santa María
Conxunto de 427 composicións que xiran arredor da figura da Virxe.

Relatan acontecementos extraordinarios que a Virxe propicia, ou aparecen como


verdadeiros cantares de loor -isto é, de honra ou loanza.

Afonso X levou adiante un labor no que se combina habilmente o mariolóxico, é dicir,


o afán de conformar unha verdadeira summa dos milagres marianos, coa proxección
político-cultural. O monarca procurou tanto o carácter enciclopédico da súa obra
como que esta se convertese nun traballo de prestixio para a súa persoa e para a súa
causa.

Afonso X aspirou ao trono do Sacro Imperio Romano-Xermánico.


Transmisión. Datación. Autoría
Coñecidas a través de catro códices da corte de Afonso X, cuxa datación temos que situar
ao longo do século XIII:

• Códice de Toledo (To). Gardado na Biblioteca Nacional de Madrid, contén 128 cantigas
con notación musical.
• Códice (T) do Escorial. Contén 193 composicións, con notación musical e un conxunto
de 1264 miniaturas.
• Códice da Biblioteca Nacional de Florencia (F). 104 cantigas. A obra está incompleta.
• Códice (E) do Escorial. Denominado “códice dos músicos”, 417 cantigas, ilustradas con
40 miniaturas e notación musical.
Canto á elaboración vai dende 1270 ata 1283. Autoría de Afonso X ou director, iso si as
cantigas presentan unha clara unidade e unha evidente coordinación no seu
desenvolvemento.
Fontes
De Afonso X (1221 – 1284) ademais das cantigas de santa María, conservamos un total de corenta
cantigas de escarnio, tres de amor e unha de amigo.

As cantigas de santa María incorporaran un amplo conxunto de lendas e tradicións entre as que
podemos sinalar:

• Mariais latinos medievais.


• Coleccións marianas en linguas romances.
• Coleccións de santuarios peninsulares.
• Coleccións locais estranxeiras.
• Consellos orais.

Xuntou tamén cantigas autobiográficas que inclúen lembranzas de infancia e vivencias persoais; todo
isto dentro dunha mesma intención compiladora características no conxunto da súa produción.
Clasificación e distribución temática

1. Clasificación
Cantigas narrativas
Relato onde o seu protagonista aparece en debate co pecado ou diante dun perigo inminente. A intervención da Virxe logra resolver
satisfactoriamente a conxuntura, polo que a cantiga finaliza sempre con agradecementos e loanzas á figura de santa María.

A organización destes textos responde ao seguinte esquema:

• Introdución do milagre que vai ser relatado, seguido dunha máxima que logo se repetirá ao final de cada estrofa en forma de refrán.
• Relato do milagre.
• Conclusión moral.

Cantigas líricas
• As cantigas de loor, segue ,que seguen o modelo da cantiga de amor. Aparecen ocupando os números 1, 10, 20, 30... Afonso X reitera a
súa decisión de converterse en trobador da Virxe.
• Cantigas de inspiración litúrxica na tradición cristiá. Están compostas en forma de himnos, oracións e loanzas á Virxe.
2. Temática

• Milagres que exaltan a figura de María como auxiliadora, sandadora dos doentes
ou consolo dos que padecen algunha aflición.

• Milagres que critican pecados e costumes deshonestos.

• Milagres a prol de santuarios marianos.

• Cantigas que fan mencións ás festas dedicadas a María.

• Cantigas arredor dos misterios máis significativos do cristianismo.

Un número de composicións manifestan, xunto á intencionalidade relixiosa, outra de


aberto carácter político-propagandístico: como os acontecidos na provincia de Cádiz,
territorio de importancia estratéxica nos proxectos do monarca, quen utiliza a figura
da Virxe para xustificar determinadas actuacións.
A prosa medieval

A prosa conservada procede esencialmente do século XIII e a primeira metade do XIV.

No tocante ao apartado lingüístico-xeográfico, a prosa medieval presenta un modelo


moito máis aberto ca o da lírica trobadoresca.

As circunstancias sociohistóricas -o nacemento do reino de Portugal, coa


consolidación dunha corte rexia- motivan que se rexistren maiores diferenzas entre os
textos escritos ao norte e ao sur do Miño.

Certos estudosos falan mesmo de dúas etapas na nosa prosa medieval:

a) Unha primeira, galego-portuguesa, que se correspondería coa cronoloxía do


lirismo.
b) Unha segunda, galega, a partir de mediados do século XIV e que se prolongaría
durante unha parte do século XV.
Os primeiros textos conservados

Non teñen carácter literario. Trátase de cartas -rexias ou privadas-, leis locais,
obituarios...

Redactada por volta de 1212 en Bastuço (Barcelos, Portugal), a denominada Noticia


de Torto (1212) continúa a manter a etiqueta de “primeiro texto coñecido da escrita
galego-portuguesa”; non obstante, se procuramos un rótulo de parecidas
características para un texto redactado na actual Galicia, debemos falar do Foral do
Burgo de Castro Caldelas (1228), dado por Afonso IX aos habitantes da vila de Allariz.
A prosa de ficción: os ciclos temáticos

Segundo o poeta francés do século XIII Jean Bodel, as materias dignas de tratamento
literario eran tres:

• A materia de Bretaña, narracións que xiran arredor do rei Artur e os cabaleiros da


Mesa Redonda.

• A materia de Roma, relatos da Antigüidade greco-latina (guerra de Troia...).

• A materia de Francia, é dicir, os cantares de xesta, que versan sobre Carlos Magno,
rei dos francos desde o ano 768.
Materia de Bretaña
A definitiva expansión para a narrativa artúrica procede da obra de Chrétien de Troyes, que levou adiante o seu labor
entre 1160-1190. Dado o éxito acadado, foron numerosísimas as continuacións e versións do relato, inacabado, do
autor francés. A medida que isto aconteceu, o simbolismo máxico-cristián completouse: así, o Graal aparece
definitivamente contemplado como o cáliz no que Cristo consagrou a Eucaristía durante a Derradeira Cea, Artur e os
membros da Mesa Redonda aparecen como espello das virtudes do cabaleiro cristián e a demanda do santo Graal
conclúe a mesma procura esforzada da salvación eterna.

Na actualidade conservamos diferentes textos en galego-portugués que fan referencia a este ciclo:

• Estoria do santo Graal (coñecido como o Libro de Xosé de Arimatea). Copia realizada no século XVI dun orixinal,
perdido, redactado a comezos do século XIV; relata as orixes do Graal, dando noticias dos poderes sobrenaturais
que nel concorren.
• Libro de Merlín (arredor da figura mago e das súas profecías sobre o Graal): fragmentos procedentes do século
XIV.
• Demanda do santo Graal (aventuras dos cabaleiros da Mesa Redonda na procura do vaso sagrado): trátase dunha
copia do século XV feita dun orixinal datado, probablemente, no século XIII.

Outra referencia artúrica en galego-portugués sería un fragmento do Libro de Tristán, datado no século XIV.
Materia de Troia
A guerra de Troia -cantada por Homero- estaba entre aqueles episodios que Jean Bodel consideraba
dignos de tratamento literario. Non obstante, durante a Idade Media non foron a Ilíada e a Odisea os
textos fundamentais acerca da lenda troiana. Antes ben, o Ephemeris belli troiani -que finxía ser unha
tradución dun orixinal grego debido a Dictis o cretense- e mais De exidio Troiae historia -presentado
como unha versión da historia- están nos alicerces do ciclo clásico ou troiano que tivo na figura do
poeta francés Benoît de Sainte-Maure, arredor de 1165, o seu verdadeiro propagador.

Conservamos no noso espazo dous textos que forman parte da Materia de Troia:

• Crónica troiana. Rematada no século XIV, por parte do capelán dos condes de Andrade, Fernán
Martís.
• Historia troiana. Texto bilingüe, con parte en castelán e partes en galego, datado no século XIV.
A haxiografía e o ciclo carolinxio
• As actas dos mártires constitúen a orixe da haxiografía, isto é, a narración dos
milagres levados a cabo por santos e beatos. Escritas unhas veces para as minorías
e outras para un público amplo, as haxiografías tiveron unha importancia decisiva
para a consolidación da prosa nas linguas romances. No tocante ao espazo galego-
portugués, por volta do século XIV temos xa a Compilación valeriana, ao tempo
que deberon circular, ao norte e sur do Miño, outros diversos textos da mesma
índole.

• As diversas fazañas e aventuras relacionadas co mundo do emperador Carlos


Magno adquiriron unha dimensión tal durante a Idade Media que un bo número
de estudosos fala mesmo da existencia dun denominado ciclo carolinxio.
A haxiografía e o ciclo carolinxio
Relacionado con estas dúas traxectorias (a haxiográfica e as aventuras carolinxias)
xorde un volume que constitúe unha verdadeira alfaia dentro da nosa prosa medieval:
os Miragres de Santiago, redactado a fins do século XIV ou comezos do XV, que en
realidade é unha tradución incompleta do Liber Sancti Jacobi ou Códice calixtino,
manuscrito latino do século XII. Conforman un volume de contido variado, por canto
se inclúen nel o relato de varios milagres realizados polo apóstolo Santiago á beira da
narración da translación da cabeza de Santiago Alfeo, das heroicidades de Carlos
Magno na Península ou da presenza dunha “Guía de Peregrinos” que inclúe unha
singular descrición da catedral e mais da cidade da Compostela do momento (século
XII).
A prosa historiográfica, xurídica e didáctica
Rexistramos unha abundante documentación da nosa lingua que se manifesta non só en actas, cartas,
obituarios... (a denominada prosa tabeliónica), senón tamén en textos de carácter historiográfico,
xurídico e didáctico que se ben non destacan polo seu valor literario, si que posúen unha grande
importancia desde o aspecto sociohistórico e sociolingüístico, por constituíren os primeiros textos
escritos en galego.

• Os primeiros textos coñecidos, de carácter historiográfico, xorden entre nós en latín. Porén, a partir
de mediados do XIII ou comezos do XIV, rexistramos a presenza dunha historiografía redactada en
galego-portugués como a Crónica xeral e mais a Crónica de Castela, coñecida tamén como Crónica
xeral galega e datada no século XIV. Outros textos son a Xeral historia, a Crónica galega de 1404
ou a Corónica de Santa María de Iria.
• Posuímos tamén outro conxunto de obras de carácter xurídico ou didáctico, entre as cales cabe
citar os diferentes fragmentos de traducións de As sete partidas ou o Tratado de albeitaría.
A LÍRICA MEDIEVAL III: O CANCIONEIRO RELIXIOSO: AS
CANTIGAS DE SANTA MARÍA. A PROSA MEDIEVAL

O cancioneiro relixioso: As Cantigas de Santa María


• Transmisión. Datación. Autoría
• Fontes
• Clasificación e distribución temática
A prosa medieval
• Os primeiros textos conservados
• A prosa de ficción: os ciclos temáticos
• A prosa hitoriográfica, xurídica e didáctica

You might also like