You are on page 1of 15

TEMA 1

1.Cantigas de burlas

1.1.As cantigas de escarnho e maldizer

Estas cantigas foron escritas cunha finalidade satírica e burlesca. As cantigas de burlas teñen
un modelo no sirventés provenzal. O sirventés era un tipo de poesía serio, que a miúdo
abordaba temas elevados (morais, filosóficos, literarios). As nosas cantigas de burlas adoptan
en xeral unha tonalidade chocalleira e buscan o ataque persoal, a ridiculización do adversario e
a degradación a través do riso.

Se distinguían:

- Cantigas de escarnho: ​eran as que falaban mal dalgunha persoa. Era unha sátira
persoal, e nela empregaban palabras de dobre entendemento mediante o equívoco.
Satirizaban de forma indirecta e encuberta.
- Cantigas de maldizer: eran nas que se falaba mal de forma aberta. Tiñan unha sátira
clara e directa, na que se lle chamaba ás cousas polo seu nome.

Esta distinción, ten pouco valor para nós, xa que a dificultade de entender os equívocos
provoca unha mala interpretación da cantiga. Por iso preferimos falar de ​cantigas de burlas.

1.2.Tipoloxía e principais ciclos temáticos

A temática das cantigas burlescas é moito máis variada que a da poesía amorosa. As cantigas
son un espello da sociedade da época, pero sobre todo da mentalidade do home medieval:
valores, prexuízos, medos...

Un gran número de cantigas teñen como destinatario das burlas as mulleres. Encontramos
nelas un retrato cruel da muller, converténdoa en suxeito da luxuria. As mulleres, xunto cos
homosexuais, son vítimas desa mentalidade androcéntrica.

A sátira medieval non ten como único criterio discriminatorio o de xénero ou de preferencia
sexual. Todo aquilo que se aparta da norma cortesá do ​home-cabaleiro-cristiá ​é atacado
(xudeus, árabes, covardes, pobres...). Ás veces, os ataques van dirixidos aos propios
compositores das cantigas.

Tipoloxía​ de cantigas de burlas:

● Sátira política: ​cantigas que entran de cheo nos problemas políticos e militares.

o Críticas a cabaleiros que entregaron os seus castelos a Afonso III o Bolonhés,


rompendo as obrigas vasaláticas que os unían co rei Sancho II.

o Críticas de Afonso X aos nobres que o traizoaron e lle negaron a súa axuda na guerra,
censurando a súa covardía e deslealdade.
● Sátira literaria: ​cantigas burlescas que teñen como motivo a propia literatura e os seus autores.
Os enfrontamentos entre trobadores e xograres eran unha especia de xogo de enxeño para
demostrar as habilidades literarias e das saída ás rivalidades persoais. Tres ciclos temáticos:

o Os enfrontamentos entre xograres e trobadores, ao reclamaren os xograres o rol de


compositores e suxeitos do amor cortés. (burlas a xograres por falta de calidades artísticas)

o As parodias do código do amor cortés, en que se ridiculizan os motivos temáticos ou a


linguaxe das cantigas de amor.

o O “ciclo das amas e tecedeiras”: grupo de poemas con intención de dirixir unha cantiga
de amor a unha ama de cría. Esta alteración do código do amor cortés provocou a burla de
varios trobadores.

● Sátira social, de tipos e costumes: ​estes tres tipos confúndense na sátira persoal. Entre as
sátiras de costumes, resaltan as críticas á avaricia, ás crenzas na astroloxía e a adiviñación, ás
modas... As críticas a grupos sociais alcanzan as máis diversas actividades:

o Os infanzóns e cabaleiros pobres, ridiculizados polas súas pretensións nobiliares e a


miseria en que viven

o Os cregos, frades e monxas, aos que se censura polos seus vicios pouco cristiáns, en
especial a gula e a luxuria.

● Sátira obscena: ​os trobadores e xograres mostran sempre unha tendencia a procurar o riso fácil
con referencias ao sexual e escatóloxico. Entre estas cantigas destacan as dedicadas ás
soldadeiras.

1.3.A lingua e a forma da cantiga de burlas

Caracterízanse pola súa linguaxe directa, adecuada aos temas que desenvolven. O léxico
empregado é concreto, a miúdo propio dun rexistro vulgar, polo que se converten nun valioso
medio para coñecer a lingua popular da Idade Media.

Carecen de métrica e estrutura formal. A estrutura consta habitualmente dunha primeira


estrofa, que presenta o motivo central da composición, onde se cita o personaxe satirizado
cando a sátira é persoal. En moitas cantigas ten gran importancia a narratividade.

O recurso máis singular é o ​equívoco​ (xogar co dobre sentido das palabras)


2. Os xéneros menores

Serie de modalidades poéticas cunhas características temáticas e formais moi definidas, pero
que foron pouco cultivadas no ámbito galego-portugués.

● A pastorela: ​encontro entre un cabaleiro e unha pastora no campo. Posibilidades do


amor entre un nobre e unha vilá.
● O lai:​ están postos en boca de personaxes do ciclo artúrico.
● O pranto: o trobador expresa a dor pola morte dunha persoa e loa as súas calidades.
Están adicados a personaxes da clase social alta.
● A tenzón: texto dialogal, en que interveñen dúas voces que se corresponden con dous
autores que interveñen de forma alterna e que dispoñen de igual número de estrofas.
● O descordo: caracterízase pola falta dun esquema métrico único para toda a
composición. É unha variedade da cantiga de amor.
● O sirventés moral: expresa un rexeitamento radical pola marcha do mundo e lamenta
a dexeneración e corrupción dos costumes en que cae a sociedade da época. Lamenta
desaparición de virtudes como a verdade ou o amor.

3.As Cantigas de Santa María

3.1.Caracterización da obra

As ​Cantigas de Santa María ​trátase dun conxunto de 427 composicións, que poden agruparse
en tres grandes bloques:

● Cantigas narrativas: ​narran os milagres feitos pola Virxe, cunha intención


dicáctico-relixiosa.
● Cantigas de “loor”: loan as calidades da Virxe de forma similar a como os poetas
loaban as damas das cantigas de amor profanas. O rei Afonso X preséntase a si mesmo como
trobador-vasalo da Virxe.
● Outras: dous “prólogos” que rompen o esquema organizativo seguido na obra, as
“Cinco festas de Santa maría”, as “Cinco festas de Nostro Senhor”... e unha “Petiçon” final.

3.2.Estrutura

Esquema numérico invariábel e preconcibido, que imita o do rezo do rosario católico: as


cantigas agrúpanse en series en que as nove primeiras son cantigas narrativas e a décima de
“loor”. O número 10 tiña no código simbólico medieval o valor da perfección e da totalidade. As
cantigas que aparecen nas centenas expresan favores que o rei solicitou da Virxe. E as que
rematan en cinco van acompañadas polo dobre de miniaturas que o resto.

As cantigas narrativas

Cada cantiga narrativa responde ao seguinte esquema:

» ​Epígrafe ou “razón”: ​resume o contido da cantiga

» ​Refrán:​ condensa a ensinanza moral e relixiosa que se pretende transmitir


» ​“Cobras” ou estrofas: ​co refrán ao final de cada unha, que desenvolven con maior ou
menor extensión o relato do milagre.

​As cantigas non narrativas

Presentan un carácter hímnico. Expresan devoción á Virxe e están cheas de tópicas sobre as
súas virtudes. Abordan motivos como a oposición entre o amor mundano e o amor divino.

3.4.Problemática da autoría

~ Na obra interviñeron como máximo seis trobadores distintos.

~ Só hai 10 cantigas escritas de puño e letra polo rei

~ Artífice da maior parte dos textos foi o clérigo e trobador compostelán ​Airas Nunes.

Cando dicimos que Afonso X é o “autor” das ​Cantigas de Santa María ​referímonos a que,
ademais de escribir un pequeno número do total de 427, foi o “patrocinador” e o “director” do
equipo que elaborou a obra.


4.A PROSA MEDIEVAL

A prosa medieval é máis tardía, máis escasa e menos orixinal. Os primeiros textos escritoa en
prosa datan do século XIII. O texto en prosa máis antigo resulta ser ​o Foro do burgo de
Castro Caldelas​ (Allariz, 1228).

A prosa literaria aparece a finais do século XIII- comezos do século XIV. Nace claramente
vinculada ás Cortes reais ou nobiliarias. Os monarcas tiñan nas súas cortes copistas, cronistas
e tradutores que se adicaban a copiar, facer versións, traducir ou crear textos de carácter
narrativo con inspiración cabaleiresca ou feudal.

A imposición do castelán a partir do século XV fixo que desaparecera este emprego do galego.

41 .PROSA LITERARIA

3 ciclos temáticos:

-Ciclo artúrico: ​É do que se conserva un maior número de composicións e tamén o que


máis influencia tivo posteriormente. As composicións están ambientadas na Bretaña
continental ou en Gran Bretaña. Narran de xeito cabaleiresco e cristiá as lendas
relacionadas co rei Artur. Os cabaleiros da Táboa Redonda, o Mago Merlín, a procura do
Santo Graal, a espada Escalibur...
-Ciclo clásico:​ Pertencen a este ciclo a ​Crónica Troiana​ e a incompleta e bilingüe
Historia Troiana​. Ambas ofrecen a visión fantasiosa do mundo clásico: as viaxes de
Ulises, a guerra de Troia...

-Ciclo carolinxo:​ Os fragmentos que conservamos están recollidos nos ​Milagres de


Santiago.​ Os fragmentos relatan aspectos da historia lexendaria do emperador
Carlomagno.

4.2 PROSA HISTORIOGRÁFICA

Este tipo adoita intercalar elementos bíblicos e fantásticos. É por iso que resulta máis
novelesca e fantasiosa que histórica. Destacan:

-​Os Livros de Linhagens,​ que son castro catálogos de xenealoxías nobiliarias.

-As traduccións galegas de dúas obras de Afonso X: ​General Estoria​ (libro de historia) e
Crónica General​ (historia da península Ibérica)

-Outros textos que intentan dar conta dos feitos históricas como por exemplo: ​Crónica
General Galega​ (1404)

4.3 PROSA HAXIOGRÁFICA OU XACOBEA

Son textos centrados na vida, obras e milagres dos apóstolos. Os textos destacados son:

-​Os Milagres de Santiago​, versión galega de ​Codex Calixtinus​. Inclúe materiais moi
heteróxenos como a descripción da catedral, a vida de Poncio Pilatos…

-​A Crónica de Santa María de Iria

4.3PROSA TABELIÓNICA

Atópanse neste grupo escritos de índole máis diversa, non obstante todos eles sempre
elaborados con fins como:

​ ete Partidas)​
-​Ordenamentos Xurídicos (Afonso X, S

-Regulamento de cofrarías e gremios (​Livro dos Cambeadores de Santiago​)

-Libros de contas

-Escritos notariais

-Manuais ou tratados para aprender diferentes oficios ou actividades (​Tratado de


Alveitara)​
Do latín ao romance

1. Linguas de substrato​ (anteriores a romanización ou prerrománicas) ​+


2. Latín vulgar ​dos soldados que nos queren colonizar ​+
3. Linguas de superestrato

1. Linguas de substrato

Son linguas prelatinas sen cultivo escrito polo que


comprobar a súa pegada é complexo.

-2 GRANDES GRUPOS: ​Preindoeuropeo e indoeuropeo


Entre os indoeuropeos estaba a lingua celta. A presenza
deste pasado xerou moitos debates na configuración do
noso pobo.

A lingüística confirma a pegada celta sobre todo en 3 puntos:


topónimos, vocabulario común e hábitos articulatorios
(fonética). Do grego ao latín, desde ao galego.

2. Fases da Romanización de
Galicia
● Décimo Xunio Bruto​ (137a.C) chega coas súas
tropas.
● O emperador Xulio César​ (61a.C) sometemento
● Octavio Augusto​ (completa a conquista arredor do
29a.C)

Características​ da lingua
● O latín que chega e o latín vulgar
● Linguas de substrato
● Romanización lenta e intensa
3. Linguas de superestrato
● Fin do Imperio romano e as
grandes invasións xermánicas foron
poñendo as bases da sociedade medieval

S. V: Suevos (1º Reino medieval de


Europa)
+ vándalos e visigodos

● A influencia das linguas de


superestrato é superficial.

No ano 711 entran os árabes na


Península, aquí a súa presenza é escasa.
Con todo, o seu vocabulario é amplo, pero
chegamos a maior parte a través do
castelán.

Son achegas superficiais, amplían o


rexistro terminolóxico

4. O nacemento das linguas romances

O latín chegado á Gallaecia e desenvolvido neste territorio tiña uns trazos singulares que o
diferenciaban das outras variantes hispánicas.

A diferente sorte que correron os distintos territorios que estiveran baixo o dominio do imperio
provocou un relativo illamento que facilitou a rápida diferenciación lingüística.

Aínda que non temos ningún documento escrito en galego ata o século XII, sabemos que o
noso idioma existe como entidade plenamente diferenciada do latín a partir do século VIII.
Nesta época só se escribía en latín, pero descubrimos nos textos numerosas interferencias
directas do galego (meio, rego, vila, couto) e incorrectas latinizacións de palabras romances
(artigula, celleiro, auterio), do cal se deduce que a lingua oral xa non era o latín senón o galego
(​romance galego portugués​)

5. Palabras populares, cultismos e semicultismos


● Patrimoniais/populares: ​se incorporan ao léxico desde moi cedo, sofriron tódolos
cambios lingüísticos
● Semicultas: ​entran no idioma despois do S. VIII, (EVOLUCIÓN IRREGULAR)
● Cultas:​ introdúcense máis tarde do S. VIII, sen case cambios respecto do étimo

latín popular semiculta culta

plena chea preamar plena

articulu artello artigo artículo

limpidu limpo límpido

ACTIVIDADES PÁXINA 20,21,22,23


2. Relaciona as palabras que aparecen nas dúas columnas. Indica cales son de orixe árabe e
cales son de orixe latina.

xastre alfaite
doenza achaque
terraza azotea
sobrenome alcume
cuarto alcoba
seitura ceifa
palmada azoute
A LINGUA GALEGA NA IDADE MEDIA
- O novo romance comeza a falarse no século VIII, pero non é ata o século XII cando temos os
primeiros testemuños escritos.
- A separación política con portugal no século XII fixo que paseniñamente fosen apartándose as
falas do galego e do portugés.
- Dende o século VIII convértese na lingua oral de todas as clases sociais, e a partir do XII
convivve na escrita co latín.
- O poder e prestixio do reino de Galicia fixo que se escribise nesta lingua alén das nosas
fronteiras. (cantigas en galego-portugués non galegas)
- Os textos escritos, sobre todo os líricos, presentan unha forte unidade (Koiné: lingua creada
pola unión de dous ou máis idiomas similares e próximos. Presentan unha forte unidade)

1.TRAZOS DA LINGUA
❖ Trazos fonéticos:
■ Vogais nasais: mão, bão…
■ /s/ xorda e sonora

❖ Trazos morfolóxicos:
■ Algúns verbos hoxe son da 3º conxugación e daquela eran da 2º: dizer, escrever…
■ Formas compostas con “aver”

❖ Trazos sintácticos:
■ Anteposición do pronome átono: “Vos direi...!”

❖ Trazos no léxico:
■ Léxico provenzal (Ex: Assaz, trobar…) e arcaico na actualidade (Ex. Cras → Mañá)

2. PROCESO DE MINORIZACIÓN DO GALEGO


- Os monarcas Fernando III e despóis Alfonso X comezaron a remitir documentación a
Compostela en castelán.
- Consecuencias das guerras de sucesión do XIV e XV chegaron a Galicia moitos nobres
casteláns.
- A igrexa tamén sufriu unha invasión de relixiosos foraneis ao inicio do século XIV.
- Ante esta situación, a nobreza galega comezou a relegar progresivamente o galego, primeiro
aos usos familiares e logo só a relación co pobo.
Tema 2 ​Os Séculos Escuros
Os Séculos Escuros é un período histórico que abarca dende o século XVI ata o XVII.

Caracterízase pola marxinación do galego nos usos cultos (substitución polo castelán), e polo
escaso cultivo literario.

Estas dúas características están ligadas a cuestións socio-políticas como o ​empobrecemento


económico do Reino de Galiza​, e a ​vitoria de Isabel a Católica na loita dinástica contra
Xoana “a Beltranexa” (á que os galegos apoiaron), cuxa consecuencia foi a substitución da
nobreza galega pola chegada de nobres casteláns.

1.1.Contexto
1.1.1.Político:

A situación política caracterizouse polo dominio dos Reis Católicos nas Coroas de Castela
e Aragón.

Hai unha vertente unificadora do territorio a través do uso do castelán

Os Reis Católicos “castigan” á nobreza galega substituíndoa por nobres casteláns

1.1.2.Socioeconómico:

A sociedade da época estaba caracterizada por ser unha sociedade piramidal:

-Alto clero e nobreza: que foron substituídos por foráneos. Estaban exentos de impostos e
vivían a conta das rendas xeradas polo campesiñado.

-Fidalguía: é a clase máis emerxente. Intermediarios entre os señores e os labregos

-Burguesía

-Campesiñado: máis do 75% da poboación da época. Sobrevivían na pobreza e eran


analfabetos. A pobreza a e sobrepoboación dan lugar á primeira gran onda migratoria.

1.1.3.Sociolingüístico:

Hai unha rotura da homoxeneidade medieval a aparece a diglosia:

-Lingua A: Castelán à usada por unha minoría pero con poder social

-Lingua B: Galego à usada por una maioría pero sen poder social
A nosa lingua pasou a ser de uso exclusivamente oral e coloquial. O uso escrito do
galego desapareceu por completo durante a primeira metade do século XVI.

Hai unha irrupción dos estándares das linguas románicas da contorna (castelán e
portugués)

Prodúcese unha gran dialectalización do galego ademais dunha progresiva


fragmentación dialectal do idioma.

1.2.Manifestación literarias
-A literatura en galego será esporádica e de escasa difusión.

-A literatura popular (de tradición oral) terá grande importancia

-Non se imprimen libros en galego, aparecerán composicións cultas en obras bilingües e


trilingües.

-A maior parte das composicións cultas aparecen en obras conmemorativas

1.2.1.Poesía

De circunstancias​: ​Pranto da Frouseira ​ e ​ Coplas no Saqueo de Cangas polos turcos.

Son anónimas, relatan aspectos históricos concretos como a morte de Pardo de Cela ou como
unha escuadra turca saqueou Cangas.

Vilancicos cultos​: galeguización de escenas do Nadal. Compostos e interpretados por músicos


da capela. Xogo de paralelismos léxicos ou sociais (Oriente-Ourense, pobreza de
Xesús-pobreza dos galegos)

Sonetos renacentistas e barrocos​: ​Soneto de Monterrei ​ e ​Libro das exequias

​ ue é anónimo,
Imitan os tópicos do renacemento e barroco. Excepto o ​Soneto de Monterrei, q
os outros poemas teñen autor.

Décimas ao apóstolo Santiago​: tiras de 10 versos nos que se critica o intento de facer a Stª
Teresa co-patroa de España, ao mesmo nivel que Santiago.

Composicións das “Festas Minervais”​: 9 romances de estilo barroco que se presentaron a un


concurso da Universidade de Santiago.

1.2.2.Prosa:

​ Mariscal Pedro Pardo de Cela (Pranto da Frouseira)


“Relazón da carta executoria...” à

“Cartas persoais”
1.2.3.Teatro:

“Entremés famoso sobre a pesca no río Miño” de Gabriel Feixó de Araúxo. C ​ onflitos entre
pescadores galegos e portugueses no río Miño, remata coa súa reconciliación.

ILUSTRACIÓN​ ​(aínda peor, máis fame, máis migración…)


Contexto político
● No século XVI-XVII, Reis Católicos (Austrias)
● No século XVIII, os Borbóns (Felipe V) reforzan as tendencias de unificar o terretorio.

Contexto económico

Hai unha recesión económica que se agrava por motivos diversos como o descenso da
producción agraria ou a perda de certos mercados. As consecuencias son o aumento das
fames, das pestes e da emigración.

No século das luces (na ilustración) triunfa a razón e o desenvolvemento científico-técnico. En


Galicia esta renovación lidérana a clase relisioxa, preocupada polo estado de parálise da
sociedade galega. Actúan para mudar esa realidade creando institucións, tratando temas nas
súas obras como a reforma agraria ou pedagóxica.

A Lingua dos ilustrados

Nos séculos XVI-XVII, as clases altas falaban en castelán, mentres que as clases populares o
galego (uso diglósico dos idiomas).

O trasvase de falantes era case nulo. No século XVIII agrávase a situación anterior, pois os
Borbóns intentan homoxenizar o territorio e impoñen o castelán; provocando o nacemento de
prexuízos e a extensión social do castelán (fidalguía e clases medias vileras)

Frente a isto reaccionan os ilustres, que defenderán o galego, pescudarán as súas orixes,
defenderán a súa valía como idioma de altura, reclamarán a súa introducción na escola e
igrexa, e revindicarán o seu uso na escrita.

Destacan ​tres figuras​: Padre Feixóo, Padre Sobreira e Martín Sarmiento, que redactan a maior
parte dos seus escritos en castelán (aínda que neles defenden o galego). Usan o galego
nalgúns casos para a lírica. Destaca a obra ​Coloquio de 24 gallegos rústicos ​(conxunto de
coplas populares onde se recollen moitos dos termos que Martín Sarmiento fora recollendo).
A literatura ilustrada y pre-renacentista
Os ilustrados, literatos en galego
Os ilustrados galegos redactaron a maior parte das súas carttas, ensaios, informes, etc, en
español. Había tamén cultivo na nosa lingua, o que despexou o camiño cara o Rexurdimento.

A obra principal da Ilustración é ​Coloquio de 24 gallegos rústicos​, escrito polo Padre Martiño
Sarmiento en 1746. É un conxunto de 1201 coplas ao estilo popular, versos hexasílabos en
cuartetas, con rima asonanto nos pares.
Sarmiento compuxo esta obra para recompompilar voces do galego que escoitou, leu e anotou
durante a súa viaxe a Galicia.
Hai que destacar tamén os 24 poemas en galego coñecidos do “cura de Fruíme” (Diango
Antonio Cernadas e Castaño). Expresa unha loanza de Galicia e da aldea.
Cabe citar a una precursora: Francisca de Isla e Losada, autora dun romance en galego
dedicado a Diego Antonio Cernadas.
Outros autores que empregaron o galego: Xosé Cornide Saavedra, os irmáns Plácido e
Anselmo Feixoó Montenegro.

​ sta
Consérvase tamén un texto teatral do século XVIII, anónimo: ​Entremés do portugués. E
peza cómica, reacciona contra a visión negativa que existía dos galegos nesa época.

A literatura política antifrancesa e antiabsolutista


No período 1808-1836, a guerra contra o invasor francés e a loita entre absolutistas e liberais
vai poñer fin aos Séculos Escuros (precariamente)
Redáctanse textos na nosa lingua pretendendo imitar a fala popular. Presente encontramos
nalgúns textos a diglosia social, falando o galego os personaxes populares, e o castelán os
cregos, avogados e as persoas de alto mando.

Este cultivo ten un marcado carácter utilitario (comentarios sobre a actualidade política,
denuncias contra a Inquisición…). Destacan:

Proezas de Galiza ​de Xosé Fernández Neira (relato novelado das súas aventuras como
soldado de guerra contra as tropas napoleónicas)

​ e Manuel Pardo de Andrade (denuncia literaria contra a


Os rogos de un gallego d
Inquisición)
O século XIX. O Rexudimento
● Contexto socioeconómico.
- Galicia é un país rural, cunha economía precapitalista precaria.
- A industria tivo pouca relevancia en galicia, sendo a conserveira a máis importante.
- As malas comunicacións co resto do territorio peninsular e a falta de infraestructuras non
axudaron ao desenvolvemento económico.
- A demografía estáncase no interior fronte a evolución das zonas costeiras.
- Emigración masiva cara países de sudamérica provocou o avellentamento da poboación.
A maioria retornaba igual que como marchaban.

● Contexto político.
- No 1808 prodúcese a invasión francesa. Absolutistas e liberais loitarán xuntos coa axuda
británica.
- En Galicia fórmase a “Xunta Suprema do Reino” para coordinar a resistencia contra o
invasor.
- Hai unha oscilación do poder entre os absolutistas e os liberais.
- No ano 1812 elabórase a constitución liberal española.
- Dous anos máis tarde, no 1814, regresan os Borbóns con Fernando VII (absolutismo).
- Con Isabel II prodúcese no 1833 unha reorganización do territorio galego para dividirse
nas 4 provincias actuais.
- No ano 1873 instáurase a I República.
- No ano 1875 prodúcese a restauración. (Turnismo liberais-conservadores)

● Pensamento galeguista.
- O provincialismo​: Este movemento é unha forte reacción ao novo diseño territorial
(pasamos de 7 a 4 provincias, e os provincialistas defenden unha unica gran provincia).
- No ano 1846 produciuse un levantamento militar liderado por Solís. Este levantamento
remata coa morte dos dirixetes de Carral.
- Rexionalismo​: É unha evolución do provincialismo. Consolídase coa obra de Murguía ​Los
precursores​. A principal demanda é a descentralización e o reparto das competencias
entre o estado e a rexión.

● Lingua.
- Aumenta o ritmo e a intensidade da penetración do Castelán en Galicia. Isto débese a
varios factores como:
❖ Xorden os medios de comunicación escritos en castelán (Prensa periódica).
❖ Incremento das escolas.
❖ Reforzo do aparello administrativo estatal.
❖ Chega moita xente foranea.
❖ Influencia da emigración a países hispanohablantes.
❖ Época de contrastes: Hai máis prexuizos cara ao Galego pero tamén se produce
unha forte reacción dunha maioría culta.
● O Rexurdimento caracterízase por:
- Recuperación da escrita literaria en galego
- Aparición dun movemento político-ideolóxico
- Conta con 3 perídos:
❖ Pre-Rexurdimento​ (1833 - 1862): época dos precursores. Provincialismo
❖ Rexurdimento pleno​ (1863 - 1888): atopamos tre grandes poetas:
- Rosalía de Castro
- Curros Enríquez
- Eduardo Pondal
- + outras mostras:
- Maxina​ (​ 1ª novel) de Marcial Valladares.
- A fonte do xuramento​ ​(teatro) de Francisco Mª de la Iglesia

- Proliferaron os concursos literarios en galego, por exemplo: “​Xogos Florais”


- Nesta época xurdiron os primerios dicionarios e grmáticas da lingua
- O ano culme deste período foi o 1880, xa que se publicaron obras como:
- Follas Novas​, d ​ e Rosalía
- Saudades gallegas​, ​de Lamas Carvajal
- Aires da miña terra​, d ​ e Curros Enríquez

- En 1863 publicouse “​Cantares Gallegos”​ , q ​ ue foi o primeiro libro escrito


integralmente en galego. Podemos decir que esta obra deu comezo ao
Rexurdimento.
- 1888: “​O divino sainete”​ ​, de Curros. Pecha o Rexurdimento pleno

❖ Período de depresión finisecular​ (1889-1916):


- Coindice coa Restauración borbónica
- O movemento sofre un declive na calidade das obras pero non na cantidade
- Os autores deste período tratan de imitar aos autores citados anteriormente.
- Neste período podemos destacar autores como:
- Antonio López Ferreiro (foi o 1º en escribir novela histórica galega de
boa calidade). ​“​A tecedeira de Bonaval​”.
- Álvarez de Nóvoa: relato curto ​“​Pé das Burgas​”

- Este período chega ao seu fin co nacemento das Irmandades da Fala en


1916.

You might also like