You are on page 1of 2

AS CANTIGAS DE ESCARNIO E MALDICIR

Xunto á temática amorosa (cantigas de amigo e cantigas de amor), na lírica galego-


portuguesa medieval existía tamén unha liña satírica, representada polas cantigas de
escarnio e maldicir. Este xénero procede da confluencia dun xénero provenzal ( o sirventés)
cunha tradición satírica.

O sirventés provenzal denunciaba aspectos políticos, morais e relixiosos e persoais


da sociedade do momento. As cantigas galego-portuguesas pretenden a burla, facer rir a
través da sátira e da caricatura.

O xénero satírico galego-portugués está constituído por unha serie de cantigas nas
que todos os grupos sociais e os diversos oficios son obxecto da burla máis cruel: monxas
pecadoras, malos poetas, infanzóns arruinados, soldadeiras...

Podemos diferenciar dous tipos:

1. Cantigas de escarnio: son aquelas que conteñen unha sátira encuberta baixo dobres
sentidos,xogos de palabras, eufemismos...

2. Cantigas de maldicir: son unha sátira directa e evidente, cunha linguaxe clara sen ningún
tipo de ambigüidades.

CLASIFICACIÓN TEMÁTICA
As cantigas de escarnio e maldicir teñen unha temática moi variada, posto que o seu
obxecto é ridiculizar os diferentes aspectos da época. Podemos clasificalas nos seguintes
apartados:

 Sátira política. Tratan acontecementos históricos e políticos daquel tempo, como a


covardía dos nobres cristiáns na guerra contra os mouros de Granada.

 Sátira social. Ridiculízanse os diferentes estamentos sociais, fundamentalmente os


infanzóns (nobres orgullosos da súa orixe pero arruinados).

 Sátira literaria. Son escarnios que se dirixen entre si os trobadores e xograres. Tamén
tópicos como o “morrer de amor” das cantigas de amor.

 Sátira sexual. Trátase de sátiras, moitas veces de carácter obsceno, referentes ás


prácticas eróticas de soldadeiras, cregos, monxas e homosexuais.

As cantigas de escarnio e maldicir constitúen unha importante fonte para


coñecermos a vida na Idade Media xa que nos achegan datos de tipo histórico, sociolóxico e
tamén lingüístico desta época.
Foi un día Lopo jograr
a cas dun infançón cantar,
e mandou-lh'ele por don dar paga
tres couces na garganta;
e fui-lh'escass', a meu cuidar,
segundo com'el canta.

Escasso foi o infançón


en seus couces partir entón, repartir
ca non deu a Lopo, entón,
máis de tres na garganta;
e máis merece o jograrón,
segundo com'el canta.

Ai dona fea, fostes-vos queixar


que vos nunca louv'en meu trobar;
mas ora quero fazer um cantar
en que vos loarei toda via;
e vedes como vos quero loar:
dona fea, velha e sandia! estúpida

Ai, dona fea! Se Deus me pardon!


pois avedes [a] tan gran coraçon
que vos eu loe, en esta razon
vos quero já loar toda via;
e vedes qual será a loaçon:
dona fea, velha e sandia!

Dona fea, nunca vos eu loei


en meu trobar, pero muito trobei;
mais ora já un bon cantar farei,
en que vos loarei toda via;
e direi-vos como vos loarei:
dona fea, velha e sandia!

You might also like