You are on page 1of 3

LITERATURA.

TEMA 5

A POESÍA ENTRE 1936 E 1975


A XERACIÓN DO 36, A PROMOCIÓN DE ENLACE, A XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS
TRAS A GUERRA CIVIL, reducida a círculos de resistencia e agachada na intimidade dos escritorios,
a nosa literatura afronta un penoso momento. Durante a guerra, algúns autores (Cabanillas, Guerra
da Cal…), publicaran poemas illados de tema bélico en revistas da resistencia antifascista. Entre
1939 e 1946 viron a luz media ducia de libros escritos en galego parcial ou totalmente, pero o
inscritos nunha liña folclórico-costumista, nada problemática para o franquismo.
Os escritores que permaneceron en Galicia (no chamado “exilio interior”), como Otero Pedrayo,
tiveron que quedar silenciados.
Na segunda metade da década dos 40, unha serie de feitos son síntoma dunha certa recuperación:
Aquilino Iglesia Alvariño publica Cómaros verdes en 1947; Celso Emilio Ferreiro dirixe a colección de
poesía “Benito Soto”; sae a luz o suplemento semanal do diario La Noche; créanse as editoriais
Bibliófilos Gallegos e Monterrey… De relevancia excepcional é a fundación en 1950 do proxecto
Galaxia, que, ademais de editar e reeditar libros, publica desde 1963 a revista cultural Grial.

Nos primeiros anos continúan liñas poéticas de preguerra non comprometidas tematicamente: hilozo-
ísmo, neotrobadorismo, paisaxismo ruralista... Ao pouco, van aparecendo novas correntes: intimis-
mo (na liña que iniciara Rosalía), clasicismo... A forma poética máis característica foi a Escola da
Tebra ou "poesía do neboeiro”, isto é, intimista cun enfoque pesimista da vida, que mestura o clima
angustiado do existencialismo con fórmulas surrealistas. A finais dos 50 xorde o realismo coloquial Manuel María
e Celso Emilio
que explora as posibilidades expresivas da linguaxe da rúa e doutras variedades, como a burocrá-
tico-xudicial… O realismo coloquial abre o camiño á poesía social-realista, iniciada por Celso Emilio Ferreiro que será
dominante até mediados os 70, cando comeza a decaer polo abuso e descenso de calidade poética.

Por causa do silencio forzoso dos primeiros anos, prodúcese a aparición case simultánea de tres grupos xeracionais,
que conviven cos poetas de preguerra: a Xeración do 36, a Promoción de Enlace e a Xeración das Festas Minervais.

XERACION DO 36
Os poetas nados entre 1910 e 1920 son mozos cando estalou a Guerra, moi presente na súa obra (algúns
participan nela). Discípulos das xeracións Nós e de 1925, cultivan algunhas tendencias de preguerra (hilozoísmo,
neotrobadorismo) e desenvolven as temáticas clasicista, intimista radical e socialrealista.
Inclúe os poetas do exilio –xa estudados– e os seguintes:

LUíS PIMENTEL publicou Triscos e Sombra do aire na herba na década dos 50, pero está
vinculado á promoción de 1925. Ten influencias das vangardas, do modernismo, do simbolismo
francés e do existencialismo de posguerra. O seu delicado universo poético (nenos, hospitais,
xardíns…) ten un marcado lirismo intimista.

AQUILINO IGLESIA ALVARIñO foi autor de Cómaros verdes, primeiro titulo


importante da nosa literatura de posguerra, de temática paisaxística. Trata a relación coa
natureza, o tempo, a existencia, a condición humana... Os sonetos de Lanza de soedá (1961)
expresan unha fonda angustia ante a inminencia da morte.

XOSé MARíA DíAZ CASTRO foi autor dun único libro, Nimbos, onde trata temas
profundos como a morte, o tempo, o amor, a natureza. O celebérrimo poema “Penélope”
mostra unha Galicia paralizada nunha eterna espera.

ÁLVARO CUNQUEIRO, grande poeta vangardista na


República, volve ao neotrobadorismo en 1950 con Dona do corpo
delgado, pero agora, frustrado persoal e profesionalmente, é máis
pesimista e melancólico.
En 1980 publica Herba aquí e acolá con textos escritos nas tres
décadas anteriores. Trátase dunha poesía evasiva e estetizante, unha
fuxida fronte á realidade política e social circundante. Son 29
poemas estruturados en dúas seccións: o primeiro grupo (“As
historias”) é heteroxéneo e xira en tordo ás lendas, mitos e historias;
o segundo (“Vellas sombras e novos cantos”) é máis lírico, cun ton
reflexivo e angustiado no que predomina un Eu que enxerga a morte
como unha negra sombra, pero cunha profunda vontade vitalista. A
ruptura vangardista, a dimensión lúdica, a ironía, a parodia
transgresora da realidade, a sensualidade, o vitalismo… mais tamén
a dor existencial na Pimentel (Lugo, 1895-
súa última etapa, xunto co xogo de
intertextualidade e o 1958),Díaz Castro culturalismo, constitúen os trazos máis
salientables da súa (Guitiriz, 1914–Lugo, magnífica obra. Con esta obra , xa vello,
convértese nun dos 1990). Aquilino I. grandes mestres a seguir para os poetas das
Alvariño (Abadín, 1909–
Santiago, 1961) e
décadas posteriores.

CELSO EMILIO FERREIRO. O grande éxito da súa poesía social eclipsou o


resto da súa produción.
Para moitos, a súa mellor poesía é a intimista -O soño sulagado, 1955- con influencias do
existencialismo: o pesimismo, a soidade e o desacougo do presente faille sentir nostalxia da
infancia perdida en Celanova, e reflexiona sobre o paso do tempo, o sentido da vida...
Volve a esta temática con Onde o mundo se chama Celanova (1975), onde agora acepta o
paso do tempo e presente a morte. Alleos a ese ton negativo, son os célebres poemas de
amor dedicados á muller, Moraima, acougo hospitalario ante as amarguras do mundo. Celso Emilio Ferreiro
A súa poesía socialrealista, cunha linguaxe accesible e coloquial, busca chegar a todo o (Celanova, 1912–Vigo,
mundo. Trata temas como as consecuencias da guerra civil e denuncia a explotación dos 1979)
traballadores, o imperialismo, a ameaza nuclear, o racismo... Canto á emigración, nun primeiro momento defendeu a
necesidade de emigrar; máis tarde, cando viviu a realidade da emigración en Venezuela, cambiou de pensamento, e
defendeu que é dentro da propia nación onde se debe loitar por sobrevivir. A obra máis representativa é Longa noite
de pedra (1962), grande éxito de vendas. O título converteuse nunha metáfora da ditadura franquista, e el, no poeta
máis coñecido dentro e fóra da Galiza.
Tamén cultivou con éxito a sátira corrosiva e crítica -Cantigas de escarnio e maldicir- na liña das cantigas satíricas
medievais.

OUTROS poetas destacados da xeración do 36 son María Mariño, Carvalho Calero, Xosé Mª Álvarez Blázquez…

PROMOCIóN DE ENLACE
Está formada por poetas nados entre 1920 e 1930, moi novos durante a
guerra para ser conscientes das súas causas, pero si para padecer as súas
consecuencias: a penuria económica, a pobreza cultural e a miseria mental
de vivir nunha ditadura. Illados das correntes europeas e da literatura ga-
lega no exilio e descoñecedores da tradición galeguista debido á censura,
recibiron as primeiras influencias de poetas españois, polo que moitos
comezaron publicando en castelán.

ANTóN TOVAR, poeta máis intimista que social (Non).


M. CUñA NOVáS con Fabulario novo (1952), de ton sombrío e
pesimista, inaugura a Escola da Tebra, utilizando imaxes nas que
predomina a sombra, a escuridade.

LUZ POZO GARZA escribiu neste período O paxaro no boca


(1952), de tema amoroso e enorme musicalidade e sensorialidade, e
Verbas derradeiras (1976), máis desolado.
Tovar (arriba), Cuña Novás (abaixo) e Luz Pozo.

XERACIóN DAS “FESTAS MINERVAIS”


SON POETAS NADOS ENTRE 1930 E 1940
e teñen como mestres os da xeración do 36.
A escola ten este nome -e o de xeración
dos 50- porque os seus integrantes recupe-
raron estes certames poéticos composte-
láns. Viven xa unhas circunstancias de cer-
ta apertura e cultívanse viaxando por Euro-
pa. As súas posibilidades de formación
levounos a propiciar unha renovación da
poesía e da narrativa (NNG). Moitos teñen
un activismo político nacionalista de es-
querdas.
Predominan neles tres direccións poéticas: a
escola da tebra, o realismo coloquial e a
poesía social.

X.L. MéNDEZ FERRíN empeza como poeta na liña da Escola da Tebra (Voce na
néboa, 1957). Pasou á poesía social baixo o heterónimo de Heriberto Bens, pero o seu libro
máis importante é Con pólvora e magnolias (1976), que abre un camiño novo na lírica
galega: novos temas, nova linguaxe poética. No libro combina a poesía revolucionaria –a
pólvora– co lirismo intimista (o pasado, o tempo, o amor, a morte) e o luxo estético –as
magnolias–. Usa o versolibrismo e múltiples referencias culturais: o celtismo, a poesía
medieval, o movemento beat...

MANUEL MARÍA, o “poeta da Terra Chá”, inaugura a Escola da Tebra con Muiñeiro
de brétemas. Na súa obra máis coñecida, Terra Chá, describe a paisaxe da súa tema natal.
Logo foi evolucionando a unha poesía de compromiso colectivo, transparente e emotiva, que
chega doadamente ao lector para facelo consciente da súa identidade galega e aspire á
liberdade.
Ten tamén fermosos poemas amorosos e unha importante obra infantil e xuvenil.

UXIO NOVONEYRA. O “poeta do Courel” (Os eidos, Elexías do Caurel…) amósanos unha visión innovadora da
paisaxe, íntima e metafísica, case panteísta, na que aparece o home en soidade unido á natureza inmensa e
reflexionando sobre a existencia.
Tamén cultiva unha poesía social e política: defende a identidade nacional de Galicia, denuncia o imperialismo...
Explota recursos formais como o fonosimbolismo ou o caligrama.

BERNARDINO GRAÑA comezou como poeta do sufrimento existencial propio da Escola da Tebra (Poema do
home que quixo vivir) pero logo pasou a escribir unha poesía de marcado ton vitalista. Trata de xeito singular o tema
do mar (Profecía do mar).

AVILÉS DE TARAMANCOS escribiu unha poesía vitalista, chea de imaxes, que remiten á unión do poeta
coa natureza. Neste período publicou As moradías do vento e A frauta e o garamelo.

XOHANA TORRES iníciase na poesía con Do sulco, á que seguirá Estacións ao mar. O intimismo (o amor, a
soidade, a morte, o tempo) e o paisaxismo son trazos da súa poesía.

Ferrín (Ourense, 1938), Manuel María(Outeiro de Rei, 1930-Coruña, 2004), Novoneyra (Parada do Courel, 1930-
1999), Graña (Cangas, 1932), Avilés (Noia, 1935- 1992) e Xohana Torres (Santiago, 1931).

You might also like