You are on page 1of 3

A POESÍA ENTRE 1936 E 1976

PROMOCIÓN DE POETAS
Luís Pimentel (Sombra de aire na herba) é o autor de enlace coa xeración de preguerra. Os poetas desta
etapa divídense cronolóxicamente en:
▪ XERACIÓN DO 36 (nacidos entre 1910 e 1920): Participan na Guerra Civil, que está moi presente na súa
obra. Cultivan tendencias de preguerra e desenvolven as temáticas social-realista, intimista e clasicista.
Autores: Iglesia Alvariño (Cómaros verdes→ primeira obra de poesía publicada tras a guerra civil), Díaz
Castro (Nimbos), Celso Emilio Ferreiro (Longa noite de pedra e O soño sulagado).
▪ PROMOCIÓN DE ENLACE (nacidos entre 1920-1930): Inícianse baixo a influencia da poesía española. De
formación autodidacta, móvense entre o intimismo e a angustia existencial (existencialismo). Autores:
Antón Tovar (Calados esconxuros), Luz Pozo Garza (O paxaro na boca), M. Cuña Novás (Fabulario novo).
▪ XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS (nacidos entre 1930-1940): Non viviron directamente a Guerra civil,
realizaron estudos universitarios (participaron e gañaron os premios poéticos das Festas Minervais da
Universidade de Santiago e colaboraron no xornal La Noche). Influídos polas correntes literarias europeas,
cultivan unha poesía comprometida onde se mesturan social-realismo (denuncia da falta de liberdades que
se daba na sociedade) e o existencialismo (Escola da Tebra→ tendencia poética baseada na poesía de
desarraigamento e angustia, presidida polo conflito da persoa consigo mesma. Chamouse así pola visión
atormentada da vida que ofrecía). Protagonizaron unha fonda renovación temática e formal.
Autores: Uxío Novoneyra (Os eidos), Xosé Luís Méndez Ferrín (Con pólvora e magnolias), Manuel María
(Muiñeiro de brétemas), Bernardino Graña (Profecía do mar).

XERACIÓN DO 36. -CELSO EMILIO FERREIRO


É o autor máis importante desta xeración e principal representante da poesía social. A súa poesía
comprometida foi un referente básico na resistencia antifranquista. As temáticas reivindicativas
(solidariedade cos oprimidos, defensa do idioma, denuncia dos males da sociedade: fascismo, guerra,
inxustiza, emigración) compleméntanse con outras liñas intimista e satírica.
Obras: O soño sulagado (social-realista), Viaxe ao país dos ananos (satírico), Longa noite de pedra (social-
realista)→ ten gran popularidade, converteuse nunha obra de culto da loita contra a ditadura. O título é
unha metáfora da situación que se vive durante o réxime (sinxeleza expresiva, rexistro ás veces coloquial;
importancia da mensaxe: a poesía é unha arma de concienciación social que debe ser accesible a calquera
lector).

XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS


▪ UXÍO NOVONEYRA: O máis destacado da súa lírica é a temática paisaxista, presentada como un diálogo co
medio natural desde unha perspectiva transcendente, ás veces mística e panteísta (que identifica a Deus co
mundo, coa totalidade do universo). A natureza convértese nun instrumento para reflexionar sobre a
natureza humana. Presenta unha vertente social, comprometida con Galiza e coa loita antiimperialista e
antibelicista.
Obras: Os eidos, Elexías do Caurel, Os eidos 2, Poemas caligráficos.
▪ MÉNDEZ FERRÍN: Iníciase na poesía seguindo a corrente estética da “Escola da Tebra”, manifestando
sempre unha predilección pola poesía comprometida. O seu libro Con pólvora e magnolias supón un
auténtico revulsivo na poesía galega da década dos 70. Renova a poesía de reivindicación social, dándolle
un enfoque menos tópico e “panfletario” e introducindo elementos estéticos novidosos e abundantes
referencias culturais. O poemario combina a proclama política (a pólvora) e a introspección persoal e
intimista (as magnolias).
Obras: Voce na néboa, Conpólvora e magnolias, Poesía enteira de Heriberto Bens, O fin duncanto.
▪ MANUEL MARÍA: Comeza a súa obra poética desde os presupostos intimistas e existencialistas da “Escola
da Tebra”. Posteriormente, decántase cara ao descritivismo paisaxista e a poesía de compromiso social:
defensa das clases populares, reivindicación nacional de Galiza e crítica da tiranía e do imperialismo. A
sinxeleza da expresión e a temática popular contribúen á súa grande aceptación social.
Obras: Muiñeiro de brétemas, Morrendo a cada intre, Terra chá, Documentos personaes, Ossoños na
gaiola.
▪ BERNARDINO GRAÑA: Presenta unha traxectoria común á maioría dos membros da súa xeración: inicio
na órbita da “Escola da Tebra” e posterior achegamento á poesía social e a outras temáticas máis
intimistas. A súa poesía, de marcado ton vitalista, trata de maneira singular o tema do mar; nas últimas
obras adquire maior peso a vivencia amorosa e o sentimento de alienación do ser humano nunha
sociedade mercantilizada en exceso.
Obras: Profecía do mar, Non vexo Vigo nin Cangas, Se o noso amor e os peixes...
EXERCICIOS CELSO EMILIO FERREIRO
1. En que liñas poéticas se encadran os textos de Celso Emilio Ferreiro recollidos nesta
antoloxía?

2. Explica o título do texto 1. Que representa a pedra? Hai algún elemento no poema que non
sexa deste material?

3. Por que afirma Celso Emilio no texto 2 que a súa é unha lingua proletaria? En que versos do
poema se percibe esa ligazón?

12. Que acontecemento histórico motivou a escrita do texto 5?

13. Identifica os recursos estilísticos máis destacados do texto 5. Teñen aparecido xa noutros
textos do autor?

14. Explica cal é o tema do texto 6. Cres que na nosa sociedade hai moitos/as personaxes
identificábeis con esa definición?

15. En que momentos evoca o poeta o nome da amada segundo o texto 7? Que efecto ten esa
evocación?

You might also like