You are on page 1of 4

A XERACIÓN DO 25:

Nos anos vinte e trinta xorde en Galicia un grupo de escritores, nados arredor
de 1900, que levan a cabo a renovación da poesía galega mediante a
incorporación das novidades das vangardas literarias europeas. Constitúen a
Xeración do 25, tamén chamada do Xeración do 22 ou Xeración das
Vangardas. Nesta xeración destacan:
Manuel Antonio (poesía).
Luís Amado Carballo (poesía e prosa).
Luís Pimentel (poesía).
Valentín Paz Andrade (poesía)
Fermín Bouza-Brey (poesía, prosa e ensaio).
Eduardo Blanco Amor (poesía, prosa e teatro).
Rafael Dieste (teatro e prosa).
Álvaro das Casas (teatro).
Luís Manteiga (teatro).
Dos que falaremos máis adiante en profundidade.
Estes escritores manteñen estreitas relacións cos compoñentes das Irmandades
da Fala e da xeración Nós. Participaron na creación do Seminario de Estudos
Galegos(que foi unha institución cultural galega creada por intelectuais
galeguistas en 1923 en Ortoño, Ames (na provincia da Coruña) para estudar e
divulgar o patrimonio cultural galego e tamén para formar investigadores. A
idea de crear esta institución ven do escritor e autor Antón Losada Diéguez.
En 1936 despois de 13 anos de actividade foi desmantelada polo réxime
surxido da sublevación militar do 18 de xullo. Máis tarde o 16 de febreiro de
1944 creouse o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento onde se
reuniron os intelectuais que sobreviviran á guerra) e na formación do Partido
Galeguista. (este era un partido político de carácter nacionalista fundado en
1931 do que era presidente Catelao. Disolveuse por completo en 1950) Neles
conflúen as novidades vangardistas coa conciencia nacionalista.
Esta xeración empregou como medios de expresión os órganos periodísticos
do momento (revista Nós, A Nosa Terra) e publicaron revistas literarias de
creación propia, entre as que destacan: Alfar ( A Coruña, 1920-27);
Montevideo, 1927-29), Ronsel (Lugo, 1924), Cristal (Pontevedra, 1932-33), Resol
(Santiago. 1932-36), Yunque (Lugo, 1932), Papel de color (Mondoñedo, 1933-35),
nas que se difunden os seus versos e, ao tempo, dan a coñecer entre nós aos
principais representantes da vangarda española e mundial entre os que van a
destacar o poeta Federico García Lorca, o pinto Pablo Picasso, o tamén pinto
Salvador Dalí, o tradutor, bibliotecario, crítico... Jorge Luis Borges e o poeta e
escritor André Breton.
CREACIONISMO:
O principal poeta da vangarda galega foi Manuel Antonio. Naceu en Rianxo
no 1900 e morreu no mesmo lugar en 1930 debido á tuberculose. Foi o poeta
máis innovador e orixinal da Xeración do 25 e o prototipo do escritor
vangardista do seu tempo. A súa obra, incluída fundamentalmente dentro da
estética do creacionismo (É a crenza relixiosa de que o universo e a vida
orixináronse a partir da creación divina), con pegadas futuristas e cubistas,
caracterízase pola ruptura coa tradición literaria galega, á que considera
excesivamente continuadora da obra dos poetas do Rexurdimento (Rosalía,
Pondal e Curros), e aposta pola renovación temática e formal. Este escritor
rompe por completo esta tradición. Para isto válese das técnicas
vanguardistas pero sen aplicalas dun xeito ríxido, senón que as adapta e crea
o seu propio estilo.
En 1928 publica na editorial Nós : De catro a catro. Follas sen data dun diario de
abordo, único libro editado en vida. É o primeiro poemario integramente
vangardista da literatura galega. Está formado por 19 poemas e estrutúrase en
aparencia como crónica dunha viaxe con tres etapas: partida-aventura-
regreso. Admite diversas interpretacións: desde a simple evocación dunha
viaxe por mar, ata outras de índole filosófica, metafísica, simbólica... O mar
como aventura, a procura da plenitude vital, a soidade, o fracaso. O tema
central sería a soidade do autor, unha soidade no espazo, é dicir, o mar, e no
tempo, que se repite e é eterno. O suxeito abandona o mundo da beiramar, ao
que volverá ao rematar a navegación, a travesía vaille dar experiencias dun
mundo novo que debe descifrar. Este tenta saír desa situación pero nunca o dá
conseguido.
Aspectos formais da obra:

• Ausencia de puntuación (soamente existe un punto ó remate do poema


para sinalar o final).
• Maiúsculas para marca o comezo de cada grupo de versos.
• Ausencia de rima
• Non hai estrofas, hai unha falsa división estrófica: grupos de versos
distintos marcando cada un unha característica.
• Cada poema ten unha estrutura e métrica totalmente diferente, sen
seguir ningún patrón.
Linguaxe da obra:
• Imaxes: son fundamentais na súa obra, forte simbolismo.
• Personificacións: dota á natureza de cualidades humanas.
• Linguaxe técnica da navegación. Introduce maniobras, terminoloxía
mariñeira, partes do barco...
• Elementos populares: cantigas, refráns...
• Vocabulario extranxeiro, culto e moderno
A súa morte en 1930 truncou unha importante e singular traxectoria literaria.
En 1972 edítase postumamente a súa Obra Completa, na que xunto con De catro
a catro aparecen outros títulos que permanecen inéditos: Con anacos do meu
interior (que son 18 poemas escritos entre 1920-1922), Foulas (que son 28 poemas;
escritos entre 1922-1925), Sempre e máis despois (son 8 poemas escrito despois de De
catro a catro) e Viladomar (son 6 poemas escritos en 1928) Ademais destas obras
ten 27 poemas escritos entre 1918-1928 e outros 15 poemas dos que se
descoñece a data pero que parecen escritos nos últimos anos de vida do autor.
Expón as súas ideas acerca da literatura en dous textos en prosa nos que
teoriza sobre o tema: o manifesto Máis Alá (publicado en 1922 xunto con
Álvaro Cebreiro) e o Prólogo dun libro de poemas que ninguén escribeu en 1924 a
súa obra pretende romper có feito ata entón, quere ser novidosa e orixinal,
acabar co ruralismo, coas técnicas académicas... pero debido o contexto galego
esa ruptura non chegará a ser completamente total, xa que mantén unha certa
moderación, e considerándose galeguista por riba vanguardista, mantendo
sempre o compromiso coas súas raíces.
Deste xeito Manuel Antonio introduce elementos novidosos sen esquecer a
realidade nacional galega. O resultado disto é unha poesía persoal e
particular, cun compromiso coa lingua e unha profunda sentimentalidade.

OUTROS POETAS VANGARDISTAS:


♦ Á parte da súa chegada ao neotrobadorismo, Álvaro Cunqueiro
participou tamén dos outros movementos da vangarda, sobre todo do
cubismo- como o libro de poesía Mar ao norde escrita en1932 e publicada
pola editorial Nós - e do surrealismo- Poemas do si e non escrita en 1933,
unha especia de conto erótico, cunha historia de amor nunha
irrealidade espazo-temporal-. Ademais, nos anos de posguerra cultiva
tamén a narrativa
- Merlín e familia (1955)
- As crónicas do Sochantre (1956)
- Si o vello Sinbad volvese ás illas (1961)
e o teatro:
- O incerto señor Don Hamlet, Príncipe de Dinamarca (1958);
- A noite vai coma un río (1960)
♦ Eduardo Blanco Amor. Publica Romances galegos no 1928, de liña
popularista, próxima á poesía da Xeración do 27 castelá, e Poema en catro
tempos escrita no 1931, libro de ambientación mariñeira escrito ao xeito
dunha sinfonía, lembra De catro a catro de Manuel Antonio, polas
afinidades no tema e no título, ten elementos vangardistas, unha
tradición romántico-simbolista que considera a música como a arte por
excelencia. Nos anos de posguerra continuará o seu labor poético e
desenvolverá unha importante obra en prosa. Con obras como:
- A esmorga (1959)
- Os biosbardos (1962)
- Xente ao lonxe (1972)
♦ Manuel Luís Acuña é autor do poemario Fígoas de 1933 publicado pola
editorial Nós, no que manifesta a asimilación das técnicas vangardistas,
fundamentalmente creacionistas.
♦ Luís Pimentel só publicou en vida uns poucos poemas na revista Ronsel
e un folleto de oito poemas, Triscos no 1950. Postumamente editáronse
Sombra do aire na herba en 1959 e Barco sin luces en 1960 escrita en
castelán. A súa poesía caracterízase pola súa esencialidade , sinxeleza,
influencias do modernismo, simbolismo francés, existecialismo de
posgeurra e amosa pegadas vangardistas como as metáforas
visionarias, a fragmentación, o verso libre... Tamén destacan os
paralelismos e as anáforas.

You might also like