You are on page 1of 1

TEMA 2. A POESÍA DE VANGARDA.

CARACTERÍSTICAS,
AUTORES E OBRAS REPRESENTATIVAS.
É o “Grupo Nós”, co seu labor restaurador da cultura e a súa visión universalizadora, quen
abren as portas á incorporación das vangardas á literatura galega. A vangarda é un conxunto
de movementos artísticos europeos (1910 – 1930), con afán de ruptura con todo o anterior,
unha actitude provocativa que ase aplica a tódolos campos estéticos: pintura, escultura,
música, literatura… Non conciben a arte como imitación da realidade, senón como unha
interpretación persoal desta. En poesía prescinden dos moldes tradicionais, ordenando os
versos a xeito de caligramas, o poema baséase en imaxes vangardistas.

Os vangardistas galegos nacen cara o ano 19000 (Xeración do 25), supoñen unha ruptura e
actitude crítica coa poesía anterior: coa tradición de sentimentalismo, folclorismo (romarías,
costumes, rural) e paisaxismo do século XIX, e por primeira vez hai unha integración na poesía
europea.

Liñas principais nas vangardas galegas:

- Surrealismo: Álvaro Cunqueiro. Poemas do si e non: unha interpretación moi persoal,


con fluír da asociación de ideas e a influencia dos soños pero cun pouso sentimental,
sen a carga dramática que soen ter os textos surrealistas. Hai algo de cubismo en Mar
ao norde (1932).
- Creacionismo: Manuel Antonio. Personalidade rebelde que representa o mellor
expoñente vangardista en Galicia. A súa principal obre é De catro a catro. Follas sen
data dun diario de abordo. Son 19 poemas estruturados como unha viaxe marítima,
case sempre de noite, simboliza a súa concepción absolutamente pesimista da vida:
monótona, repetitiva, en completa soidade (como perdido no mar), e continua
despedida. Estrutura superficial: unha viaxe marítima (dende a súa preparación ata a
súa finalización, con parada intermedia) monótona, repetitiva e contraditoria: o tempo
pasa pero esta parado, só existe o presente. Estrutura profunda: viaxe interior,
iniciática; visión desilusionada, negativa, da vida dende a soidade.
- Hilozoísmo: o movemento de máis éxito na época, con multitude de seguidores. Baixo
unha forma tradicional (non é vangarda plena) – estrofas populares, rima asonante,
versos medidos, lingua popular – preséntanos, a base de imaxes vangardistas, unha
natureza viva, aberta ás sensacións, ao auditivo, ao visual, fronte ao sentimentalismo e
a anécdota. O poema deshumanízase e a paisaxe humanízase. O seu iniciador e
representante máis destacado é Luís Amado Carballo: Proel e O galo. Entre os
múltiples seguidores destaca Eduardo Blanco Amor.
- Neotrobadorismo: non é propiamente unha vangarda, senón unha reformulación de
estilos e temas da tradición medieval, engadindo imaxes da poesía moderna. Liñas:
o Unha más innovadora, con Bouza Brey – o seu iniciador – Nao senlleira; Álvaro
Cunqueiro (Cantiga nova que se chama Riveira, Dona do corpo delgado).
o Outra máis imitadora das cantigas medievais, que rematará con Xosé María
Álvarez Blázquez cando en 1953 fai pasar o seu Cancioneiro de Monfero por
un verdadeiro cancioneiro medieval.

You might also like