You are on page 1of 2

MANUEL ANTONIO.

DE CATRO A CATRO (1928)

A gran figura do vangardismo galego foi sen dúbida Manuel Antonio


(1900-1930) quen, xunto co pintor Álvaro Cebreiro, publicaron en 1922 o
gran manifesto do vangardismo galego, titulado Máis Alá. Un manifesto
“iconoclasta”, co que “a ruptura se fai programa”. Neste manifesto
Manuel Antonio rexeitou moitos dos logros dos tres poetas lendarios de
Galicia (Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Eduardo Pondal) e propuxo
un cambio de rumbo na poesía, que debía, segundo el, achegarse aos
gustos dos intelectuais. As propostas de Manuel inclúen unha visión
poética completamente nova, a supresión dos temas que se repetían
constantemente na poesía e unha nova interpretación da paisaxe. Uns
anos máis tarde, publica Manuel Antonio a súa obra cume: a colección de
poemas De catro a catro, unha obra clave, que vai marcar decididamente
o desenvolvemento da poesía galega.

De catro a catro (1928) é o primeiro poemario integramente


vangardista da literatura galega e considérase como obra de orde
primordial na poesía galega contemporánea. Libro caracterizado pola súa
complexidade e hermetismo, componse de 19 poemas que foron escritos
nos anos 1926 e 1927, cando o poeta realizaba as prácticas de piloto da
mariña mercante e viaxaba polo Mediterráneo. O libro leva o elocuente
subtítulo de Follas sen data d´un diario d´abordo e nel descríbense as súas
experiencias destas viaxes. Pero no poemario o poeta non percorre a
anécdotas, datos xeográficos ou nomes comprobables. Só aparentemente
é un diario, pero non hai datas nin lugares, só a súa experiencia persoal. O
libro non é o resumo dunha viaxe, senón a súa consideración da vida
nunha viaxe.

O libro constitúe o caso máis orixinal e profundo que a poesía


galega dedicou ó mar. No mar o poeta quere fuxir da vida burguesa,
buscar o absoluto na aventura que pode ofrecer o océano. Con todo, a
viaxe descrita no libro non conduce a ningunha parte. É un proceso
esotérico que representa para o eu poético unha experiencia espiritual,
algunhas veces inquietante e sempre nova. O mar que atopa o eu poético
é descoñecida e estraña, chea de símbolos, que se transforma deste xeito
na metáfora da súa vida… un mar interno e vasto, un lugar deserto.
O primeiro poema é Intencións en el, o poeta imaxina o futuro
dunha viaxe que se inicia, as esperanzas e ilusións. Deseguido hai 17
poemas máis (Sós, S.O.S., Navy Bar, Ao afogado, Travesía…) e finaliza
(poema 19) con Adeus que representa a chegada, o regreso, a fin da viaxe
que pecha o proceso: iniciar a viaxe (un poema), discorrer da viaxe (17
poemas) e final da viaxe (un poema). A finalización da viaxe, sempre deixa
aberta a porta a un novo inicio, unha nova navegación.

De catro a catro: 19 poemas escritos por Manuel Antonio


a bordo do pailebote Constantino Candeira como agregado
do capitán Augusto Lustres Rivas, a quen dedicou o libro:
“C’a lembranza d’as navegacións feitas ao par”.
O poeta deixou constancia desta xeira no manuscrito
orixinal da obra:

Manoel-Antonio, navegante
compuxo iste libro a bordo
Atlántico - Mediterráneo, 1926-1927

As viaxes tiveron lugar entre o 27 de febreiro e o 18 de


outubro de 1926; e o 26 de abril até o 28 de setembro de
1927, percorrendo varios portos do Cantábrico, Atlántico e
Mediterráneo.

You might also like