You are on page 1of 4

1

NOVECENTISTAS, VANGARDISTAS OU XERACIÓN DO 25

Nas primeiras décadas do século XX, en Europa, un movemento de


renovación estética revolucionou todos os aspectos da arte; é o que se
denominou vangardas. Estas contan con diferentes correntes estéticas que se
denominan ismos.
Algúns destes (futurismo, cubismo, dadaísmo, surrealismo,
creacionismo...) producirán unha especial influencia na literatura galega.
En Galicia, unha nova xeración de poetas, nacidos arredor de 1900 e
coñecidos como novecentistas, xeración do 25, xeración de vangarda, vanse
aproximar ás vangardas europeas, fomentando o enxebrismo da nosa arte e da
nosa literatura. Os ismos galegos son unha mestura de tradición e
modernidade. Dentro deles podemos falar de dúas tendencias;
 A dos ismos que seguen liñas poéticas xa existentes en Galicia:
hilozoísmo e neotrobadorismo
 A tendencia que rompe coa tradición anterior: creacionismo e
surrealismo.

HILOZOÍSMO.-

Tamén denominado imaxinismo, xorde da tradición literaria


paisaxística, combinada con recursos vangardistas. Caracterízase polo
personificación da natureza; os elementos visuais e auditivos; o predominio
da cor viva e rechamante e a métrica sinxela. O principal representante é
Luís Amado Carballo.

Luís Amado Carballo .-

Foi o poeta máis destacado do seu tempo, cuxa poesía, se caracteriza


por personificar os elementos da paisaxe.
Fundou a revista Alborada, e colaborou noutras publicacións españolas
e galegas, como Progreso, La Concordia, A Nosa Terra, El Pueblo Gallego ou
Vida Gallega. Sería Alborada onde o seu libro de poemas ”Proel” (1927) vise
a luz por primeira vez.
A obra:
 A súa obra comeza con “Proel” na que plasma a súa vontade de
axuntar tradición e renovación sen perder o compromiso coa súa
terra e de xeito póstumo, publicouse, “O galo”.
Outros poetas da escola hilozoísta son:

 Eduardo Blanco Amor.- A súa obra poética móvese entre o


hilozoísmo e algunhas pegadas do modernismo.
 Eugenio Montes.- Combinou o hilozoísmo con outros fluxos das
vangardas no seu único libro de poemas en galego: “Versos a
tres cans o neto”
 Manuel Luís Acuña.- No seu único libro “Fírgoas” predomina a
poesía hilozoísta, con algúns trazos cubistas.
2

O NEOTROBADORISMO

Xorde polo descubrimento da poesía medieval galego-portuguesa.


Baséase na tradición, imitando a cantiga de amigo e de amor. Caracterízase
pola perfección formal, polo uso de procedementos estilísticos das cantigas
galego-portuguesas –paralelismo refrán.
Os autores máis representativos son:

 Fermín Bouza Brey.


 Álvaro Cunqueiro.

Fermín Bouza-Brey Trillo.-

Coa súa obra “Nao senlleira” un poemario iniciador da corrente


neotrobadorista da literatura galega.
En 1955, publicou “Seitura”, que supuxo o abandono radical do
neotrobadorismo.

A obra:
 “Cabalgadas en Salnés” (1925) esta novela pertence ao período
que preparou o ingreso na carreira xudicial en Madrid.
 “Nao Senlleira” (1933) un poemario iniciador da corrente
neotrobadorista.
 “Seitura”(1955)

Álvaro Cunqueiro.-

É considerado un dos grandes autores das nosas letras. Foi un


novelista, poeta, dramaturgo e xornalista que revolucionou o panorama
literario galego co emprego dunha lingua culta e vangardista.
En Mondoñedo participou do movemento editorial dos anos trinta,
promovendo a aparición de varias publicacións vangardistas como Papel de
color ou Galiza. Integrouse no Partido Galeguista e iniciou, a súa obra
poética con “Mar ao norde” (1932) , “Cantiga nova que se chama Riveira”
(1932) e “Poemas do si e non” (1933).

O CREACIONISMO

O creacionismo supón un feito illado na nosa literatura,


ademais de ser o único movemento plenamente vangardista, orixinal e
universalista no que o poeta pretende crear unha realidade autónoma.
Caracterízase pola superposición de imaxes e a exclusión da
musicalidade e da rima. Este movemento foi exclusivo de Manuel
Antonio do que destaca a súa única obra: “De catro a catro”.
Esta obra supón o inicio da vangarda plena, innovadora
disposición tipográfica, ausencia de ritmo e rima e metáforas
3

inhabituais. Todos estes elementos conformarán unha visión do mar


insólita no panorama literario galego.
A poesía de Manuel Antonio rompe coa tradición lírica galega e
presenta unha tripla orixinalidade: lingüística -tecnicismos,
estranxeirismos e cultismos.

Manuel Antonio.-

Manuel Antonio Pérez Sánchez, é o principal poeta das vangardas


galegas, soubo recoller na súa obra as novas correntes europeas e
hispanoamericanas, adaptándoas á nosa literatura.
En 1922 asinou xunto con Álvaro Cebreiro o manifesto ¡Máis
alá!. Nel defendían o uso exclusivo do galego e a independencia da
nosa literatura respecto da española. O manifesto, dirixido
fundamentalmente á mocidade intelectual, quería servir de auténtico
revulsivo para o sector máis conservador do galeguismo.
Manuel Antonio é o poeta vangardista máis orixinal da literatura
galega. En toda a súa obra domina a constante preocupación pola lingua
e o nacionalismo.
O seu único libro publicado en vida, “De catro a catro. Follas
d'un diario d'abordo”. Con todo, a súa obra tardaría moitos anos en
deixar pegadas noutras xeracións literarias.

O SURREALISMO OU SUPERREALISMO

O surrealismo ou superrealismo nas nosas letras vén da man de


Álvaro Cunqueiro coa súa obra Poemas do si e do non.

Luís Pimentel.-

Aínda que a súa obra aparece publicada despois da guerra, debe


incluírse entre os poetas deste tempo, xa que tal vez sexa o poeta
máis representativo e de maior altura lírica.
Luís Pimentel do que destaca a súa obra póstuma Sombra do aire
na herba, móstranos un universo poético constituído por seres e
obxectos que convidan á intimidade e ao recollemento. A súa poesía
está chea de musicalidade, pero tendendo ás veces ao surrealismo.
En vida só publicou algúns poemas en “Ronsel” e outras
revistas da época, e un folleto de oito poemas: “Triscos” (1950). O
resto das súas obras serán publicadas postumamente. “Sombra de Aire
na herba” (1959), “Barco sin luces” (1960).
A PROSA
4

A guerra Civil de 1936 marca un antes e un despois, daquela


Dieste edita antes do latrocinio contra a República, mentres que
coetáneos como Blanco Amor ou Álvaro Cunqueiro, publican a súa prosa
despois.

Rafael Dieste.-

Dieste publicou unha colección de contos titulada “Dos


arquivos do trasno”, que mostran unha técnica narrativa moi depurada
e unha gran orixinalidade.
É autor tamén dunha comedia, “A fiestra valdeira” (1927)

Xosé Fernando Filgueira Valverde

A súa obra literaria abarca a narrativa, a poesía, o ensaio e o


teatro. Así, na súa produción figuran o libro de relatos Os nenos
(1925) e a semblanza “O vigairo” (1927); o texto teatral “Agromar.
Farsa pra rapaces” (1936) estreado en 1932; as antoloxías
“Cancioneiriño de Compostela “(1932) e “Cancioneiriño novo de
Compostela” (1969), en que recolle composicións do medievo e etapas
posteriores que fan referencia á capital galega, ou o volume de prosas
literarias “Quintana viva” (1971).

You might also like