You are on page 1of 5

Ola, somos: Antón, Samuel, Óscar e Luis e hoxe imos falar sobre as

Vangardas.

As Vangardas son unha serie de movementos estéticos nacidos en


Europa no primeiro terzo do século XX. Supuxeron unha ruptura radical
coa maneira existente de concibir a arte. Cada un destes movementos
constituíu un “ismo”; é dicir, unha corrente cos seus propios postulados
que se difundían a través dos chamados manifestos vangardistas, os cales
reivindican os ideais dos artistas da época.

As sociedades transfórmanse debido a eventos catastróficos como a


1ª Guerra Mundial, o cráck bursátil do 29 etc... Polo tanto, tamén cambiou
a arte, facendo cousas nunca vistas ata ese momento e sen seguir ningún
canon anterior.

Os principais ismos son:

1. Cubismo
2. Futurismo
3. Expresionismo
4. Dadaísmo
5. Hilozoísmo
6. Neotrobadorismo
6. Creacionismo
7.Surrealismo

Algúns dos postulados que defendían as vangardas son:

1.-A reivindicación da materia artística como algo


autónomo.
Ata daquela entendíase que a beleza consistía en imitar a realidade. Agora
concíbea cada poeta coma un creador singular e único dunha nova
realidade e non coma un imitador dunha realidade preexistente, allea á
obra artística.

- E a partir de aquí continúa o meu compañeiro Antón-


2.-Espírito rebelde e provocador fronte á tradición
estética e as normas.
Rompeu tanto coa estrofa, puntuación, métrica dos versos así como
coa sintaxe, alterando por completo a estrutura tradicional das
composicións.
Por exemplo, o capitulo final do Ulises de James Joyce non ten ningún
signo de puntuación, a pesar de que ten 90 páxinas, polo que é coñecido
como o soliloquio de Molly Bloom.
Tamén xurdiu o caligrama, que é un poema escrito de tal maneira que
as palabras forman imaxes.
O autor vangardista, non estaba conforme coa arte que había nese
momento, polo que quería innovar.
Na poesía xogábase constantemente co símbolo. Por exemplo, utilízase
a pomba para representar a paz.
O punto de vista do narrador comezaba a ser múltiple. Exprésanse e
fálase sobre os sentimentos das persoaxes.
Non era o tempo cronolóxico o que tiña importancia, senón o tempo
anímico.

3.-A total liberdade creativa.


A arte só debía ter unha fin lúdica, é dicir, para expresar a beleza e
estimular a imaxinación.
Estes movementos foron introducidos en Galicia a través de revistas
como “A nosa terra”.
A reacción vangardista galega non foi igual que as europeas, porque a
galega quería seguir reivindicando a cultura da súa terra. Polo tanto, os
ismos galegos son unha mestura de tradición e modernidade.

4.-A deshumanización da obra de arte.


Cando perde importancia a figura humana.
-E a partir de aquí continúa Samuel-
Dentro destes podemos falar de dúas tendencias:

-A dos ismos que seguen liñas poéticas xa existentes en Galicia:


hilozoísmo e neotrobadorismo.

-A tendencia que rompe coa tradición anterior: creacionismo e surrealismo.

1. O Hilozoísmo

É un ismo continuador da tradición paisaxística que viña xa da


poesía do s. XIX, aínda que toma influencias das Vangardas. Nos poemas
hilozoístas préstase unha grande atención á natureza mediante o uso e
abuso de personificacións, o elemento humano apenas aparece, e cando o
fai, fúndese coa paisaxe.

Un autor moi importante do hilozoísmo foi Amado Carballo con


obras como Proel ou O galo.
A paisaxe era o principal trazo temático da súa poesía, era unha paisaxe
natural, rural e humanizada, a través da personificación.
Amado Carballo móstrase conservador na métrica, rara vez usa o
verso libre. Adoitaba usar métrica regular de rima asonante e versos de arte
menor.

2. O Neotrobadorismo

O neotrobadorismo xorde polo descubrimento das cantigas galego-


portuguesas medievais. Baséase na tradición e imita as cantigas de amigo e
de amor. Caracterízase pola perfección formal e o uso de recursos
estilísticos das cantigas galego-portuguesas, tales coma o paralelismo,
refráns ou leixapréns, pero empregando unha linguaxe do século XX.

Os principais autores do neotrobadorismo foron Fermín Bouza Brey


con Nao_senlleira e Álvaro Cunqueiro con Cantiga nova que se chama
Riveira “OBRA”

- Agora continua e finaliza o meu compañeiro Óscar -


3. O creacionismo
O creacionismo foi o único movemento plenamente vangardista,
orixinal e universalista da nosa literatura.
Deste ismo, na nosa literatura, só podemos contar coa figura de
Manuel Antonio e a súa única obra publicada en vida: De catro a catro.
No 1922, tamén publicou o manifesto Máis Alá, onde considerando a
importancia que ten a arte nos rexurdimentos nacionais, propugnou unha
renovación estética e temática afastada do ruralismo do século XIX e
avogou pola liberdade creativa.
A obra de Manuel Antonio supuxo o inicio da vangarda plena, polo
seu carácter innovador, audaz e rupturista, tanto no plano formal como no
contido.
O poemario conta cunha estrutura circular e con dezanove
composicións, onde se narra unha viaxe marítima, dende o momento que
o barco parte (“Intencións”) ata que retorna ó punto de partida (“Adeus”).
Esta viaxe repetitiva e monótona simboliza a viaxe interior que realiza o
propio poeta.
A obra tamén conta con unidade temática, xa que en todos os poemas
aparece reflectido o mar. Este mar está dotado dunha realidade existencial
como a soidade, a monotonía, a saudade, o silencio, o desarraigamento, a
vida, a morte…
Manuel Antonio rompe coa tradición lírica galega e presenta unha
tripla orixinalidade:
-Lingüística, pola presenza de tecnicismos, estranxeirismos e
cultismos. Busca un galego culto e supradialectal.
-Temática, pola visión do mar dende o propio mar.
-Formal, pola rotura case por completo dos esquemas métricos
tradicionais (rima, ritmo, división en estrofas…) e utiliza trazos
vangardistas cunha disposición irregular dos versos, uso de espazos en
branco, maiúsculas, símbolos, xustaposición de imaxes ou mecanicismo
(código morse, léxico de navegación).

4. O surrealismo
O surrealismo, é o último ismo do que imos a falar; na nosa literatura
provén de Álvaro Cunqueiro coa súa obra Poemas do si e do non, na que
se presentan trazos vangardistas, como o automatismo e as imaxes
irracionais, aínda que dun xeito inxenuo e sentimental.
Outro gran poeta das Vangardas galegas é Luis Pimentel, onde
destaca a súa obra Sombra do aire na herba. A súa poesía mostra
sinxeleza, pero tamén algúns trazos vangardistas coma o verso libre,
imaxes poéticas tomadas do mundo dos soños, metáforas, combinación do
delicado e gustoso co anguriante e irracional ou ben a presenza de espazos
interiores e pechados.

You might also like