You are on page 1of 5

GOYA: ENTRE DOUS SÉCULOS

Francisco de Goya y Lucientes (1746-1828) foi o pintor máis representativo do final do


Antigo Réxime. Foi un pintor xenial que non é posible encadrar nun determinado estilo artístico,
porque foi un grande innovador e renovador da pintura, de modo que serviu de referente a varios
movementeos pictóricos posteriores. A súa formación inicial foi de corte académico, neoclásico,
pero deseguida destacou a súa forma persoal de pintar e a súa capacidade para innovar técnicas e
temáticas.
A súa obra, moi extensa e variada, atravesou distintas etapas relacionadas cos
acontecementos históricos que lle tocou vivir.
1ª etapa: pintor da Real Fábrica de Tapices.
As súas primeiras obras importantes comezaron cando foi nomeado pintor da Real Fábrica
de Tapices, pintaba cartóns (obras para copiar en tapices). Os temas eran moi popularels e
mostraban unha sociedade despreocupada, que se divertía cos majos e majas, personaxes típicos de
pobo baixo. O seu estilo pictórico é suave, un pouco vaporoso e con cores pastel, Todos de carácter
costumista e de estética neoclásica. Ex.: O bambán, A nevadas, O parasol, A pita cega, A
vendimia...
2ª etapa: pintor da familia real
Goya introdúcese nos círculos aristocrático e cortesáns, e é nomeado pintor da familia real,
pintor de cámara de Carlos IV, realizando numerosos retratos da familia real (A familia de Carlos
IV, retrato colectivo realista, no que trata con ironía e certa crítica ña aristocracia conseguindo
retratos psicolóxicos) e de personaxes contemporáneos como: Jovellanos, Condesa de Chinchó,
Moratín, Godoy... En contacto coas coleccións reais, déixase influir por Velázquez e atende máis
aos efectos pictóricos das vestimentas, a pincelada solta, os fondos escuros, os brillos e a
profundidade psicolóxica dos personaxes. Nesta etapa tamén pinta A maja espida e A maja vestida.
3ª etapa: pintor dos acontecementos contemporáneos
Trala invasión napoleónica convirtese en testemuña dos terribles acontecementos que están a
sucedes o que lle inspira a realizar dous cadros de tema histórico; A carga dos mamelucos e Os
fusilamentos deo 3 de maio. Ademáis fixo a serie de gravados: os desastres da guerra onde reflexa
os horroes de contenda. Nesta etapa a súa pintura vólvese dramática e emocional. Nela reflicte
situación límite, como logo farán os pintores románticos.
4ª etapa: pintor do seu mundo interior
A volta do absolutismo tras a guerra da Indepencia desilusiona a Goya e péchao no seu
mundo interior. Sofre unha grave enfermidade que lle provocou una xordeira total o que repercutiu
no seu carácter e n asía obra. A partir de 1819 vive retirado na quinta do xordo, na que realizou
unha serie de obras coñecidas como pinturas negras: Dous vellos comendo sopas, Saturno
devorando ao seu fillo, A loita con garrotes (suponse que representa a guerra, o enfrontamento
entre os dous bandos). O Aquelarre. As cores vólvense escuras, a luz contribúe ao expresionismo,
os fondos son neutros e os temas case macabros. Trátanse de obras moi orixinais que abriron
camiños a novas estéticas e que serán obxeto de estudo e análise de pintores posteriores.
5ª etapa: exilio e morte
Exiliouse a Francia en 1824, polas súas ideas liberais, onde more en 1828. Alí realizou
novos gravados e pintou a súa derradeira obra, A leiteira de Bordeos, que inspirou a numerosos
artistas impresionistas.
ARTE A FINAIS DO SÉCULO xix
Na época das revolucións liberais europeas e dos movementos nacionalistas do século XIX
desenvolvéronse dous artísticos ben diferenciados e, ata certo punto, opostos: o romanticismo e o
realismo.
Romanticismo
Fronte ás normas academicistas do neoclasicismo, o romanticismo defendái a liberdade, a
mesma liberdade que desexaban alcanzar os pobos sometidos a Napoleón ou dominados polos
monarcas de Restauración.
Nas artes plásticas foron os pintores quen mellor plasmaron os ideais románticos: temas
intimistas, representación subxectiva da paisaxe, exaltación das accións colectivas e populares, gran
colorido de paleta cálida, luces que matizan as cores e producen efectos de claroscuro,
composicións dinámicas, gusto polos temas históricos, especialmente medievais e exóticos, e os
desastres, tanto naturais como ocasionados pola humanidade, caso das guerras. Entre os pintores
máis destacados están Theodore Gerucault, Eugène Delacroix e Caspar David Friedrich.
Realismo
A mediados do século XIX iniciouse unha nova corrente artística denominada realismo que
defendía conceptos estéticos e temáticos moi diferentes do romanticismo, mesmo ás veces en clara
oposición.
De modo similar ao que sucedeu no romanticismo, tamén no realismo foron os pintores os
artistas que mellor representaron este movemento. Tomaron conciencia de que a súa obra podía ter
un contido social, reflectindo nos seus lenzos a realidade afastada de toda visión poética ou
personalista. Por iso, os temas tesponden a situación do memento, prestando especial atención aos
feitos da actualidade, ás actividades cotiás, á denuncia da situación dos traballadores, pero tamén ás
paisaxes, nas que a natureza se amostra en todo o seu realismo. Destacan a obre de Honoré
Daumier, Gustave Courbet, Jean-François Millet e Camille Corot.

*No derradeiro terzo do século XIX desenvolvéronse en Europa dous


movementos artístivos cultivados especialmente por pintores: o impresionismo e o
postimpresionismo.
Impresionismo
Este movemento artístico naceu en París arredor de 1870-1880 e debe o seu nome ao cadro
de Monet titulado Impresión, sol nacente. Os artistas rexeitaron a arte académica e deron grande
importancia á obra en si mesma, con independencia do que representaba. O tratamento da luz é
fundamental en todos os impresionistas, buscando os efectos que produce sobre as superficies.
PINTURA
É onde mellor se aprecia este movemento artístico. Os pintores impresionistas eliminaron o
trazo do debuxo como base da obra, dando protagonismo á cor mediante as manchas, aos xogos de
luces e sombras, ás tonalidades. Predomina a paleta de cores claras e a pincelada é pequena e solta.
Gustaban de pintar ao aire libre, dedicando especial atención á naturaleza e á luz. Os artista queren
captar la impresión que os obxectos provocan na nosa retina cando a luz incide sobre eles,
orixinando perfís diluódas. Entre os pintores máis recoñecidos están os franceses Claude Monet,
Camille Pisarro, Pierre-Auguste Renoir e Edgar Degas. En España destacou Joaquín Sorolla.
ESCULTURA
Igual que os pintores, os escultores impresionistas buscaban reflectir o impacto da luz sobre
as superficies das súas obras, luz que suaviza o dilúe os contornos. O gran escultor impresionista foi
Auguste Rodin.
postImpresionismo
Estre as décadas finais do século XIX e primeiros anos do XX desenvoveron a súa obra
unha serie de pintores renovadores que abriron novos camiños á arte contemporánea a partir do
impresionismo.
PINTURA
Os grandes pintores desta época teñen escasos puntos en común. A forte personalidade da
sua obra fixo que cada un evolucionase en diferentes dirección, explorando novas posibilidades de
expresión plástica que se converteron en puntos de partida de novos movementos.
Claro antecedente do cubismo foi Paul Cezánne, pintor qe gusta de buscar formas
geométricas na natureza, de modo que se traduzan nos elementos representados nos lenzos, así
como de perspectivas en primeiro plano.
- Paul Gauguin está considerado como o precursosr do surrealimso e do primitivismo; nos seus
lenzos plasma a imaxinación e as sensacións da mente do artista, pero tamén gusta de
realizacións con aire de sinxelo primitivismo.

- Vicent van Gogh leva ao lenzo a súa experiencia vital cun punto de vista moi persoal, con
pinceladas moi grosas e plásticas, de forte movemento, e cores fortes e planas, iniciando así a
estética do expresionismo e do fauvismo.
ARTE na primeira metade do século XX
Durante a primeira metade do século XX non existe un movemento único nin dominante nas
artes plásticas, senón que a característica da época é a permanente renovación das linguaxes
artísticas. Os acontecementos políticos, os cambios sociais, a renovación científica, os inventos
técnicos e as novas formas de expresión artística como a fotografía e o cine influíron na aparición
de novas formas de manifestacións artísticas. Xorden así pequenos grupos de artistas que ofrecen
novas formas expresivas. Son os ismos ou vanguardas históricas, entre os que destacan:
 FAUVISMO: do frances fauves, fieras, cualificativo dado polos críticos aos pintores que se
distinguían pola violencia cromática das súas obras. Reacción contra o impresionismo, dando
protagonismo á cor sobre o obxecto.
 CUBISMO: dos cubos cos que, segundo os críticos, compoñían os seus cadros este pintores.
Arte cerebral que diseca os obxectos aplicando novos conceptos da perspectiva.
 EXPRESIONISMO: caracterizado polo tratamento de emocións e sentimentos do ser humano
desde o punto de vista subxectivo do mundo interior do artista. Gusto poals situación
psicolóxicas negativas (angustia, medo, desesperación).
 SURREALISMO: moi influído polas teorías da psicoanálise de Freud, representa estados de
ánimo do mundo dos soños, do subconsciente, no que se mesturan todo tipo de elementos.
 FUTURISMO: que busca plasmar na pintura a sensación da velocidade e dinamismo como
expresión da rapidez con que se siceden nos acontecementos na vida.
 DADAÍSMO: caracterizado pola crítica a todo o que representa o modo de vida burgués.
Realizan obras con desperdicio e combinan técnicas (collage, pinto-escultura).
 ABSTRACCIÓN: lograda pola combinación de formas e cores en realción coa realidade visual.

As vangardas en España.
Os artistas españois continuaron traballando na estética de movementos xas iniciados con
anterioridade, ao tempo que buscaban novas formas expresivas. O franquismo non foi unha época
na que se potenciaran as artes plásticas, o que non imepdiu que destacase a obra de artistas
indicuduais.
ESCULTURA
Destaca a obra de Pablo Gargallo e Julio González. Entre os galegos: Francisco Asorey,
Xosé Eiroa, Antón Faílde, Xoán Piñeiro, Acisclo Manzano e Camilo Otero.
PINTURA
No surrealismo destacaron os cataláns Joan Miró e Salvador Dalí. Entre os galegos:
Eugenio Granell e Urbano Lugrís.
En Galicia, durante a República, formouse un grupo –Os Novos- que asumiron as linguaxes
artísticas das vangardas europeas. Moitos tiveron que continuar o seu traballo no exilio americano.
A destacar a obre de Manuel Colmeiro, Carlos Maside, Artuto Souto, Laxeiro e Luis Seoane. Entre
os artistas gráficos destacaron Afonso Rodríguez Castelao e Camilo Díaz Baliño. Na Galicia de
postguerra traballaron Manuel Pesqueira, Xulia Minguillón, Manuel Prego e Isaac Días Pardo.

Pablo ruiz Picasso (1881-1973)


É unha das máximas figuras da arte do século XX, símbolo de toda unha época polos temas
que trata e pola evolución do seu estilo, buscadnos empre a renovación da linguaxe pictórica.
Traballador infatigable, na súa obra diferéncianse etapas como; épocas azul e rosa, polas
tonalidades dominantes e as formas de gran volumen e sinxeleza. A cubista, iniciada en 1907 coa
obra As señoritas de Avignon, con cadros que marcaron a evolución do cubismo. A partir de 1925
aparecen trazos surrealistas, e o impacto das guerras leva a Picasso a acentuar o expresionismo
nos seus lenzos con figuras que expresan dor, angustia, falta de esperanza, temor, traxedia,.
Ademais de pintor, Picasso foi tamén ceramista, gravador e escultor. A súa obra foi sempre un
compormiso coa súa época desde a liberdade creadora.

As postvangardas artísticas
Co fin da Segunda Guerra Mundial variaron moito as coordenadas artísticas, diferenciándose
claramente os dous ámbitos: nas democracias populares, a arte oficial volvese realista e púxose ao
servizo da propaganda política, rompendo coas experiencias das vangardas; polo contrario, nas
democracias liberais continuouse experimentando con novas formas de expresión artística. Ademáis
cómpre sinalar novos aspectos como: a incidencia do mercado de obras de arte, a aparición de Nova
York como novo foco de produción artística e a crecente importancia do deseño industrial.
AS NOVAS FORMAS DA ARQUITECTURA
Están marcadas por unha dobre finalidade: lograr un edificio estéticamente atractivo que á
vez sexa funcional e práctico. Os arquitectos realizan deseños para todo o mundo buscando, como
os escultores e pintores, ser recoñecidos por elementos propios que os identifiquen.
CORRENTES MÁIS DESTACADAS DA ESCULTURA
 A organicista, cuxo mellor representante foi o estadounidense Herny Moore, autor de obras
dominadas polas liñas curvas e suaves, como pulidas polo paso do tempo.
 A cinética, con obras que se moven no espazo, que teñen vida propia, son dinámicas.
 A hiperrealista, que plasma a realidade recorrendo incluso a facer moldes dos obxectos
representados.
TENDENCIAS PICTÓRICAS ABSTRACTAS E FIGURATIVAS
Entre as tendencias abstractas destaca o expresionismo abstracto, tendencia que renuncia á
elaboración racional, valorando a expresividade e as calidades dos materiais. Unha variante é a
pintura matérica, así chamada porque combina todo tipo de materiais sobre o lenzo,
Entre as tendencias figurativas destacan: o hiperrealismo, que trata o lenzo co detalle dunha
cámara fotográfica. O pop art utiliza a linguaxe popular e realista para que chegue á maioría da
poboación, por iso busca motivos de inspiración en marcas de alimentos, caras de actores,
personaxes de cómics... O realismo social centra a súa atención en escenas cotiás especialmente
relacionados coa violencia ou a marxinación.

You might also like