You are on page 1of 16

A poesía entre 1936 e 1976.

A Guerra Civil paralizou toda a actividade cultural ata pasada unha década despois do
fin da contenda. A poesía non foi unha excepción.

En 1947 publícase Cómaros verdes de Aquilino Iglesia Alvariño e


en 1949, ponse en marcha a a colección de poesía Benito Soto en
Pontevedra, coa colaboración de Manuel Cuña Novás entre outros
e dirixida por Celso Emilio Ferreiro .

As editoriais Monterrey e Bibliófilos Gallegos tamén se


fundan en 1949, pero o feito cultural máis importante da
época é a fundación da Editorial Galaxia en 1950. Nesta
editorial publicaranse as obras literarias de referencia da
literatura galega e construirase o novo sistema literario
galego, ademais de significarse como un medio de
resistencia cultural ao franquismo. Significativamente, o
primeiro título que publicará a editorial será a
recompilación de poesía popular galega Antífona da
cantiga, de Ramón Cabanillas.
Imaxinismo ou hilozoísmo. Representado por autores
como Iglesia Alvariño ou Casado Nieto.
Tendencias
herdadas da Neotrobadorismo. Os principais representantes son
preguerra Álvarez Blázquez ou o mesmo Cunqueiro.

Ruralismo. Destacan autores como Díaz Castro ou


Iglesia Alvariño.

Tendencias Paisaxismo A unión entre o home e a natureza será tema


da poesía renovador básico en Novoneyra e Manuel María.
entre 1936
e 1975
A referencia á cultura grecolatina destaca
Clasicismo e en Iglesia Alvariño e Carballo Calero.
culturalismo

Esta escola existencialista e angustiada


Intimismo e foi iniciada por Cuña Novás e seguida
Escola da Tebra por Manuel María entre outros.

Socialrealismo É a corrente dominante na época e os


principais representantes son Celso
Emilio Ferreiro e Manuel María.

Luís Pimentel é unha figura á marxe destas tendencias, inclasificable. Provén da estética vangardista da
preguerra e publicou tardiamente Triscos (1950) e Sombra do aire na herba (1959).
A XERACIÓN DE 1936

Está formada por autores que viviron a Guerra Civil, -mesmo xa tiñan publicado antes
dela- e esta experiencia marcounos profundamente.

Aquilino Iglesia Alvariño(1909-1961). Iniciou a publicación


de poesía na posguerra e cultivou moitas das tendencias
vistas anteriormente, a traves das que trata temas como a
saudade, o paso do tempo e a morte.
Señardá (1930) e Corazón ao vento (1933) son publicados
xa antes da guerra e posúen influencias vangardistas.
Cómaros verdes (1947) integra varias das tendencias xa
vistas. De día a día (1960) é un diario poético e Lanza de
soledá (1961) ten un ton intimista e de angustia perante a
morte.

Xosé María Díaz Castro(1914-1990). Publicou unha


soa obra, Nimbos (1961) de grande influencia.
Destaca na obra a temática relixiosa, preocupada
polos grandes interrogantes da existencia e que
contrapón continuamente o mundo material e o mundo
espiritual.
Ademais, destaca o poema “Penélope”, no que
equipara a Galicia coa dona do heroe mítolóxico
Ulises.
Celso Emilio Ferreiro (1912-1979). É o poeta máis
importante da súa xeración e gozou dunha enorme
popularidade e recoñecemento no seu tempo. Persoa
comprometida politicamente, é o cultivador da poesía
socialrealista por excelencia.
O soño sulagado (1954). Predomina nesta primeira
obra a poesía intimista e saudosa pero xa aparece a
poesía social e comprometida que denuncia a loucura
da guerra, a inxustiza e a falta de liberdade.
Longa noite de pedra (1962). A orixe deste poemario
está no encarceramento do poeta no mosteiro de
Celanova (habilitado como prisión) en 1937,
presuntamente por facer comentarios sobre a
crueldade dos fascistas na guerra. O primeiro poema,
que dá título á obra remite a este feito e convértese
nunha metáfora do franquismo.

O poemario desenvolve, mediante unha poesía de


grande sinxeleza expresiva, todo un alegato en favor da
liberdade, a xustiza social, o antimilitarismo... e contra a
intolerancia, o autoritarismo e a violencia fascista.

¡Que ben que a bomba vén co seu rebombio!


A bomba, ¡bong! a bomba, bon amigo.
A bomba con aramios, con formigas,
con fornos pra asar meniños loiros. Mosteiro de Celanova
Viaxe ao país dos ananos (1968) é unha
obra que xorde da experiencia que marcou
o noso autor: a emigración do poeta a
Venezuela e o choque que supón para el o
descubrimento da realidade dos colectivos
emigrados: materialistas, desgaleguizados e
controlados por axentes franquistas. Xa
desde o propio título da obra se leva a cabo
unha crítica feroz deste colectivo: os
“ananos” contrapóñense ao autor “Gulliver
Ferreiro”.

Probe de min. A terra prometida,


Hermandad Gallega de Caracas, da que
a Galicia emigrada que eu buscaba, Celso Emilio foi secretario e logo expulsado.
era soamente un pozo de residuos,
unha corte de ovellas resignadas.
Wall Street, Wall Street,
Cantigas de escarnio e maldicir (1968) afonda lameiro luminoso,
na poesía satírica e con Antipoemas (1972) nádega poderosa
chega máis lonxe no camiño da sátira
sociopolítica, de xeito que integra materiais do mundo
afastados da poesía para criticar o imperialismo
americano e a sociedade capitalista.

Onde o mundo se chama Celanova (1975) é unha obra intimista na


que se refuxia na súa vila natal e no amor da súa dona Moraima.
A PROMOCIÓN DE ENLACE
Os autores deste grupo eran nenos durante e guerra e medraron na dura posguerra, sen
posibilidade de acceso a unha formación sólida e, moito menos, á cultura galega. Comezan
entón a escribir en castelán e danse a coñecer tardiamente.

Antón Tovar (1921-2004). Reflexiona nas súas obras sobre o sentido da


vida e da morte dun xeito moi pesimista e con grande preocupación
relixiosa. Destacan as súas obras Arredores (1962), O vento no teu colo
(1974) ou Calados exconxuros (1980).

Luz Pozo Garza (1922) é unha autora de extensa


traxectoria que comeza cunha obra vitalista,
amorosa e sensual que se afasta do común na
poesía da época: O paxaro na boca (1952). A
seguinte obra suporá un xiro cara á temática
intimista e saudosa: Verbas derradeiras (1972). A
partir de aquí irá combinando ambas correntes en
obras como Concerto de outono (1981) ou Códice
Calixtino (1986).

Manuel Cuña Novás (1926-1992) é o iniciador da


tendencia que recibiu o nome de “Escola da
Tebra” pola súa temática sombría, o seu clima
angustiado e onírico e o uso de imaxes de
influencia surrealista. A obra clave do autor e
iniciadora da corrente foi Fabulario novo (1952).
A XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS
É a xeración máis importante destes anos: estes
autores xa non viviron a Guerra Civil mais criáronse
nun clima de represión e escurantismo

O nome desta xeración provén dun certame poético que


se recuperou na Universidade de Santiago nos anos 50
e no que case todos foron premiados. Constitúen unha
xeración que xa consegue acceso aos estudos
superiores, aínda que queda desencantada da pobreza
da vida universitaria da década de 1950.

Foron introducidos no galeguismo polos


persoeiros de Galaxia (Ramón Piñeiro,
Francisco Fernández del Riego, mesmo
Otero Pedrayo). Posteriormente moitos
desvinculáronse deste grupo e recuperaron
a acción política na clandestinidade.
Ademais, abren a cultura galega a
influencias doutras culturas como a
francesa e a anglosaxoa. E tamén
incorporan elementos da nova cultura de
masas posterior á Segunda Guerra Mundial:
o rock, o cinema, o jazz...
Uxío Novoneyra (1930-2000) é o poeta da paisaxe grandiosa da montaña luguesa: Os
Eidos (1955), Os Eidos 2 (1974) e Elexías do Courel (1966) son as obras nas que
constrúe un canto á natureza grandiosa da montaña luguesa.

Crea unha poesía


que constitúe un
canto panteísta á
terra do Courel na
que o home
destaca pola súa
insignificancia

Canta o cuco cala e canta


dos castiñeiros do val.
Pasa o tempo e non di nada
e volta o cuco a cucar

Cumes mouros das aigas!


Cumes solas e escuras Montes do sol e a auga!
correndo núas Serras!
pra maior soidade e negrura! Terras solas ó sol e as nebras!
A AMADOR REI RODRÍGUEZ E DANIEL NIEBLA
Pero a súa poesía tamén posúe unha GARCÍA
vertente social e política, de denuncia do FERROL
imperialismo e da represión das liberdades 8 da mañá
10 / 3 / 72

ERGUÉSTESVOS cedo aquel día


/ o costumbre do traballo/
Mañá-cediño pra facernos coa vosa morte
Uxío Novoneyra explota recursos como o fonosimbolismo, o paralelismo, a repetición,
o estilo litúrxico e mesmo o simbolismo gráfico-visual dos seus poemas caligráficos
Xosé Luís Méndez Ferrín (1938) é un persoeiro controvertido e
tremendamente influente na literatura e na cultura galega das
últimas décadas, desde a actividade galeguista da súa xuventude
universitaria e a militancia política nos anos sesenta ata a
presidencia da Real Academia Galega de 2010 a 2013.
Inicia a súa traxectoria
poética con Voce na
néboa (1957) obra de
estética existencialista
que se insire na
chamada Escola da
Tebra. Xa nesta obra,
publicada cando
contaba só 19 anos,
se perciben varias
constantes da súa
produción.
Antoloxía popular (1972) e Sirventés pola destrución de Occitania (1975) son
publicados baixo o pseudónimo de Heriberto Bens, e reunidas en 1980 co
título Poesía enteira de Heriberto Bens. Atopamos agora unha poesía
claramente política, centrada en Galicia como nación derrotada, pero unha
poesía moi coidada esteticamente.
Era Galicia un puro val ou oco
de densidade verde e fume morno.
Era Galicia a chaira máis espida,
inerte néboa sobre illó de lodo.
A obra cenital da poesía ferriniana é Con pólvora e magnolias (1976), que ademais
inaugura unha nova época para a poesía galega. O título resume as dúas liñas estilísticas
que combina de xeito maxistral: a poesía política e revolucionaria (a pólvora) e o intimismo
preciosista (as magnolias).

Na obra está presente o compromiso social e patriótico, a


construción mítica da nación galega, o erotismo, o paso do
tempo e a morte, o vitalismo, as referencias culturais... todo
cun tratamento innovador estilística e metricamente

Sentarame moi ben chorar esta noite


porei irlanda vilanova dos infantes dúas rosas no ferrol de ferro
e os teus ollos infideles no gume do crepúsculo
intentarei porme diante de min por unha vez
e deixar nas portas bandeiras esfarrapadas pimentel e sirgos rotos

Outras obras poéticas de Ferrín son O fin dun canto (1981), tras a
que abandonou por unha longa tempada a poesía, Estirpe (1994),
centrada nas raíces da identidade galega ou a máis recente Contra
Maquieiro (2006) na que volve sobre os seus temas xa clásicos.
Manuel María (1929-2004) é o poeta máis prolífico da literatura
galega. Entre a súa extensísima produción destaca a vertente
inspirada na Escola da tebra dos seus primeiros poemarios
como Muiñeiro de brétemas (1950) ou Advento (1954). A poesía
paisaxística que se mergulla no ser profundo da terra natal
aparece no célebre Terra Chá (1954). As décadas de 1960 e
1970 son nas que destaca a poesía social, destacable polo seu
ton coloquial e satírico-humorístico: Documentos personaes
(1958), Laio e clamor pola Bretaña (1973). O intimismo
amoroso aparece en Poemas ao outono (1977)
Bernardino Graña é un autor que formou parte do Grupo
Brais Pinto e comezou a súa carreira poética cultivando unha
estética próxima á Escola da Tebra coa obra Poema dun
home que quixo vivir (1958). En Profecía do mar (1966)
realiza un canto ao mar e ás súas xentes cun ton vitalista. Se
o noso amor e os peixes Sar arriba andasen (1980) e Himno
verde (1991) son poemarios nos que aparece o vitalismo e o
amor, ademais da preocupación ecolóxica.

Xohana Torres comezou a súa traxectoria con Do sulco


(1959), poemario de carácter intimista. Ata 1980 non publica
outra obra, Estacións ao mar, na que combina temas
intimistas e social-patrióticos. En Tempo de ría (1992) segue
as mesmas liñas poéticas.
Avilés de Taramancos comeza a publicar na década de 1950,
antes de emigrar a Colombia. Ao seu regreso ve a luz o poemario
O tempo no espello (1982), que integra a obra xa publicada. En
Cantos caucanos (1982) sorprende cunha poesía que mostra a
natureza poderosa da selva colombiana. En obras como As torres
no ar (1989) e Última fuxida a Harar (1992) aparece tamén a
saudade do que marchou e que confía en volver, facendo un
paralelismo coa figura mitolóxica de Ulises.

Salvador García-Bodaño é un autor afincado en Santiago de Compostela


que publica en 1967 Ao pé de cada hora, libro en que combina o amoroso e
o compromiso social. Tempo de Compostela (1978) céntrase na cidade de
Santiago.

Arcadio López Casanova é o poeta máis novo da


xeración. Comeza publicando unha poesía de ton
existencial. En 1976 publica Mesteres, obra que foi
considerada un punto de corte entre a poesía
socialrealista e unha nova poética máis elaborada que
combina temas sociais co intimismo manexados cun
grande rigor formal. Arcadio López-Casanova, entre
Manuel María e Uxío Novoneyra

You might also like