You are on page 1of 8

UD.

6 Literatura

A poesía de 1936 a 1976 (I). A xeración de 1936 e a Promoción de Enlace


1. O silencio da década de 1940 e a
recuperación a partir de 1950
 Case non se publican libros en galego desde o comezo da guerra.
 Ruína económica, represión social e censura → paralización cultural.
 1947 Cómaros verdes (Aquilino Iglesia Alvariño)
 1949 colección de poesía Benito Soto.
 1950 editorial Galaxia
 A partir da metade do século conviven 3 xeracións de escritores/as:
 Xeración do 36
 Promoción de Enlace
 Xeracións das Festas Minervais
2. Liñas poéticas da posguerra
 Poesía herdada da preguerra: ruralismo, imaxinismo e neotrobadorismo.
Autores: Aquilino Iglesia Alvariño.
 Poesía clasicista: recuperación de formas clásicas. Autor: Iglesia Alvariño.

 Poesía intimista: interior do individuo e os seus sentimentos. Autor: Luís


Pimentel.

 Poesía socialrealista: denuncia as inxustizas, a opresión do franquismo, as


desigualdades, a guerra... con sinxeleza. Autor: Celso Emilio Ferreiro.
3. Luís Pimentel (1895-1958)

 Pertenceu á xeración de vangarda, pero non publicou as súas obras ata o


final da súa vida. Esta situación fai que non encaixe en ningunha das tres
xeracións que publican desde mediados do século XX.

 Triscos (1950) e Sombra do aire na herba (1959): poesía intimista e persoal.


Detalles sinxelos da vida cotiá. (Ver poema “Xogo ruín” de Sombra do aire
na herba, páx. 140)
4. A xeración de 1936 (I)
 Autores que xa escribían antes da guerra.
 Aquilino Iglesia Alvariño (1909-1961)
 Seminarista e catedrático de latín → poesía clasicista.
 Destaca a presenza da paisaxe, desde o ruralismo e costumismo a unha paisaxe case
humanizada (imaxinismo) en Cómaros verdes (1947). (Ver poema “O sol ergueuse moi
cedo” de Cómaros verdes, páx. 140).
 Outras obras: De día a día (1960) e Lanza de soledá (1961). O paso do tempo e a
morte están moi presentes.

 Xosé María Díaz Castro (1914-1990)


 Seminarista → presenza de Deus e da relixión.
 Nimbos (1961): o seu único libro. Morte, dor e amor como temas. (Ver “Penélope”, de
Nimbos, páx. 141).
4. A xeración de 1936 (II)
 Celso Emilio Ferreiro (1912-1979)
 Comeza a escribir antes da guerra e é obrigado a alistarse no bando franquista.

 Foi encarcerado tras ser denunciado falsamente → Longa noite de pedra.

 Emigrou a Venezuela, lugar desde o que critica a falta de compromiso dos


emigrantes.

 Tres eixos temáticos na súa obra:


 Socialrealismo: compromiso con Galiza, as clases traballadoras e coa liberdade. (Ver
“Longa noite de pedra”, en Longa noite de pedra, páx. 141).
 Sátira: ataques contra burguesía e as institucións intolerantes e opresivas do poder.
 Intimista: soidade, desacougo e sentimento amoroso.

 Formalmente: poesía sinxela e próxima á fala. Importancia de resaltar a


mensaxe. Musicalidade e recursos repetitivos.
Obra poética de Celso Emilio Ferreiro
 O soño sulagado (1954): poemas intimistas e sociais.

 Longa noite de pedra (1962): símbolo antifascista. Defensa da liberdade e


denuncia das inxustizas.

 Viaxe ao país dos ananos (1968): critica a falta de compromiso dos emigrantes
galegos en Venezuela.

 Onde o mundo se chama Celanova (1975): obra intimista onde mostra o amor
pola súa muller Moraima e reflexiona sobre o paso do tempo.
5. A promoción de Enlace

 Autores moi nenos durante a Guerra Civil e marcados pola miseria da


posguerra. A maioría comezaron escribindo en castelán.

 Antón Tovar (1921-2004)


 Poeta ourensán.
 Reflexiona sobre a morte e o sentido da vida → poesía pesimista.
 Volume Poesía galega completa (1974).

 Luz Pozo Garza (1922-2020)


 Comezou escribindo poesía vitalista e sensual → O paxaro na boca (1952).
 Obra máis intimista (saudade e desamor) → Verbas derradeiras (1972).
 Combinación de distintas liñas temáticas nos seguintes libros.

You might also like