You are on page 1of 2

XERACIÓN DO 36

Mª Mariño (Noia, 1907- Parada do Courel, 1967)

Gran manexo da lingua e da liberdade métrica (pasa da medida tradicional de 8


sílabas ao verso libre). Viviu á marxe dos seus compañeiros de xeración por residir
moitos anos fóra: País Vasco, durante a guerra e logo no Courel, onde se relaciona
especialmente con Uxío Novoneyra e a súa familia. Ten moita influencia súa nos
poemas paisaxísticos.

Representa o intimismo radical manifestado na súa relación co exterior e co interior


dela mesma (depresión). Escribe poemarios esenciais e intimistas: relación do eu
coa natureza, paso do tempo, premonición da morte…

-Palabra no tempo (1963) poemas de tipo descritivo e autobiográficos cos que a


autora amosa a súa vida e o que sente respecto da realidade..

-Verba que comeza (publicada postumamente no 1990). Poemas extensos de verso


libre.

Xosé María Díaz Castro (Guitiriz, Lugo; 1914 - Lugo; 1990)

Estudou no seminario pero non se ordenou. Coñecedor de 14 idiomas o que fixo


que traballase como tradutor.

Na súa obra amósase unha reflexión sobre o destino humano a través da


preocupación existencial e relixiosa e de comuñón coa natureza.(liña franciscanista
= importancia dos elementos pequenos da natureza)

Nimbos

Carballo Calero (Ferrol, 1910 - Santiago de Compostela, 1990)

Reintegracionista. 1º catedrático de Lingua e Literatura galegas na Universidade de


Santiago de Compostela (1965)

Pretérito Imperfeito, 1980.

Futuro condicional, 1982.

Obra con características existenciais, elementos cultos e referencias clásicas e


míticas.

Aquilino Iglesia Alvariño

Cómaros verdes: Constantes cambios de tons e perspectiva. Fai unha descrición da


paisaxe e do mundo rural., que son o centro da obra.
A paisaxe sérvelle para:

● Expresar os seus sentimentos


● Marco das súas experiencias amorosas
● Lembranza da súa feliz nenez.

Celso Emilio Ferreiro

O soño sulagado: 31 poemas cuxo título fai referencia á perda dos soños motivado
pola ditadura e os avatares da vida. Mestura algún poema social cos intimistas.
Evoca con nostalxia a terra natal, a infancia, a nai…sen posibilidade de retorno.

Longa noite de pedra: Símbolo da Ditadura. Noite = medo, represión, crispación,


censura… Aire e luz = aspectos positivos (liberdade, inocencia, natureza,
serenidade…).

Obra creada maioritariamente no encarceramento de Celanova e logo, durante


moitos anos por iso non é tan homoxénea. Pasa do individualismo e intimismo á dor
existencial e colectiva.

You might also like