You are on page 1of 2

TEMA 7: A NOVA NARRATIVA GALEGA: Características, autores e obras representativas.

1. Definición de Nova Narrativa Galega (NNG):


 Escritores e escritoras nados entre 1930 e 1940, que comezan a escribir a fins dos anos 50 e na
década dos 60.
 A data que se toma como inicio deste movemento é 1954
 Ano da publicación do libro de relatos de Gonzalo R. Mourullo, Nasce unha árbore.

2. Características comúns:
 Formación universitaria
 Incorporan os novos modelos culturais e novos procedementos técnicos dos narradores europeos e
americanos máis importantes do s.xx: Joyce, Kafka, Faulkner; e tamén do "nouveau roman"
francés.
 Esta xeración de novos narradores como poetas pertecen á Xeración da Festas Minervais.

 Trazos literarios que os dotan dunha relativa coherencia aínda nunca se consolidaron como grupo:
 Todos eles teñen intención de aplicar nos seus textos novas formas narrativas.
 Vontade de ruptura co que se viña facendo na literatura galega anterior.
 Construír unha literatura artificial como recurso para fuxir do mundo hostil que os rodeaba,
cheo de carencias.
 Asumen un total compromiso coa lingua galega, mantendo unha práctica monolingüe en
galego e unha actividade cultural e política galeguista.
 Catro acontecementos culturais que os vinculan:
 A celebración das Festas Minervais dende 1953
 Colaboración periodística no xornal La Noche de Santiago
 A creación da colección Illa Nova da editorial Galaxia
 A fundación do grupo Brais Pinto en Madrid, de carácter anarcoide e de pensamento
nacionalista.

2. Características literarias:

 Creación de mundos literarios artificiais, evitando a descrición realista do agro galego, que
caracterizaba a narrativa anterior.
 Ambientes urbanos claustrofóbicos e sórdidos.
 Personaxes anónimos, marxinais, desarraigados, desequilibrados, violentos, con frecuencia
sumidos en estados patolóxicos
 Tratamento intensivo do tema do absurdo existencial, intentando producir un sentimento de
anguria no lector.
 Hai unha presenza reiterada da violencia. A tortura aparece como unha manifestación máis da
xenreira que invade aos personaxes. As relacións humanas fanse tensas, rodeadas por unha forte
agresividade ambiental.
 tema sexual, tabú na literatura anterior, trátase con liberdade.
 Fusión do real co fantástico ou sobrenatural, confundindo a realidade vivida polo protagonista coa
ficción que este mesmo crea.
 Fuxida da localización concreta dos espazos narrativos

 Emprego dos mesmos recursos técnicos: Monólogo interior, diferentes voces narradoras nun
mesmo relato e alternancia de planos temporais.
Literatura: A Nova Narrativa Galega - 1/2
3. Autores e obras:

 Camilo González Suárez-Llanos (Sarria, 1931 – Vigo, 2008).


 Lonxe de nós e dentro (1961), libro de relatos nos que a angustia, a soidade e o absurdo están
presentes.
 Como calquer outro día (1962), unha novela longa que transcorre en dous espazos e tempos
distintos.
 Gonzalo Rodríguez Mourullo (Calo, Teo, 1935)
 Memorias de Tains (1956), relatos que aparecen baixo a forma de 7 cartas que o narrador
dirixe a diferentes destinatarios, onde os personaxes actúan movidos por un destino tráxico
que os atolda e crea un clima de angustia.

 Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938).


 Percival e outras historias (1958) catorce relatos nos que se atopan as características
salientables da súa narrativa.
 O crepúsculo e as formigas (1961) segunda colección de relatos nos que insiste na recreación
dun ambiente de terror, onde as persoas camiñan como formigas en fila, movidas por forzas
cegas que impoñen un tráxico destino.
 Arrabaldo do Norte (1964) a súa primeira novela, na cal utiliza a técnica obxectalista para
describirnos un home perdido nun arrabal urbano.

 María Xosé Queizán (Vigo, 1939). Figura destacada do feminismo galego e ligada ao nacionalismo,
facetas ambas que van marcar boa parte da súa actividade.
 A orella no buraco (1965), única aportación a este movemento. Nesta novela utiliza a ruptura
da secuencia temporal, a través da cal nos amosa tres situacións autobiográficas da
protagonista.

 Carlos Casares Mouriño (Ourense, 1941 – Vigo, 2002).


 Inicia un retorno ao país concreto sen deixar de incorporar os novos procedementos
narrativos.
 Vento ferido (1967) relatos nos que emprega as innovacións técnicas da nova narrativa
inseríndoas nunhas realidades galegas.
 Cambio en tres (1969) primeira novela. Nela mestura experimentalismo e un certo realismo
crítico. A novela articula os monólogos internos dun emigrante ourensán, que de volta na súa
cidade natal lembra situacións do pasado enfiándoas coas vivencias presentes.

 Xohana Torres (Santiago de Compostela, 1931- Vigo 2017). Poeta e dramaturga.


 Adiós, María, novela que pon fin ao movemento en 1971, amósanos o enfrontamento entre o
mundo rural e o urbano a través das experiencias dunha rapaza.

 Outros autores relacionados coa Nova Narrativa Galega son: Vicente Vázquez Diéguez, Xohán Casal
e Xosé Fernández Ferreiro.

Literatura: A Nova Narrativa Galega - 2/2

You might also like