You are on page 1of 2

A NOVA NARRATIVA GALEGA.

CARACTERÍSTICAS, AUTORES E OBRAS


REPRESENTATIVAS

A narrativa galega desde finais dos anos 50 comeza un proceso de renovación. Isto supón
unha profunda modernización ao incorporar innovacións técnicas e temáticas inspiradas
en literaturas europeas e norteamericanas.

INICIO: Nasce un árbore de Gonzalo Mourullo (1954). Maioría características N. Narrativa.


FINAL: Cara Times Square de Camilo Gonsar (1980)

Os integrantes da xeración teñen unha sólida formación universitaria e coñecen outras


culturas e literaturas, das que reciben influencia: Xeración Beat, Nouveau Roman, autores
irlandeses…). A súa ideoloxía é de esquerdas. Contribuíron na creación do nacionalismo
galego de esquerdas (1969)

CARACTERÍSTICAS LITERATURA:
Temática:
● Angustia e illamento do home ante mundo opresivo
● Rebeldía e loita pola liberdade
● Concepción absurda da existencia
● Técnica obxectalista (o ser humano descrito como un obxecto)
Personaxes:
● Violentos, frustrados, inadaptados…
● Importancia do seu mundo interior (máis que a trama argumental)
Técnicas narrativas:
● Monólogo interior
● Pluriperspectivismo
Espazo:
● Indeterminado, mítico, fantástico… (uso simbólico)
Tempo:
● saltos ao pasado, ralentización do tempo... (ruptura temporal)

AUTORES:
GONZALO R. MOURULLO:
● Nasce un árbore (1954): Tres contos. Abunda o monólogo interior, rompe a liña
temporal e fai un uso simbólico dos temas.
● Memorias de Tains: Novela con clara influencia existencialista.

XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN:


● Percival e outras historias: Conxunto de relatos. Mundo simbólico, escenarios
descoñecidos, novos recursos técnicos…
● O crepúsculo e as formigas: Aumenta a violencia e situacións opresivas. Describe a
realidade miserable de seres insatisfeitos e atormentados.
● Arrabaldo do norte: Novela obxectalista, influencia de “Nouveau roman”.
CARLOS CASARES: O autor máis novo, comeza a publicar na etapa final. Recolle
elementos formais e construtivos dos compañeiros, máis afástase temáticamente deles:
importancia á trama argumental, lugares recoñecibles, personaxes non anónimos, quere
facer literatura de denuncia…

● Vento ferido: Doce relatos. Preocupación polas novidades técnicas (diversas voces
narrativas, ruptura temporal…). Aparición da violencia como resultado da opresión
que a sociedade exerce sobre o individuo.
● Cambio en tres: Estilo obxectalista, maior preocupación pola experimentación
técnica (redución temporal, cambio da focalización narrativa…). A través destas
técnicas, e por medio do pensamento dos personaxes, retrata situacións de inxustiza
e opresión.

CAMILO GONSAR:
● Lonxe de nós e dentro e Como calquer outro día: Enfoque obxectivo para tratar a
angustia, a soidade e o absurdo. Xoga con dous espazos e dous tempos.

Na década final dos 70, a situación sociopolítica varía significativamente: dinamízase a


cultura, o que incrementa a aparición de premios e concursos literarios. A nova xeración
coñécese como “Promoción dos premios de narrativa”. Estes autores asumen
innovacións da Nova Narrativa, sen o afán experimentalista e con maior protagonismo da
temática social.

You might also like